sábado, 30 de mayo de 2009

Recouso: "O Concello se encontra sen orzamentos municipais aprobados para este ano"

.
Critica que o goberno fora incapaz de poñerse de acordo para elaborar as contas do ano 2009

O nacionalista emplaza a Manuel Regos a "poñerse a traballar"

O concelleiro do BNG, Ramiro Recouso, denunciou que cando xa teñen transcurrido seis meses do ano 2009, o Concello de Ordes se encontra sen orzamentos municipais aprobados para este ano, debido, segundo o concelleiro nacionalista, á “deixación de funcións do goberno municipal”. O edil criticou que “o goberno municipal teña sido incapaz de poñerse de acordo para elaborar uns orzamentos municipais para o presente ano”.

"Falta de autoridade e capacidade"
A falta de acordo no goberno municipal para a aprobación dos orzamentos, constitue, según Recouso, “unha boa proba da falta de autoridade e capacidade do alcalde, Manuel Regos, para gobernar o noso Concello”. Finalmente, o concelleiro nacionalista emplazou a Regos a “poñerse a traballar e a elaborar uns orzamentos para o Concello de Ordes”.

A frase de Ramiro Recouso, concelleiro do BNG de Ordes
"É moi grave que o goberno de Ordes leve medio ano de retraso na elaboración dos orzamentos municipais, xa que se está paralizando o Concello e impedindo que se poidan facer investimentos e adoptar medidas fronte a situación de crise económica que estamos a vivir".


*

Gran éxito da II Gala do Deporte da Mancomunidade de Ordes


Os ordenses homenaxeados foron o AC Hockei de Ordes, o C.F. Mesón do Vento, Roberto Faya e Victorino Cores

O salón de festas do Hotel Os Carballos (Deixebre-Oroso) acolleu na noite de onte venres a II Gala do Deporte da Mancomunidade de Ordes, na que se fixo entrega dun total de 35 premios que distinguiron aos mellores deportistas e entidades deportivas dos concellos de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo durante a tempada 2008-2009. Unha gala organizada polo Concello de Oroso, en colaboración coa Mancomunidade de Ordes, e patrocinada pola Deputación da Coruña.

Entre os invitados estaban presentes o triatleta e ciclista do Xacobeo Galicia, Iván Raña; o adestrador da selección galega de fútbol, Fernando Vázquez; o presidente do Autos Lobelle, José Antonio Lobelle; ou Valery Malov, figura internacional do tenis de mesa.

Deportistas ordenses premiados
Un total de 35 deportistas da mancomunidade foron premiados na Gala. Os ordenses homenaxeados foron os que seguen:

1º Premio - AC Ordes, equipo senior (Hockei)
Campións
da Liga Autonómica Galega de Hockei sobre patíns. Categoría Absoluta. Ademais, clasificáronse coma segundos na Fase de Ascenso á 1ª División Nacional. Ele son: Buba, Ángel, Antón, Guillermo, Seijo, Roy, Adrián, Pablo, David, Fariza, Miguel e Edu. O adestrador é Marco Rey.

2º Premio - CF Mesón do Vento
O Clube de Fútbol do Mesón do Vento foi fundado na tempada 1978-1979 e conta na actualidade con 350 socios. Este ano están de celebración, xa que están no seu 30ª aniversario e, ademais, porque acaban de ascender a Rexional Preferente Norte finalizando a tempada como o quipo máis goleador e menos goleado. O ano pasado xa ascendera a 1ª autonómica.

3º Premio - Roberto Faya Cerqueiro (Atletismo)
Velocista
ordense, corredor de 400 metros lisos, aínda que ás veces tamén corre nos 200 metros. Practica atletismo desde os 19 anos. Foi campeón galego absoluto de 100, 200 e 400 metros ata 10 veces. No seu poder está a segunda mellor marca de todos os tempos de Galicia nos 300 metros, que recorreu en tan só 34 segundos. Actualmente adestra no Atlética A Silva e esta mesma tempada proclamouse campión de España de 400 metros para maiores de 35 anos e campión de Galicia absoluto dos 400 metros.

Promesa - Equipo benxamíns AC Ordes (Hockei)
Adestrados por César Gómez Gago, os benxamíns do AC Ordes son o orgullo e a esperanza deste clube. Son rapaces de ata 11 anos que pertencen á primeira promoción de xogadores formados integramente no seo do AC Ordes. O equipo está formado por: Manuel Vidal , Daniel Grela, David Regueiro, Daniel del Río, Valentín Álvarez, Rodrigo Meijide, Daniel Gómez, Álvaro Botana, Miguel López, Fran Martínez e Tomás Romero.

A pesar da súa xuventude, xa teñen acadado importantes éxitos, entre os que destacan: o Campionato Galego Prebenxamín 2006, o primeiro posto no campionato Internacional de Valença de Miño ou, máis recentemente, o subcampionato galego benxamín da tempada 2008-2009.

Recoñecemento-Victorino Cores Liste (Atletismo)
- Segundo posto no Campionato Galego en 400 metros lisos en pista cuberta.
- Terceiro posto no Campionato Galego en 200 metros lisos en pista cuberta
- Campión galego de 400 metros lisos en maiores de 60 anos en pista cuberta.
- Subcampión galego en 200 metros lisos en pista cuberta.
- Subcampión galego de 800 metros lisos en pista ao aire libre.
- Subcampión galego en 400 metros lisos en pista ao aire libre.


*

miércoles, 27 de mayo de 2009

O Pleno da vía libre ao cuartel da Garda Civil

.

Manuel Regos: "Hoxe damos o primeiro paso para acadar definitivamente esta infraestrutura"

A Casa Cuartel acollerá ata a 30 axentes e estará ubicada no Paraíso

Segundo Gonzalo Castro, "o goberno municipal leva desde o inicio do seu mandato enganando aos veciños cos investimentos no Cuartel"

O pleno ordinario de onte solventou todos os trámites administrativos necesarios para a cesión dunha parcela de 1.350 metros cadrados ubicada no barrio do Paraíso (Ordes) á Dirección Xeral da Garda Civil, que construirá nela unha Casa Cuartel con capacidade ata para 30 axentes. Un proxecto no que se van investir uns 1,6 millóns de euros e que o Concello de Ordes agarda que sexa licitado a finais de 2009, de xeito que as obras poidan comezar o vindeiro ano 2010.

300 propietarios implicados
Segundo explica o alcalde de Ordes, Manuel Regos, “trátase dun día moi importante para o Concello neste longo e proceso complexo que implicou a máis de 300 propietarios e preto de 1.000 fincas, pero hoxe damos o primeiro paso para acadar definitivamente esta infraestrutura”. Regos fixo fincapé, ademais, en que existe consignación presupostaria para esta obra en Madrid. “Temos o compromiso adquirido para logo proceder á cesión dos terreos e comezar os traballos en 2010”, anunciou o alcalde.

A parcela que o Concello de Ordes vai ceder para a construción da casa cuartel ten unha extensión de máis de 1.350 metros cadrados, está ubicada no barrio do Paraíso e albergará un edificio de dúas plantas que constará de dous bloques: un administrativo e outro de vivendas. Entre ambos bloques ubicarase un patio de armas.

Acollerá ata a 30 axentes
A casa cuartel ordense será do “Tipo C”, é dicir, estará adaptada para acoller ata 30 axentes. O edificio de vivendas albergará seis vivendas de 3 dormitorios e catro vivendas dun dormitorio. Na parte administrativa haberá unha oficina de atención á muller, unha oficina de dilixencias, outra de intervención de armas, dous calabozos (coas súas dependencias anexas) e outros departamentos dacordo coas necesidades dos axentes.

Se embargo, esta aprobación foi acollida polo BNG con "escepticismo" xa que, segundo o seu portavoz, Gonzalo Castro, “o goberno municipal leva desde o inicio do seu mandato enganando aos veciños cos investimentos no Cuartel”, Castro lembrou que o Alcalde anunciou que o Ministerio do Interior tiña previstos investimentos para o Cuartel da Garda Civil de Ordes, tanto nos Orzamentos Xerais do Estado do ano 2008, como do ano 2009, o que finalmente, a xuizo do portavoz nacionalista, “resultou ser falso, o que constitue un engano inadmisible aos veciños de Ordes”.

"A día de hoxe se teñen destinado 500.000 euros dos orzamentos municipais", di Castro
Castro manifestou que “o BNG lamenta que o alcalde non trouxese a este Pleno o anuncio do compromiso do Ministerio do Interior para a realización de investimentos que permitisen executar o cuartel nun prazo de tempo creible”. Pola contra, “o único que saben os veciños de Ordes, a día de hoxe, é que se teñen destinado case 500.000 euros dos Orzamentos Municipais a costear un baixo para a Garda Civil, en detrimento doutras necesidades que si precisan atención do Concello, máis nesta época de crise, como é o caso da remodelación da praza de abastos ou a creación dun viveiro de empresas”, tal e como se expresou Castro no Pleno.

A voltas co PXOM
Por outra banda, o Grupo Municipal do BNG presentou unha iniciativa onde reclamou ao Goberno Municipal que “abordase coa maior celeridade a tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal”, xa que, a xuizo dos nacionalistas, “o PXOM de Ordes leva paralizado dous anos sen que se teñan realizado actuacións que supuxeran un avance na súa tramitación”.

A este respecto, Manuel Regos puxo de manifesto a intención do goberno local de crear unha comisión para determinar as necesidades de crecemento de Ordes, toda vez que se poida contar coa nova planimetría. En relación ás obras de Gundiboo, o goberno local tamén explicou que todas aquelas vivendas que teñan o nivel suficiente poderán enganchar coa rede de sumidoiros instalada recentemente mediante arqueta.

Pola súa banda, Manuel Astray foi o encargado de respostar ás cuestións dos nacionalistas sobre os cambios na programación de Radio Ordes. Astray respondeu que “nunca se fixera unha programación tan aberta como a actual” e lembrou que “da ampliación, que non modificación, da programación xa se deu conta no anterior Consello da Emisora Municipal”.


*

lunes, 25 de mayo de 2009

Este sábado, dez horas 'non stop' de trekking, BTT, barranquismo, escalada, rapel...

.
Chega a Ordes a segunda edición do raid Odiseo organizada polo Club Seo, patrocinado polo Concello de Ordes coa colaboración de Deportes Capitán, Casal 18, Antón Veiras e Dona María

É preciso que teñas un gran nivel de experiencia e preparacion física

Este sábado 30 de maio chega a Ordes a segunda edición do raid Odiseo organizado polo Club Seo de Ordes co patrocinio do Concello. Trátase dunha proba deportiva multiactividade na que participarán un medio cento de atletas que percorrerán diversos lugares do concello practicando modalidades deportivas coma o trekking, mountain bike, carreira, barranquismo, rápel e orientación específica. Unhas probas que os competidores deberán afrontar durante as dez horas que durará a competición.


Liga Galega de Raids de Aventura
O II Raid Odiseo-Concello de Ordes será a segunda das cinco probas puntuables das que consta este ano a Liga Galega de Raids de Aventura. A competición desenvolverase polos montes do concello de Ordes, na que os participantes practicarán modalidades coma como trekking, BTT, barranquismo, escalada, rapels, orientación específica e probas urbanas, para o disfrute dos veciños e veciñas de Ordes.

A complexidade técnica das diferentes especialidades non requerirá de elevados coñecementos técnicos e non suporá unha traba aos equipos participantes, xa que calquera participante afeito ás actividades de montaña poderá afrontalas. Polo contrario, si será preciso un gran nivel de experiencia e preparación física, xa que a acumulación de desnivieis positivos e negativos, así como os quilómetros totais (entorno a uns 80 ou 90), esixirá que os competidores dispoñan dunha gran preparación física.

O Concello de Ordes participa coma patrocinador desta proba, que organiza o Club SEO e que conta coa colaboración de establecementos coma Deportes Capitán e casas rurais como Casal 18, Antón Veiras e Dona María.


*

domingo, 24 de mayo de 2009

Galería de fotos Torneo Fútbol 7 Concello de Ordes















Resultados:
Prebenjamines
Ural 11 - Cerceda 0
Tordoia 7 - Cerceda 2
Luis Calvo 1 - Ural 4
Campeón: Ural
Benjamines
Amio 0 - Conxo 3
Ural 3 - Tordoia 0
Amio 6 - Tordoia 4
Ural 2 - Conxo 2
Campeón: Ural (penaltis)
Alevines
Celta 10 - Amio 0
Deportivo 3 - S.D. Ordenes 1
Amio 1 - S.D. Ordenes 4
Celta 2 - Deportivo 1
Campeón: Celta

sábado, 23 de mayo de 2009

Oroso será a sede da II Gala do Deporte da Mancomunidade de Ordes

.
A Gala premiará a 35 deportistas e entidades deportivas da nosa comarca

Terá lugar o venres 29 de maio e á que asistirán máis de catrocentas persoas

Oroso será a sede este ano da II Gala do Deporte da Mancomunidade de Ordes, que premiará a 35 deportistas e entidades deportivas dos concellos de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo. Uns premios que serán entregados este venres 29 de maio, ás 20:00 horas, no transcurso dunha gran gala que terá lugar no Hotel Os Carballos (Oroso) e que estará presidida polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, e polo presidente da Mancomunidade de Ordes, Miguel Prado Patiño.

Tres galardóns para os tres mellores
Unha gala á que está prevista a asistencia de máis de catrocentas persoas, entre autoridades e xente relacionada co mundo do deporte. Durante o transcurso do evento, cada un dos concellos que conforman a Mancomunidade de Ordes fará entrega de tres galardóns aos tres mellores deportistas ou entidades deportivas do curso 2008-2009. Así mesmo, cada municipio entregará tamén outros dous premios: á mellor promesa e un recoñecemento especial á traxectoria dun deportista ou clube deportivo.

Entre os premiados estarán representados todas as modalidades deportivas: fútbol, baloncesto, atletismo, judo, hockei, tenis de mesa, rallies... A gala pecharase cunha exhibición de baile de salón por parte de Álvaro Seoane e Laura Moure, os dous rapaces premiados polo Concello de Oroso.

Os premiados ordenses
Os ordenses premiados nesta segunda Gala do Deporte da Mancomunidade de Ordes son:
1º Premio-AC Ordes, equipo senior (hockei)
2º Premio-CF Mesón do Bento
3º Premio-Roberto Faya Cerqueiro (Atletismo)
Promesa-Equipo benxamíns AC Ordes
Recoñecemento especial-Victorino Cores Liste (atletismo)

Foto: AC Ordes de Hockei


*

jueves, 21 de mayo de 2009

Xosé Manuel Lema gaña o II Certame de Poesía Concello de Ordes


O xornalista lévase un premio de 350 euros e diploma

O xornalista e escritor Xosé Manuel Lema Mouzo, de Santa Comba, alzouse co primeiro premio na categoría xeral do II Certame de Poesía Concello de Ordes coa súa obra O doce sorriso da miña nai. Un posto premiado con 350 euros e diploma acreditativo. A finalista foi a ordense Marisol Gándara Sánchez, con Reciclar Amor, que levou un premio de 200 euros e diploma acreditativo.
.
O resto de gañadores son ordenses
As outras dúas categorías, xuvenil e infantil, foron copadas por veciños e veciñas de Ordes, que foron premiados con 140 e 110 euros respectivamente. Así, dúas mulleres coparon os dous premios da categoría xuvenil: Paula Martínez Díaz, con Cavilando; e Olalla Tojo Souto, con Reino atrapado. Na categoría infantil, os gañadores foron dous rapaces de Ordes: Pablo Otero Villaverde, con O neno coxo, e Samuel Temprano Gago, con Carta dun namorado.

Os premios foron entregados polo alcalde de Ordes, Manuel Regos; a concelleira de Educación, Silvia Marín; e o concelleiro de Cultura, Ramón Vázquez Raña, durante un acto no que os premiados leron os seus poemas e que estivo animado musicalmente polo grupo de gaitas 'Embruxo de Leira'. O Concello de Ordes tamén agasallou a todos os rapaces participantes, que levaron para as súas casas un libro de agasallo.

As frases de Ramón Vázquez, concelleiro de Cultura
"É un modo de valorar o seu traballo pola literatura e a lingua galega"

"Un agasallo que agardamos serva como estímulo para que sigan escribindo poesía na nosa lingua"
.
Foto arriba: Pablo Quinteiro de Radio Ordes e o alcalde Manuel Regos cos gañadores na categoría xuvenil.
.
Foto medio: Gañadores da categoría infantil.
.
Foto abaixo: O alcalde Manuel Regos coa gañadora en categoría xuvenil, Paula Martínez.
*

miércoles, 20 de mayo de 2009

El campo de Vista Alegre recibe este sábado a más de 400 futbolistas de toda Galicia

.
Se celebra el V Torneo Concello de Ordes de Fútbol 7 a partir de las 9 de la mañana
.
La S.D. Ordenes será el anfitrión del V Torneo Concello de Ordes Fútbol 7 Alevín-Benjamín-Prebenjamín, que se celebrará este sabado 23 de mayo, a partir de las 9 de la mañana, en el campo municipal de Vista Alegre.


Más de 400 jugadores
En el torneo participarán un total de 22 equipos con más de 400 jugadores. Entre ellos, estarán las categorías inferiores del Celta de Vigo y del Deportivo de La Coruña.

Puedes conocer todos los detalles en la página oficial del club, donde se podrán consultar todos los condicionamientos del torneo, así como los resultados actualizados de los partidos.






A xuntanza dos maiores congregou a 1.200 homes e mulleres


Houbo misa, xantar e baile para todos e todas

Un total de 1.200 persoas participaron esta fin de semana na tradicional Xuntanza dos Maiores organizada polo Concello de Ordes. Unha gran carpa especial instalada no campo da feira ordense albergou a misa solemne e o posterior xantar gratuito, que estivo amenizado musicalmente por unha orquestra. De feito, tralo remate do xantar, a gran maioría dos participantes animouse a botar unhas bailas.
*

Según Galiza Nova, o Concello segue a política lingüística do PP


A mocidade nacionalista lamenta que o goberno de Manuel Regos se negase a apoiar o Manifesto pola convivencia lingüistica

Galiza Nova: "A actitude de Regos é deplorable, xa que non dubida en antepoñer os seus intereses, achegándose á política lingüistica do novo goberno do PP na Xunta"

No último Pleno da corporación municipal, o BNG presentou unha moción en defensa da lingua galega na que se solicitaba o apoio ao Manifesto pola convivencia lingüística e a igualdade de dereitos para o galego. Según Galiza Nova de Ordes, este texto "non fai máis que lembrar a necesidade de respectar os acordos adoptados unánimemente polo Parlamento galego para normalizar a nosa lingua nos diversos ámbitos sociais". Máis de 600 entidades e 20.000 persoas en toda Galicia, ademáis dos concellos de A Coruña, Ames ou Melide, entre outros, xa amosaron o seu compromiso co seu contido.

Acusan a Regos de "cambiar de postura"
Agora, tras a negativa do Pleno ordense que Galiza Nova identifica co “total desinterese do goberno de Ordes pola normalización da lingua galega e o recoñecemento do mesmo status legal que o castelán”, as mocidades nacionalistas acusan ao alcalde Manuel Regos de "cambiar a súa postura" con respecto á normalización lingüistica "xa que no 2008 apoiou o Manifesto e a mobilización convocada pola Mesa pola Normalización Lingúistica con motivo do 17 de maio, negándose, sen embargo, a apoialo este ano".

Este cambio de postura, a xuizo de Galiza Nova, demostra que “o goberno de Manuel Regos está tentando facer xestos para achegarse ao novo goberno do Partido Popular na Xunta, xestos que só obedecen a un sinxelo cálculo de interese persoal, xa que agora lle resulta máis rendíbel apoiar e compartir as posicións reaccionarias do Partido Popular con respecto á normalización do galego”.
As frases de Galiza Nova de Ordes
"A actitude do alcalde ordense, Manuel Regos, é deplorable, xa que non dubida en antepoñer os seus intereses, achegándose á política lingüistica do novo goberno do PP na Xunta, en lugar de defender a nosa lingua e a posibilidade da convivencia en igualdade dos dous idiomas"

"É lamentábel que o goberno municipal de Ordes se teña negado a respaldar o manifesto pola convivencia lingüistica, apoiando a política do Partido Popular, que pretende o desmantelamento de puntos básicos da oficialidade do galego"

(Foto: Imaxe da manifestación do domingo 17 de maio na Praza da Quintana de Santiago de Compostela, convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística)

*

Unha nova Noite de Tasca chega o venres 29 a Chaián-Trazo

.
Contarán con Manuel Viqueira, o gaiteiro de Vilaverde, que está a piques de cumprir os 80 anos

A Asociación Grupo de Gaitas Os Viqueiras de Ordes organiza unha nova foliada para o vindeiro venres 29 de maio en Chaián - Trazo (A Coruña), a partir das 22 h., no Bar-Restaurante Nieto.

Nesta ocasión o principal protagonista será Manuel Viqueira, o gaiteiro de Vilaverde, que aos seus case que oitenta anos segue tocando en plena forma. Tamén os acompañarán a música e baile a Asociación cultural "Os Xeitosos de Trazo".

Agasallos e sorteos por cortesía de Edicións do Cumio
Haberá agasallos e sorteos de CDs por cortesía de Edicións do Cumio, e coma sempre, convídannos a todos nós a pasar unha agradable noite de leira e gaitas na súa compaña.

Tes máis información disponible na súa web.
*

Ti tamén podes ser un 'voluntario verde'


Xesús Pedreira: "Fago un chamamento a todos os veciños e veciñas independentemente da súa idade, para que participen como voluntarios, xa que disfrutarán do seu entorno e ademais colaborarán na súa conservación”

Este sábado 23 de maio podería haber unha segunda sesión
Chama ao Concello e infórmate: 981 680002

Un total de oito rapaces e rapazas de Ordes participaron esta fin de semana na primeira das actividades organizadas polo Concello de Ordes dentro do novo programa medioambiental “Voluntariado Verde”. Unha primeira iniciativa que consistiu nunha primeira análise do estado de saúde do río Cabrón, ao seu paso por Buscás (Ordes).

A primeira saída tivo lugar o pasado sábado. Unha ducia de rapaces xuntouse diante da casa do concello para desprazarse ata Buscás, concretamente ata o entorno da Estación de Tratamento de Auga Potable. O mal tempo e a chuvia botaron finalmente atrás a catro dos “Voluntarios Verdes”, que de seguro participarán en vindeiras semanas.

Os oito rapaces que aguantaron as inclemencias climatolóxicas estiveron guiados por un técnico da Concellería de Medio Ambiente e por un dos coordinadores do Proxecto Ríos, de Adega, quen lles ensinou a realizar mostraxes na auga para a análise dos bioindicadores do río. Unhas mostras nas que, por exemplo, se recolleron larvas de invertebrados para a súa posterior análise.

Programa de Defensa dos Ríos
Durante un par de horas, os técnicos explicáronlles aos rapaces en que consiste o Programa de Defensa dos Ríos posto en marcha polo Concello de Ordes dentro da iniciativa “Voluntariado Verde” e todo o que terán que facer para seguir o estado de saúde dos ríos ordenses.
.
De feito, é máis que posible que este próximo sábado, 23 de maio, teña lugar unha segunda sesión, na que os rapaces percorrerán uns 500 metros do cauce fluvial do río Cabrón dende a ETAP elaborando unha análise de fauna e flora da zona. O obxectivo final é que estes voluntarios se fagan responsables da vixianza ou adopción destes ríos.

Ti tamén podes ser voluntario
Nestes primeiros pasos do Programa “Voluntariado Verde”, o Concello de Ordes oferta aos veciños e veciñas a posibilidade de colaborar en catro actividades diferentes, permitindo que participen naquela ou naquelas que máis lles apetezan. Ademais do Programa de Defensa dos Ríos, iniciado esta fin de semana, a Concellería de Medio Ambiente tamén ten previsto por en marcha un Programa de Seguemento Ambiental. Esta iniciativa pretende que os veciños e veciñas de Ordes coñezan a riqueza da biodiversidade do municipio, para o que se farán actividades para poñer á xente en contacto coas distintas paraxes do municipio.
.
A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente
"Fago un chamamento a todos os veciños e veciñas de Ordes, independentemente da súa idade, para que participen como voluntarios nesta iniciativa, xa que disfrutarán do seu entorno e ademais colaborarán na súa conservación"

*

Poderás aprender todo sobre a poda agroforestal

.
Terá lugar ao longo de 30 horas, do 25 ao 29 de maio, no recinto feiral do Mesón do Vento

Pedreira: "A poda mellora a saúde da árbore e mellora a calidade da madeira"

O Concello de Ordes organiza un curso de formación gratuito denominado “Silvicultura, a poda agroforestal”, que terá lugar do 25 ao 29 de maio no recinto feiral do Mesón do Vento (Ordes). Un curso teórico-práctico de 30 horas de duración no que poderán participar 50 alumnos, que terán que anotarse no Concello de Ordes ou chamando ao teléfono 981 68 00 02.

Aprenderán distintas técnicas de poda
Ao longo deses catro días, os alumnos coñecerán a importancia das podas para conseguir un maior rendemento industrial da madeira e aprenderán distintas técnicas de poda, ademais de recibir consellos sobre datas, frecuencia ou procedementos de poda. Ademais, os asistentes coñecerán técnicas de poda por especies (coníferas, frondosas e frutais) e analizarán os efectos produtivos desta práctica e a súa importancia para a ordenación do monte.

Os veciños e veciñas ordenses interesados en participar en calquera dos tres cursos gratuitos poden anotarse no Concello de Ordes ou chamando ao teléfono 981 68 00 02. Cada curso ten un número limitado de 50 prazas, pero cada veciño pode inscribirse nos cursos que desexe. Ao finalizar cada iniciativa entregarase un certificado de asistencia.

As frases de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Rural
“A poda non só mellora a saúde da árbore e diminúe o risco de incendios, senón que tamén mellora a calidade da madeira e diversifica os seus posibles destinos industriais, polo que pode supoñer un aumento da renda forestal dos veciños”

“O obxectivo do Concello de Ordes é ofrecerlles aos nosos veciños o acceso a unha serie de técnicas e coñecementos que de seguro incrementarán a produtividade das súas explotacións, algo tan importante nestes tempos de crise económica”.

*

domingo, 17 de mayo de 2009

Banda Curta, de A Galega, dedica o seu programa ao noso rock


Ordes e Cerceda conforman un dos máis importantes puntos neurálxicos do rock en galego

Son as bandas Zënzar, Machina, O Chícharo Psicótico e Kastomä

O programa musical de A Galega, Banda Curta, mantén unha relación moi estreita coa nosa vila de Ordes. Ademáis de gravarse en LP45, esta mesma fin de semana dedicaba un espazo ao rock de Ordes e Cerceda, concretamente ás bandas Zënzar, Machina, O Chícharo Psicótico e Kastomä.

Zënzar. Eles son Manolo García, Mario Grela, Paco Cerdeira, José Antonio Regueiro Tabe e Xosé Antón Bocixa. Empezaron chamándose Mördor, coma a terra escura do señor Sauron, na novela de O Señor dos Aneis de J.R.R. Tolkien, pero coas proteccións legais toparon e tiveron que cambiar o seu nome no verán de 1993. Dende 1987 estes cercedenses practican un rock puro e incombustible que non se vería materializado nun disco até 1997 cando editan 'Disparados o futuro'. Tras este album lle seguirían 'Todo vai ben', en 2001; 'Rockanrol', en 2002; e 'Sigue...e dalle', en 2006. Agora veñen de editar, unha vez máis baixo a direción técnica do vigués Xavier Abreu, o seu novo album 'A Tribu'.

Podes ver un dos seus vídeos facendo clic baixo estas liñas:



Machina. Defínense como 'post-bravú'. Gonzalo, Angel, Anxo e Martín son catro cercedenses que agora inician a súa aventura roqueira cun primeiro disco de encontro co metal, rock, punk e hardcore. O seu estilo lembra dende o metal alternativo de Rage Against the Machine ata o hard rock de Faith No More.

Puedes ver unha actuación de Machina facendo clic baixo estas liñas:



O Chícharo Psicótico. Guilho, Santónic, Mario, Prego e Suite son de Ordes. Aseguran que as súas influenzas son The Clash, Joy Division, Sonics, AC/DC.. "e todo o puto rock and roll do mundo". Aínda así, o estilo do Doutor Cotomondongo faise moi presente en maquetas coma 'Dalhe senhor'.

Podes coñecer aos 'chícharos' facendo clic baixo estas líneas:



Kastomä. Rock and roll galego. Formado no ano 2000 por Soneira, Oscar, Xurxo, David e Sito. No ano 2008 incorpórase ó grupo desde Os Gin Tonics de Sigüeiro, Antonio Pazos, na batería. Compartiron esceario con figuras coma Boikot, Def Con Dos, Loquillo ou Banda Bassotti. Veñen de gravar o eu primeiro longa duración autoeditado, 'Almas da noite' gravado na Coruña. Podes descargar gratuítamente o album dende o portal A Regueifa.

Podes velos facendo clic baixo estas liñas:





Banda Curta grávase na sala Lp 45 de Ordes e quen queira asistir a unha gravación ou queira enviar información de festivais, actuacións, discos ou maquetas pode contactar co programa na dirección de correo electrónico bandacurta@crtvg.es

* * *

Brotes verdes na cultura ordense
Opinión por R. A. Landeira

Cáusame lástima ler coma estas catro bandas e outras máis coma os rapeiros ordenses Dios ke te Crew se resignan á autoedición dos seus traballos musicais. Que significa iso? Pois que son eles mesmos quenes financian e distribúen, moitas veces no propios concertos que ofrecen, os seus álbumes. Noutras palabras, sería como se Iván Raña correra, se entreara a sí mesmo, se estimulara a sí mesmo e máis se financiara traballando fora a súa carreira deportiva nunha sorte de onanismo esquizofrénico. Nin que dicir ten que propostas empresariais coma estas nacerán condeadas ao fracaso.

Pero e que a autoedición, na mayoría das veces, non obedece exclusivamente a un amateurismo dos músicos, senón tamén a un moi común e indesexado abandono de calquera circunstancia que non sexa exclusivamente a interpretación e composición músical por parte deles. As bandas ordenses deben ser conscientes, ao igual que a empresa e industria dos nosos polígonos, da competitividade e a excelencia nas súas propostas.

Pertencemos agora a un limbo de indefinición, mediocreidade empresarial e abandono que non conseguirá nada bó con estes grupos. Xa o AGADIC (ex IGAEM) denunciara fai tempo o desinterese na industria musical dos empresarios mediante un experimento chamado “crédito cultura”, coma foi a convocatoria dunha liña de crédito para as industrias culturais para o 2008. Resultado? Unha única solicitude...

Quen non lembra aquilo que cantaban The Refrescos de ‘Movida promovida por el ayuntamiento’…? Tamén e labor do Concello de Ordes estimular e mimar os nosos talentos culturais, dotalos de hourizontes e conducilos cara ao éxito. Eu, que pertencín á industria musical en Madrid, pronto aprendín que un músico valora dúas cousas: os cartos (tanto coma calquera outro de nós), e o recoñecimento. É isto último o que o Concello ten nas súas máns para ofrecer aos nosos talentos: Recoñecimento, insuflar autoestima, facerlles ver que non están sós e que con duro (durísimo) traballo, pódese saír adiante nun negocio tan complicado coma é o musical, tanto a nivel galego e tamén nacional.

Un exemplo a seguir: Esan Ozenki
Un exemplo de éxito de xestión independente é o selo vasco Esan Ozenki, fundado en 1991 por Fermin e Iñigo Muguruza, Kaki Arkarazo e Angel Valdés (Negu Gorriak), quenes antes formaran a lexendaria banda de rock radical vasco, Kortatu. A distribución do selo corría a cargo da madrileña BOA. Á súa fronte está o galego Fernando Luaces, quen xa falara con vergoña allea, da situación da música caseira galega ["Los artistas gallegos están autoeditándose en una situación muy precaria. El sector está castigado por la piratería. Eso es lo que hace que las compañías de música dejen de invertir en los artistas porque no pueden, no les es rentable", confesara]. Unha vez Negu Gorriak se disolvera, o selo transfórmase en Metak, creando á súa vez o subselo de Gora Herriak (‘Vivan os pobos’).

Esan Ozenki nacera coma editorial onde os Negu poideran editar o seu material e o dos grupos que cantaran en euskera e que ademáis tiveran afinidade política (abertzale) cos fundadores. Á súa vez, o modelo a seguir polos Muguruza fora o californiano Alternative Tentacles, casa editora dos Dead Kennedys. O funcionamento? O máis sinxelo posible dentro da profesionalización: A produtora pagaba a gravación, produción e masterización do álbume; o grupo, a cambio, se deixaba a pel na composición, execución e posterior interpretación en directo.

Esan Ozenki creaba así ao seu arredor un verdadeiro circuíto musical, estimulaba ás bandas e deulles a todos eles un motivo para existiren. Xestionaban un catálogo de 200 artistas, entre eles, ademáis de Fermin Muguruza, os italianos Banda Bassoti ou ao noso paisano Antón Reixa (Nación Reixa). Resultado? Un éxito de crítica, calidade...e ventas até 2006, ano no que se pechaba o selo pola baixada de ventas de discos causada pola canceríxena piratería.

Fagámoslles ver que nos importan
Hai ‘brotes verdes’ na cultura ordense. Estimulémolos, fagamoslle ver que nos importan, que falamos deles, que os admiramos, que estamos orgullosos deles. Animémolos a que as súas propostas musicais sexan competitivas. Merquemos os seus discos e abandoemos esa gran metira e estafa que é o Creative Commons. Impulsemos o directo na nosa 'Movida' nocturna.

Señor alcalde, convírtase un pouco no que foi Tierno Galván para a Movida madrileña ou Manoel Soto para a viguesa, e baixe a falar con eles, atenda as súas preocupacións e fagamos de Ordes un orgullo musical, cultural e creativo para toda Galicia, que é coma xa empezan a mirar para nós por Galicia adiante.


*

sábado, 16 de mayo de 2009

Obradoiros de autonomía persoal no Mesón do Vento


Begoña Lorenzo: "Algunhas nais notaron cambios nos seus fillos e fillas como que, por exemplo, querían ducharse sós"

Alumnos de primaria do CEIP Mesón do Vento de entre os 6 e os 12 anos de idade, participaron durante esta semana nun obradoiro de autonomía persoal organizado polo Concello de Ordes.

A frase de Ana Alvarez, concelleira de Servizos Sociais
"Nos obradoiros traballouse con temas relacionados coa autonomía persoal, hixiene e corresponsabilidade que agora agardamos que se reforcen dende as familias”

A frase de Begoña Lorenzo Caamaño, educadora familiar do Concello de Ordes
"Dende a realización dos obradoiros algunhas nais notaron cambios nos seus fillos e fillas como que, por exemplo, querían ducharse sós ou que se interesaban por ver que tempo facía para planificaren a roupa que ían a poñer"


*

jueves, 14 de mayo de 2009

Carpetazo ao aparcamento soterrado

.
Espaldarazo do Pleno ás obras da nova Casa do Concello

Manuel Regos retira da orde do día a cesión da parcela para a casa cuartel ao non ter chegado un certificado do registro da propiedade

Regos: “Dicir non á ampliación da casa consistorial é dicir non tamén á subvención de 660.000 euros da Xunta de Galicia”

O pleno extraordinario do mércores acordou estimar as alegacións veciñais presentadas á modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal na parte correspondente á construción dun aparcamento soterrado no parque Félix Rodríguez de la Fuente. Así mesmo, o Grupo de Goberno decidiu seguir adiante coa modificación puntual das normas subsidiarias no que atinxe á ampliación e reforma da casa consistorial.

"Despilfarro en cemento e formigón"
Pola súa banda, o BNG manifestaba que a recalificación urbanística intentada polo Goberno Municipal non é casual e emplazou ao goberno municipal a “abandonar esta política de despilfarro en cemento e formigón”, xa que, segundo Gonzalo Castro, o que “necesitan os nosos veciños é que se utilicen os fondos públicos para mellorar os servicios sociais e para crear emprego en Ordes”.
.
O concelleiro de Obras, Roberto González fixo fincapé no feito de que a modificación das normas subsidiarias de planeamento municipal permitiran correxir erros pasados. A actual casa consistorial figura como edificio cultural e iso témolo que cambiar”, explica o concelleiro de Urbanismo. Neste sentido, a actual casa consistorial de Ordes figura como “equipamento sociocultural” nas normas subsidiarias de planeamento municipal, cualificación que o actual Grupo de Goberno quere cambiar ao correcto “equipamento técnico-administrativo e de servizos”.

"A subvención só pode empregarse neste proxecto"
Fronte aos reproches dos grupos da oposición, que cuestionaban a idoneidade de acometer estas obras nun contexto de crise económica e recomendaban investir eses cartos en proxectos de xeración de emprego, o alcalde ordense lembrou que “a subvención que conseguimos da Xunta para a ampliación e reforma da casa consistorial só pode empregarse para este proxecto”, xa que son uns cartos dos que o Concello de Ordes non pode dispoñer libremente senón que están consignados para un fin determinado.

Retirada da cesión da casa cuartel
Por outra banda, Manuel Regos retirou da orde do día o punto terceiro, correspondente á cesión gratuita dunha parcela á Dirección Xeral da Garda Civil para a construción dunha Casa Cuartel en Ordes. Manuel Regos explicou que dende o rexistro da propiedade non enviaran un último certificado pendente, polo que non se podía debater este punto ata dispoñer da devandita documentación que, segundo o rexistro, chegará o vindeiro venres.

Petición a Audasa
Onde si houbo unanimidade foi na petición a Audasa, empresa concesionaria da explotación da autoestrada AP-9, para que doe os cartos recaudados na peaxe de saída de Ordes na noite do pasado 30 de abril, data da celebración da gala “Panorama contra o cancro”, para destinalos á Asociación de Loita contra o Cancro. Todos os grupos coincidiron en destacar o gran éxito de organización deste evento e reclamaron de Audasa que, neste tipo de eventos, non cobre a peaxe e que realice melloras na entrada e saída da autopista en Ordes.

O alcalde aproveitou para agradecer a colaboración amosada por todos os veciños e veciñas, que permitiu que un evento que reuniu a preto de 50.000 persoas en Ordes (o que supón cuadruplicar a poboación do municipio) se desenvolvese sen ningún tipo de incidente. De feito, o concellerio de Sanidade, Xesús Pedreira, explicou que durante o concerto só se atenderon dous casos por intoxicación etílica e lembrou que na zona “aínda que non estivesen á vista había un operativo con tres médicos, tres ATS e dúas ambulancias da Cruz Vermella en posicións estratéxicas por se fora preciso evacuar a alguén”.

Unanimidade nas reivindicacións do sector lácteo
Finalmente, o pleno aprobou unha moción do BNG, enmendada polo Grupo de Goberno, sobre a defensa do galego e unha moción en apoio ao sector lácteo. Unha moción na que a corporación municipal solicita ao Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño e á Consellería do Medio Rural que “activen medidas urxentes de choque que despexen as incertezas de futuro dos gandeiros e gandeiras de Galicia”. A corporación municipal aprobou por unanimidade esta moción, segundo informa o Goberno municipal, en apoio á campaña en defensa do sector lácteo que están realizando as organizacións profesionais agrarias, Unións Agrarias, Xóvenes Agricultores, Sindicato Labrego Galego e a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA).

Tamén o BNG presentaba unha moción na que solicitaba que a Corporación manifestase a súa vontade na defensa da lingua galega. Na citada moción, os nacionalistas solicitaban que o Pleno apoiase o ‘Manifesto pola convivencia lingüística e a igualdade de dereitos para o galego’ e que secundase as campañas e iniciativas que se promovan en defensa do idioma galego e, concretamente, a convocada para o vindeiro 17 de maio en Santiago de Compostela. A moción foi aprobada logo dunha emenda que excluia o apoio ao Manifesto e ás campañas do 17 de maio, Día das Letras Galegas.
As frases de Roberto González, concelleiro de Obras e Urbanismo
"Nunca houbo un proxecto para construir un parking, só se presentou un estudio que abría as portas a esta posibilidade pero non había planos, nin proxecto nin nada. Nestes momentos de crise económica tampouco sería o momento axeitado”
As frases de Manuel Regos, alcalde de Ordes
“Dicir non á ampliación da casa consistorial é dicir non tamén á subvención de 660.000 euros da Xunta de Galicia"

“Agardamos ter unha reunión co novo conselleiro de Presidencia para ver mesmo de incrementar esas axudas"

A frase de Gonzalo Castro, concelleiro do BNG
"Lamento que só o BNG levase os problemas do sector lácteo ao debate de política xeral que se está celebrando no Congreso dos Deputados, xa que nin o Presidente do Goberno Central nin o líder do PP mencionaron os problemas deste sector nos seus discursos”.



*

lunes, 11 de mayo de 2009

¿Te atacan? Deféndete co Wing Tsung


Ana Álvarez: “É imprescindible que as mulleres aprendamos a reaccionar en situacións de risco e que nos vexamos capaces de dominalas”

Cincuenta mulleres de Ordes participan no obradoiro gratuito de autodefensa persoal, organizado polo Concello de Ordes a través do Centro de Información á Muller (CIM), e que este fin de semana celebrou a súa primeira sesión. Unha primeira clase de catro horas de duración nas que as participantes aprenderon a reaccionar ante situacións de ataque, xirando a parte práctica sobre como defenderse ante unha agresión no chan.

Wing Tsun
Os monitores plantexaron a xornada cunha pequena introdución teórica e unha sesión eminentemente práctica. Unhas clases que están baseadas na Escrima, un sistema de defensa, e no Wing Tsun, unha arte marcial con máis de 300 anos e que foi deseñada por unha muller. O obxectivo final é que as mulleres participantes melloren a súa autoestima e seguridade en si mesmas, adquirindo nocións básicas para saber como actuar correctamente diante dunha situación crítica, defendéndose co seu propio corpo ou con calquera obxecto que poida ter a man.

O Local da Terceira Idade acollerá o vindeiro sábado, 16 de maio, entre as 9:30 e as 13:30 horas, a segunda e última sesión deste obradoiro de defensa persoal organizado polo Concello.

As frases de Ana Alvarez
“É moi importante que as mulleres aprendan a defenderse de maneira activa nas situacións nas que se sintan atacadas”

“É imprescindible que as mulleres saibamos reaccionar en situacións de risco e nos vexamos como seres capaces de dominar este tipo de situacións”

*

sábado, 9 de mayo de 2009

O BNG busca o compromiso do Pleno na mobilización en defensa da lingua galega do 17 de maio

.
Os nacionalistas presentan unha moción en defensa do idioma galego

Piden que o Pleno apoie o Manifesto da Mesa pola Normalización Lingüística

Castro: “Estamos asistindo á negación, por parte do novo Goberno do PP na Xunta, da igualdade e convivencia entre as dúas linguas”

O BNG ordense ven de presentar unha moción en defensa do idioma galego para o seu debate no próximo Pleno que se celebrará o próximo mércores, 13 de maio. Concretamente, os nacionalistas reclamarán do Pleno a adopción dos seguintes acordos:

1. Manifestar a vontade da Corporación Municipal de Ordes na defensa da nosa lingua e, especificamente, nos acordos unánimes adoptados polo Parlamento Galego para instrumentar as medidas de normalización do galego nos diversos ámbitos sociais.

2. Apoiar o ‘Manifesto pola convivencia lingüística e a igualdade de dereitos para o galego’.

3. Secundar as campañas e iniciativas que se promovan en defensa do idioma galego e, concretamente, a convocada para o vindeiro 17 de maio en Santiago de Compostela.

As frases de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
"O proceso de normalización de usos do galego ten sido lento e, até hoxe, insuficiente para garantir o dereito a vivir na nosa lingua, de xeito que o galego poida gozar no seu territorio do mesmo status legal que o castelán no seu"

"Asistimos nos últimos tempos a unha situación esperpéntica, por canto existen sectores políticos que pretenden trasladar á opinión pública a idea de que o idioma castelán corre perigo en Galiza por mor da suposta discriminación a que se ven sometidas as persoas que falan nesta lingua"

"A realidade é claramente á inversa: non só non gozamos dunha realidade que permita a existencia e normalidade dos usos do noso idioma no día a día, senón que se pretende que as persoas galegofalantes non teñan dereitos lingüísticos, e que os únicos deberes para as administracións públicas queden referenciados ao uso do castelán"


*

Marín responde al BNG: "Se tardamos tanto en entregar estas bolsa foi porque quixemos que as axudas chegaran a todos"

.
163 jóvenes ordenses recibieron sus ayudas económicas

Marín: "A entrega tamén se retrasou pola ampliación do prazo de presentación"

El alcalde de Ordes y la concelleira de Educación, Silvia Marín, han presidido esta mañana la entrega de las ayudas en bolsas de desplazamiento para estudiantes de la ESO, bachillerato, ciclos formativos y universitarios del municipio. Unas axudas de las que se beneficiarán, según la concellería, un total de 163 jóvenes ordenses, 73 más que en 2008, y que hoy recibieron hoxe una ayuda económica de entre 150 (para alumnos que tienen que desplazarse entre 4 y 15 quilómetros de su domiclio) y 300 euros (para aquellos que tienen que viajar más de 16 quilómetros para asistir a clase), y que cuatriplican a las entregadas durante el curso 2007.

"...Que chegaran a todos"
Marín ha querido destacar que “se tardamos tanto en entregar estas bolsas de transporte foi porque quixemos que estas axudas chegaran a todos os veciños e veciñas de Ordes que o solicitaron, sobre todo pensando nestes tempos de crise económica”. Además, la tramitación de estas bolsas de transporte no sólo se retrasaron por la búsqueda de más financiación sino también "pola ampliación do prazo de presentación da documentación precisa para acceder a elas".

Por ello, la concelleira de Educación no entiende las críticas verquidas desde el BNG. “É certo que tardamos uns meses máis de tempo en entregar as axudas, pero tamén fixemos que estes cartos chegasen a todas as familias de Ordes que o precisan”, explica Silvia Marín, “polo que considero que é mellor esperar un pouco e facer ben as cousas, que andar ás presas e deixar sen axudas a persoas que realmente o necesitan polo feito de non ter podido presentar un papel a tempo”.

La frase de Silvia Marín, concelleira de Educación
"Cando chegamos á Alcaldía tan só se dedicaban 12.000 euros a bolsas de transportes e nós cuadruplicamos ese investimento, buscando financiación adicional que conseguimos hai unhas semanas asinando un convenio de colaboración con Reale Seguros"

*

Confirmado: Ordes ya es sede universitaria

.
Lo ha hecho público ayer el rector de la USC, Senén Barro

Cambiarán la denominación de 'Cursos de Verán' por la de 'Universidade de Verán'

Diecisiete villas gallegas, además de Lugo e Santiago, serán sede de alguno de los 72 cursos que la Universidade de Santiago organizará entre los meses de julio y septiembre de este año. La programación de la Universidade de Verán de la USC, la más amplia en la historia de la institución, la presentó ayer en el Pazo de Fonseca el rector, Senén Barro acompañado de la vicerreitora de Cultura, Elvira Fidalgo, y el responsable de los cursos, Pablo Sampedro, que espera superar los 3.750 matriculados de la edición anterior.

'Universidade de Verán'
Según informó el rector, la nueva denominación de ‘Universidade de Verán’, "implica unha reorientación cualitativa da programación que se caracteriza por unha importante descentralización xeográfica". Serán 33 cursos en el Campus de Santiago; seis en el de Lugo; cinco en Muros; cuatro en Sarria y Vilagarcía de Arousa; tres en Guitiriz y en Seoane do Courel; dos en Moaña y Ribadeo; y finalmente, uno en Bande, Burela, Caldas de Reis, Foz, Lalín, Lousame, Mondoñedo, Noia, Ordes y Sanxenxo.

Lo avanzaba Ordessiete el pasado 21 de marzo
Una confirmación de una noticia que ya os avanzábamos el pasado 21 de marzo cuando informábamos de que el pasado 27 de febrero, el Concello de Ordes, en la persona de su alcalde Manuel Regos, recibía un comunicado a través de una carta firmada por Elías Torres Feijó, vicerector de Cultura de la USC, informándonos que "a proposta de curso de verán 'A xestión ambiental nos concellos galegos', presentada polos profesores Francisco José Peña Castiñeiras e María Julia Melgar Riol (...) pasou a fase de preselección".

Finalmente la propuesta prosperó y Ordes será sede universitaria de la 'Universidade de Verán' de la USC con el curso 'A xestión ambiental nos concellos galegos' que busca contribuir a mejorar la formación y reciclaje de técnicos en medio ambiente, además de actualizar la formación del personal de la Administración Local en estas responsabilidades, e implicar al profesorado y alumnado en la protección y conservación del medio ambiente.

La propuesta universitaria ordense
La propuesta ordense es la siguiente: La conferencia inaugural correrá a cargo del catedrático de Medio Ambiente para el desarrollo sostenible de la Universidad Politécnica de Madrid, Domingo Gómez Orea; y los ponentes serán el profesor de Edafología y Geología de la USC, Roxelio Moreira; el profesor de Medio Ambiente y Salud de la Universidad Politécnica de Madrid, Francisco José Peña Castiñeira; y el profesor de Derecho Adminitrativo de la Facultad de Derecho de la USC, Francisco Javier Sanz Larruga. Todo ello en su primera jornada.

Les seguirá en una segunda, la jefa del Área de Contaminación Atmosférica del Instituto de la Salud Carlos III del Ministerio de Ciencia e Innovación, Rosalía Fernández Patier; Angel Lagares Díaz, jefe de Medio Ambiente de Unión Fenosa; y Rosa Núñez Pardo de Vera, técnico del Area de Energías Renovables del Inega.

Cerrará una tercera y última parte el profesor Francisco Alonso Fernández, subdirector xeral de Programación e Proxectos de Augas de Galicia; Joaquín Suárez López, profesor titular de Engeniería Sanitaria de la Universidade da Coruña; la subdirectora xeral de la Dirección Xeral de Calidade de la Consellería de Medio Ambiente, María José Echevarría Moreno; y María Esther Campos Mosquera, responsable de comunicación y prensa de Sogama.

Conferencia de clausura a cargo de Díez-Fierros
La conferencia de clausura correría a cargo del profesor Francisco Díaz-Fierros Viqueira, catedrático de Edafología y Química Agrícola de la USC, miembro de la Real Academia Nacional de Farmacia y Premio Nacional de Cultura Galega 2008 en su categoría de 'Pensamento e Cultura Científica'.

Complementarían a este curso una serie de visitas prácticas al embalse de Vilagudín, al ETAP y EDAR de Ores, al complejo de Sogama y al Punto Limpio Municipal.

Una iniciativa de la concellería de Medio Ambiente de Xesús Pedreira
La iniciativa de todo este programa universitario que ha convertido nuestra vila de Ordes en sede universitaria por primera vez en su historia corrió a cargo de la concellería de Medio Ambiente, Sanidade e Medio Rural en manos del teniente de alcalde de Ordes, Xesús Pedreira, quien destacó el "gran traballo" que le llevó tanto a él como al personal de la concellería, llegar a conseguir este objetivo.

*

viernes, 8 de mayo de 2009

Galiza Nova de Ordes critica a "entrega en man" das axudas por desprazamento a estudiantes

.
A organización xuvenil nacionalista afirma que Regos "obriga aos estudantes a participar nun acto propagandístico" que terá lugar mañá sábado

Galiza Nova estará o domingo 17 na Alameda de Compostela na manifestación a favor da lingua galega

A finais de abril, despois de que o BNG presentase unha iniciativa no pleno da Corporación Municipal de Ordes solicitando que se resolvesen as axudas para o desprazamento de estudantes, e segundo a organización, o alcalde Manuel Regos, comezou a comunicar as resolucións das solicitudes das axudas convocadas en setembro de 2008 para o desprazamento de estudantes de ensino secundario obrigatorio, bacharelato, ciclos formativos e universitarios do Concello de Ordes.

"Esperar mais de medio ano"
Para Galiza Nova de Ordes, "é inconcebible que os estudantes ordenses tiveran que esperar máis de medio ano para coñecer a resolución da súa solicitude de axuda, cando o curso escolar xa esta próximo a rematar". Ademáis, consideran "moi grave" que nas resolucións das axudas se estableza como requisito indispensable para poder percibir a mesma a participación do estudante nun acto publico de entrega das axudas presidido polo alcalde de Ordes, que terá lugar mañá 9 de maio na Casa da Cultura.

"Non é normal que en pleno século XXI, a entrega destas axudas se realice en man, en lugar de transferilas a unha conta bancaria do solicitante, obrigando aos estudantes a participar nun acto propagandístico do alcalde de Ordes, o que constitúe unha boa proba da actitude “clientelar e caciquil” que caracteriza a Manuel Regos, aseguran dende a organización.

Os seus responsables lamentan "a falla total de información que sufriron os mozos e mozas de Ordes respecto da resolución destas axudas", así como "a ausencia de máis medidas de apoio para os máis novos do Concello, non só no ámbito do ensino senón tamén no eido laboral, xa que nun contexto económico como o actual son moitos os mozos e mozas de Ordes que se ven obrigados a marchar da súa vila para conseguir un emprego, sen que o goberno municipal de Manuel Regos faga nada ao respecto".

Apoio á manifestación a favor da lingua galega
Galiza Ordes amosa tamén o seu apoio aos actos de mobilización convocados pola Mesa pola Normalización Lingüística en defensa da lingua galega convocada para o domingo 17 de maio ás 12 horas desde a Alameda de Santiago de Compostela .


*

"Esiximos garantía de recollida e prezo”


Unhas duas mil persoas secundaron a movilización

Miguel Prado: "Estamos aquí para apoiar unha manifestación en defensa dun sector estratéxico para a nosa comarca"

"Esiximos garantía de recollida e prezo”. Baixo este lema discurriu a manifestación en defensa do sector lácteo que esta mañá atravesou o centro da vila a instancias de Unións Agrarias, Sindicato Labrego Galego, Asociación Agraria Xóvenes Agricultores e a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias. Unha marcha que foi encabezada polos alcaldes que integran a Mancomunidade de Municipios da comarca de Ordes e apoiada por unhas 2.000 persoas segundo estimacións dos propios sindicatos convocantes.


Miguel Prado, presidente da Mancomunidade de Ordes e alcalde de Frades
“Estamos aquí para apoiar unha manifestación en defensa dun sector estratéxico para a nosa comarca, non só para os gandeiros que viven da venda do leite, senón tamén para o resto da poboación da zona”

“Se comezan a pecharse explotacións isto non só afectará aos gandeiros, senón tamén ao sector comercial e a toda a economía da comarca de Ordes

Manuel Mirás, alcalde de Oroso
"O sector leiteiro está vivindo unha situación complicada, cuns prezos en orixe que diminúen constantemente e cuns custes de produción que non deixan de medrar, polo que entendemos que a situación que sofren os nosos produtores é insostible e hai que buscarlle unha solución a curto ou medio prazo”

Manuel Regos, alcalde de Ordes
"É de descatar a gran colaboración e solidariedade amosada polos comerciantes de Ordes que pecharon os seus negocios ás doce da mañán para participaron nesta marcha en defensa do sector lácteo”


*

jueves, 7 de mayo de 2009

El Concello pedirá a Audasa que done el dinero del peaje del pasado jueves


A moción do grupo de Goberno será aprobada na sesión plenaria do vindeiro martes 12 de maio

El Concello instará a Audasa, empresa concesionaria de la explotación de la autopista AP-9, a que done el dinero recaudado en el peaje de salida de Ordes durante la noche del pasado 30 de abril, fecha de celebración de la gala “Panorama contra o cancro”, para destinarlos a la Asociación Española de Lucha Contra el Cáncer.

Colapso en el peaje
“Non todas as persoas puideron acudir a tempo á gala xa que moitas quedaron retidas preto da saída da autoestrada AP-9 polo colapso que houbo na peaxe de Ordes”, recuerda el grupo de gobierno. En el mismo documento solicitarán de la concesionaria "que, para evitar que se volvan producir este tipo de retencións, neste tipo de eventos multitudinarios se exima do pagamento das taxas na peaxe de Ordes aos asistentes, permitindo a libre entrada e saída dos vehículos".


*

Husqvarna-Internaco incrementa a súa esponsorización na S.D.C. Órdenes


A empresa ordense amósase coma un referente no apoio ao deporte de base

Os deportistas da Sociedade Deportiva Club Ordenes xa fan as viaxes oficiais cun novo pasaxeiro en cada un dos autobuses: Husqvarna-Internaco. A empresa ordense ven de incrementar a sua colaboración co Club, sendo o patrocinador oficial nos desprazamentos de tódolos equipos, ademáis de proporcionar a vestimenta de paseo dos equipos Cadete e Xuvenil, así como de mantelos carteis publicitarios no campo de xogo de Vista Alegre 1.

O clube quiso facer pública a súa mostra de agradecemento polo "compromiso" que empresas como Husqvarna "veñen prestando a entidades e asociacións sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento das nosas actividades".
*

miércoles, 6 de mayo de 2009

As receitas médicas falarán idiomas

,
O Concello repartirá no centro médico e nas farmacias un novo modelo de receita e un glosario de termos en varios idiomas

Os idiomas escollidos son o galego, español, francés, inglés, rumano e árabe

O Concello de Ordes ven de presentar hoxe unha iniciativa pioneira á hora de facilitar as relacións entre os médicos e os pacientes, especialmente no caso dos inmigrantes que, no caso de Ordes, se achegan ao milleiro de persoas. En colaboración coa ONG Ecos do Sur, se elaboraron tres materiais informativos que comezarán a repartirse a vindeira semán entre as farmacias do municipio, o persoal sanitario do centro de saúde e tamén entre o colectivo migrante de Ordes. Trátase dunha guía sanitaria, dun novo modelo de receita e un glosario de termos en distintos idiomas que “o persoal sanitario e as farmacias usarán para superar as barreiras lingüísticas cos inmigrantes, facilitando así un uso máis responsable dos recursos de saúde públicos”, apunta Francisco Hurtado, director de Ecos do Sur.

Galego, español, francés, inglés, rumano e árabe
O aspecto máis novidoso é un folleto dirixido ao persoal sanitario do centro de saúde de Ordes e que recolle termos de uso cotiá nunha consulta traducidos ao galego, español, francés, inglés, rumano e árabe. Deste xeito, o paciente pode explicar claramente cales son os seus síntomas e o médico pode explicarlle o tratamento a seguir ou derivalo á atención especializada correspondente.

Neste mesmo ámbito móvese tamén a nova receita para o centro de saúde de Ordes. Unha receita moi visual e traducida ao castelán, inglés, francés e árabe, e que recolle detalladamente como se debe aplicar o tratamento dun xeito sinxelo e esquemático. Finalmente, a Guía Sanitaria recolle nas súas 16 páxinas unha guía dos recursos sanitarios no municipio de Ordes, teléfonos de interese, recomendacións para o bo uso da sanidade pública, etc.

As frases de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"Somos o primeiro concello en Galicia que presenta esta novidosa serie de materiais sanitarios dirixidos á poboación migrante e ao persoal sanitario do centro de saúde de Ordes”

"Detectamos unha barreira no acceso deste colectivo á sanidade e pensamos que con estes materiais imos facilitar a comunicación entre os médicos-farmacéuticos e os pacientes”

A frase de Ana Alvarez, concelleira de Servizos Sociais
"Este tipo de iniciativas serven para que a poboación inmigrante poda acceder á atención sanitaria nas mesmas condicións que o resto dos veciños. O obxectivo final é que haxa unha maior integración do colectivo inmigrante en Ordes”

A frase de Xesús Pedreira, tenente de alcalde e concelleiro de Sanidade
“É unha aposta moi forte por ter unha sanidade mellor en Ordes
*

martes, 5 de mayo de 2009

David Bisbal con la Orquesta Panorama en Ordes

Haz clic bajo estas líneas para ver las actuaciones de David Bisbal y la Orquesta Panorama en la II Gala contra el Cáncer del pasado 30 de abril en Ordes.

'Dígale':




'Silencio':

lunes, 4 de mayo de 2009

A informática xa non é un misterio tampouco para os discapacitados


Silvia Marín traballa na implantación dunhas xornadas de deporte adaptado e dunhas clases matinais para discapacitados para os vindeiros meses

Un total de 13 persoas participan, dende hoxe luns e ata o vindeiro 30 de xullo, nun curso gratuito de 104 horas de iniciación á informática para discapacitados organizado pola Concellería da Discapacidade de Ordes. Nesta iniciativa, pioneira na comarca, participan trece alumnos con distintas discapacidades: físicas, con deterioro cognitivo, xente con problemas sensoriais (sobre todo con problemas graves de visión) e con trastornos psicolóxicos.

De cara ao próximo futuro, a Concellería da Discapacidade de Ordes de Silvia Marín traballa na organización dun curso de deporte adaptado e dunhas clases matinais para discapacitados, que terían lugar entre os meses de setembro e maio. Así, o Concello de Ordes está a ultimar a posta en marcha dunha actividade de deporte adaptado para persoas con discapacidade, que sería impartido inicialmente unha vez á semana por licenciados en INEF. Unha iniciativa que podería concretarse nas vindeiras semanas.

As frases de Silvia Marín, concelleira de Discapacidade de Ordes
"O curso pretende dotar dos coñecementos básicos da informática a un colectivo que está en desvantaxe social fronte ao resto de persoas e que poden adquirir unha formación axeitada para traballar nas mesmas condicións co resto dos traballadores"

"Non quedou ninguén en lista de espera, incluso poderían anotarse se o desexan un par máis. O único requisito para participar neste curso é estar empadroado en Ordes e ter unha discapacidade recoñecida pola Xunta non inferior ao 33%"

*