lunes, 30 de noviembre de 2009

O xoven Sergio Raña gaña o concurso de carteis do VI torneo de Fútbol 7

.
O ordense, co seu cartel “A Xogar!!”, foi o gañador da consola Wii coa que obsequiaba o Concello

Manuel Regos: "É unha satisfacción que os escolares ordenses se involucren dunha ou outra maneira nas actividades que se levan a cabo dende o Concello, como foi o caso desta iniciativa, sendo así partícipes de todo o que ocorre no seu municipio"

Comeza a Liga de Fútbol Sala de Ordes

O alcalde Manuel Regos fixo entrega o pasado venres do premio ao gañador da primeira edición do concurso de Carteis do VI Torneo de Fútbol 7 de Ordes. Un concurso no que puideron participar todos os alumnos e alumnas de entre 7 e 12 anos dos centros de ensino ordenses, e do que saiu gañador finalmente Sergio Raña Fraga, co seu cartel “A Xogar!!”

No acto de entrega do premio o gañador foi recibido polo alcalde e o concelleiro de Cultura e Deportes, Ramón Vázquez Raña, que lle fixeron entrega da consola Nintendo Wii coa que se premiaba ao gañador.

Comeza a Liga de Fútbol Sala
Por outra banda, esta fin de semana tamén daba comenzo a Liga de Fútbol Sala de Ordes. Unha liga organizada pola Asociación Deportiva de Ordes e o Concello que cede as instalacións de maneira totalmente gratuíta, así como todo o material necesario para levar a cabo a competición.

Nesta liga participan 14 equipos de distinta procedencia, equipos de empresas, de asociacións ou mesmo grupos de amigos dispostos a pasar un bo rato, con xente de diferentes idades, entre os 16 e os 59 anos.

Os partidos celébranse no pavillón Campomaior de Ordes os venres dende as 20:00 ata as 00:00 horas, e os sábados de 18:00 a 21:00 horas.

A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"Felicito a Sergio pola orixinalidade, creatividade e calidade do seu traballo"

"É unha satisfacción que os escolares ordenses se involucren dunha ou outra maneira nas actividades que se levan a cabo dende o Concello, como foi o caso desta iniciativa, sendo así partícipes de todo o que ocorre no seu municipio"

*

Centos de nenas e nenos no espectáculo de 'La Bruja Tapita'

.
Varios concelleiros entregaron lotes de xoguetes aos cativos participantes

A discoteca LP45 acolleu esta fin de semana unha iniciativa solidaria en prol da discapacidade da que non quixo deixar de ser partícipe o Concello. Unha iniciativa organizada pola Asociación de Discapacitados de Ordes e Comarca (Adiscordes) e o Concello, e presentada polo xornalista Pablo Quinteiro, e que trouxo ata o municipio ao espectáculo lo infantil de 'La Brujita Tapita'. Así, na tarde do domingo foron centos os nenos e nenas que se achegaron ata a discoteca para presenciar este festival solidario e didáctico, no que o dúo Tiempo de Sol, creadores de “La Brujita Tapita”, combinou xogos musicais, bailes e cancións, facendo aos nenos e tamén aos adultos partícipes do espectáculo.
Lotes de xoguetes
Se sortearon entre os rapaces e rapazas asistentes lotes de xoguetes que foron entregados polos concelleiros do goberno local, Silvia Marín, José Luis Gómez Candal, Xosé Ramón Vázquez Raña e Xesús Pedreira, así como por representantes de Adiscordes, encabezados polo seu presidente Antonio Morán, quen agradeceu a boa acollida do evento.

Pola súa banda a concelleira de Discapacidade do Concello de Ordes, Silvia Marín, tamén quixo agradecer a boa resposta do pobo ordense a esta iniciativa solidaria, así como fixo tamén un especial agradecemento a LP 45 que cedeu as súas instalacións para a celebración do festival de maneira totalmente gratuíta.
*

A Xunta aproba o escudo e bandeira oficiais da nosa Mancomunidade

.
A cor verde ten o protagonismo en ambas heráldicas

Pretenden simbolizar a nosa riqueza forestal, agrícola e gandeira

A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes conta dende hoxe con escudo e bandeira oficiais. O Diario Oficial de Galicia publicou o pasado 26 de novembro os Decretos 415/2009 e 416/2009 polos que se aproban o escudo e a bandeira oficiais da Mancomunidade, que foran aprobados polo pleno desta entidade supracomarcal o pasado mes de marzo.

Deste xeito, e de acordo co reflectido pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia, o escudo da Mancomunidade de Municipios de Ordes é unha ponte de ouro a dúas augas de sete ollos, mazonada, sobre ondas de prata e azur superado dun carballo de ouro froitado de sete landras de gules. Todo elo con coroa real pechada. A ponte cos seus sete ollos simboliza a unión dos sete concellos que conforman a Mancomunidade (Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo). As ondas de azur e prata representan o río Tambre e os seus afluentes. A cor sinople e o carballo de ouro lembran a riqueza forestal, agrícola e gandeira da comarca ordense mentras que as sete landras de gules identifícanse con cada un dos termos municipais.
.
Carballo e a cor verde
No que atinxe á bandeira, a Comisión de Heráldica da Xunta escolleu un pano verde cun carballo amarelo froitado de sete landras en vermello. Neste caso, o carballo e a cor verde lembran a riqueza forestal, agrícola e gandeira da comarca ordense, mentras que os concellos están simbolizados nas sete landras en vermello da árbore.

domingo, 29 de noviembre de 2009

Continúan os actos na loita contra a violencia machista

.
Unha trintena de expertos na atención ás vítimas da violencia de xénero da comarca asistiron a unha xornada formativa

Unha trintena de expertos en atención ás vítimas da violencia de xénero participaron nunha xornada formativa celebrada en Ordes baixo o título 'Equipos de apoio ás vítimas da violencia de xénero'. Unhas xornadas que foron inauguradas pola concelleira de Asuntos Sociais, Ana Álvarez, e a xefa de servizo de violencia de xénero da Subdelegación do Goberno na Coruña, María del Pilar González Díaz.

No turno das ponencias, Avelina Piñeiro Saloria, psicóloga clínica e forense, falou sobre o maltrato psicolóxico como unha forma de control e poder do maltratador sobre a muller; mentras que María Sol Rodríguez Calvo, médica forense da Universidade de Santiago, disertou sobre o papel da sanidade na violencia de xénero e incidiu en todo o que poden facer os traballadores sanitarios na detección, valoración e intervención nestas situacións.

Pola súa banda, José Manuel Sánchez Murias, xefe da Unidade Orgánica da Policía Xudicial en A Coruña, explicou aos presentes o procedemento de actuacións da Garda Civil contra a violencia de xénero para que saiban a quen teñen que dirixirse en caso de detectar un caso; mentras que Manuel Ángel Cobas Otero, fiscal sustituto do Xulgado de Santiago, pechou estas xornadas exemplificando sobre as actuacións da xustiza diante da violencia de xénero.

A frase de Ana Álvarez, concelleira de Servizos Sociais de Ordes
"Temos que lanzar unha mensaxe de esperanza para todas as familias que viven a cruda realidade da violencia de xénero e o compromiso dos gobernos municipais coma o Concello de Ordes en agotar todos os nosos esforzos en poñer os medios para combatir a violencia e prestarlles os servizos e recursos que precisan"


*

viernes, 27 de noviembre de 2009

Sogama repite convenio con Ordes


Superará os 100.000 euros e estará destinado a múltiples programas medioambientais

Luis Lamas asegura que non será o último e se ofrece á colaboración co benestar dos ordenses

O alcalde Manuel Regos, e o presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama) Luis Lamas, asinaron esta mañá un convenio de colaboración para a realización de iniciativas que contribúan á conservación do patrimonio natural do municipio e ao seu crecemento económico, xerando ao tempo riqueza e emprego entre os veciños e veciñas de Ordes polo que Sogama comprométese a investir máis de 100.000 euros no municipio de Ordes.

Novas zonas verdes, parques infantís e sendas naturais
Xesús Pedreira anunciou que o novo convenio seguirá avanzando “na habilitación de novas zonas verdes, na construción de parques infantís e sendas naturais que redundarán no benestar e na calidade de vida da cidadanía de Ordes”. O concelleiro de Medio Ambiente explicou que grazas a este convenio poderá pontenciarse o uso de bolsas biodegradables no sector comercial ordense, “unha iniciativa que levamos realizando varios anos con éxito e coa que dende o Concello de Ordes tentamos axudar aos nosos comerciantes para que abandonen as bolsas de plástico, que tardan séculos en descompoñerse e son un risco para o medio ambiente”.

Ademais, de cara tamén ao sector empresarial ordense, o convenio incluirá como novidade a realización dun labor de asesoramento ás empresas para que podan minguar a súa produción de residuos. Unha campaña especial que estará incluída dentro do programa “Ordes recicla”, co cal o Concello de Ordes está a realizar importantes campañas de concienciación ambiental entre todos os veciños e veciñas do municipio.

Finalmente, ao abeiro deste convenio de colaboración o Concello de Ordes e Sogama tamén permitirán, un ano máis, a realización de distintas actividades naquelas datas destacadas do calendario medioambiental (Día da Árbore, Día do Auga, Día do Medio Ambiente...). Así mesmo, potenciarase o programa de compostaxe “de xeito que chegue a todos os puntos do rural e tamén ás persoas da zona urbana con horta”, explica Pedreira.

Os dous anteriores convenios, asinados en 2008 e 2007, permitiron a construción do parque infantil e de maiores 'Pilar Martínez Viqueira', a rehabilitación de varias fontes e o seu entorno (no Mesón do Vento, en Cabeza de Lobo –Ardemil- e na costa de Santa Cruz) e a construción de “illas verdes” en varias parroquias de Ordes (instalacións conformadas por contedores para a recollida de papel, vidro, envases lixeiros e residuos orgánicos), entre outras accións.

As frases de Manuel Regos, alcalde de Ordes
“Facemos un balance moi positivo dos resultados acadados con este convenio o ano pasado, coas campañas de concienciación ambiental e a rehabilitación dalgunhas fontes"

"Agradecemos a colaboración de Sogama no noso obxectivo de facer un Ordes máis sostible

A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
"Agradecemos a Luis Lamas que a pesar da crise económica manteñan un convenio moi importante para o Concello de Ordes, pois permítenos facer obras e actividades medioambientais que por nós sos, dende o Concello, seguramente non poderiamos facer”

A frase de Luis Lamas, presidente de Sogama
"Este terceiro convenio asinado hoxe non será o último e espero que dure moitos anos pois estamos abertos a calquera colaboración que redunde en beneficio dos cidadáns de Ordes”


*

O Concello programa tres obradoiros sobre a sida, as drogas e o sexo

.
Xesús Pedreira: “O obxectivo é que os nosos mozos poidan expresar opinións e resolver as súas dúbidades para manter comportamentos saudables”

A concellería de Sanidade, en colaboración co Consello da Xuventude de Galicia, vai celebrar tres “Obradoiros de Saúde” gratuítos en Ordes dirixidos á mocidade ordense. En concreto, poderán participar un total de 120 mozos e mozas (trinta por cada obradoiro) de idades comprendidas entre os 14 e os 30 anos. Uns obradoiros, de entre dúas e tres horas de duración, que tratarán aspectos coma a prevención da transmisión do VIH, a prevención de drogodependencias e educación sexual-afectiva.

O primeiro obradoiro, que terá lugar na primeira semana do mes de decembro, tratará sobre a prevención do VIH e permitirá “analizar actitudes, perspectivas e estereotipos sociais ante a sexualidade e a sida”, explica Xesús Pedreira. Na segunda semana do mes de xaneiro de 2010 terá lugar o obradoiro sobre prevención de drogodependencias, no cal os alumnos estudiarán os estereotipos sociais asociados aos diferentes tipos de drogas. Finalmente, no mes de febreiro terá lugar o terceiro obradoiro, sobre educación sexual, no que os mozos e mozas de Ordes recibirán información sobre a necesidade de adoptar conductas promotoras de saúde e sobre as medidas de prevención do embarazo axeitadas.

Dirixidos á mocidade entre os 14 e os 30 anos
Con estes tres obradoiros de saúde dirixidos específicamente á mocidade ordense, a concellería de Sanidade continúa co seu programa de promoción dos hábitos de vida saudable entre os veciños e veciñas de Ordes. Un programa que incluíu este ano iniciativas coma os “Venres saudables”, os cursos de atención a pacientes ou as charlas informativas sobre nutrición en todas as parroquias do municipio.

As frases de Xesús Pedreira, concelleiro de Sanidade de Ordes
"Mediante a realización destes obradoiros de saúde pretendemos que os mozos e mozas de Ordes poidan expresar as súas opinións e resolver as súas dúbidas, debater en grupo e intercambiar experiencias para aclarar e resolver inquedanzas e recibir información que faga posible manter comportamentos saudables”

“Pretendemos facilitar o análise crítico dos aspectos sociais e culturais relacionados coa saúde e os comportamentos saudables entre a mocidade ordense”
*

A Casa de Cultura se encheu de rapaces na primeira sesión de Cinensino

.
Miguel Prado: "Este programa pretende que reflexionedes sobre a problemática das drogas e da importancia de que manteñades unha actitude responsable ante a vida"

O presidente da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, Miguel Prado Patiño, inaugurou esta mañá a primeira sesión do programa de prevención fronte ás drogas “Cinensino 2009-2010”, que reuníu a 313 rapaces de toda a comarca ordense no auditorio da Casa da Cultura de Ordes. “Un programa que levamos facendo con éxito xa varios anos”, explicou Prado Patiño, “e que pretende que, ademais da diversión de poder ver unha boa película, reflexionedes sobre a problemática das drogas e da importancia de que manteñades unha actitude responsable ante a vida, sendo conscientes das consecuencias das vosas accións”.

Prado Patiño estivo acompañado pola técnica de Prevención de Drogodependencias da Mancomunidade, Mónica González, quen foi a encargada de traballar cos rapaces unha vez finalizada a proxección do filme. Unha película, 'City of Ember', coa que González traballou a conveniencia de que todos os rapaces saiban xulgar as situacións nas que se vén involucrados, para así poder anticipar as consecuencias dos seus actos e, en consecuencia, poder tomar as decisións máis axeitadas.

Nesta primeira sesión de 'Cinensino' participaron un total de 313 alumnos e 24 profesores de centros educativos de 1º e 2º da ESO dos municipios que integran a Mancomunidade de Ordes (Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo), divididos en dúas sesións (ás 10:00 e ás 12:00 horas, respectivamente). “Cinensino 2009-2010” está organizado polo Servizo de Prevención de Drogodependecias da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes e financiado póla Subdirección Xeral de Programas de Fomento de Estilos de Vida Saudables a través do Servizo de Drogodependencias e Trastornos Adictivos da Consellería de Sanidade.

*

Recouso acusa ao alcalde de manter a tramitación do PXOM paralizada durante dous anos

.
Recouso: "É precisamente agora cando máis se necesita un PXOM que dea un impulso ao noso concello"

Asegura que Manuel Regos ten interese en manter a vixencia dunhas normas subsidiarias obsoletas

O concelleiro do BNG, Ramiro Recouso, acusou ao alcalde, Manuel Regos, de retrasar deliberadamente a tramitación do PXOM de Ordes, e considerou que as declaracións públicas de Regos sobre o PXOM, “veñen a reafirmar as sospeitas do BNG de que detrás da lentitude na tramitación do PXOM existen intereses inconfesábeis, que buscan provocar que non se aprobe definitivamente o mesmo no presente mandato municipal, o que abocaría a Ordes a seguir padecendo un desenvolvemento urbanístico caótico e pouco sostíbel.”
"Agora é cando máis se necesita o PXOM"
Recouso acusou ao alcalde “de manter dous anos paralizada a tramitación do PXOM e intentar engañar aos veciños xustificando o retraso con excusas que non son máis que mentiras, xa que é precisamente agora, nun momento de crise, cando máis se necesita un PXOM que dea un impulso ao noso concello”.

Segundo Ramiro Recouso “coas excusas do alcalde para non acelerar a tramitación do PXOM demostrase que para él é máis importante manter a vixencia dunhas normas subsidiarias obsoletas e que benefician a uns poucos, antes que aprobar un PXOM que beneficie ao conxunto dos veciños e veciñas de Ordes, permitindo que o noso Concello poida desenvolverse urbanísticamente de xeito equilibrado”.

O concelleiro nacionalista afirmou que “o BNG defenderá que se aprobe canto antes un PXOM que permita un desenvolvemento urbanístico equilibrado, que fomente a creación de vivenda protexida e que prime a calidade de vida dos veciños e veciñas de Ordes“.


*

Adega alertou dos perigos da prevista ampliación do vertedoiro da Areosa

.
Montse Rey chama á mobilización social contra as intencións da Xunta de Galicia con Sogama

A delegación da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) na comarca de Ordes mantivo unha reunión informativa con veciños e veciñas de Ordes na que se informou da intención do goberno da Xunta de Galicia de ampliar as instalacións de Sogama e, en concreto, do vertedoiro ubicado na zona da Areosa.

Os ecoloxistas informaron de que o vertedoiro da Areosa foi aberto no ano 1996 como medida provisional para almacenar residuos da planta de Sogama, pero, na actualidade e segundo Adega, vai camiño de converterse no vertedoiro da meirande parte do país.

Para Adega, feitos constatados como o verquido de lixiviados aos ríos colindantes, o enterramento de medicamentos, ou mesmo os incendios que se teñen declarado no propio vertedoiro, non fan máis que poñer de manifesto que a xestión dos residuos que se está a facer na actualidade dista moito de ser medioambientalmente sostible e pode ter consecuencias irreversíbeis para o medioambiente e a saúde da zona.

A frase de Montse Rey, presidenta de Adega Ordes-Cerceda
"Comprometome cos veciños a impulsar a mobilización social co obxectivo de frenar un proxecto que pretende convertir a comarca de Ordes no vertedoiro de todo o país, reforzando un modelo de tratamento de residuos que se ten demostrado moi perxudicial para o medioambiente e que constitue un perigo para a saúde, como ben sabemos no concello de Ordes”

Foto: Vista dos asistentes á conferencia de Adega do pasado mércores no restaurante El Túnel.


*

jueves, 26 de noviembre de 2009

O Concello reparte entre os veciños 1.000 buxainas, 2.000 adornos de Nadal e 5.000 calendarios contra a violencia de xénero

.
Equipos de apoio ás víctimas de violencia de xénero de toda a comarca participarán hoxe nunha xornada formativa

O Concello de Ordes iniciou onte, Día Internacional contra a violencia de xénero, unha campaña de sensibilización dirixida a toda a poboación ordense que inclúe o reparto gratuito de peonzas, adornos de nadal e calendarios con lemas contra a violencia de xénero. A Concellería de Servizos Sociais entregou hoxe aos distintos centros educativos de Ordes un total de 1.000 peonzas co lema 'Ordes sen violencia', que serán repartidos mañá xoves entre todos os rapaces e rapazas do municipio.

Así mesmo, repartiranse tamén 5.000 calendarios co mesmo lema e 2.000 adornos de Nadal, coas formas dun reno e dunha árbore navideña, entre os veciños e veciñas de Ordes. O obxectivo é dar a coñecer a plataforma web presentada onte mesmo, www.ordessenviolencia.org, e facer que “as vítimas e as súas familias sintan de maneira especial o apoio da sociedade ordense nestas datas, así como que a propia sociedade teña presente a realidade da violencia contra as mulleres”, explica a concelleira de Servizos Sociais, Ana Álvarez.

Unha campaña organizada pola concellería de Servizos Sociais e a Terceira Idade en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta e do Centro de Información á Muller (CIM) de Ordes.

Equipos de apoio ás vítimas da violencia de xénero de toda a comarca participarán mañá xoves en Ordes nunha xornada formativa.

Xornada formativa
Así mesmo, mañá xoves, 26 de novembro, o salón de plenos do Concello acollerá unha xornada formativa denominada 'Equipos de apoio ás vítimas da violencia de xénero' na que participarán profesionais de toda a comarca de Ordes tanto do ámbito municipal coma do xudicial, sanitario e de seguridade.

Nestas xornadas, que terán lugar entre as 16:30 e as 20:30 horas, participarán Avelina Piñeiro Saloria, psicóloga clínica e forense, que falará sobre o maltrato psicolóxico como forma de control e poder do maltratador sobre a muller; María Sol Rodríguez Calvo, médica forense da Universidade de Santiago, que tratará sobre o papel da sanidade na violencia de xénero e todo o que pode facer na súa detección, valoración e intervención; José Manuel Sánchez Murias, xefe da Unidade Orgánica da Policía Xudicial na Coruña, que presentará o procedemento de actuacións da Garda Civil contra a violencia de xénero; e Manuel Ángel Cobas Otero, fiscal sustituto do Xulgado de Santiago, que disertará sobre as actuacións da xustiza diante da violencia de xénero.

*

martes, 24 de noviembre de 2009

Pioneiros en Galicia na 'ciber loita' contra a violencia machista

.
O Concello impulsa unha web que permitirá ás vítimas e ao seu entorno ter acceso directo ao CIM dun xeito anónimo e confidencial

Ana Alvarez: "Servirá para informar e sensibilizar sobre a violencia de xénero"

O Concello de Ordes conta dende hoxe cunha nova ferramenta na loita contra a violencia de xénero pioneira en Galicia: unha plataforma na Internet (http://www.ordessenviolencia.org/) que facilitará a atención ás vítimas da violencia de xénero e permitirá unha mellor coordinación entre os distintos equipos de apoio ás mulleres e que crearon en 2008 o “Protocolo de actuación para a atención integral das vítimas da violencia de xénero” (Garda Civil, Policía Local, Centro de Saúde, Xulgado e servizos sociais municipais).

Se trata dunha das primerias plataformas deste tipo a nivel nacional que servirá “para informar e sensibilizar á poboación sobre a violencia de xénero e para garantir un espazo de comunicación entre todos e todas os profesinoais de Ordes que atenden a vítimas de violencia”, explica a concelleira de Servizos Sociais, a socialista Ana Álvarez.

“Existen dúas maneiras de facer as consultas”, apunta Nazaret González, directora do CIM, “de maneira anónima ou pesoalizada, é a propia persoa a que decide se manter ou non o anonimato, sempre garantindo a confidencialidade das consultas”. Así, se a persoa que enche o formulario na web deixa o seu mail, responderáselle de xeito confidencial a ese correo. Se, polo contrario, non dá ningún dato, o CIM responderá á consulta no apartado “Preguntas frecuentes”.

Zona aberta e intranet
A nova plataforma web está composta por dous apartados moi diferenciados: unha zona aberta a todo o público e unha intranet para os profesionais relacionados coa violencia de xénero. A zona aberta ao público é un portal de sensibilización e información para a poboación en xeral, na que hai información útil relacionada coa violencia de xénero (programas, recursos, lexislación, documentación, etc). Ademais, conta con tres espazos reservados con información específica para tres colectivos: mulleres, homes e menores.

No apartado de menores informarase dos recursos aos que poden acceder os pequenos no caso de ser vítimas ou testemuñas da violencia, mentras que no apartado de mulleres colgarase información de interese para as vítimas. Finalmente, no apartado dos homes “habilitaremos un espazo para que os homes que teñen problemas de control e son, ou poden chegar a ser, violentos coñezan os recursos aos que poden acceder”, explica Nazaret González.

Por último, a intranet desta plataforma está reservada para os profesionais que asinaron o protocolo contra a violencia de xénero (Garda Civil, Policía Local, Centro de Saúde, Xulgado e servizos sociais municipais).

Campaña de sensibilización
Ademais da presentación desta plataforma, a Concellería de Servizos Sociais de Ordes ten programado para mañá mércores, Día Internacional contra a violencia de xénero, unha campaña de sensibilización dirixida a toda a poboación ordense. Repartiranse peonzas entre todo o alumnado dos centros educativos de infantil e primaria de Ordes, calendarios entre os rapaces de secundaria, bacharelato e formación profesional, así como material dirixido á poboación en xeral moi vencellado á poboación en xeral.

A campaña completarase cunha cuña publicitaria, emitida a través de Radio Ordes, e a distribución de carteis polo municipio. “O obxectivo é que as vítimas e as súas familias sinta de maneira especial o apoio da sociedade ordense nestas datas e que a propia sociedade teña presente a realidade da violencia contra as mulleres”, explicou Ana Álvarez.

Xornada formativa
A concelleira de Servizos Sociais aproveitou tamén para lembrar que este xoves, 26 de novembro, Ordes acollerá unha xornada formativa denominada “Equipos de apoio ás vítimas da violencia de xénero” na que participarán profesionais de todos os ámbitos que interveñen nestes casoso: xudicial, sanitario, seguridade e servizos sociais. A xornada terá lugar o xoves 26 de novembro, de 16:30 a 20:30 horas.

Nestas xornadas participarán Avelina Piñeiro Saloria, psicóloga clínica e forense, que falará sobre o maltrato psicolóxico como forma de control e poder do maltratador sobre a muller; . María Sol Rodríguez Calvo, médica forense da Universidade de Santiago, que tratará sobre o papel da sanidade na violencia de xénero e todo o que pode facer na súa detección, valoración e intervención; José Manuel Sánchez Murias, xefe da Unidade Orgánica da Policía Xudicial na Coruña, que presentará o procedemento de actuacións da Garda Civil contra a violencia de xénero; e Manuel Ángel Cobas Otero, fiscal sustituto do Xulgado de Santiago, que disertará sobre as actuacións da xustiza diante da violencia de xénero.

A frase de Ana María Alvarez, concelleira de Servizos Sociais de Ordes
"Servirá para informar e sensibilizar á poboación sobre a violencia de xénero e para garantir un espazo de comunicación entre todos e todas os profesinais de Ordes que atenden a vítimas de violencia”

As frases de Nazaret González, directora do Centro de Información á Muller (CIM) de Ordes
"Para unha vítima de violencia de xénero dar o primeiro paso para pedir información é moi difícil, polo que esta plataforma lle ofrece a vantaxa do anonimato e tamén de dispoñer dunha información totalmente actualizada"

"Na web xa están colgada información sobre como actuar ante un caso de violencia cunha amiga ou unha filla, por exemplo”

*

O BNG presenta unha emenda aos orzamentos da Xunta para incluir dous millóns nas concentracións parcelarias

Castro: “O BNG apoia a recollida de sinaturas que están a levar a cabo os veciños de Barbeiros e Vilamaior para que se rematen os traballos pendentes”

O portavoz municipal do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, anunciou que a súa formación política ten presentado no Parlamento de Galicia unha emenda aos Orzamentos da Xunta para o 2010 para incluir unha partida de dous millóns de euros destinada ás concentracións parcelarias de Ordes, xa que se trata, segundo Castro, "de actuacións moi importantes para o desesenvolvemento socioeconómico do noso concello”.

O nacionalista lembrou que no último pleno da corporación municipal o BNG presentou unha moción na que se instaba á Xunta de Galicia a acometer todos os investimentos aprobados o ano pasado pola Consellería do Medio Rural. Propoñían tamén que o Pleno reclamase un plan de investimento da Xunta para as concentracións parcelarias de Ordes que permitise ter rematadas na súa totalidade todas as concentracións abertas no Concello no primeiro semestre de 2011, tal e como tiña previsto a Consellería do Medio Rural do anterior goberno da Xunta. Esta moción foi rexeitada cos votos do grupo de goberno e do PP.

Barbeiros-Vilamaior
No caso concreto da concentración parcelaria de Barbeiros-Vilamaior, o BNG reclamaba que se executase a totalidade das obras aprobadas polo anterior goberno da Xunta nun prazo de tres meses, xa que si se retrasa máis a execución das obras, segundo o portavoz municipal do BNG Gonzalo Castro, “correse o perigo de perder a inversión de 700.000 euros aprobada para este ano pola anterior Consellería do Medio Rural”. Por outra banda, Castro afirmou que “o BNG apoia a recollida de sinaturas que están a levar a cabo os veciños destas dúas parroquias para que se rematen os traballos pendentes”.

As frases de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
"Lamento que o alcalde e o PP, en lugar de defender os intereses dos veciños, se unan para defender ao Goberno da Xunta, amparando que non se teña incluido no proxecto de Orzamentos da Xunta de Galiza para o ano 2010 ningún investimento para as concentracións parcelarias de Ordes"

“O BNG seguirá a traballar para que se rematen todas as concentracións parcelarias de Ordes

"Emplazo ao Goberno Municipal e ao PP a deixar a un lado os intereses partidistas e sumarse á defensa dos intereses dos veciños de Ordes, que están reclamando que se rematen coas concentracións parcelarias”

*

lunes, 23 de noviembre de 2009

O cine, ferramenta contra a droga

.
Un total de 313 alumnos da comarca participarán na primeira sesión do programa de prevención contra a drogodependencia 'Cinensino'

O Servizo de Prevención de Drogodependencias da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes lanza unha nova edición do programa de prevención fronte ás drogas 'Cinensino 2009-20101'. Un programa incluido no Plan Nacional contra a Drogadicción e que contempla a proxección de tres películas, unha por trimestre, que posteriormente son traballadas individualmente polos asistentes a través dunhas fichas que se lles reparten á finalización das proxeccións.

A primeira destas sesións terá lugar este venres 27 de novembro e nela participarán un total de 313 alumnos e 24 profesores de centros educativos de 1º e 2º da ESO dos municipios que integran a Mancomunidade. Utilizando o cine como ferramenta pedagóxica, os técnicos do Servizo de Prevención de Drogodependencias da Mancomunidade realizarán dúas proxeccións da película City of Ember: En Busca de la Luz (Gil Kenan. EE.UU., 2008), coa que tratarán de sensibilizar aos escolares da conveniencia de xulgar as situacións nas que se vén involucrados, anticipando as consecuencias que poden ter para tomar as decisións máis adecuadas.

“Cinensino 2009-2010” está organizado polo Servizo de Prevención de Drogodependecias da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes e financiado póla Subdirección Xeral de Programas de Fomento de Estilos de Vida Saudables a través do Servizo de Drogodependencias e Trastornos Adictivos da Consellería de Sanidade.

Mónica González, técnica de Prevención de Drogodependencias da Mancomunidade de Ordes
“Os obxectivos desta iniciativa céntranse na reducción dos factores de risco e na potenciación de protección fronte ao consumo. A novidade deste enfoque é a metodoloxía, posto que se utiliza o cine como elemento motivador para, posteriormente, traballar as unidades didácticas na titoría, directamente co alumnado”

O cine axuda a observar, non só vendo, senón tamén sentindo; e ademais fai ás persoas críticas e abertas a unha linguaxe moito máis global

Foto: Fotograma de City of Ember.
*

Espectáculo a favor de Adiscordes

.
En la discoteca LP45 el domingo 29 a las 17 horas

La discoteca LP45 acogerá este domingo dia 29 un espectáculo a favor de la Asociación de Discapacitados de Ordes (Adiscordes). El evento, que contará con un show didáctico musical contará con la colaboracion de las asociaciones de padres y madres de los centros de enseñanza de Ordes, y la guarderia Pequelua.

Todos los invitados deberán pagar una entrada de 5 euros. Los beneficios se destinaran a Adiscordes para desarrollar el trabajo social que tiene como fin.

Desaparece una menor de Leira

.
Se llama Eva Calvo Bello, tiene 16 años y lleva desde el viernes en paradero de desconocido

Según informaron a Europa Press fuentes del Instituto Armado, se trata de una desaparición "voluntaria" porque la joven se marchó supuestamente con otro menor

Fuente: EP. La Guardia Civil busca a una joven de 16 años vecina de Leira cuyo paradero se desconoce desde que el viernes se desplazó a Santiago a la academia de peluquería donde recibe clases.

Según informaron a Europa Press fuentes del Instituto Armado, se trata de una desaparición "voluntaria" porque la joven se marchó supuestamente con otro menor.

La joven, de pelo rubio, vestía el pasado viernes cuando salió de casa una cazadora de color rojo y unos vaqueros. Por el momento, su familia indicó que no tiene noticias desde que la chica llamó para decir que supuestamente había perdido el autobús de regreso a Ordes y que cogería el próximo.

*

domingo, 22 de noviembre de 2009

Adega alerta de que o vertedoiro da Areosa está a piques de adentrarse no municipio de Ordes

.
Os ecoloxistan sosteñen que a xestión dos residuos que se está a facer na actualidade "dista moito de ser medioambientalmente sostible"

A asociación ofrecerá unha charla onde se falará da problemática de ampliación do vertedoiro de Cerceda

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) ofrecerá o vindeiro mércores 25 ás 21 horas unha conferencia no restaurante El Túnel onde se tratará a problemática derivada dos residuos, os distintos modelos de xestión e as posibles consecuencias que suporá esta ampliación sobre a comarca.

Segundo informa a asociación ecoloxista, "o vertedoiro da Areosa foi aberto no ano 1996 como medida provisional para almacenar residuos da planta de Sogama, pero, na actualidade, vai camiño de converterse no vertedoiro da meirande parte do país, o que supón que os impactos sobre o medio ambiente e a saúde pública continúen incrementándose considerablemente".

Verquido nos ríos
Para Adega, feitos constatados como o verquido de lixiviados aos ríos colindantes, o enterramento de medicamentos, ou mesmo os incendios que se teñen declarado no propio vertedoiro, non fan máis que poñer de manifesto que a xestión dos residuos que se está a facer na actualidade dista moito de ser medioambientalmente sostible.

Dende a delegación Ordes-Cerceda de Adega, consideran que o perigo que se cerne sobre a comarca coa extensión deste vertedoiro, que xa está a piques de superar os límites do Concello de Cerceda e adentrarse no municipio de Ordes, é de enorme envergadura, polo que consideran prioritario a posta en común de posíbeis actuacións, para que a cidadanía reaccione antes de que os danos medioambientais e de saúde pública sexan irreversibles.

*

viernes, 20 de noviembre de 2009

O Pleno da luz verde ao POS 2010 por valor de 418.058 euros

.
A corporación gardou un respectuoso minuto de silencio pola morte de Juanjo Liñares, cuxa familia cederá a súa biblioteca ao Concello de Ordes

Aproba por unanimidade unha moción en defensa do sector agrogandeiro ordense

O pleno municipal aprobou esta mañá por unanimidade a relación de obras que serán incluidas no Plan de Obras e Servizos (POS) 2010 da Deputación da Coruña e que suporán un investimento de 418.058 euros en obras de mellora de trece estradas do municipio e nunha canalización de pluviais na parroquia de Leira. Unha relación de proxectos que, por primeira vez nesta lexislatura, contou cos votos a favor de todos os grupos políticos, xa que a proposta do grupo de goberno incluíu varias das obras demandadas dende a oposición, como o arranxo do camiño entre Vilasuso e Deixebre (Beán) ou o arranxo das pistas do entorno do colexio do Mesón do Vento.

Así, arranxaranse con aglomerado quente a mencionada pista entre Vilasuso e Deixebre (Beán), no lugar de Iglesia (na estrada entre Mendo e Pereira) e no camiño á escola de Poulo. Así mesmo, tamén se realizarán melloras na pista que une Lesta e Vilagudín, na conexión de Barbeiros coa estrada N-550, na vía entre Leira e Conde, nun camiño en Valiño (Parada), na pista entre Lesta e Ameneiros, na conexión de Barbeiros coa estrada N-550, no camiño de Brea a Orellán (Ardemil) e no camiño detrás da vía do tren en Lesta. Así mesmo, o POS 2010 tamén incluirá unha partida de 37.000 euros para a canalización de pluviais en Leira.

O alcalde de Ordes, Manuel Regos, explicou que “só temos 418.000 euros e as obras que propoñemos son as máis necesarias e que precisan dunha atención máis urxente nestes momentos”. Así mesmo, explicoulle a Teodosio Martino que algunhas das obras que solicitaba, como o abastecemento en Fosado ou en Lavandeira de Abaixo, “xa están aprobados nun plan da Xunta, por un importe de 750.000 euros, aprobado xa polo anterior Goberno”.

Cálida homenaxe a Juanjo Liñares
O pleno comezou cun sentido minuto de silencio na honra do bailarín Juanjo Liñares, fillo predilecto de Ordes falecido este mesmo luns. Regos explicou que “a familia xa nos transmitiu que non só disporemos dos 1.000 traxes que xa están colocados no Museo do Traxe senón que tamén farán outras cesións, como a súa biblioteca, xa que foi un home que sempre levou a Ordes no seu corazón”.

De feito, os rogos e preguntas previstos para o pleno de hoxe quedaron aprazados ata unha vindeira sesión plenaria para que os membros da corporación que o desexaran puidesen asistir a unha misa na honra de Juanjo Liñares, celebrada nun local municipal cedido polo Concello de Ordes á igrexa parroquial mentras teñen lugar as obras de rehabilitación do templo de Santa María de Ordes. Unha misa á que acudiron máis de medio cento de veciños e veciñas.

Baixada das taxas de auga e sumidoiros
O pleno municipal aprobou tamén un descenso dun 0,1% das taxas municipais polos servizos de abastecemento de auga potable e sumidoiros, que se aprobou coa abstención do BNG. Unha decisión que sorprendeu a Manuel Regos pois “é a primeira vez que baixamos estas taxas municipais a todos os veciños e veciñas de Ordes”. O BNG abstivose neste punto, xa que, segundo Ramiro Recouso, “as taxas por enganche son moi elevadas, superando nalgúns casos os 400 euros, o que non é xustificable nun momento como o actual de crise económica”.

As empresas de telefonía deberán pagar por ter as súas instalacións en Ordes
As que se incrementarán serán as taxas que terán que aboar as empresas de telefonía por colocar as súas instalacións no termo municipal. A proposta de que as taxas sexan cobradas pola Deputación Provincial, entidade na que delega o Concello de Ordes, foi aprobada por unanimidade. Finalmente, na parte dispositiva aprobouse un expediente de modificación de crédito por un importe de 206.000 euros, que serán destinados a obras de infraestrutura e deportes.

Un expediente que foi aprobado cos dez votos a favor do grupo de goberno e Juan Simón (NA), a abstención do BNG e o voto en contra do PP. Manuel Regos aproveitou para felicitar aos técnicos municipais polo traballo feito cos orzamentos xa que “hoxe aprobamos o primeiro expediente de modificación de crédito deste ano, o que quere dicir que as contas están ben feitas”. Así mesmo, lembrou que “durante o goberno de Martino, no 2006, se fixeron seis expedientes en pleno e outros 20 en Comisión de Goberno”.

Apoio ao sector lácteo
A unanimidade caracterizou o turno de mocións dos distintos grupos municipais. Así se aprobou unha moción en defensa do sector agrogandeiro da comarca e de apoio ás mobilizacións que están a realizar hoxe 20 e mañá 21 de novembro. O concelleiro de Medio Rural, Xesús Pedreira, asegurou que “o Concello de Ordes amosa a súa solidaridade co sector agrícola da comarca, vital para o desenvolvemento do noso medio rural”.

Iniciativa lexislativa popular
Tamén se aprobaron por unanimidade tres mocións do grupo de Goberno nas que se apoiou a iniciativa lexislativa popular para a supresión do chamado 'Plus dos Altos Cargos da Administración', a inclusión nos Orzamentos do Estado de sendas partidas para a casa cuartel da Garda Civil e para a circunvalación de Ordes e defender os criterios de dispersión, envellecemento e emigración durante a tramitación parlamentaria da Lei Orgánica de Financiación das Comunidades Autónomas.

O BNG votou a favor destas mocións e solicitou o apoio do pleno á proposta de veto que ten presentado o BNG no Congreso e no Senado á Lei de Financiamento das Comunidades Autónomas, porque, ao seu xuízo, "é profundamente lesiva para os intereses de Galiza".

Servizos sociais
BNG e PP aceptaron unha proposta do grupo de goberno para refundir as súas respectivas mocións sobre a prestación de servizos sociais e a axilización na aplicación da Lei de Dependencia, mentras que foi rexeitada unha moción nacionalista sobre as concentracións parcelarias no municipio. O concelleiro de Medio Rural, Xesús Pedreira, propuxo a todos os partidos políticos de Ordes “traballar ao unísono no remate das parcelarias, especialmente nas de Vilamaior e Barbeiros, xa que o seu remate é fundamental porque aló hai moitas explotacións agrogandeiras”.
Concentracións parcelarias
O grupo de goberno rexeito a moción do BNG xa que impuña uns prazos determinados á Xunta para o remate das parcelarias. Pedreira Mirás pediu tempo para que a Xunta poida cumprir os seus compromisos co goberno de Ordes e comprometeuse a que “se en febreiro, despois de falar cos técnicos e co xefe territorial de Medio Rural, non hai unha solución ou vemos que o que se fai en Vilamaior e Barbeiros non é o queren os veciños, faremos unha moción conxunta para que se faga”.

No caso concreto desta concentración parcelaria, o BNG reclamaba que se executase a totalidade das obras aprobadas polo anterior goberno da Xunta nun prazo de tres meses, xa que si se retrasa máis a execución das obras, segundo Gonzalo Castro, “correse o perigo de perder a inversión de 700.000 euros aprobada para este ano pola anterior Consellería do Medio Rural”.

Castro lamentou que “o alcalde e o PP, en lugar de defender os intereses dos veciños, se unan para defender ao Goberno da Xunta, amparando que non se teña incluido no proxecto de Orzamentos da Xunta de Galiza para o ano 2010 ningún investimento para as Concentracións Parcelarias de Ordes”. Tamén anunciou que a súa formación política “ten presentado unha emenda aos Orzamentos da Xunta para o 2010 para incluir unha partida de 2 millóns de euros destinada ás Concentracións Parcelarias de Ordes, xa que se trata de actuacións moi importantes para o desesenvolvemento socioeconómico do noso Concello”.

Fotos: Arriba, minuto de silencio da corporación municipal en memoria de Juanjo Liñares.
Abaixo, detalle da misa en honor do folclorista Juanjo Liñares.
*

jueves, 19 de noviembre de 2009

Unhas xornadas sobre a violencia de xénero traerán ata a Casa do Concello a un nutrido grupo de especialistas

.
Participarán médicos, psicólogos, policías, políticos e un fiscal

A participación é gratuíta, pero require inscrición previa no CIM de Ordes (Tlf. 981 682108)

O Concello organiza unha xornada formativa dirixida a equipos de apoio ás vítimas de violencia de xénero, que terá lugar o vindeiro xoves 26 de novembro (de 16:30 a 20:30 horas) no salón de plenos da casa consistorial ordense.

Unhas xornadas que tratarán o tema da violencia de xénero dende diversos puntos de vista: o psicolóxico, a intervención sanitaria e o papel da Xustiza e das forzas da orde fronte á violencia de xénero. A participación é gratuíta, pero é necesaria inscrición previa no Centro de Información á Muller do Concello de Ordes ou a través do teléfono 981 682 108.
.
Xornadas formativas
Avelina Piñeiro Saloria, psicóloga clínica e forense, falará sobre o maltrato psicolóxico como forma de control e poder do maltratador sobre a muller. Pola súa banda, María Sol Rodríguez Calvo, médica forense da Universidade de Santiago, tratará sobre o papel da sanidade na violencia de xénero e todo o que pode facer na súa detección, valoración e intervención.

Finalmente, José Manuel Sánchez Murias, xefe da Unidade Orgánica da Policía Xudicial na Coruña, presentará o procedemento de actuacións da Garda Civil contra a violencia de xénero. As xornadas serán clausuradas coa charla de Manuel Ángel Cobas Otero, fiscal sustituto do Xulgado de Santiago, sobre as actuacións da xustiza diante da violencia de xénero.

As xornadas, organizadas pola Concellería de Servizos Sociais de Ordes e a Secretaría Xeral da Igualdade, serán inauguradas por María del Pilar González Díaz, xefa de servizo de Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno da Coruña. Un acto no que estará acompañada polo alcalde de Ordes, Manuel Regos, e a concelleira de Servizos Sociais, Ana Álvarez.

A frase de Ana Alvarez, concelleira de Servizos Sociais de Ordes
"Estas xornadas pretenden profundizar na formación dos distintos profesionais que traballan no ámbito do apoio ás vítimas da violencia de xénero na comarca de Ordes”

*

miércoles, 18 de noviembre de 2009

Continúan as críticas de Galiza Nova pola tramitación de axudas por desprazamentos

.
Para a organización xuvenil do BNG, "é indispensábel que esta medida de apoio aos mozos e mozas do concello se manteña"

Reclaman máis apoio e colaboración do Concello cos estudantes

Galiza Nova de Ordes informa hoxe a través de nota de prensa, do interese en amosar a súa preocupación pola ausencia da convocatoria de axudas por desprazamento a estudantes por parte do goberno municipal, "cando en anos anteriores, por estas datas, xa tiña finalizado o prazo de presentación de solicitudes".

Estas axudas, informan dende a organización xuvenil do BNG, "beneficiaban a un gran número de persoas, xa que podían ser solicitadas por todos aqueles estudantes de ensino secundario obrigatorio, bacharelato, ciclos formativos e universitarios que tiveran o seu centro de ensino a máis de 4 km do lugar de residencia".

Para a organización xuvenil nacionalista "é indispensábel que esta medida de apoio aos mozos e mozas do concello se manteña, non só porque se trata dunha das únicas iniciativas do goberno municipal para a mocidade, senón porque é agora, nun contexto económico marcado pola crise, cando os máis novos necesitan máis apoio e colaboración para poder continuar cos seus estudos".

*

A Escola Popular Galega continúa coas súas conferencias sobre a Historia de Galicia

.
A Asociación Cultural Foucelhas informa da próxima sesión sobre Historia de Galicia que poñerá en marcha a Escola Popular Galega coa colaboración deste colectivo cultural ordense.

Nesta ocasión, o simposio estará dedicado á etapa contemporánea. Segundo a asociación, "preténdese umha aproximación a alguns dos capítulos mais importantes do movimento social dos últimos séculos".

Programa:
Sábado 19 de decembro:
10:00-14:00h.
-”Agrarismo e obreirismo na Galiza do primeiro século XX”.
Carlos Velasco Souto.

-”O arredismo galego em Cuba". Fuco Gómez. Xurxo Martínez.
16:00-19:00h.

-“Galiza baixo a ditadura franquista: política e sociedade”
Xavier Sánchez

-”O movimento obreiro galego baixo a ditadura”. Eliseo
Fernández

Domingo 20 de decembro:
11:00-14:00h.
-”A modernizaçom capitalista e a emergência do movimento
nacional” Júlio Teixeiro.

Todas as conferencias terán lugar na Casa da Cultura de Ordes.

*

Os Viqueiras lévannos de festa ata Mesía

.
Presentan unha nova 'Noite de tasca' o vindeiro venres 27

A próxima 'Noite de Tasca' que organizan t0dos os meses a Asociación de Os Viqueiras de Ordes será o venres 27 en Cabrui (Mesía). Coa colaboración da Asociación de Veciños de Cabrui-Cruceiro celebrarase un magosto popular diante do Local Social, a partires das 21:30 h.

Despois, sobre as 23:00 h, a festa continuará nos bares Cruceiro e A Taberna onde contarán coa presenza do gaiteiro Raúl Galego.

Coma sempre, Os Viqueiras convidan a todos os lectores de Ordessisete a disfrutar das súas sempre aclamadas festas populares nas tascas.

martes, 17 de noviembre de 2009

Emocionado adeus a Juanjo Liñares das forzas políticas ordenses

.
Tanto o PP coma o PSOE e o BNG remitiron comunicados de prensa de lamento polo pasamento do fillo predilecto da vila de Ordes

O alcalde previsiblemente lanzará mañá o seu pésame oficial

Comunicado do Partido Popular de Ordes
O Partido Popular de Ordes quere expresar publicamente o seu fondo pesar polo falecemento de Juanjo Liñares, no día de onte en Madrid, e recordar no triste día do seu pasamento a este insigne veciño da nosa vila, a quen hai dezaoito anos a Corporación do Concello de Ordes, coa presidencia de Teodosio Martino, lle quixo recoñecer a súa valía outorgándolle a Medalla de Ouro do Concello e a designación de Fillo Predilecto.

Sabemos que dende que deixou a nosa vila para adicarse ás múltiples actividades como coreógrafo e bailarín, en todas as súas viaxes arredor do mundo, sempre levou moi presente o nome da vila que o viu nacer. Por iso quixo que eses recordos que foi acumulando nas súas viaxes viñesen a parar a ela, onde coa creación do Museo do Traxe volvemos rendirlle outra homenaxe que desgraciadamente non puido ver rematada.

Con profundo pesar, gustaríanos amosar neste día unha expresión alegre, porque sabemos que o camiño que onte escomenzou voltará a estar marcado polas notas da música galega ó compás do son do seu grupo 'Sementes do Arte', que fará que os seus pés sigan danzando na eternidade nun soño que non rematará.

Co noso cariño, descansa en paz



Condolencias do PSdG-PSOE de Ordes
Neste emocionado día do pasamento do fillo predilecto de Ordes, o folclorista Juanjo Liñares , os afiliados e simpatizantes do Partido Socialista de Galicia en Ordes queremos transmitir o noso máis sinceiro afecto e cariño á familia e achegados a esta figura insigne das artes galegas e españolas. Dende o PSdG queremos tamén lembrar o impulso que dende o grupo municipal socialista se lle deu á figura e á traxectoria artística de Juanjo Linares impulsando a través dunha moción aprobada polo Pleno municipal, a creación do Museo Juanjo Liñares. Un espazo de cultura onde lembraremos co máis solemne apego a esta figura capital das artes. Pese a vivir en moi diferentes lugares do mundo, o nome de Juanjo Liñares está indisolublemente unido ao da nosa vila de Ordes, quen lle otorgou a súa Medalla de Ouro en 1991.

Hoxe faleceu Juanjo Linares, pero non todo debe ser un lamento. O seu legado, aquello que nos fai inmortais fronte á historia permanecerá imborrable para sempre nos ordenses.


Descanse en paz, Juanjo Liñares, inmortal artista.


Pésame do BNG de Ordes
O BNG de Ordes quere expresar a súa máxima dor pola morte do fillo predilecto do Concello de Ordes, o bailarín e coreógrafo Juanjo Liñares, quen faleceu no hospital madrileño da Concepción tras unha intervención quirúrgica, e transmitir o afecto e a solidariedade a toda a súa familia co recoñecemento do que supuxo a figura de Juanjo Liñares, quen cun traballo desprendido e xeneroso ten levado o nome do Concello de Ordes por toda a xeografía do Estado.

O portavoz municipal do BNG, Gonzalo Castro, expresou a súa consternación polo falecemento de Juanjo Liñares e transmitiu á familia o agarimo de todos os militantes e simpatizantes do BNG de Ordes a unha das personalidades máis importantes e recoñecidas da historia do noso pobo.

Foto: Juanjo Liñares (arquivo El Correo Gallego)

*


O PP buscará a través dunha moción revisar a financiación da lei de dependencia

.
Martino quere que os concellos volvan ter o protagonismo de antaño na atención social

Coñecemos tamén as propostas do grupo en relación ao POS 2010

O Partido Popular de Ordes presentará unha moción no videiro pleno municipal polo que instará ao Goberno de Madrid a revisar o sistema de financiamento da Lei de Dependencia.

Así , o grupo municipal popular liderado por Teodosio Martino reclamará o seguinte:

1. Instar ao Goberno Central a que asuma o 50% do custo do servizo efectivo outorgado polas CC.AA. na Lei de Dependencia, buscando o cumprimento da lei.

2. Instar ao goberno da Xunta de Galicia a devolver aos concellos o protagonismo que sempre tiveron na atención social, delimitando competencias e buscando fórmulas de colaboración entre concellos, deputacións e Xunta de Galicia, para que o cidadán reciba os servizos efectivos que a lei lle garante.

3. Instar ao goberno central a ter en conta o recoñecemento económico efectivo acorde á situación de dispersión e envellecemento de Galicia.

4. Instar á Xunta de Galicia e aos gobernos municipais a colaborar con todas as entidades prestadoras de servizos sociais para garantir unha rede coordinada de servizos para garantir unha oferta suficiente de prazas de residencia, centros de día, axuda a domicilio, teleasistencia e centros especializados como os de alimentación e distribución de comidas, alzheimer, discapacidados psíquicos e físicos,etc.

Propostas POS 2010
Por outra banda, as popostas populares para o POS 2010 son coma seguen:

ARDEMIL:
-Posta en funcionamento o saneamento de Cabeza de Lobo, coa construcción dunha depuradora.
-Aglomerado e cunetas de formigón na travesía da Barcula.

BARBEIROS:
-Rego asfáltico estrada da Aldeiña e Coruxo.

BEÁN:
-Rego asfáltico estrada de Nouche .
-Rego asfáltico estrada de Cercedo ata a iglesia de Pereira.

BUSCÁS:
-Aglomerado da estrada de Buscás – Mesón do vento, ata o aglomerado existente.
-Rego asfáltico da estrada dende a N-550 en O Conde ata a Rúa.

LEIRA:
- Aglomerado e cunetas de formigón en Meitufe.

LESTA:
-Rego asfáltico camiño de servizo A grela, o Camiño e O Couto.
-1º fase, rego asfáltico estrada dende Lesta ata Pepín.

MONTAOS:
-Remate en aglomerado da estrada de Fosado ata a N-550.
-Rego asfáltico estradas en Guindiboo de arriba,(enfrente o Curro).
-Asfaltado da pista de concentración dende A Chan ata Fosado.

MERCURIN:
-Continuación con aglomerado da estrada dende o Alto ata a estrada Ordes-Cerceda.

ORDES:
-Remate saneamento O Piñeiro.
-Servizo de saneamento na Espenica e O Regueiro.

PARADA:
- Aglomerado estrada da Altiboya.

PEREIRA:
- Aglomerado entorno da iglesia e o local social
- Rego asfáltico estrada da Aldea de Abaixo.

POULO:
- Aglomerado estrada A Blanca ata donde cruza o camiño inglés

VILLAMAYOR:
- Aglomerado dende Faramillás ata as Casas do Monte.
- Rego asfáltico estrada ata a escola ou local social.

Foto: Grupo municipal popular de Ordes

*

O BNG propón incluir nas obras do POS puntos de captación de auga en todas as parroquias

.
Os nacionalistas tamén propoñen obras de abastecemento e de mellora dos viais en varias parroquias

Castro: "O BNG agarda que exista o necesario o diálogo e o consenso de todos os grupos políticos co obxectivo de chegar a acordos"

O BNG de Ordes fixo públicas as súas propostas para incluir no Plan de Obras e Servizos da Deputación Provincial da Coruña para o 2010 (POS), que conta con perto de 400.000 euros destinados ao Concello de Ordes.

Gonzalo Castro presentou as propostas dos nacionalistas para incluir no POS, que deberán ser aprobadas no Pleno Municipal que se celebrará o 20 de novembro, salientando que “a principal actuación que se propón é a construcción de puntos de captación de auga en todas as parroquias rurais do concello, de acordo coa normativa medioambiental, o que permitirá facilitar a extinción de incendios, ademáis de permitir a realización de labores agrícolas, como o lavado de cisternas, evitando a contaminación dos ríos do noso concello”.

Alcantarillado en Pereira e Poulo
Ademáis destas obras, o portavoz do BNG manifestou que o seu grupo defenderá no Pleno a inclusión no POS doutras obras como alcantarillado nos lugares de Cercedo e Poza, na parroquia de Pereira, e nos lugares da calle até a Ponte Pinguela e en Lavandeira de Abaixo, na parroquia de Poulo.

Así mesmo, os nacionalistas defenden a realización das obras para o abastecemento e traida de auga potable nos lugares de Queis e Fosado, na parroquia de Santa Cruz de Montaos.

Castro defendeu tamén a inclusión do arranxo de varios viais como o que comunica a parroquia de Beán co veciño municipio de Oroso ou o arranxo de varias pistas no entorno do colexio do Mesón do Vento.

A frase de Gonzalo Castro, portavoz unicipal do BNG de Ordes
“O BNG agarda que exista o necesario o diálogo e o consenso de todos os grupos políticos co obxectivo de chegar a acordos que permitan a realizar destas obras que son moi necesarias para o noso concello”

*

Ordes celebrará este sábado 21 de novembro a segunda edición da súa feira intercultural

.
Contará cunha exhibición de baile latinoamericano, xogos populares e unha degustación de té árabe

Ana Álvarez: "esta feira pretende “dar a coñecer as diferentes culturas que conviven en Ordes

O Concello celebrará este sábado, 21 de novembro, a súa segunda Feira Intercultural “Ordes, terra de encontros”, que o ano pasado reuníu a máis dun milleiro de persoas. Unha festa que terá lugar nunha carpa instalada na Alameda entre as 16:00 e as 20:30 horas.

A concellería de Servizos Sociais ten programado unha degustación de té árabe, unha exhibición de baile latinoamericano e diversos xogos tradicionais, nos que os máis pequeños coñecerán xogos doutras culturas e mesmo aprenderán a fabricar os seus propios xoguetes.

Unhas actividades programadas pola Concellería de Servizos Sociais en colaboración coa Secretaría Xeral de Emigración, co Ministerio de Trabajo e Inmigración, e a ONG Ecos do Sur. Os últimos datos do padrón de habitantes falan dunha poboación de case 13.000 veciños en Ordes, dos que case 800 son estranxeiros. Entre eles, destacan especialmente os inmigrantes procedentes de Colombia e Marrocos, aínda que tamén hai representantes de Arxentina, Perú, Nixeria, Brasil...

A frase de Ana Álvarez, concelleira de Servizos Sociais
"Esta feira pretende dar a coñecer as diferentes culturas que conviven en Ordes e as organizacións e entidades que apoian a este colectivo, e así poder enriquecernos nesta xornada de convivencia

Foto: A edición de 2008 de Terra de Encontros contou con unha mostra de traxes de danza propiedade do recentemente falecido Juanjo Liñares.

Muere Juanjo Liñares

.
Fallece el folclorista

Bailarín y coreógrafo, era considerado máxima autoridad en el estudio del baile tradicional español

Ocurrió ayer lunes a los 76 años


Nacido en Ordes en 1933, Juanjo Linares murió este lunes en el hospital madrileño de La Concepción tras una intervención quirúrgica.

Currículum:
TITULACIÓNS:
Bacharel Superior: Instituto de Ensinanza Media da Coruña.
Mestre de Danza Española: Real Escola de Arte Dramática e Danza de Madrid.
Bailarín profesional: Sindicato de Profesionais da Danza (exames celebrados en 1959).
Coreógrafo e mestre de danza española: Concedido no ano 1965, previo exame polo Sindicato Profesional da Danza de Madrid. Recoñecemento polo Ministerio de Educación e Ciencia, a efectos de docencia ós estudos superiores de danza regulados na Lei Orgánica 1/1990 de 3 de outubro, de Ordenación Xeral do Sistema Educativo. Especialidade: Coreografía e Técnica.
Patrón do Spanish Dance Institute de Perth (Australia).
Mestre do Mundo: diploma e certificado outorgado polo Presidente da Northeastern University de Chicago, Illinois (EE.UU.).

ESTUDOS E FORMACIÓN
Paco Reyes.- Danza española e flamenca.
Maestro Carito.- Danza tradicional e bolera andaluza.
Salvador Melho.- Mestre de Coros e Danzas – Folclore español.
Lolita Domínguez.- Mestra de Coros e Danzas – Folclore español.
Maestro Granas.- Danza española.
Maestro Parrón.- Danza española e valenciana.
Luisa Pericet.- Escola bolera.

Obras realizadas:
COMPOÑENTE, PRIMEIRO BAILARÍN E DIRECTOR
GRUPOS PROFESIONAIS
-Ballet español de Rosario.
-Compañía de Antoñita Moreno “Candilejas” (1960) e “Ronda Española” (1968).
-Ballet de Mariemma (1963-1966).
-Marifé de Triana. Cía. de Variedades “La Niña de Agua Lucero” (1966-67).
-Ballet Español de Pilar de Oro e Alfredo Gil (1963).
-Ballet Español de María Rosa (12969-71).
-Compañía de revistas Eler Barber (1962).
-Curso Superior 1º e 2º. Real Conservatorio de Danza de Madrid (2001, 2002, 2003, 2004, 2005 e 2006).
-Escola Profesional de Danza de Comandante Fortea, Madrid.
-Escola Profesional de Danza de El Espinillo.
-Escaena, Escola recoñecida de dona Carmen Roche.
-Estudio, Centro de Actividades Artísticas Bella Vista, Madrid.

GRUPOS NON PROFESIONAIS
-Grupo Nacional de Danzas da O.S. de Educación e Descanso. Madrid.
-Grupo de Danzas e Cancións de Educación e Descanso, A Coruña (1952-1959).
-Masa Coral “Follas Novas” da Coruña (1954-55).
-Coro Galego “Anturuxo” da Coruña (1955-58).
-Coros “Rosalía de Castro” de Madrid (1959).
-Coro de Ordes (1945-46).
-Grupo de Coros e Danzas de Vinaroz – Castellón de la Plana (1966-68).

COMO DIRECTOR E MESTRE:
-Abrente Galego. Madrid.
-Centro Extremeño de Aluche. Madrid.
-Río Almanzor de Horcajo de Santiago. Cuenca.
-Amanecer de Villaluenga. Toledo.
-Grupo de Danzas de Torrijos. Toledo.
-Grupo de Danzas de La Malata. Toledo.
-Sbart Dansaire. Tarragona.
-Cantigas e Frores. Lugo.
-Diego Porcelos. Burgos.
-Lembranzas Galegas. Vigo.
-Familia Castellana de Miranda de Ebro. Burgos.
-Andarela. Vigo.
-Motor Ibérica. Ávila.
-Deputación Provincial. Palencia.
-Semillas del Arte de Madrid.
-Grupo Nacional de Danzas de E.D. Madrid.
-Semillas del Arte de Mirasierra. Madrid.
-Semillas del Arte de Sasasmón. Burgos.
-Semillas del Arte de El Berrueco. Madrid.
-Ballet Folklórico de Madrid.
-Grupo de Danzas Relaños de Lozolluela.

FUNDADOR:
-Grupo Nacional de Danzas de Madrid.
-Sementes da Arte de Ordes (A Coruña), 1970.
-Semillas del Arte de Madrid, 1975.
-Semillas del Arte de La Puebla de Montalbán (Toledo), 1973.
-Semillas del Arte de Mirasierra (Madrid).
-Semillas del Arte de Sasamón (Burgos), 1985.
-Grupo de Danzas de La Peña-Fiestalegre, de Mota del Cuervo (Cuenca).
-Ballet Galego da Coruña (con Victoria Canedo), 1957.
-Xuntanza de Galegos de Alcobendas (Madrid), 1996.
-Grupo de Jotas “Semillas del Arte” de El Berrueco (Madrid), 2002.

COREÓGRAFO:
-Imperio Argentina (1957).
-Compañía de José Greco (1959).
-Ballet Español de Paco de Lucía (1959).
-Ballet Español de Queti Clavijo (1973).
-Ballet Español de Paco Ruiz.
-Ballet Español de Paco de Alba.
-Ballet Folclórico Nacional (1974).
-Ballet Nacional de Festivais de España.
-Ballet Nacional de España.
-Ballet de Conchita Mar.
-Demostraciones Sindicales (1973 e 1974).
-Espectáculo Congreso ASTA.
-“Ronda de España”, de Antoñita Moreno – Televisión Española (1967).
-“Ronda de España”, de Antoñita Moreno (1968).
-“300 millones”, Programa de TVE.
-“Un, Dos, Tres”, Programa de TVE.
-Café Teatro King. Cía. de Mary Paz Pondal.
-Compañía de Zarzuela “Isaac Albéniz”.
-Compañía Lírica de Madrid.
-Compañía de Zarzuela de Amengual.
-Ballet Español “Los Solera”.
-Ballet Español “Los Monteros”.
-Ballet Español de “Nino”.
-Ballet Español de “María Rosa”, desde el año 1965.
-Espectáculo Fernán González, Milenario Cidade de Burgos.
-Los Infantes de Lara, Amigos del Teatro. Burgos.
-Segisama, Coplas de Amor y Muerte, anos 1986, 1987 e 1988.
-Belén viviente en Sasamón, años 1988, 1989, 1990, 1991, 1992 e 1993.
-Ballet Español de Antonio Gades. Como colaborador (mestre).
-Ballet Nacional de España.
-Diego Porcelos, de Burgos, 1972 a 2005.

PREMIOS, PLACAS, DIPLOMAS E MEDALLAS
PREMIOS
-Fillo predilecto de Ordes - A Coruña (1991).
-Día Internacional da Danza, Madrid (2002).
-Día Internacional da Danza, Almería (2007).

MEDALLAS
-Medalla de Belas Artes, categoría de prata (1994).
-Medalla de Ouro do Concello de Ordes (1991).
-Medalla de Ouro do Festinatel, Lisboa (1981).
-Medalla de Ouro de E.D. (1957).
-Medalla de Galicia, categoría de bronce (2003).

INSIGNIAS
-Insignia de Ouro da FEAF.
-Insignia de Ouro do Ballet Folclórico de Madrid.
-Insignia de Ouro de Follas Novas, 1956.
-Insignia de Ouro e Esmalte de Semillas del Arte de la P. de Montalbán.
-Insignia de Ouro de Cantigas e Frores de Lugo (1983).
-Insignia de Ouro da Virxe de Gracia de Puertollano (Ciudad Real).
-Insignia de Ouro do Grupo de Coros e Danzas de Jumilla (Murcia).
-Insignia de Prata de Cantigas e Frores de Lugo (1975).
-Peñista de Honra da Peña Fiestalegre de Mota del Cuervo (1993).
-‘Bombeiro con prata’ do Grupo de Danzas IAR da Coruña.

Ademais de insignias e medallas, está en posesión de múltiples placas de prata e foi gañador de varios Premios Nacionais de Folclore e Premios de Danza. Así mesmo, é socio de honra de varias asociacións e grupos de danza.
Impartiu numerosos cursos de danza, así como conferencias en xornadas, congresos... Tamén formou parte de xurados en Concursos de Danza Tradicional e en xurados de Premios Literarios como o Premio de Folclore “Vicente Morales” da Casa de Castela A Mancha de Madrid e Premios de materia tradicional da Deputación de Cidade Real.

LIBROS ESCRITOS E PUBLICADOS:
-“O Baile en Galicia”, editado por E. Galaxia.
-“Historia del Traje en Galicia”.
-“Danzas de Sasamón”.
-Traballos sobre “El Traje y la Danza”.
-“Aproveitamento dos tempos livres dos trabalhadores”, Lisboa.
-“Danzas de la Puebla de Montalbán”, en colaboración con don Benjamín Bustamante.
-R.P. Franciscano.

TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN:
-A Danza en Ordes e a súa Comarca, 1945.
- A Danza en Galicia, 1953.
- A Danza en Vinaroz, 1962.
- A Danza en Castellón, 1996 e 1997.
- A Danza en Llerena, 1969.
- A Danza en Extremadura, 1968, 1969 e 1970.
- A Danza en Andalucía, 1961.
- A Danza en Cataluña, 1960.
- A Danza en Madrid e provincia, 1958, 1959 e 1960.
- A Danza en Asturias, 1964.
- A Danza en Vascongadas, 1964.
- A Danza en Baleares, 1960.
- A Danza en Canarias, 1962.
- A Danza en Jarandilla de la Vera, 1992.
- A Danza en Pasarón de la Vera, 1992.
- A Danza en Villasandino, 1992.
- A Danza en Melgar de Fernamental, 1991.
- A Danza en Mota del Cuervo, 1990.
- A Danza na Serra Madrileña, 1995, 1996 e 1997.

Outros datos de interese:
EXPOSICIÓNS DE TRAXES TRADICIONAIS:
-Sasamón – Burgos. Ilmo. Concello.
-Tarancón (Cuenca), marzo 1997.
-Cuenca, abril 1997.
-Cádiz, outubro 1997.
-Córdoba, 1997.
-Santillana del Mar, Cantabria. Fundación del S. del M. – Torre de Don Borja, 1997 e 1998.
-Avilés, Palacio de Ferrera, 1998.
-Alcobendas, Madrid. Casa das Asociacións, 1998.
-Puertollano - Cidade Real. Auditorio Municipal, 1998.
-Tarancón, Cuenca. Auditorio Municipal, 1998.
-La Puebla de Montalbán. Toledo, 2000.
-Córdoba, 2001.
-Ordes (A Coruña), 2005.
-La Cabrera (Madrid), 2005.
-Las Rozas (Madrid), 2005.
-Móstoles (Madrid), 2005.
-Campo de Criptaza, 2005.
-El Espinillo (Madrid), 2004.
-El Berrueco (Madrid), 2007.





*

domingo, 15 de noviembre de 2009

Última hora: Aplazado el Día da Bicicleta por el mal tiempo

Ordes. 10.15 h.

El Concello de Ordes ha decidido aplazar la celebracion del Día da Bicicleta ante el mal tiempo reinante durante todo el fin de semana. De momento no hay fecha para su celebración. La cancelación definitiva se acordó hace apenas diez minutos.

*

viernes, 13 de noviembre de 2009

Este domingo volta o 'Día da Bicicleta'

.
Haberán obradoiros e se sortearán tres bicicletas entre os asistentes

Pedreira: "Agardamos que serva de punto de partida para outros foros de participación cidadá no que os nosos veciños propoñan posibles proxectos e estratexias que se deberían levar a cabo no marco da política municipal de Medio Ambiente de Ordes"

As rúas de Ordes acollerán durante a mañán deste domingo 15 de novembro a terceira edición do 'Día da Bicicleta', organizado polo Concello de Ordes. Unha iniciativa que o pasado ano contou coa participación de case 120 ciclistas chegados de toda a comarca, entre adultos e nenos, e que este ano contará co atractivo engadido da celebración dun obradoiro de 'Ciencia Divertida', que a bo seguro atraerá a un número aínda maior de participantes.

O 'Día da Bicicleta' inclúe a realización de dúas rutas, que terán saída e chegada diante da Alameda de Ordes. Na primeira delas participarán cativos e cativas menores de dez anos. O roteiro comezará ás 11:30 horas e terá unha extensión dun quilómetro que discorrerá polas rúas máis céntricas da Vila de Ordes.

Corenta e cinco minutos máis tarde sairán os maiores de once anos, que participarán nun roteiro de dez quilómetros polas principais rúas do municipio e ata aldeas cercanas á Vila de Ordes. A ruta, con saída e chegada na alameda, comenzará ás 12:15 horas. Dende a organización lembran que será obrigatorio o uso de casco en ambas probas.

Sorteo de bicicletas e obradoiro
As inscricións poderán facerse o mesmo día da proba, a partires das 10:30 horas, na propia Alameda. Unhas inscricións totalmente de balde e que permitirán aos ciclistas participar no sorteo de tres bicicletas, de tres cascos e na entrega de agasallos aos participantes. Uns premios nos que o Concello de Ordes contou coa colaboración de Sogama, Caixanova, Reale Seguros e Feiraco.

Paralelamente, a carpa instalada na alameda acollera un obradoiro do programa “Ciencia Divertida” sobre Mobilidade Sostible que pretenden “facer fincapé nas vantaxes que ten para a saúde do noso planeta o uso da bicicleta como medio de transporte”, sinala o concelleiro de Medio Ambiente, Xesús Pedreira. Neste obradoiro, dirixido especialmente a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, explicaranlles aos pequenos que medios de transportes son os máis ecolóxicos e cales son os máis contaminantes, detallándolles o modo en que os coches contaminan e por que o monóxido de carbono que expulsan é perxudicial para a saúde.

Uns experimentos interactivos nos que se combinan á perfeción o ensino co xogo e que están incluidos dentro do programa 'Ordes Sostible', posto en marcha dende o Concello de Ordes.

Un programa que Xesús Pedreira agarda que “serva de punto de partida para outros talleres e foros de participación cidadá no que os nosos veciños propoñan posibles proxectos e estratexias que se deberían levar a cabo no marco da política municipal de Medio Ambiente do Concello de Ordes”

*

Os nacionalistas solicitan un pleno extraordinario co gallo das concentracións parcelarias

.
Pretenden dende o BNG que o Pleno inste á Xunta a que execute as obras aprobadas polo Bipartito

O BNG de Ordes ven de presentar unha solicitude de pleno extraordinario para tratar os problemas na execución das Concentracións Parcelarias de Ordes. Os nacionalistas propoñen que o Pleno inste á Xunta de Galicia a acometer todos os investimentos aprobados o ano pasado pola Consellería do Medio Rural, esixindo que se rematen nun prazo de tres meses os traballos que se atopan pendentes nas concentracións parcelarias de Barbeiros-Vilamaior, Buscás e Montaos.

Así mesmo, o BNG propón que o Pleno Municipal reclame á Xunta que se executen todas as obras aprobadas pola Consellería do Medio Rural, na anterior lexislatura, para as concentracións de Parada, Lesta-Mercurín e Beán-Pereira e que se aprobe un plan de investimento para as concentracións parcelarias de Ordes que permita ter rematadas na súa totalidade todas as concentracións parcelarias abertas no noso Concello no primeiro semestre de 2011, tal e como tiña previsto a Consellería do Medio Rural do anterior goberno da Xunta.

As frases de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
“Na pasada lexislatura, a Consellería do Medio rural investiu en Ordes máis de seis millóns de euros destinados ás concentracións parcelarias, o que permitiu a entrega de cinco concentracións e importantes avances nas restantes, co obxectivo de rematar e entregar todas, como moi tarde, no primeiro semestre de 2011

“Co proxecto de Orzamentos da Xunta de Galiza para o ano 2010, onde non existen partidas destinadas a investimentos para as concentracións parcelarias de Ordes, o que demostra a falta de vontade do PP de rematar coas mesmas

“O BNG ten levado a cabo reunións cos veciños afectados polas concentracións parcelarias, para analizar o grado de execución das actuacións aprobadas na pasada lexislatura, e temos constatado que o ritmo de execución das mesmas por parte do actual goberno da Xunta é moi lento, quedando camiños sen abrir e sen rematar o deslinde e amolloamento das parcelas de reemplazo, ademáis de recursos sen resolver”

“Temos recollido as peticións dos veciños e esixiremos ao goberno de Feijóo que execute a totalidade da inversión aprobada polo anterior goberno da Xunta de Galiza, e que aprobe un plan de investimento que permita o remate e a entrega de todas concentracións parcelarias de Ordes, xa que se trata de actuacións moi importantes para o desenvolvemento socioeconómico do noso concello

Foto: Reunión recente do BNG de Ordes cun grupo de veciños de Vilamaior.

*

Ordenses polo mundo

.
Sabes de ordenses que vivan noutros lugares do mundo? Fainos chegar un correo coas súas señas e intentaremos coñecer a súa historia

Ordessiete abre unha nova sección, 'Ordenses polo mundo'. De xeito similar a como 'Españoles polo mundo' opera en Televisión Española, gostaríanos coñecer e compartir con todos as experiencias e vivencias de todos e todas aqueles ordenses que habitan noutras partes do planeta.

Precisamos da vosa axuda para que todos aqueles que querades contar a vosa historia e nos mandedes un correo a blogsantiagosiete@gmail.com.

Máis de 12.534 historias persoais ten a vila de Ordes.

*

Fallece Manuel Candal, el 'otro' alcalde de Ordes

.
Nacido en Ordes en 1935, el ex alcalde de la localidad ourensana de Vilamartín de Valdeorras moría en la noche del miércoles presumiblemente a causa de un infarto

Tenía en su poder el hito de ser el alcalde veterano de Galicia: ininterrumpidamente máximo mandatario municipal desde 1972 hasta 2008

Manuel Candal Candal (Ordes, 1935-Vilamartín de Valdeorras, 2009) tenía en su poder el hito de ser el alcalde veterano de Galicia. Ni más ni menos que 36 años -ininterrumpidamente desde 1972- presidiendo la corporación de este municipio ourensano y que terminaban precisamente hace ahora un año cuando los propios concejales de su partido (PP), incluyendo a su propia hija María Jesusa, le retiraban su apoyo.

Sus últimas actividades públicas tuvieron lugar la semana pasada cuando fue llamado a declarar por el juez de O Barco de Valdeorras en virtud de una querella que contra él interpuso la fiscalía por un presunto delito de prevaricación urbanística. Según el escrito del fiscal, Candal firmó en noviembre de 2008 una serie de licencias de obra a viviendas con órdenes de derribo por parte de la Xunta de Galicia, días antes de abandonar la corporación municipal.

No era raro encontrarlo por Ordes en el verano, durante las fiestas de Santa María. Su cuerpo ha sido velado en el salón de plenos de la Casa do Concello de esta localidad ourensana.

*