miércoles, 30 de junio de 2010

Montaos acollerá este venres unha nova edición do Revoltosa Rock

.
Actuarán El Último ke Zierre, Skama na Rede, Amacheta e A Cona Ye-Ye

O campo de fútbol novo de Montaos en Ordes acollerá este venres día 2 de xullo o Revoltosa Rock 2010. Un festival, con entrada gratuíta, que está organizado pola Asociación Xuvenil A Revoltosa e conta coa colaboración do Concello de Ordes.

Nesta ocasión serán catro os grupos que se suban ao escenario a partir das 22:30 horas, grupos de ámbito nacional como El Último ke Zierre de Castellón e Skama la rede de Asturias, e outros de ámbito local ou comarcal como Amacheta de Sigüeiro e os ordenses A Cona Ye-Ye.

Ademais dos concertos haberá tamén actuacións de dous dj´s de música experimental e punk-garage, Croma (Live) e Watergate, respectivamente.

Outras actividades
Por outra banda tamén haberá un espacio para outro tipo de actividades como exposicións de graffiti, diferentes xogos populares, e como non podía ser doutra maneira, a gastronomía, con tapas de callos para todos.

Ademais para todos aqueles que queiran, ao igual que noutras edicións, tamén haberá unha zona de acampada totalmente gratuíta. Todos aqueles que estean interesados poden recibir máis información na web do festival http://www.revoltosarock.com/


*

Ordes poderá outorgar a súa Medalla de Ouro a empresas, asociacións e outras persoas xurídicas

.
Astray: "O anterior regulamento, de antes da Constitución, quedaba totalmetne obsoleto"

O alcalde baixará o seu soldo nun sete por cento para axudar a paliar a déficit público

Respecto ao PXOM, Manuel Regos asegura que estará listo "o antes posible"

O pleno da corporación local do Concello reuniuse na mañá de onte para celebrar a sesión ordinaria correspondente ao mes de xuño. Unha sesión na que, entre outras cuestións, aprobouse por unanimidade o novo regulamento de honores e distincións do Concello de Ordes.

Tal e como explicou o edil de Réxime Interior, Persoal e Comunicación, Manuel Astray, “procedeuse á elaboración deste novo regulamento ao advertir, con motivo do nomeamento de Fillo Predilecto a Ramón Carro, que o anterior regulamento quedaba totalmente obsoleto, ao tratarse dun documento que incluso databa de antes da Constitución”.

Entre as novidades que presenta este novo regulamento, explicou Astray, establécese a posibilidade de conceder a Medalla de Ouro do Concello a persoas físicas ou xurídicas, isto é, empresas, institucións, asociacións, fundacións ou mesmo administracións públicas. Ademais tamén se dá unha maior participación a todos os grupos políticos con representación no Concello, buscando así o consenso nos nomeamentos, e concédese a posibilidade de que se faga algún nomeamento a través de iniciativa popular.

Tanto BNG como PP apoiaron esta proposta do grupo de goberno, agradecendo ámbalas dúas formacións que se abra a posibilidade de participación dos grupos políticos na instrucción dos expedientes para os nomeamentos.

Medidas de redución do déficit público
Por outra banda, outro dos puntos da orde do día, que tamén se aprobou por unanimidade, foi o correspondente á aprobación das medidas de redución do déficit público.

Así, tal e como explicou o alcalde, Manuel Regos, seguindo a recomendación da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), vanse rebaixar os salarios e asignacións aos cargos políticos do Concello. A proposta aprobada polo pleno ordense, basada no acordo da FEMP, supón unha reducción do 7 por cento no soldo do alcalde; un 6 por cento no salario do edil de Obras e Urbanismo, Roberto González; un 5 por cento nos salarios do edil de Cultura e Deportes e o edil de Servizos Sociais; así como unha reducción do 2,7 por cento no da concelleira de Educación, Silvia Marín. Tamén se reducen nun 5 por cento as asignacións aos grupos políticos, e outro 5 por cento as asignacións por asistencias ás comisións.
O BNG apoiou esta rebaixa manifestando Gonzalo Castro que “estas medidas son insuficientes para reducir o déficit público e o único que intenta o Goberno do Estado con elas e lanzar unha cortina de fume fronte ao ataque aos dereitos sociais que constituen medidas como a conxelación das pensións”.

Pola contra, o alcalde, Manuel Regos, explicou que con esta medida si se espera poder contribuir á reducción do déficit.

Mocións do PP e BNG
No capítulo de mocións, o BNG presentou unha na que instaba ao alcalde a realizar as xestións pertinentes para facer os trámites necesarios para a aprobación inicial do PXOM. Gonzalo Castro manifestou que “a paralise da tramitación do PXOM está a provocar un grave prexuizo aos veciños e veciñas de Ordes, xa que é precisamente agora, nun momento de crise, cando mais se necesita un PXOM que dea un impulso ao noso Concello.”

Segundo Castro, “esta situación aboca a Ordes a seguir padecendo un desenvolvemento urbanístico caótico e pouco sostíbel ao manter a vixencia dunhas normas subsidiarias obsoletas que benefician a uns poucos, en lugar de aprobar un PXOM que beneficie ao conxunto dos veciños e veciñas de Ordes, permitindo que o noso Concello poida desenvolverse urbanísticamente de xeito equilibrado, no que se que fomente a creación de vivenda protexida e que prime a calidade de vida dos veciños e veciñas de Ordes”.

Finalmente non foi aprobada a súa urxencia, xa que tal e como explicou o primeiro edil, Manuel Regos, “nós facemos os deberes e isto é algo no que se está a traballar”. Indicou o alcalde que se está traballando no avance do documento e que os técnicos están adaptándoo á nova lei. Regos insistiu en que espera que o Plan Xeral estea listo o antes posible.

Orzamentos do ano 2010
A segunda das mocións dos nacionalistas, da que tampouco se aprobou a urxencia, fixo referencia ao retraso nos orzamentos para 2010. Para o portavoz municipal do BNG “a ausencia dun orzamento municipal para o ano 2010 está perxudicando aos veciños de Ordes, ao impedir o pagamento das facturas pendentes cos proveedores do concello, que ascenden a máis dun millón de euros, ademáis de comprometer as axudas para financiar as actividades das asociacións e entidades de Ordes, así como a xestión dos servizos públicos básicos”.

Gonzalo Castro emplazou ao alcalde “a asumir as súas responsabilidades e aprobar coa máxima celeridade uns orzamentos municipais para o 2010 que conteñan medidas para paliar a situación económica do concello, como a redución do gasto, estabelecendo unha priorización do mesmo para dotar de recursos aos servizos públicos básicos e facer fronte ao pago das débedas cos proveedores do Concello”.

Pola súa banda, Regos explicou que estes orzamentos sí están a sufrir un retraso a causa da elaboración da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello, que irá incluida nos mesmos, e no que se está a traballar por parte dos técnicos. Aínda así reiterou que se levarán a pleno canto antes.

Parque Félix Rodríguez de la Fuente
Por outra banda o Partido Popular presentou outra moción na que instaba ao goberno local a arranxar o parque infantil Félix Rodríguez de la Fuente. Cuestión á que o edil de Medio Ambiente, Medio Rural e Sanidade, Xesús Pedreira, respondeu que xa deron comenzo as obras que consistirán no cambio dos xogos do parque, así como do peche perimetral do mesmo.

En canto ás preguntas, o BNG solicitou información sobre a situación na que se encontran as conversas co Ministerio de Fomento para a realización de melloras na N-550 ao seu paso polo municipio. O alcalde, Manuel Regos, explicou que un técnico do Ministerio visitou Ordes e trasladáronselle todas as demandas plantexadas. Explicou ademais o primeiro edil que dende Fomento informaron que se está elaborando o proxecto para levar a cabo as melloras.

Foto: Momento do pleno da corporación municipal de Ordes que contou coa única ausencia do edil de Nova Alternativa, Juan Simón.

*

El Tribunal Supremo tumba la demanda de Teodosio Martino contra Ramón Carro

.
Previamente, el Juzgado de Ordes había fallado a favor del empresario, pero la Audiencia Provincial estimó parcialmente las pretensiones de Martino condenando a Carro a indemnizarle con dos mil euros

El ex alcalde anuncia en Ordessiete que recurrirá el fallo ante el Tribunal Constitucional

El pasado 14 de junio, la Sala de lo Civil del Tribunal Supremo fallaba a favor del empresario Ramón Carro Romero en su confrontación judicial contra el por aquel entonces alcalde de Ordes y hoy portavoz municipal popular, Teodosio Martino, por un conflicto surgido entre ambos a mediados de marzo de 2005.

Los hechos se centran en lo manifestado por el empresario al por entonces concelleiro de Agricultura, Matías Raña y posteriormente al propio Teodosio Martino. Según los hechos narrados en la sentencia, en aquella fecha Ramón Carro se dirigió al domicilio del edil, y en el transcurso de una conversación, Carro “le manifestó su preferencia respecto a un candidato a la alcaldía en detrimento del demandante en la instancia” [Teodosio Martino] para acto seguido añadir que “en el pueblo se comentaba que los negocios le iban muy bien [a Martino], por ser socio de una determinada empresa, adjudicataria de terrenos municipales, y de otras empresas”.
.
Intromisión ilegítima en el derecho al honor
Enterado Martino, este citó a Carro en su despacho en la Casa do Concello al día siguiente del incidente, 13 de marzo de 2005, “con objeto de pedirle explicaciones”. En presencia de otra persona cuya identidad no trascendió, el Tribunal da por cierto que Carro “insistió en sus manifestaciones”. Acto seguido, Martino recurriría al amparo judicial ante los juzgados de lo civil, alegando que la conducta desarrollada por el empresario constituía una “intromisión ilegítima en su derecho al honor”, valorando los daños y perjuicios del supuesto agravio en la cantidad de 60.000 euros.

El Juzgado de Primera Instancia de Ordes dictó sentencia el día 24 de abril de 2006 a favor de Ramón Carro, desestimando todas las pretensiones de Teodosio Martino. Éste, lejos de arrugarse, recurriría la sentencia en apelación ante la Audiencia Provincial, quien en fecha de 31 de julio de 2007 se pronunciaba “estimando parcialmente la sentencia apelada” y declarando que la conducta desarrollada por Carro Romero sí constituía “intromisión ilegítima en el derecho al honor”.

Concretamente, la Audiencia coruñesa motivó su fallo en el sentido de que “si realmente trataba de informar [Ramón Carro] debió hacerlo de manera leal y verazmente y no imputando hechos deshonrosos u ofensivos para la otra persona basados en rumores o comentarios de taberna o de calle sin verificación alguna sobre su contenido (…)”. También, siempre según los fundamentos de derecho de la sentencia de la Audiencia Provincial, “el demandado [Ramón Carro] se dirigió a la casa del concejal con el claro propósito de convencerle de que dejara al alcalde y cambiara de grupo político”. Finalmente, la Audiencia condenaría al empresario al pago de una indemnización de dos mil euros.

Tras este resultado, sería Carro quien recurriría ante el Tribunal Supremo con una sentencia que tardó dos años y un mes en salir a la luz desde que se admitiera a trámite el 27 de mayo de 2008. El ponente de la sentencia, el catedrático de Derecho Civil y magistrado Xavier O’Callaghan, se basó en la controversia “de naturaleza política” realizada “en un ámbito tan privado como el domicilio particular de un amigo y luego el del propio demandante, alcalde de la ciudad (…)” para determinar que tales manifestaciones “no alcanzan la categoría jurídica de intromisión en el derecho al honor del mismo”. En conclusiones del magistrado, no se alcanza esta categoría, además de por lo anterior, “por tratarse de expresión de unos rumores sin trascendencia más allá de un estrecho círculo de personas y por no darse expresión alguna insultante, denigrante o vejatoria”.

Así, el fallo de la sentencia reconoce haber lugar al recurso de casación desestimando la demanda interpuesta en su día por el popular, imponiéndole a este además, las costas procesales de primera instancia generadas en el Juzgado de Ordes.

El ex alcalde recurrirá la sentencia
Este medio se puso en contacto con ambas partes para conocer más detalles del proceso judicial. Según explicó Fernando Viqueira Nouche, abogado del industrial ordense, el recurso ante el Supremo se planteó por “no estar de acuerdo en absoluto con el planteamiento expresado por la Audiencia Provincial”. Tal y como afirma, “el Supremo confirma ahora que, efectivamente, no hubo insultos ni descalificaciones de ningún tipo por parte de don Ramón Carro a don Teodosio Martino”, y reconoce que “las manifestaciones de don Ramón Carro no encierran una acusación directa, pues fueron realizadas haciendo uso de la libertad de expresión reconocida en el artículo 20.1.a) de la Constitución Española sobre una persona de proyección pública, sin intención de menoscabar su derecho al honor, sino de ejercitar el derecho de crítica política de una persona que acepta su carácter público y que también debe aceptar los riesgos que ello conlleva, pues así lo requiere una sociedad democrática”.
Menos satisfecho se mostró el líder de los populares ordenses, quien ya ha avanzado que recurrirá en amparo ante el Tribunal Constitucional. Asegura que el Supremo “cambió los términos de la denuncia” y que ya desde primera instancia la jueza reconoció la intromisión en su honor, pero que decidió fallar del modo en que lo hizo por tener efectos de muy poco alcance. Si bien Martino acata el contenido de la sentencia, este ha declarado mostrarse “totalmente en contra” de la decisión del Tribunal Supremo.

Entre otros comentarios a la sentencia, quiso mostrarse claro en que "Carro y Raña no eran amigos", tal y como se expresó O’Callaghan en la sentencia, hecho este que, siempre según Martino, "había quedado demostrado ya desde primera instancia". Finalmente, Martino avanza que no descarta abrir la vía penal para poner punto final a esta controversia.

¿Qué es la intromisión ilegítima en el derecho al honor?
El artículo séptimo de la Ley Orgánica 1/1982 de Protección Civil del Derecho al Honor, a la Intimidad Personal y a la Propia Imagen reconoce como intromisiones ilegítimas, entre otras, las siguientes actuaciones:

1. La divulgación de hechos relativos a la vida privada de una persona o familia que afecten a su reputación y buen nombre, así como la revelación o publicación del contenido de cartas, memorias u otros escritos personales de carácter íntimo.

2. La revelación de datos privados de una persona o familia conocidos a través de la actividad profesional u oficial de quien los revela.

3. La imputación de hechos o la manifestación de juicios de valor a través de acciones o expresiones que de cualquier modo lesionen la dignidad de otra persona, menoscabando su fama o atentando contra su propia estimación.

Fotografía: Teodosio Martino Martino (izquierda) y Ramón Carro Romero.

*

lunes, 28 de junio de 2010

Pleno ordinario de xuño mañá martes

.
Mañá martes a partires das 10:00 h. no salón de plenos da Casa do Concello


O Concello de Ordes celebra esta semana dous cursos gratuítos sobre primeiros auxilios

.
Ambos se celebrarán na Casa da Cultura. Un deles dará comenzo esta tarde e o outro o próximo mércores

O Concello de Ordes a través da concellería de Sanidade de Xesús Pedreira, celebrará esta semana dous cursos sobre primeiros auxilios. O primeiro deles, trátase dun curso básico sobre primeiros auxilios dirixido ó público en xeral e, o segundo destinado a persoas que realicen algunha práctica deportiva. Ambos cursos son totalmente gratuítos para os participantes.

No primeiro dos cursos, Introducción aos primeiros auxilios, abordaranse dun xeito sinxelo os contidos máis esenciais sobre primeiros auxilios, facilitando as habilidades necesarias para poder facer fronte dunha maneira efectiva e segura ás diferentes situacións de emerxencia que se poden atopar en situacións cotiás. Este curso terá lugar hoxe e mañá de 16.30 a 21.30 horas na Casa da Cultura de Ordes.

No segundo dos cursos ofertados, titulado Curso de primeiros auxilios no deporte, abordaranse dun xeito sinxelo os contidos máis esenciais sobre primeiros auxilios destinados á atención de situacións críticas que poden orixinarse na práctica deportiva. As datas de celebración serán o mércores día 30 de xuño e o xoves 1 de xullo cun horario de 16.30 h a 21.30 horas tamén na Casa da Cultura.

Os encargados de impartir os dous cursos serán docentes do Centro de Formación da Cruz Vermella. Para cada un deles ofertáronse 20 prazas que xa están cubertas. A duración de cada curso é de 10 horas.

*

domingo, 27 de junio de 2010

Todo listo para que Ordes se convirta de novo en sede universitaria

.
Espéranse numerosos asistentes ao curso de verán da USC que versará sobre a xestión dos residuos

Terá lugar entre o 19 e o 22 de xullo na Casa de Cultura

Con moita expectación. Así está sendo acollida a celebración da segunda edición do curso 'Xestión integral de Residuos de Galicia', organizado pola universidade compostelá e o Concello de Ordes, e que se celebrará na nosa vila entre o 19 e o 22 de xullo. Así o asegura o concelleiro de Medio Ambiente, Xesús Pedreira, que recorda que, polo de agora, son xa moitos os interesados en facer o curso "de moitos lugares de Galicia, pero tamén de fóra. Xa temos xente de Oviedo que amosou o seu interese por vir", explica.

Numerosos expertos
Convertindo a Ordes temporalmente nun campus universitario, o curso condensará en catro días todas as técnicas de xestión medio ambiental levadas a cabo en Galicia. Alí estarán expertos na materia de diferentes lugares de Galicia, pero tamén doutros puntos de España como Asturias, León e País Vasco.

Ademais, está previsto que os alumnos poidan participar en diferentes actividades prácticas como visitas guiadas a lugares como o Complexo Medioambiental de Sogama, a planta de tratamento de residuos urbanos de Nostián, a recuperación do parque de Bens, en A Coruña, ou o Punto de Limpo de Ordes (na fotografía).

Ademais, como colofón final, está previsto que os participantes no curso percorran un tramo do Camiño inglés polo municipio ordense, cunha posterior visita á Catedral de Santiago e asistencia á Misa do Peregrino.

Pedreira: "Esperamos que o curso volva a ser un éxito coma o do ano pasado"
Para o edil Xesús Pedreira, o feito de que Ordes se convirta nuns días en sede universitaria "é moi favorable para todos nós, sobre todo se é para tratar temas como a xestión dos residuos, no que Ordes ten moito que dicir. Somo un pobo que dende sempre apostou pola reciclaxe e por xestionar ben os nosos residuos, polo que establecer o debate sobre estes temas será moi enriquecedor", engade.

Ademais, Pedreira confía en que a edición deste ano siga os pasos do curso que se celebrara o ano pasado "que fora todo un éxito de participación". E é que, como indica, "moitos dos participantes convertíronse en verdadeiros embaixadores do que aquí facemos", recorda o edil de Medio Ambiente.

Ficha técnica do curso Xestión Integral de Residuos en Galicia
Datas: de 19 a 22 de xullo
Lugar: Auditorio Casa da Cultura de Ordes
Nº de horas lectivas: 26
Director: Francisco José Peña Castiñeira
Secretaria: María Julia Melgar Riol

Podes consultar o programa oficial facendo clic neste enlace.

Foto: Momento da visita ao Punto Limpo de Ordes dos participantes na edición 2009 da Universidade de Verán da USC en Ordes.

*

Aberto o prazo de inscrición para as actividades extraescolares do curso 2010- 2011

.
Este ano haberá dous tipos de actividades, unhas ofertadas polo Concello e outras ofertadas polas ANPAS dos centros

O Concello de Ordes e as ANPAS dos CEIP Campomaior e o ADR Castelao de Ordes, teñen aberto o prazo de inscrición para as actividades extraescolares do curso 2010- 2011. Unhas actividades que está previsto dean comenzo o próximo día 1 de outubro.

Multideporte, creatividade, patinaxe e xadrez
Este ano haberá dous tipos de actividades, unhas ofertadas polo Concello a través da concellería de Educación, Mocidade e Discapacidade que dirixe Silvia Marín, e outras que ofertan as ANPAS. En canto ás actividades que se promoven a través do Concello haberá catro modalidades, Multideporte, Aprender a crear, Patinaxe e Xadrez que se ofertarán en ámbolos dous centros escolares do municipio en diferentes horarios.

Por outra banda no CEIP Campomaior a ANPA do centro oferta, para os seus socios, clases de natación escolar, informática, danza contemporánea, debuxo e pintura e hockey, e por outro lado a ANPA do ADR Castelao ofertará para os alumnos, natación e informática.

NOTA IMPORTANTE. En canto á presentación das solicitudes para poder participar nestas actividades, o prazo de inscrición estará aberto ata o próximo 15 de xullo, debendo ser entregadas no departamento de Educación, Mocidade e Discapacidade do Concello de Ordes, situado na planta baixa da Casa do Concello, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Ademais todos os interesados tamén poderán solicitar máis información acerca de prezos ou horarios das actividades neste mesmo departamento municipal.
Actividades extraescolares
Dende o Concello e as ANPA explicaron que os alumnos que empecen este curso no colexio poderanse anotar nas actividades extraescolares unha vez que empece o curso académico.

Dependendo da demanda das actividades, o Concello pode, por motivos de espazo, variar algún dos horarios establecidos. Así mesmo ten que haber un mínimo de nenos e nenas anotados en cada actividade para podela pór en marcha. Ao peche do prazo de inscrición publicaranse os resultados nos respectivos centros educativos e no Concello.

Foto: Silvia Marín, concelleira de Educación do Concello de Ordes.

*

Sabes protexer a túa pel fronte ao sol?

.
Ordes acollerá unha charla sobre a importancia da protección solar

Terá lugar ás 19 horas do martes 6 de xullo no salón de actos do Museo do Traxe Juanjo Liñares, está organizada polo Concello en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro

O Concello de Ordes, a través da Concellería de Sanidade organiza, en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro, unha charla-coloquio dentro dunha campaña de protección solar e que leva por título A túa pel non ten recambio, sabes cómo protexela do sol?, que terá lugar o vindeiro 6 de xullo no Salón de Actos do Museo do Traxe de Juanjo Liñares, ás 19.00 h. A charla correrá a cargo de Soledad Reparaz, farmaceútica do Departamento de Formación de Avène.

Prever o cancro de pel
O obxectivo da campaña de protección solar e prevención do cancro de pel entre o Concello e a Asociación Española contra o Cancro é transmitir unha mensaxe positiva sobre cantidade e calidade de vida a través dunha boa protección solar. A presente campaña pon de manifesto a relación entre o cancro e os hábitos de conducta, a importancia da prevención e da concienciación de levar unha vida saudable, xa que os expertos advirten que sete de cada dez cancros poderíanse evitar seguindo unhas pautas de comportamento saudables, e facendo da prevención un hábito.

Puedes ver un reportaje sobre el cáncer de piel haciendo clic bajo estas líneas:




A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Sanidade de Ordes
"O sol desempeña un papel importante na saúde do ser humano cando se toma nas dosis axeitadas. Sin embargo, cando a exposición á radiación solar é excesiva causa efectos nocivos na nosa saúde polo que é importante recibir toda a información posible sobre as pautas preventivas a seguir"

*

sábado, 26 de junio de 2010

A Escola Municipal de Música celebrou o seu Festival de Fin de Curso

.
Con diferentes actuacións dos seus alumnos que mostraron aos asistentes o aprendido durante este curso

A Escola Municipal de Música de Ordes celebrou onte pola tarde o seu Festival de Fin de Curso cun acto que tivo lugar no auditorio da Casa da Cultura de Ordes.

Un acto no que os alumnos desta escola puideron mostrar a todos os asistentes o aprendido durante o curso coa realización de diferentes actuacións que fixeron que a música fora a protagonista durante toda a tarde. Os alumnos e alumnas ordenses mostraron as súas habilidades en diferentes instrumentos, como xilófonos, timbales, baterías, caixas, bombos, platos, piano ou guitarra.

Ao acto de despedida do curso da Escola Municipal de Música acudiu um bo número de persoas, entre elas, o concelleiro de Cultura e Deporte do Concello de Ordes, Ramón Vázquez Raña.

*

Edición de despedida das noites psicoeducativas do programa FARO

.
Terá lugar hoxe sábado no pavillón municipal e os participantes poderán disfrutar de diferentes actividades como baile latino, risoterapia e karaoke

Xesús Pampín: "Decidimos realizar un peche conxunto dado o éxito das diferentes actividades"

Tralo éxito acadado polo ciclo de noites psicoeducativas enmarcadas dentro do programa municipal FARO de prevención de alcol, o Concello de Ordes decidiu celebrar un peche conxunto destas noites como broche final da actividade.

Así, hoxe sábado celebrarase unha nova noite psicoeducativa, na que igual que nas anteriores, participarán, de maneira totalmente gratuíta, rapaces e rapazas de Ordes con idades comprendidas entre os 12 e os 17 anos e as súas familias, que nesta ocasión disfrutarán con diferentes actividades como baile latino, risoterapia e karaoke.

O ciclo de noites psicoeducativas celebrouse durante as noites de tres sábados nas que máis de 60 rapaces e rapazas de Ordes puideron comprobar que existen alternativas de ocio en espazos libres de alcol, realizando un destacado número de actividades cun rocódromo, clases de baile moderno, tiro con arco, carreiras de orientación e diferentes obradoiros de elaboración de cócteles sen alcol, fotografía nocturna, fieltro, fimo, etcétera.

O horario no que terá lugar esta iniciativa, que ten como obxectivo crear un espazo de diversión común que acolla a toda a familia, será de 21:30 a 00:30 horas no pavillón municipal, na rúa Mestre Nicolás del Río na zona do Paraíso.

A frase de Xesús Pampín, concelleiro de Servizos Sociais e Terceira Idade de Ordes
"Ante a petición das familias e dos rapaces e rapazas participantes no programa de que se sigan programando novas noites e ante o éxito das diferentes actividades, decidimos realizar un peche conxunto como colofón ao das anteriores edicións”

*

viernes, 25 de junio de 2010

Adxudicadas as obras da segunda fase da Rolda Leste

.
Trátase das obras de construcción do vial de enlace entre a AC-524 e o polígono industrial de Ordes, coas que se pretende desviar o tráfico pesado do centro do municipio

O goberno local vén de adxudicar as obras da segunda fase da coñecida como Rolda Leste do municipio. Unhas obras que consistirán na construcción dun vial que enlazará a AC-524 (Ordes- Lanzá) co polígono industrial de Ordes, e que se encontran incluídas dentro dun convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta e o Concello de Ordes.

En canto á segunda fase da Rolda Leste, tal e como explicou o concelleiro de Obras e Urbanismo, Roberto González, o novo trazado, que ten unha lonxitude total de un pouco máis de dous kilómetros, transcurre íntegramente polo concello de Ordes, aproveitando no tramo final un vial municipal existente, e na parte inicial dende o polígono, o espazo reservado dentro da zona da concentración parcelaria de San Pelaio de Buscás. O novo vial terá calzada única con dous carrís de tres metros de ancho cada un, un para cada sentido da circulación. O orzamento total das obras é de 1,3 millóns de euros aproximadamente, que asumirá a Xunta a través do convenio asinado co Concello de Ordes.

"Garantizar o desvío do tráfico pesado do centro"
O alcalde Manuel Regos, explicou que con este vial preténdese garantizar o desvío do tráfico pesado do centro do municipio, fundamentalmente aqueles transportes con destino Sogama, xa que na actualidade para acceder ao polígono teñen que pasar polo núcleo de Ordes. Ademais, con este vial de enlace tamén se facilitará a conexión coa AP-9.

Obras na primeira fase
Por outra banda o pasado mes de marzo daban comenzo tamén as obras da primeira fase desta Rolda Leste, consistentes na construcción do vial de enlace entre a N-550 e a AC-524. Un vial de, aproximadamente, 730 metros de lonxitude, que contará cunha calzada de tres carrís de circulación, un carril bici e unha senda peatonal, o que suporá que nun futuro se trate dunha gran avenida dentro do núcleo de Ordes, tal e como explicaron dende o goberno local.
O orzamento destas obras ascende a máis de 850.000 euros, tamén asumidos a través do convenio asinado polo Concello coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta.

Dende o goberno local esperan que as obras desta primeira fase poidan estar rematadas no mes de agosto.

Foto arriba: Obras da ronda lesta na zona de O Paraíso.

Foto abaixo: Obras da primeira fase da ronda leste.

*

Os participantes do Proxecto Comenius entrevistan a...Xesús Vázquez, conselleiro de Educación

.
"No meu primeiro día no Goberno da Xunta, o presidente díxome: "Aquí vense a traballar 26 horas ao día oito días á semana"
,
"Nesta vida, o peor que podes facer é procurarte inimigos"

"Se me deran permiso, daría a relación tan ampla de persoas e institucións que apoian o decreto"

Por Nuria Romero Vidal e Alba Soneira Sánchez. Fotografías: Isabel Mato

Jesús Vázquez Abad naceu en Nuremberg (Alemaña) en 1967. Estudou Ciencias Económicas e Empresariais na Universidade de Santiago e fixo o doutoramento en Ciencias Económicas e Empresariais na Universidade de Vigo. Traballou un ano no Banco Gallego. Profesor titor da UNED en Ourense. Foi decano da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense. Actualmente é deputado no Congreso e portavoz nacional do PP de Universidades. Realizou actividade investigadora, traballos científicos, libros e monografías, así como diversas comunicacións e relatorios presentados en congresos. Impartiu cursos e seminarios en diversas universidades. Foi deputado por Pontevedra no Congreso dos Deputados en Madrid. Desde marzo de 2009 é Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

Vemos na súa biografía que naceu en Nuremberg o 22 de setembro de 1967. Así que vostede tamén é alemán? Ten vostede as dúas nacionalidades?
Non, teño unicamente unha nacionalidade. Son fillo de emigrantes, pero no seu momento puiden optar, pero cando se che pasa o ano, nese momento suponse que só aceptas, ou que renuncias á dobre nacionalidade. Teño tan só nacionalidade española.

"Son o segundo máis novo do Goberno de Núñez Feijóo"
Varios conselleiros do goberno de Feijóo están en torno aos 40 anos, parece que chegou unha xeración de políticos novos. Como vive vostede isto desde dentro do gabinete?
Ben, positivo penso. Estamos todos entre os 41 anos e os 49-50 anos. O máis novo é o Conselleiro de Presidencia, por uns meses. Despois creo que estou eu e logo, por un ano ou dous, entre os 42 e 44, están varios dos conselleiros, agás dous, que poden estar en torno á idade do presidente. É verdade que é un gabinete moi novo.

Como o convenceu o presidente Feijóo para entrar a formar parte do seu goberno nunha consellería que gasta tanto, e que ten que defender ante o resto do gabinete?
Como me convenceu? Ha, ha, ha!... Cando ti fas algo na túa vida tes que estar para as boas e para as malas. Un ano antes eu decidín meterme en política activa baixo as siglas dun partido político. Eu penso que, se nun momento dado me metín en política, pois estás á disposición da túa empresa, neste caso, do teu partido.
Foi unha decisión persoal do presidente que eu formara parte do seu grupo, polo tanto non houbo que convencerme, quero dicir que, neste caso, tamén se acata, digamos. Cando estás na casa hai que acatar evidentemente unhas pautas. Eu estaba moi ben no Parlamento. Era portavoz nacional da universidade, tiña outros cargos pero, nese momento chegou esta ocasión.

Vostede licenciouse en Económicas en Santiago e acadou o doutoramento en Vigo. Sobre que tema versou a súa investigación? Sería capaz de explicalo de modo que nós o entendamos?
Si, vóuvolo explicar para que vós o entendades. O título era moi longo, penso que ocupaba entre tres e catro liñas. Para que vos fagades unha idea, eu traballo na rama de dirección de empresas, que evolucionou cara ao que se chama dirección estratéxica, pero non deixa de ser dirección de empresas. Hai dous modelos que se propoñen normalmente, o modelo americano fronte ao modelo de dirección xaponés, que diverxe en moitísimos aspectos.
Unha das cuestións nas que diverxe é a estratexia, que no modelo americano, incluso o modelo europeo, tende a obxectivos a curto prazo, nos modelos de xestións xaponeses as empresas tenden a fixar obxectivos a longo prazo. Normalmente os conglomerados de empresas en Xapón son moi grandes, sendo Toyota un dos máis representativos. Detrás de Toyota a peza principal non é a industria automobilística, senón que é Toyota Bank. Sempre hai algún instrumento financeiro, algunha institución financeira detrás dos grupos empresariais xaponeses. De feito, o que aquí chamamos un conglomerado, alí chámanlle Keiretsus. Eu intentei facer unha análise comparativa entre o modelo americano e o modelo xaponés dentro da industria da automoción e collendo dous parámetros principais, que eran o apalancamento operativo e apalancamento financeiro, que son indicadores do nivel de risco que asume unha entidade, e o modelo de dirección estratéxica. Combinei dirección estratéxica, apalancamento financeiro e apalancamento operativo.

Primeiro traballou nun banco e logo como profesor titular na universidade. Son cousas ben diferentes, non?
Totalmente. Recordo ademais a frase exacta que me dixo o director de persoal cando lle comuniquei que abandonaba o banco porque marchaba para a Universidade: “Vexo que
son dous mundos diferentes, por tanto non che podo ofrecer nada para convencerte de que te quedes na banca. Son obxectivos distintos”. Eu xa me decantara pola Universidade.
.
"O traballo docente é un traballo moi vocacional"
A experiencia como decano da facultade de Ciencias Empresariais de Ourense fíxolle entender doutra maneira o sistema educativo?
Non, imos ver… Si que é certo que penso que todo o mundo tería que asumir os distintos roles, os distintos papeis dentro do mundo que o rodea. É certo que ser profesor non é o mesmo que formar parte dun equipo directivo no que, evidentemente os demais son os teus compañeiros, pero teñen outras obrigas.
Nesta vida penso que todos deberiamos pasar polas distintas fases porque así entenderiamos doutro xeito o noso comportamento e o comportamento dos nosos compañeiros. Buscariamos unha explicación ao por que moitas veces a xente fai certas cuestións e volveriámonos moito máis flexibles. Penso que todo o mundo debería pasar polo que son cargos directivos ou cargos de xestión porque axudaría a comprender moitísimas das decisións que se adoptan.
E nese caso, máis que o modelo de ensinanza aprendizaxe, o traballo docente é un traballo moi vocacional, máis que axudarme a comprender mellor o labor docente, o que si me axudou é a racionalizar. Ás veces tes que dirimir en conflitos entre compañeiros, que tamén son compañeiros teus, porque ao final vas volver a esa situación, xa que os equipos directivos non son de por vida, agás algunhas excepcións. Entón esa experiencia faite unha persoa moito máis flexible, moito máis comprensible e máis tolerante, en todos os aspectos.

Na súa carreira política parece que empeza centrado nas cuestións económicas para logo especializarse no mundo da educación. A que se debeu ese cambio de orientación?
Eu son licenciado en Ciencias Económicas Empresariais na rama de Empresariais, en concreto, na rama de Financiamento. Despois fixen o doutoramento en Ciencias Económicas Empresariais na Universidade de Vigo. Primeiro, eu son unha persoa moi inquieta, moi activa. Cando eu me meto en política… cando me vou para Madrid… foron as circunstancias. Nese momento a min dinme que teño que priorizar.
No Parlamento hai preto de 30 comisións distintas e, como parlamentario, tes un compromiso, cando menos tes que estar en tres comisións. E iso se formas parte dun grupo maioritario. As comisións están formadas por uns 23 ou 25 deputados (o presidente, secretarios, vicepresidente…). Hai 350 deputados que se teñen que repartir entre as distintas comisións. Os grupos maioritarios somos os máis favorecidos, nese sentido, porque só temos que estar en tres ou catro comisións. Pero os representantes dun grupo político que ten poucos membros no Parlamento, poñamos por exemplo CiU (Convergència i Unió), os seus oito representantes na cámara téñense que repartir entre as 28 ou 29 comisións e, polo tanto, a eles xa lles tocan bastantes máis… A min pedíronme que elixira tres e escollín Economía, Industria e Educación.
A sorpresa xorde cando se produce un desdobramento e nace o Ministerio de Ciencia e Innovación coa parte da universidade. Nese momento, a que aínda hoxe é portavoz xefe do meu grupo parlamentario en Madrid, encárgame a tarefa de ser Portavoz Nacional de Universidades, porque eu viña da universidade e, polo tanto, coñecíaa máis de cerca. Aínda que nunca se coñece ao cento por cento, e soaría prepotente dicir que é un ámbito que coñezo moi ben. En certa medida proviña de aí e tiña todo moi fresco xa que dúas semanas antes estaba como decano e dando clases, nun momento de conversión da Universidade Española ao espazo europeo da educación superior. Polo tanto, certo coñecemento si tiña. A nosa portavoz xefe dixo que lle apetecía contar comigo e nomeoume Portavoz de Universidades. Apenas un ano despois, chamoume a persoa que acababa de gañar as eleccións en Galicia, aínda non era presidente, para que formara parte do seu equipo de goberno en Santiago.
.
"Non me gusta o tempo ocioso"
Ten unha biografía moi activa, fixo moitas cousas en pouco tempo, de onde saca tanta enerxía?
Eu penso que vai co carácter. Supoño que son unha persoa que me gusta meterme en… problemas, en cuestións. Gústame estar activo. Non me gusta o tempo ocioso e penso que as 24 horas do día dan tempo abondo para conciliar vida familiar, cos teus amigos, e tamén co teu traballo. Agás cando xa estás metido na política. Entón si que hai unha parte que se resente, que é a familiar e as amizades. Ese tempo xa non é tan suficiente coma antes, pero 24 horas ao día dan para moito.

Jesús Vázquez Abad ten Facebook, e é admirador de EPP European Peoples´s Party e un dos seus produtos favoritos é Cortinas Vizcaya, quedamos coa boca aberta, que son esas cousas?
Unha é unha institución de ámbito universitario. O Facebook é un instrumento, ninguén mellor ca vós para sabelo, porque estades precisamente na época das redes sociais, Tuenti, Facebook … ao que se agrega moita xente de distintos ámbitos. Luís Vizcaya é unha persoa de Ourense, un coñecido, que representa unha empresa. En política moitas veces usamos Facebook como un instrumento máis á hora de comunicar. As redes sociais son un instrumento moi empregado polos partidos políticos. Supón, por exemplo, que poidas mandar nun minuto unha mensaxe ás 2.000, 3.000 ou 5.000 persoas que che permite ter o Facebook. Polo tanto, é un instrumento que che permite estar en contacto con institucións, empresas de moi distinta índole, que comparten contigo algunha cuestión, ou incluso críticas.
Na miña páxina web de Facebook tamén hai persoas que pertencen a partidos políticos totalmente contrarios, e a sindicatos moi críticos coa miña actuación. No intercambio de opinións e de e-mails tamén se fan propostas e se sacan ideas. O que quero dicir é que dentro do meu grupo de amigos de Facebook hainos de moi diversa índole. Hai institucións a nivel europeo, relacionadas moitas veces co meu partido político; hai empresas de xente que ti coñeces, que ao mellor están en Facebook como empresa porque o utilizan como márketing; despois hai xente que, evidentemente non coñeces, pero que compartes ideoloxía política; algún grupo en concreto co que si compartes unhas ideas; ás veces hai xente coa que non compartes ideoloxía pero que se engade ao Facebook e ti aceptas, e moitas veces é para facerche críticas. Pero para iso estamos.
.
"Eu admiro a xente doutras ideoloxías"
É posible admirar ao mesmo tempo a Mariano Rajoy e a Esperanza Aguirre como pon no Facebook?
Si, claro. Podemos admirar a xente incluso de distinta ideoloxía. Eu admiro a xente doutras ideoloxías. É totalmente compatible. Probablemente logo poidas estar máis a favor dunha forma ou dun comportamento. A min gústame a forma de actuar do meu presidente a nivel nacional, de Mariano Rajoy. Creo que é un home moi de palabra e moi tranquilo, cousa que me gusta. Non é unha persoa que se excite nin que se irrite facilmente. E, por tanto, si que é certo que admiro a xente de distinta ideoloxía, incluso de ideoloxía totalmente contraria á miña e sinto admiración. A miña propia parella non comparte comigo ideoloxía e é unha persoa á que admiro.

Sorprendeunos que fixese tempo para unha entrevista a un instituto, cousa que agradecemos. Entende a política como un servizo aos cidadáns que o obriga a estar sempre moi cerca deles?
Totalmente. Soa un pouco como a facerme márketing eu mesmo pero… hai unha cuestión que si é certa. O que me dixo o noso presidente o primeiro día “Aquí vense a traballar 26 horas ao día, 8 días á semana”. E así o temos como pauta. Traballamos sábados e domingos.
Eu entendo, precisamente, que a política é servizo, e o servizo só o podes dar se posúes ese contacto diario. Non é a primeira vez. Agora mesmo, ao rematar esta entrevista, voume comer con ex-compañeiros da facultade de Empresariais. Ademais é bo que se vexa ao político dunha forma moito máis próxima. Especialmente neste momento no que a propia enquisa do CIS di que a cidadanía ve a propia clase política como o terceiro problema en España. Non é certo, porque independentemente da cor política, creo que somos un servizo a prol da cidadanía, uns baixo unhas ideas, outros baixo outras diferentes, pero, no fondo, todos procuramos o mesmo. Entón, para min, esa proximidade é boa. E somos persoas de carne e óso.

Unha boa parte do seu traballo consiste en atender os medios de comunicación. Como é a súa relación coa prensa?
A miña relación, normalmente, é moi boa con todo o mundo. Se me preguntas se teño inimigos, supoño que si. Todo o mundo pode ter inimigos. Se me dis se trato de procurarme inimigos, direiche que non. Nesta vida o peor que podes facer é procurar gañar inimigos. A miña relación coa prensa é boa. A relación cos partidos que neste momento está na oposición é moi boa. A miña relación persoal cos parlamentarios que traballan dentro do Partido Socialista e do Bloque Nacionalista Galego, na área de Educación, é boa, a nivel persoal. É normal. Como se agora estamos falando. Probablemente despois cada un ten os seus obxectivos.
Os periodistas, moitas veces, están baixo unhas condicións e baixo unhas siglas e, evidentemente, a un mesmo titular se lle poden dar distintos enfoques. Uns pódente tratar dunha forma máis positiva de cara a que a cidadanía lendo o titular diga “Ah, que ben” e o mesmo titular, ao mellor noutra prensa, a mesma cidadanía diga “Pero que desastre está facendo”. Persoalmente a relación coa prensa é boa.

Algúns sindicatos afirman que a Consellería incrementou o investimento nos colexios privados a custa dunha baixada nos orzamentos no ensino público. Cales son as súas liñas estratéxicas para Galicia?
Imos ver! Aí si me gustaría dicir que iso é erróneo e totalmente falso. A lei permite e fai compatible actualmente o ensino público co ensino concertado, que normalmente denominamos ensino financiado con fondos públicos, porque ao final fináncianse ambos os dous ensinos. Con respecto á primeira afirmación que fan algunhas persoas, é imposible que nós incrementásemos o presuposto, nin que creásemos máis unidades porque os concertos renóvanse cada catro anos, e durante eses catro anos os cartos que ti tes na conta son fixos. E eses cartos eran os mesmos que procedían da orde do anterior goberno. Polo tanto, non manexamos máis cartos a maiores.
Outra cuestión é que, moitas veces, dentro dos concertados, por exemplo, hai centros que pechan, ou unidades que desaparecen e pódeslle dar a outros concertados, pero sen modificar o número de aulas nin a contía porque esta contía ben marcada e a Consellería de Facenda non me permitiría agora esa intervención. Esa orde estaba feita, e esa orde sae por catro anos e son contías fixas. As mesmas que deixaran o anterior goberno e non se poden modificar, repito. Ben, poderías, pero evidentemente terías que facer unha nova orde. Ás veces hai un colexio público que perde unha liña e hai outro que a gaña. Hai centros do rural, onde a poboación está envellecendo, onde non hai rapaciños. Pois alí desaparecen recursos. Pero hai outros centros públicos onde incrementan.
Entón, con respecto á primeira cuestión, é rotundamente non. Non é certo que nós incrementaramos o presuposto nin que puxeramos en marcha máis unidades das que están estritamente contempladas na orde á que eles fixeron referencia. Con respecto ao segundo, a min gustaríame falar de moitas cuestións con respecto ao ensino. Hai dous eixes que van ser fundamentais para vós. Primeiro, que vos poidades introducir, fóra de calquera polémica, nunha terceira ou cuarta lingua. Segundo, introducir as TIC, pero dunha maneira transversal, de forma que non se perciban as TIC coma unha aula máis, coma unha materia máis, senón que as TIC, a informática estea en todas as materias, para chegar a converter os centros, de aquí a uns anos, en centros dixitais, e que cada alumno ao chegar á súa aula tivese o seu ordenador, o profesor o seu, un pouco máis potente, e despois un encerado dixital, un canón, máis outras tecnoloxías wifi que se necesitan para poderlle dar soporte. E logo tamén un grande ordenador, que ten que estar aquí na sede central, onde se colgue toda unha serie de contidos e programas para que o profesorado, os alumnos e os pais o poidan utilizar. Eses son os dous grandes ámbitos da actuación.
Creo que eses dous elementos vannos axudar, por un lado, a obter máis dos propios alumnos, aquel que daba un sete, nós esperamos que poida dar un oito, sacar máis esforzo e rendemento. Por outro lado, esperamos baixar as cifras de abandono e de fracaso escolar, e que o alumnado se motive moitísimo máis na aula, que perciba o ensino coma un elemento de futuro. E, ao mesmo tempo, poñer ferramentas nas mans dos profesores para que poidan traballar e lle permitan aplicar programas distintos dentro da mesma aula.
No momento en que cada rapaz pode xogar co seu ordenador ao profesor resultaralle máis fácil facer un seguimento diferenciado, de forma que poidamos aproveitar máis de cada un deles. Por tanto, hai unha serie de obxectivos que temos que conseguir e que, ademais, non son só deste conselleiro, senón obxectivos xerais. Agora cando falamos do Pacto pola Educación estamos a falar xa do ano 2020. Entendemos que nese ano debemos converxer con Europa en problemas como o abandono ou o fracaso escolar. Pero hai retos coma a FP, como as linguas, as TIC... Hai moitos retos.

O decreto do galego de momento é un borrador, pensa que vai sufrir moitos cambios no trámite parlamentario?
Ben, nestes momentos está no Consello Consultivo. Nós tratamos de traballar coa firme crenza, coa firme responsabilidade de volver a unha situación onde se garantan as competencias en ambas as dúas linguas oficiais, e, por suposto, despois tratar de establecer medidas de reforzo para potenciar o uso. Hoxe por hoxe, a última avaliación que se fixo aquí en Galicia no mes de outubro, penso, puxo de manifesto que os alumnos teñen mellores competencias en linguas que en matemáticas. Foi feita a nivel xeneralizado, a moitos alumnos e en moitos centros.
As competencias lingüísticas en castelán e en galego son máis ou menos similares nesa poboación. Outra cuestión na que está a traballar a Secretaría Xeral é a potenciación do uso, que a xente empregue o idioma, especialmente en certos ámbitos e en certas zonas. Pero entendemos que o Decreto naceu baixo unhas pautas e foise modulando. Xa leva un longo percorrido dende que se fixeron as primeiras consultas aos pais, como punto de partida. Entendemos que, a estas alturas, pouco debe modificarse este borrador ou anteproxecto enviado ao Consello Consultivo. Houbo primeiro unha etapa de consultas previas, que duraron máis dun mes, con toda unha serie de organismo. Despois, na mesa sectorial, tamén se recolleron unhas adaptacións propostas por un sindicato. A Comisión Permanente do Consello Escolar de Galicia votou pola retirada total do Decreto e non se puideron discutir as súas formulacións, pero das 18-17 propostas que fixo o Consello Escolar tamén se recolleron como oito ou nove que se incorporaron a ese anteproxecto e logo este foi o que se enviou ao Consello Consultivo, onde agora se atopa.
.
"O alumno ten que adquirir competencias en ambas as dúas linguas"
Algúns colectivos acusan á Consellería de adoptar medidas lingüísticas que van provocar conflitos entre os falantes. Como ven o futuro da convivencia na cuestión da lingua?
Pois igual que o estamos vendo agora mesmo. No meu caso, coma conselleiro, igual que a percibín sempre nos meus 42 anos de vida. Eu entendo que non ter por que haber conflito. No ensino ten que haber unha obrigación, o alumno ten que adquirir competencias en ambas as dúas linguas. Despois entendemos que non ter por que xerar máis conflito do que xeraron outros decretos anteriormente, o do ano 83, o do ano 95 e, por suposto, menor conflito do que produciu o do ano 2007, aínda que, evidentemente moita xente non comparta a miña opinión.

Tamén din que nas derradeiras eleccións se aproveitaron dos prexuízos lingüísticos que aínda padece a nosa sociedade só para lograr máis votos. Coidan que a nosa lingua é un patrimonio que hai que protexer?
Iso ninguén o dubida. Pero unha cousa é a protección e a promoción da nosa lingua galega, e outra cuestión é que, se me preguntas se estou convencido que nalgúns rapaces e nalgunhas familias o anterior decreto provocou rexeitamento, pódoche dar bastantes mostras de xente que falaba en galego e que agora non o falan como rexeitamento cara á actitude do anterior goberno. Non penso que nós nos aproveitaramos de nada. Creo que houbo unha corrente moi importante, que uns grupos cuantifican nunha cifra e outros noutra. Somos conscientes de que recibimos votos de xente que antes votaban a outros partidos, pero había un compromiso e un proxecto electoral. Nese aspecto ninguén nos pode acusar de engano.
Poden non compartir as nosas ideas, non estar de acordo con elas, pero o proxecto que se presentou foi xa discutido e criticado antes das eleccións. Aínda así contou co apoio da maioría da sociedade. Nós gañamos por maioría absoluta. Entendemos que hai unha sinal de identidade que é o galego, pero tamén é certo que hai unha cooficialidade e que a Constitución ampara os dereitos de todos os españois e, como galegos, tamén estamos dentro do estado e temos uns dereitos que hai que protexer e coidar. O único que estamos intentando é cumprir esa normativa, sendo conscientes de que o noso compromiso é procurar… eu, como conselleiro, estaría satisfeito se dentro de tres anos ou nun prazo máis longo, porque os resultados en educación, en cuestións sociolingüísticas, non se ven a curto prazo, pero se de aquí a oito anos, cando eu xa non estea aquí, me din que hai un punto de inflexión onde a mocidade principalmente volve a falar galego, daríame por satisfeito. Iso é o que procuramos todos. Non dubido que o interese do anterior goberno fose o mesmo, pero penso que provocou na sociedade o efecto contrario e non se debe gobernar en contra desta. Independentemente das ideoloxías de cada un, por moito que penses que un proxecto pode resultar, se a xente da rúa está en contra e se levanta, non debes nin podes poñelo en marcha.

A oposición frontal das institucións culturais galegas á súa proposta de decreto de plurilingüismo non lles fai dubidar sobre a conveniencia da súa política lingüística?
Non. Quero discernir tamén neste sentido. Cando se di as entidades culturais, a que nos referimos? Habería que discernir. Creo que se intentan politizar certos organismos culturais, por iso digo non tan rotundamente. O Consello Galego da Cultura, nas últimas declaracións xa amosou certo acercamento dicindo que no anteproxecto se modificaran certas cuestións e que se recolleran outras ás que eles facían referencia. Falábase de equilibrio e doutros puntos.
Probablemente poñer o 100% da sociedade de acordo é moi difícil en calquera tema. Pero son tamén moitas as asociacións culturais e non culturais, poderíache dicir unha morea, do ámbito educativo, empresarial, social ou sociocultural que todos os días están escribindo e, de feito, temos un dossier con todas as cuestións. Nesta cuestión ninguén está de acordo. Estou desexando que me fagan unha pregunta parlamentaria neste sentido porque, se me deran permiso, diría a relación de todas as persoas e institucións que están mandando cartas, e-mails e, ademais, con siglas, dando apoio a este decreto. Como é natural, sempre vai haber quen estea desconforme. Pero, ao final, tócanos gobernar e iso si que vai no soldo.
,
Unha persoa á que se lle recoñece o dereito a escoller lingua, pero que na práctica só sabe unha, ten liberdade lingüística?
A liberdade de elección está tamén na propia Constitución. Se alguén quixera falar en castelán na aula, agás en certas materias, tería todo o dereito do mundo. Porque é o dereito individual. Outra cousa é o dereito colectivo, pero o dereito individual recoñéceo a propia Constitución. É a norma superior que existe. Pode gustarnos ou non, pero é a norma superior. Polo tanto, se calquera persoa nestes momentos quixera falar xa en galego ou en castelán nunha materia, distinta do que son as materias lingüísticas, xa o podería facer. Outra cuestión é a separación por cuestións idiomáticas. De feito en Cataluña, Comunidade Valenciana e País Vasco teñen modelos separados precisamente porque ese dereito llo ampara a Constitución. Se o levara á última instancia esa persoa acabaría gañando. Todos os informes de asesoría xurídica así o manteñen. Normalmente os rapaces son esponxas e reproducen comportamentos miméticos dos profesores. Se unha materia se dá en galego o estudante rematará por facelo en galego, seguindo o que o mestre lle indica. Indícalle, pero non lle impón. Ademais, a propia lei marca que o rapaz ten que levar a cabo o proceso de inicio á lecto-escritura na súa lingua materna, e este período dáse na segunda etapa de Infantil, non en Primaria.
Cando nós estudabamos, e os vosos profesores, existía EXB e naqueles anos o proceso de lecto-escritura dábase aos 6-7 anos, pero agora xa se comeza con 4-5 aniños, de maneira que moitos cando chegan a Primaria, xa levan ese proceso consigo. Se a propia lei che indica que a introdución na lecto-escritura ten que ser na túa lingua materna, como di o Decreto ou anteproxecto introducindo a segunda lingua cooficial e na medida do posible poder xogar xa coas linguas estranxeiras, pois perfecto.

"A educación pode ser ideolóxica, pero non política na aula"
Se un rapaz que provén dunha zona galegofalante, a súa familia é galegofalante desde fai xeracións e chega a unha cidade con seis anos, pódeselle xa o primeiro día obrigarlle a falar castelán porque así o determina o profesor?
Eu penso que non. Pois o mesmo dereito temos outras persoas nese sentido. Se un rapaz é castelánfalante, e se atopa nun núcleo de castelánfalantes, cando chega a Primaria penso que non é bo o primeiro día exercer a autoridade de cara a impoñerlle o galego, e si darlle pautas e darlle fórmulas flexibles para que vaia acadando, de maneira que ao finalizar esa etapa, si teña esas competencias en galego. Esa competencias téñense que garantir porque por primeira vez nun decreto vai haber unha proba de avaliación. Estamos tan convencidos de que se van a adquirir que nós mesmos nos poñemos esa mesma proba. Se non estivera seguro non o faría para non caer na miña propia trampa. Do mesmo xeito pensamos que as fórmulas flexibles son boas para eliminar certa conflitividade, que en moitos centro de Galicia non teñen, pero noutros centros e familias si se xeraron.
Temos que procurar con total neutralidade que esa desconformidade por parte dalgunhas familias, profesores, que ata algúns se denunciaban por cuestións lingüísticas, vaia desaparecendo. Eu son profesor, son funcionario público e, como tal , teño que acatar as normas e as leis que en cada momento están vixentes, sexa do partido político que sexa. É a nosa obriga e temos que traballar para que vós teñades un futuro mellor, e tratar de trasladarvos eses coñecementos que nós temos, e eses valores de respecto, de solidariedade, convivencia, do coidado do medio ambiente, dos nosos maiores... A educación pode ser ideoloxía, pero nunca política na aula.
,
Que gaña Normalización Lingüística deixando a Consellería da Presidencia e pasando á de Educación?
Ben, iso son decisións meramente políticas. A Secretaría Xeral de Política Lingüística ten que ser unha área transversal, polo tanto podería estar baixo a Consellería de Presidencia, baixo Función Pública… Podería estar en moitas áreas e este goberno considerou que era bo que estivera baixo a estrutura da Consellería de Educación. Se me preguntas que gañaría estando noutro lado, pois tampouco nada porque ao final teñen que desenvolver toda unha serie de políticas transversais. Trabállase cos sectores económicos e produtivos. Trabállase coas empresas para que poñan páxinas web en galego. Trabállase con empresas para que fagan a etiquetaxe en galego. Trabállase coa prensa para que traballen e fagan cuestións tamén en galego.
Neste momento estamos traballando cos corpos de seguridade do Estado proporcionándolle cursos á xente que vén destinada aquí para que falen galego. Trabállase coa Maxistratura e co sector médico para ter dicionarios en galego. Ao final podería estar, repito, colgando dunha ou doutra área, porque o seu traballo é moi transversal, pero, tamén é certo que ten unha parte moi importante de educación e por esa razón se adscribiu á Consellería de Educación, pero o seu traballo abrangue todo. Tamén traballan coa Igrexa para desenvolver actividades en galego e promover o uso do galego dentro do ámbito da Igrexa. Ben, en todos os ámbitos. Podería estar tamén perfectamente baixo a Consellería de Cultura. Pero non se trata de que gañe ou perda. Entendemos que, debido a unhas circunstancias concretas, era bo que estivera baixo a tutela da Consellería de Educación.
.
Que clase de compromiso ten a Consellería de Educación co Plan Xeral de Normalización Lingüística aprobado polo Parlamento galego?
Diríache que moito. Neste momento, só no ámbito de Educación, estamos a desenvolver máis de 30 medidas do Plan Xeral de Normalización. Ben, non está o Secretario Xeral e podo caer nun renuncio, pero se caio nun renuncio penso que é por abaixo. Se temos en conta as outras áreas do Plan Xeral de Normalización ás que faciamos referencia, desde que nós entramos no Goberno, estanse a poñer en marcha máis de cen medidas relativas a ese Plan. É certo que hai outras cuestións que se deben tratar de poñer en marcha, e probablemente haxa outras cuestións, nas que haxa que ir dando pasiños moito máis lentos para que non se xere conflitividade ou rexeitamento por parte dunha parte da poboación.

Ademais do reforzo da lingua inglesa nos plans de estudos, que outras medidas se adoptarán para afondar na comunicación entre os cidadáns europeos?
Pois mira, é gracioso porque… ben, supoño que estas preguntas viñan xa preparadas desde antes de que estivera aquí a Comisión de Educación e de Cultura Europea de Bruxelas, que chegou onte aquí e permanecerá ata mañá, e xusto onte, por iso dicía que é graciosa, na xuntanza que tivemos toda a tarde con eles, falamos dese tema. Había representantes españois, tamén había unha persoa galega, da provincia de Pontevedra, e despois estaban de Alemaña e doutros países. E alí se falou de todas estas preguntas e de todos estes temas.
Pois mira, hai dúas cuestións, que xa están en marcha, porque, por exemplo, xa hai medidas de cara a que na ESO se poida favorecer a mobilidade dos estudantes. Pero si que é certo que se pediu, cando menos, un maior esforzo para que os proxectos xa existentes se xeneralicen, tipo Erasmus universitario. É bo favorecer que os alumnos se movan porque, cando alguén viaxa, aprende a ser máis tolerante, a respectar, a convivir, a coidar e a comprender e, polo tanto, non prexulgar nunca os seus compañeiros. Esa foi unha das cuestións tratadas, traballar con rapaces a partir de 10-12 anos. Tamén se falou doutro tipo de valores a nivel europeo, aínda que iso xa eran propostas deles porque existe un descoñecemento sobre as institucións e o papel que xoga a Unión Europea en educación e valores.
Tamén se insistiu en que hai que tratar de promover o Erasmus Mundi, porque aínda que existe é a nivel moi baixo, pero especialmente con toda Sudamérica, porque entendemos que hai unha colonia moi importante de galegos alí. Ademais sería bo que este vello continente, que sempre foi berce do coñecemento, o siga sendo. Se vén xente de países subdesenvolvidos, que non están como deberan estar, isto supón investir para que cando esa xente retorne, preparada, poida axudar a facer un mundo moito máis xusto, países moito máis xustos, máis democráticos, máis solidarios e máis comprensivos, entre os propios cidadáns que conviven e co resto de cidadáns do mundo.
,
"Debería haber moitas máis axudas para os estudantes que queiran viaxar polo extranxeiro"
Nós sabemos que a xente da nosa idade mostra un grande interese en viaxar polo estranxeiro. Cre que contamos con suficientes axudas institucionais?
Non, non hai suficientes axudas institucionais. Tería que haber moitísimas máis, evidentemente. Hai que facer un maior esforzo, moitísimo maior. Pero a situación económica nestes momentos é difícil. Estamos moi lonxe do que sería o verdadeiro esforzo de apoio ás familias, porque hai moita xente que se está a quedar fóra. Incluso cando se dan as bolsas para estadías no estranxeiro, ás veces, xulgase por uns límites con base á renda, pero eses límites poden resultar ficticios na medida en que, unha persoa que gaña máis de certa cantidade, pode mandar o seu fillo ao estranxeiro? Pois ao mellor non.
Evidentemente en moitos casos non, pero queda fóra de poder acadar esas bolsas. Entón habería que tratar de ampliar todas esas posibilidades, favorecer que houbese outros criterios como a propia capacidade do alumnado, as propias ganas do alumnado… Hai moitas outras cuestións, pero rotundamente non. Habería que investir moito máis en educación e favorecer a mobilidade dos estudantes.

As axudas para a inmersión lingüística no estranxeiro víronse reducidas por mor da crise económica global?
As axudas víronse reducidas porque na partida presupostaría hai un recorte que nos afectou, por un lado por parte de Europa, e por outro lado a nivel nacional. Estamos xogando cunha situación económica das máis difíciles. Ás veces parécenos que a situación económica só lle afecta ás familias, á xente, pero as administracións, o Estado, a administración económica, ten tamén moitos problemas. Se ti vas tomar unha Coca-Cola, o 70% reverte de novo ás arcas públicas. Por un lado reverte ao concello e ao Estado porque ese bar paga impostos, pero a propia empresa xa pagou impostos no seu momento, polo tanto, ao final dunha soa Coca-Cola saen moitos cartos.
Se a economía vai mal, caen os cartos para todo o mundo. Se a xente está no paro, ao final quen paga as consecuencias maioritariamente é a Administración Pública. Mira que levamos sufridas crises xa! Pero esta é a primeira vez, desde que hai un Estado democrático e desde que hai autonomía en Galicia, que caen os presupostos, a primeira vez. Por primeira vez o Estado recorta entre un 10 e un 12% o que nos manda a Galicia e a Unión Europea sobre un 7%. Polo tanto, hai un recorte moi importante. De todos modos, independentemente diso, hai momentos e hai cuestións que hai que valorar. Nós fixemos o maior esforzo posible e incluso introducimos actividades novas. Por primeira vez, haberá un pequeno grupo de alumnos que vaian no mes de setembro a Gran Bretaña e a Canadá e que convivan durante todo o mes, xa non só como programa de inmersión senón para que convivan nas propias aulas durante todo un mes e participen no propio sistema educativo. Entón hai cuestións pioneiras que se tratan de valorar. Evidentemente decidimos retirar outro tipo de axudas porque, nun momento no que hai que ser moi eficiente e tes que xogar moito co euro, se tes para isto non podes ter para aquilo. Tratamos de ver como acadar unha situación na que, con menos, facer cando menos igual, con menos cartos poder facer case o mesmo, ou incluso máis. De feito este ano accederán máis persoas aos cursos. É certo que accederán moitos máis aquí en Galicia, pero tamén é certo, por exemplo, que o mesmo curso que se viña facendo xa anteriormente en Salamanca, sae moitísimo máis barato aquí en Galicia. Por tanto, estamos traballando para que se desenvolvan aquí actividades, cun menor custo, e non levar esa inversión fóra de Galicia. Por outro lado, tamén están os cursos de inmersión noutros países estranxeiros.
,
"A sociedade foi quen rexeitou os programas de inmersión lingüística en galego"
Vostede está a favor dos programas de inmersión lingüística en linguas estranxeiras. Por que non en galego?
Porque a sociedade o rexeitou, sinxelamente. Porque a sociedade dixo que non. E ao final a sociedade é a que decide e, se nos equivocamos, a sociedade decidirá dentro de tres anos, nas eleccións. Non estou dicindo que o plan A ou o plan B sexa bo ou malo. Creo que o equilibrio é a forma que tivo sempre Galicia de manternos unidos e que nos levaramos ben e non provocar discrepancias entre a xente. Eu non digo que non sexa bo. Pero se eu, como cidadán, digo que para ti querer un programa de inmersión en galego, ti negaríasllo a unha persoa que quixera un plan de inmersión en castelán, totalmente, ao 100%? Se os dereitos son para uns, son para todo o mundo. Entón, se nós neste momento estableceramos un modelo de separación por cuestións de linguas, sería imposible de levar a cabo.
Se nós asumisemos un modelo, por exemplo, catalán ou vasco, onde hai inmersión nunha lingua, inmersión completa noutra lingua ou fifty-fifty, ao mellor non houberamos levantado esta polémica e cada persoa decidiría. Pero nós aquí tiñamos un modelo de convivencia que, nun momento dado, se leva cara a unha inmersión en galego, que aínda que non se acadara o 100%, ao mellor tardariamos tres, catro, dez anos, pero o propósito ía nese sentido. Se a sociedade o rexeita ao final temos este problema. E cando ti lle dás uns dereitos a unhas teslle que dar os mesmos dereitos a todo o mundo. E os pais tamén teñen algo que dicir porque forman parte do sistema educativo. Pero isto non o digo eu só, sendo dunha cor política. O ministro tamén o di e é doutra cor política. E, hoxe por hoxe, o mesmo modelo que nós estamos formulando aquí, estao formulando a Comunidade de Valencia. E a Comunidade do País Vasco, sendo doutra cor política, vai a poñer en marcha, xa este ano, 40 centros plurilingües. Evidentemente con diferenzas. Que non se fai a consulta? Perfecto. Que o modelo parte dun 20% en éuscaro, un 20% en castelán, un 20% en inglés e deixa un 40% á Comunidade para que reparta ese 40% de maneira que os centros o leven cara ao castelán, cara ao éuscaro ou cara ao inglés? Perfecto. Pero máis ou menos estamos xogando coas mesmas variantes.
E firmemente digo, porque así o penso que os dereitos teñen que ser para todos os cidadáns iguais. Hai unha serie de normas que temos que cumprir, a Lei de Normalización Lingüística do ano 83, o Estatuto de Galicia e a Constitución Española. E temos que cumprir esas normas. Os dereitos están para todos os cidadáns. A partir de aí, temos nós que procurar axudar a aquela persoa que se queira desenvolver na súa vida cotiá, na súa vida diaria, en galego? Pois evidentemente. Teremos que procurar que haxa cine en galego, prensa en galego… para que te poidas desenvolver precisamente como ti realmente queres. Pero cando un modelo de inmersión é rexeitado por unha parte da sociedade e rexéitano porque a eles non se lles ofrece o mesmo, no outro sentido, pois evidentemente aí empeza a confrontación.
.
Pódenos adiantar algún novo proxecto europeo do que nos poidamos beneficiar como alumnos?
A nivel europeo non. Estamos traballando nun plan de bibliotecas, moi interesante, que imos poñer en marcha. Estamos traballando nun plan contra o absentismo que tamén vai ser moi importante e que vai necesitar da cooperación e colaboración doutras administracións locais e doutras consellerías, porque hai que implicar á toda a sociedade. E trataremos de conseguir tamén un plan de plurilingüismo, que penso que é moi atractivo, de cara á comunidade educativa ao que imos denominar Plan de Potenciación de Linguas Estranxeiras.
No noso instituto estamos a participar nun proxecto europeo Comenius xunto a Lituania e Polonia e está resultando moito mellor do esperado. Como intervén a Consellería nun proxecto desta índole?
Precisamente foi un aos que se fixo referencia onte na reunión que tivemos coa Comisión Europea. Sabendo dos bos resultados entendiamos que habería que tratar de incrementalo. Pero pasa o mesmo que coas axudas ao proxecto Erasmus, por falar dun tipo de bolsas máis coñecida e que está moi estendida… Que son insuficientes.
E hai moitas diferenzas dunhas comunidades a outras con respecto ao que son as axudas directas ás familias. Para moitas familias, e máis nestes momentos, é un handicap. Por moi pouco que gasten sempre hai un gasto moito maior ao estar fóra da túa casa, aínda que vaias baixo uns acordos ou uns convenios, que se estiveses na túa propia casa. Polo tanto, a implicación a nivel económico, de participación e de proxección deses proxectos tería que desenvolverse moitísimo máis alá do que actualmente está. E vós sodes afortunados por ter este proxecto.

Coidan que o sistema educativo debe ser un instrumento da integración europea?
Si. O sistema educativo debe formar parte da cohesión social, pero ten que formar parte dentro e fóra das nosas áreas de influencia. A educación, entendida como conxunto de coñecementos e de valores, na medida en que a pluralidade, a multiculturalidade… se integren, pois, evidentemente, o que vai suceder é que esas fronteiras que aínda existen e que seguen a provocar moitas veces enfrontamentos humanos moi desagradables, van desaparecer. Ao final retornamos ao punto de partida: a importancia de que a xente poida saír, ver, coñecer, compartir con outra xente e, canto máis distintos, mellor. Porque con ese coñecemento virá a tolerancia e virá o entendemento de por que unhas persoas se comportan dunha maneira, por que outras persoas poden levar ou portar outro tipo de indumentaria… Ben, todo nesta vida ten unha explicación e hai que ser moi comprensivo e hai que ser co-partícipe dese sistema ao que facía referencia.
.
"Cando viaxas, as conversas nas que participas son sempre en inglés"
Jesús Vázquez tivo algunha vez ocasión de viaxar a Polonia ou Lituania?
Tiven a ocasión, pero non o fixen. Nós temos convenios e cando era decano, nós potenciamos iso e, de feito, creei unha figura que era a persoa de relacións internacionais. Anteriormente estivera noutros países e xusto o ano no que pasei á política xa tiña concedida unha bolsa de intercambio coa Universidade de Ansbach, que é a capital da zona de Baviera onde está Nuremberg, que como ben dixestes ao principio é o lugar onde nacín. Só pasei alí o meu primeiro ano de vida, en concreto, os meus primeiros nove meses, e non tivera oportunidade de volver a coñecer a cidade. E entón tiven esa opción.
E non pensedes que dentro do profesorado universitario somos moi dados a viaxar fóra e a participar nos modelos educativos. Cando participas nestes proxectos de ámbito universitario como profesorado tes unhas obrigas, evidentemente, e salvo en contadas ocasións lles interesan, porque teñen módulos de castelán alá. Normalmente cando viaxas a outros países as conferencias que impartes ou as clases nas que participas son en inglés. Ás veces pasa o mesmo que co alumnado, quedan desertas, incriblemente, pero quedan desertas prazas para viaxar e ir unha vez ao ano a eses lugares. Estiven tamén en Praga nunha universidade coa que tiñamos relación, e alí permanecín unha semana dando clases.
.
Gustaríalle facelo?
A min encántame. Penso que viaxar é a mellor universidade do mundo. É a que che ensina a ser unha persoa cordial no sentido de entender, comprender, razoar coa xente…Pero ademais é riqueza. Eu sempre lle digo á miña nai a modo de broma que non entendo por que me trouxo con nove meses, cando despois eles volveron. Probablemente, como todo emigrante galego cando marcha, sempre se marcha coa idea de retornar, por esa morriña que nós temos. Aínda que o digo como broma, o certo é, que se houbese estado alí ata os seis, sete anos, non sei se tería cambiado a miña vida substancialmente, pero ao mellor tería certo coñecemento de alemán, que desta maneira non teño. Polo tanto, é un empobrecemento.
Que ideas previas ten deses países?
Intento non facerme ideas previas nunca. Intento non prexulgar nin ter ideas preconcibidas dos países. Entendo que cada país é distinto. Forman parte de Europa, desa Europa que quere dar pasos moito máis adiante, dar pasos decididos, que quere ir cara a esa Europa do coñecemento. Creo que están nunha situación similar á que podemos estar nós. Evidentemente con toda unha serie de diferenzas culturais que afectan ás tradicións, á propia cultura, ao folclore... Pero, repito, non me gustan as ideas preconcibidas. Entendo que son países europeos que queren avanzar para situarse en posicións de economía de benestar.
En que linguas estranxeiras pode defenderse nunha conversa Jesús Vázquez?
Agás inglés… Podo entender algo de francés, pero non o falo porque o esquecín. Eu estudei francés e, de feito, fixen ata 4º na Alianza Francesa cando estudaba en Vigo. Podo entender cando alguén me fala pero só me atrevería a falar e, en certa medida, en inglés. Sería un atrevemento que dixera que podo entenderme en italiano porque nós entendémonos, pero eles falando en italiano e nós falando en castelán. Pasa o mesmo que cos portugueses. Nós falamos en galego, eles falan en portugués e entendémonos. Pero como lingua que poida utilizar cando saio fóra, evidentemente en certa medida, en inglés.
.
"Eu estudei sempre en centros públicos"
Nese ámbito considérase un froito do noso sistema educativo?
Ben… todos somos froito do noso pasado e do noso presente. Eu estudei sempre en centros públicos e podería recordar case a totalidade de todos os meus profesores, para ben ou para mal, pero maioritariamente para ben.
Recordo incluso, e estamos falando de hai máis de 35 anos, case 40, a unha persoa que nos ensinaba a un grupiño de rapaces que nacemos no ano 67 e que era unha profesora xubilada, dona Delfina. Ensinounos os números e as letras nos encerados, pero nos orixinais, non nestes que son cadradiños, senón, naqueles que cortaban, e con xices e nunhas banquetiñas pequenas. Todos somos froito do sistema educativo. Grazas ao labor deses docentes hoxe estamos onde estamos todos. O mundo progresa grazas ao sistema educativo, á educación e ao I+D, que non deixa de ser unha parte tamén do sistema educativo, que se desenvolve cando un sistema educativo é forte.
.
Din que os españois en xeral amosan dificultades para avanzar na aprendizaxe do inglés. A que cre que se debe esa limitación?
Tanto en Galicia como en España cometéronse erros moi importantes, incluso na propia planificación educativa. A aprendizaxe das linguas nunca foi un punto de referencia, de atención prioritaria por parte de ningún goberno. E o feito de que todo se nos dea traducido, ás veces, é un problema porque non nos obriga a esforzamos. Asociamos “película de versión orixinal” case sempre con película non introducida no circuíto comercial e subtitulada. Nese sentido supuxeron un atraso. Evidentemente temos a mellor industria de dobraxe.
Pero tamén é certo que, ao ter a mellor industria de dobraxe moitos de nós pagamos as consecuencias. De feito, é curioso como nun país como Portugal, a xente nova ten unhas capacitacións, uns coñecementos do inglés que nós non temos aquí, comparando a nivel global, non personalizando. Hai unha seria de cuestións que responden á tradición, pode que á falta de implicación dos gobernos durante estes últimos 35 anos, que fai que a aprendizaxe das linguas non fora un punto esencial na política educativa.
.
Un dos obxectivos do noso proxecto europeo ten que ver coas novas tecnoloxías e a información. Cales son as prioridades neste ámbito para o seu departamento?
Esas son moi bonitas. Ese é o proxecto Abalar. No prazo 2010-2013 imos procurar que 85.000 rapaces, ao mellor algúns máis, son cifras orientativas, e a situación económica non é moi boa e xogas con estimacións, poidan utilizar unha serie de hardware nas súas aulas. Este ano si que o temos claro, son 14.500 rapaces. Esperamos comezar en setembro cunha pequena parte de contidos. Logo é necesario dispoñer de contidos e aplicacións, primeiro porque os rapaces teñen que ver esa situación como favorable e teñen que acabar preferindo traballar con contidos de Internet, con contidos dixitais que con contidos en papel. Por outro lado, o profesorado tamén ten que proceder a un cambio no modelo de ensinanza e aprendizaxe.
Terán que facer un pequeno esforzo nese sentido, e xa se están dando pasos desde hai anos, pero tamén teñen que percibir que non é unha complicación para o seu traballo, senón unha nova facilidade coa que poder incluso atender a diversidade e establecer unha educación diferenciada dentro da aula, dependendo das propias capacitacións e do propio nivel e esforzo do alumnado, das súas propias posibilidades. Por outro lado, tamén as familias teñen que ser conscientes de que isto supón un cambio. Polo tanto, temos un modelo moi bonito pero que necesita moita implicación. Pode que estes próximos anos probablemente sexa aquí onde vaia a maior parte do investimento da Consellería de Educación, pero entendemos que pode dar os seus froitos. Non estamos falando só dos ordenadores, senón que é un proxecto moito máis amplo. De feito, os ordenadores non serán dos alumnos, nin das familias, senón que serán propiedade da Administración Educativa e dos centros onde estean. Iso require ter contratos, ter un servizo de posta ao día… porque estamos falando de case cen mil ordenadores e encerados dixitais. O mantemento de todo ese hardware nun mundo que ademais vai tan de présa e que cambia tanto é difícil, pero é algo que axudará tamén a participar do plurilingüismo e as propias TIC teñen que ser unha ferramenta que nos leve cara a ese plurilingüismo.
.
Se puidese formular un desexo sabendo que se ía cumprir, que logro lle gustaría conseguir como Conselleiro?
Recorrendo ao tópico fácil, ter cero por cento de abandono e fracaso escolar. Aí quedarían implicadas as tres partes, o alumnado, que estaría formado e, polo tanto, estaría nunha mellor posición para acadar un posto de traballo; o profesorado, que estarían superfelices porque verían que o seu traballo está ben feito -non hai maior felicidade para un profesor que ver os seus alumnos rematar en condicións favorables-; e as familias que, por suposto tamén estarían felices. Polo tanto, digamos que, baixo ese obxectivo, teriamos comprometidas as tres partes máis importantes do sistema educativo: alumnos, profesores e pais. Pero, evidentemente, iso é moi difícil. É moi difícil e nestes momentos estamos intentando baixar a un 10% para o ano 2020. Ese é un dos obxectivos que se están fixando no Pacto pola Educación a nivel nacional e oxalá poidamos cumprilo. Sería xa unha demostración de que Galicia, e España en xeral, avanzan cara a Europa.

"O que máis boto de menos é a intimidade"
Como lle gustaría ser recordado despois do seu paso pola Consellería?
Non me gustaría ser recordado, ha, ha, ha!. Dada a presión que tes cando es conselleiro, o que máis boto de menos é a intimidade. Polo tanto, e sen que se me mal interprete, o día que deixe de ser conselleiro gustaríame correr unha cortina e… Jesús Vázquez Abad nunca foi Conselleiro de Educación. Non por mal, non é que queira esquecer o que fixen ou deixei de facer nesta etapa, pero sinceramente, o que peor levo é a falta de intimidade, non ter vida privada. Nalgúns casos a xente acércaseche para felicitarte e noutros casos recibes insultos. Non é doado. Non quero que se me recorde como unha persoa boa, no sentido de bondade, senón como unha persoa xusta, equilibrada.
Todo nesta vida ten un principio un final e, repito, o día que deixe este labor como Conselleiro de Educación, ou cando deixe a política, gustaríame que esa etapa fose parte do pasado e entón vivir de novo o presente de cara á docencia e á investigación na universidade, ou no novo destino que teña. É coma se agora me preguntas como me gusta que me recorden os meus alumnos. Non penso niso. Hai ex-alumnos que están no Facebook, pero… son puntos de unións. Gustaríame ter máis vida privada e que me recoñeceran pola rúa. Iso é ao que me refería.
.
Permítanos a derradeira cuestión como principiantes no mundo da entrevista, hai algo ao que lle gustaría responder pero que nunca lle preguntaron aínda?
Creo que me preguntaron todo nesta vida. Desde cuestión persoais e de total intimidade ata opinións relativas a outras persoas, á oposición…Outra cousa é que eu responda a esas preguntas feitas con total indiscreción, para o meu asombro. Pero a vida política é así e, moitas veces, optas por non dar resposta cando se refiren á túa vida persoal e íntima. Non se pode mesturar a túa vida persoal coa política. E con respecto á vida política intento escapar sempre de facer comentarios e dar opinións do resto da xente e, polo tanto, case nunca entro a valorar.

*

Modesto Pose abrirá en Ordes el debate sobre la sanidad gallega

Será el próximo miércoles 30 de junio (21:00 h.) en el restaurante El Túnel

El portavoz socialista de Sanidad en el Parlamento de Galicia, estará el próximo miércoles 30 de junio en el restaurante El Túnel para participar en el encuentro 'A Sanidade Galega. Debate' convocado por la Agrupación Socialista de Ordes. La cita tendrá lugar a partir de las 21:00 horas.

La asistencia y participación en el debate es libre y gratuita.

¿Quién es Modesto Pose?
Modesto Pose Mesura
(Vilagarcía de Arousa, 1965). Licenciado en Medicina y Cirugía. Inspector médico del Sergas. Diputado autonómico desde 2001 en la VI y VII Legislaturas en el Parlamento de Galicia por el Partido Socialista de Galicia. Actualmente es Secretario Xeral del PSdG-PSOE de Pontevedra y Portavoz de Sanidade del Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia en el Parlamento de Galicia.

Foto: Modesto Pose Mesura.

*