viernes, 30 de julio de 2010

O PP cree que os recortes anunciados polo ministro de Fomento impedirán construír a Variante

.
O Grupo Municipal do PP de Ordes insta ao Concello a dirixirse a Fomento para salvar dos recortes a execución da variante da N-550

“En lugar de preocuparse polos proxectos importantes para Ordes, ao Goberno só lle importan as obras dos baixos da Alameda”, afirman os populares

A xestora do Partido Popular de Ordes informa hoxe de que os recortes orzamentarios anunciados nestes días polo ministro de Fomento, Xosé Blanco, suporán, na súa opinión, "a defunción definitiva do proxecto de construción da Variante de Ordes que permitiría liberar o núcleo urbano do intenso tráfico que rexistra a estrada N-550, sen concentralo no polígono industrial como vai pasar cando esté rematada a ronda leste".

Para tratar de salvar este proxecto, o grupo municipal do Partido Popular vai rexistrar unha proposta para que o Goberno municipal se dirixa ao Ministerio de Fomento "para esixir garantías da execución a curto prazo", desta obra que, ao mesmo tempo, "actuaría como un revulsivo económico para a localidade".

"Silencio sospeitoso de Fomento"
Os populares ordenses consideran "sospeitoso" que o Ministerio de Fomento "estendese un velo de silencio sobre o proxecto de execución da variante de Ordes desde que hai un ano, o 11 de xullo de 2009, anunciase o inicio do procedemento de información pública do estudio informativo da variante".

Podes consultar as notas de prensa remitidas polo Ministerio de Fomento sobre a Variante de Ordes a través deste enlace.

Sempre segundo os populares, o orzamento base de licitación da alternativa proposta daquela polo Ministerio de Fomento para a Variante de Ordes ascendía a 77,8 millóns de euros para un tramo de 12,2 quilómetros de lonxitude.

"Pasividade" e "silecio cómplice" do Executivo local
O PP local denuncia tamén a pasividade e o silencio cómplice do Concello de Ordes en relación con este proxecto de capital importancia. “En lugar de preocuparse polo que realmente importa aos veciños, como a Variante da N-550, o goberno prefire desviar a atención con outros asuntos de relativa importacia”, afirman os populares ordenses.

Foto: Momento da visita do ministro de Fomento, Xosé Blanco á vila de Ordes o 10 de febreiro de 2009.

*

Pampín: "O que está dito, dito está, se pode demostrar e non son o único que o di”

.
"Se é necesario, non pasaría nada por deixar á vila de Ordes un ano sen festas patronais"

"O meu voto foi de conciencia e non debería ter problema dentro do PSOE no que hai moitos antecedentes con casos similares"

"Síntome respaldado por sectores do meu partido"

A aventura do economista ordense Xesús Pampín como concelleiro de Goberno remata despois de que o abandono de Ana Álvarez o pasado 30 de xaneiro deixara unha praza vacante no equipo de goberno de Manuel Regos.

Se marcha despois dun polémico pleno de aprobación dos orzamentos municipais que lle costou o cese, no que se desmarca da disciplina de partido e exerce un voto contrario xunto aos nacionalistas e os populares, estes tamén coa abstención de Xosé Luis Díaz Hermida. Ordessiete falou hoxe co concelleiro socialista.

Arrepíntese do seu discurso do pasado pleno municipal?
En absoluto. Eu non minto. Eun simplemente me remitín a transcribir o que di o señor interventor nos seus informes. Simplemente. Eu non estou inventando nada. Ademais, para todos os que o queiran saber, os informes está aí a disposición de todos os vecinos e veciñas. Iso é público e transparente. Eu fixen o que crín que era conveniente. Non quero entrar en guerras nin en declaración persoais. O que está dito dito está, se pode demostrar e non son o único que o di.
.
"Non teño ningún enfrontamento co PSOE de Ordes"
Que camino vai tomar vostede agora?
Eu acabo de ser expulsado do equipo de goberno. Por parte do grupo municipal socialista non teño noticia algunha. Non teño ningún problema no PSOE de Ordes, nin co secretario xeral nin co compañeiro Xosé Manuel Tobío. Repito, ningún enfrontamento con eles. Unicamente teño discrepancias políticas respecto aos orzamentos municipais, pero nada máis. Onte lle mandei un email ao secretario xeral da agrupación local para que me explique a miña situación de agora en adiante.

Sería quen de abandonar o PSOE pola súa propia decisión?
Para nada, a menos que o partido decida o contrario, eu non teño esa intención. Sei que terei que explicar a situación na que me atopo agora mesmo e eles me terán que explicar que decisión van tomar conmigo. Pero bueno, que eu votara en contra, cun voto de conciencia persoal meu nun determinado momento en contra da disciplina de partido non debería ser problema. Existen moitos precedentes de feitos coma este sen que foran expulsados do Partido Socialista.
.
"Gastará Regos este ano outros 200.000 euros nas festas?"
O alcalde Manuel Regos pregúntase se, tal e coma expuso no debate plenario, sería capaz de propoñer deixar a Ordes sen as suas festas patronais...
Pois se é necesario e é polo ben dos vecinos non pasaría nada e ninguén se botaría as mans á cabeza se un ano a vila de Ordes quedara sen festas. Pero a pregunta verdadeiramente non debería ser esa, senón si o señor Regos e o goberno municipal administraron ben os cartos da xente. O que non pode ser é que se gasten 200.000 euros nas pasadas festas patronais. Eu agora devólvolle a pregunta ao señor Regos, tamén este ano vaise gastar esa cantidade?.

Síntese respaldado polo PSdG-PSOE?
Síntome respaldado por sectores do partido, si.

Foto (arquivo): Xesús Pampín durante unha intervención dun pleno municipal do Concello de Ordes.
*

Xesús Pampín, cesado

.
O goberno local de Ordes desminte taxantemente as declaracións do xa ex concelleiro de Servizos Sociais sobre a débeda do Concello

O alcalde, Manuel Regos, insistiu en que a partida para as festas se reduciu a máis da metade, e se incrementou o orzamento para os servizos sociais

O goberno de Ordes quixo desmentir as declaracións realizadas polo concelleiro Xesús Pampín, tanto no pleno como nalgún medio de comunicación, en relación ao ratio de endebedamento do Concello.

Así dende o grupo de goberno explicaron que, tal e como se reflexa nos orzamentos de 2010 o estado do ratio de endebedamento do Concello de Ordes a 1 de xaneiro deste ano era do 56,32%, e a 1 de xullo de 2010, data na que se elaborou o orzamento, esta ratio era do 55,09%, cifra moito menor ao máximo legal permitido para os concellos situado no 110%, ademais de estar Ordes moi por debaixo da media da débeda dos concellos a nivel nacional.

Gastar máis en festas que en servizos sociais
Por outra banda o goberno local tamén quixo desmentir outra acusación de Pampín, que acusou ao goberno de gastar máis en festas que en servizos sociais. Así, explicaron que aos servizos sociais non só se fai referencia coas actuacións desenvolvidas dende o departamento municipal, senón que tamén forman parte dos orzamentos para servizos sociais, a aportación do Concello á Mancomunidade para prestar este tipo de servizos, unha aportación que ascende a 90.000 euros.

Aínda así a partida destinada a acción social propiamente do Concello ascende a máis de 720.000 euros, ao que hai que sumar outra serie de actuacións de carácter social e dependentes doutras concellerías como pode ser todo o relativo á discapacidade, eliminación de barreiras arquitectónicas, os programas de conciliación, ou outro tipo de axudas como as de transporte e material escolar, entre outras. Desta maneira o orzamento para servizos sociais estaría preto do millón de euros, cifra importante, superior á doutros orzamentos anteriores e moi distinta ao argumentado polo edil socialista.

Deixaría a Ordes sen festas?
Manuel Regos
preguntouse se Xesús Pampín estaría disposto a deixar á vila de Ordes sen festas, á vez que insistiu en que a partida destinada aos festexos se reduciu en máis da metade, e incluso se suprimiron algúns certames como o Festival da Canción.

En canto aos argumentos de Pampín sobre as prioridades inversoras do orzamento e a falta de medidas para paliar o desemprego, o goberno local quixo facer fincapé unha vez máis nas actuacións para o fomento do emprego que se están a levar a cabo dende o Concello. Unhas actuacións entre as que se encontran, neste momento, a realización de tres cursos dirixidos a desempregados, un de socorrista acuático, outro de atención sociosanitaria e outro sobre enerxía térmica, ao que se suma ademais o obradoiro de emprego e o traballo continuo da oficina de emprego do Concello para información e asesoramento acerca de subvencións e axudas, así como a colocación de desempregados.

Ademais fíxose tamén fincapé en que a taxa de paro cífrase neste momento en Ordes no 11,83%, moi por debaixo do 20% do conxunto do estado, producíndose un descenso do paro no mes de xuño en Ordes de 14 persoas.

"Lectura sesgada e interesada do orzamento"
Aseguraron que todas as acusacións realizadas por Pampín son unha lectura sesgada e interesada do orzamento, que pode ser debida á súa falta de experiencia como concelleiro levando tan só uns meses no cargo, o que é tempo insuficiente para comprender a política municipal e o seu financiamento. Ademais lembraron tamén que os orzamentos anteriores se aprobaron estando el como secretario xeral do seu grupo no goberno, e non houbo ningunha obxección aos mesmos.

O alcalde, Manuel Regos, ante as declaracións de Xesús Pampín, confirmou o cese do concelleiro das súas funcións como edil do grupo de goberno e do departamento de Servizos Sociais e Terceira Idade do Concello.

*

O Concello leva a cabo as obras de mellora do parque Félix Rodríguez de la Fuente

.
As obras permitirán adaptar os xogos do parque á normativa europea de seguridade

González: "Os nenos e nenas contarán cun espazo seguro e adaptado a todas as necesidades"

O Concello de Ordes está realizando as obras de mellora do parque Félix Rodríguez de la Fuente. Unhas obras, que tal e como explicou o concelleiro de Obras e Urbanismo, Roberto González, consisten na renovación do peche, a colocación de solo de caucho, melloras no entorno, así como a colocación de novos xogos e mellora dalgúns dos existentes co fin de adaptar o parque á normativa europea de seguridade.

As frases de Roberto González, concelleiro de Obras e Urbanismo de Ordes
"Con estas obras o parque quedará totalmente renovado, solventando todas as deficiencias que se podían encontrar neste momento nesta área de xogos, contribuindo así a que os nenos e nenas do municipio conten cun espazo seguro e adaptado a todas as necesidades".

"Tamén se mellorará a accesibilidade da zona e haberá xogos que estarán adaptados para poder participar nenos e nenas que teñan algún tipo de discapacidade"

*

miércoles, 28 de julio de 2010

As obras da primeira fase da rolda leste serán inauguradas o próximo 11 de agosto

.

O vial contará cunha calzada de tres carrís de circulación, un carril bici e unha senda peonil

Regos: "Con este vial preténdese garantizar o desvío do tráfico pesado do centro do municipio"

O próximo día 11 de agosto inauguraranse as obras da primeira fase do vial alternativo da rolda leste co que preténdese desviar o tráfico pesado do centro do municipio.

As obras desta primeira fase, que xa están a piques de rematar, daban comenzo no mes de marzo e consisten na construcción do vial de enlace entre a N-550 e a AC-524. Un vial de, aproximadamente, 730 metros de lonxitude, que contará cunha calzada de tres carrís de circulación, un carril bici e unha senda peatonal, o que suporá que nun futuro se trate dunha gran avenida dentro do núcleo de Ordes, tal e como explicaron dende o goberno local.

O orzamento destas obras ascende a máis de 850.000 euros, asumidos a través do convenio asinado polo Concello coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta.
.
Obras da segunda fase
Por outra banda o pasado mes de xuño adxudicábanse as obras da 2ª fase desta rolda leste, unhas obras que consistirán na construcción dun vial que enlazará a AC-524 (Ordes- Lanzá) co polígono industrial de Ordes, e que se encontran incluídas dentro do mesmo convenio entre Concello e Xunta.

En canto a estas obras, tal e como explicou o concelleiro de Obras e Urbanismo do Concello de Ordes, Roberto González, o novo trazado ten unha lonxitude total de un pouco máis de 2 kilómetros. O novo vial terá calzada única con dous carrís de 3 metros de ancho cada un, un para cada sentido da circulación. O orzamento total das obras é de 1,3 millóns de euros aproximadamente, que asumirá tamén a Xunta.

A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"Con este vial preténdese garantizar o desvío do tráfico pesado do centro do municipio, fundamentalmente aqueles transportes con destino Sogama, xa que na actualidade para acceder ao polígono teñen que pasar polo núcleo de Ordes. Ademais, con este vial de enlace tamén se facilitará a conexión coa AP-9"

*

martes, 27 de julio de 2010

Ven camiñar connosco polo roteiro do Mercurín este sábado

.
Un grupo de voluntarios traballaron no acondicionamento e remarcaxe das sinais o pasado venres

O Concello de Ordes, dende o programa Voluntariado Verde está a traballar no acondicionamento e remarcaxe do Roteiro do Río Mercurín. Esta actividade realizouse o pasado venres, comezando no paseo fluvial de Ordes e cunha duración aproximada de sete horas, nas cales participaron cinco voluntarios e un membro da Asociación Tarandeira. Durante a actividade, voluntarios e membro da Asociación Tarandeira foron remarcando as sinais do sendeiro ao longo dos 15 kilómetros de percorrido.

"Sendeirismo e actividades na natureza"
A actividade está enmarcada dentro do cuarto bloque do programa de Voluntariado Verde: “Sendeirismo e actividades na natureza”, que ten como obxectivo principal amosar aos participantes as distintas áreas naturais ás que temos acceso asi como os diferentes roteiros e sendas adaptadas para a práctica e sendeirismo na natureza.

Aproveitando a remarcaxe do Roteiro, este sábado 31 de xullo farase este mismo sendeiro (15 Km de andaina). A saída realizarase dende o Concello ás 10:00, regresando sobre as 16:30.
Todas aquelas persoas que queiran participar terán que anotarse no departamento de Medio Ambiente do Concello de Ordes.

A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
"O obxectivo da realización desta remarcaxe é dar a máxima calidade ao sendeiro e o acondicionamento do mesmo para facilitarlle aos usuarios un bo uso do roteiro”


*

Aprobados os orzamentos da "austeridade"

O orzamento destinado a investimentos é superior aos oito millóns de euro

Segundo o alcalde, a aprobación dos orzamentos permitirá pagar aos proveedores

Regos: "Nunca antes se fixeran tantas obras necesarias para os veciños de Ordes como agora"

Podes escoitar o contido da sesión plenaria a través deste enlace


O pleno do Concello de Ordes aprobou esta mañá na sesión ordinaria do mes de xullo, o orzamento municipal de 2010. Trátase dun orzamento que ascende a 16.740.047,23 euros, inferior ao de 2009, e que tal e como explicou o alcalde, Manuel Regos, se caracteriza pola súa “austeridade”. Así o primeiro edil explicou que se trata dun orzamento no que se reduce dunha maneira importante o gasto, dando maior prioridade ás partidas máis necesarias como os servizos sociais e recortando noutras como os festexos, así como tendo tamén un capítulo importante para os investimentos, superior aos oitos millóns de euros.

Pola súa banda, o BNG a través do seu portavoz Gonzalo Castro, rexeitou a votación porque, segundo ao seu entender, "non dan resposta á necesidades dos veciños en materia de servizos sociais e creación de emprego e empeorarán a situación económica do Concello". Segundo Castro, “os orzamentos municipais deben resolver o pagamento das facturas pendentes desde o ano pasado cos proveedores do concello, que ascenden a máis dun millón de euros, máis tamén garantir o pago das facturas xeneradas neste exercicio”, a este respeito, Castro manifestou que “o informe de intervención recoñece que con estes Orzamentos non se garante o pago aos proveedores do Concello polos servizos que presten durante este ano”.

Política de fomento e apoio ao emprego
Ante estas críticas dos nacionalistas, o primeiro edil quixo lembrar as políticas para o fomento e apoio ao emprego que está levando a cabo o goberno local ordense. Desta maneira enumerou diferentes iniciativas postas en marcha, como o obradoiro de emprego no que participan 26 persoas, un curso de socorrista acuático con 15 alumnos, outro curso de atención sociosanitaria con outras 15 alumnas, e outro de montaxe e mantemento de enerxía solar térmica. Todas estas iniciativas dirixidas a persoas desempregadas, “apostando pola formación e por cursos con saídas laborais na comarca e arredores, e fomentando así o emprego, non como queren facer ver dende a oposición”, explicou o alcalde.

Ademais Regos proseguiu en que a isto súmanse os programas de cooperación consistentes tamén na inserción laboral a través de convenios nos que están traballando 17 persoas, e quixo insistir en que un dato que mostra o traballo do goberno a este respecto é o descenso do paro no municipio no mes de xuño en 14 persoas, “situándose a taxa de paro en Ordes neste momento nun 11,83%, e non en porcentaxes superiores como indican dende a oposición”.

Regos tamén quixo desmentir que o seu goberno se esqueza dos servizos sociais, tal e como criticaban dende a oposición, e lembrou todos os servizos que se poñen a disposición dos veciños e veciñas de Ordes e para os que o orzamento do 2010 ten unha importante partida, como actividades para Terceira Idade, a axuda ás familias, ou o traballo que se está a realizar con diferentes colectivos dende a Oficina do Migrante, o Centro de Información á Muller, e a Oficina Integral da Discapacidade, “sendo Ordes un referente neste tipo de servizos”.

Por outra banda o alcalde, ante as acusacións que realizaron dende a oposición de despilfarro por parte do grupo de goberno explicou “creo que nunca se fixeron tantas obras necesarias para os veciños en Ordes, aí está o paseo fluvial, o tanatorio, a rolda leste, os baixos da Alameda que contarán co museo Xosé Xoxardo, sala de exposicións e un local de ensaio, ademais de importantes obras no saneamento e abastecemento de augas nas parroquias, eliminación de barreiras arquitectónicas, e demais melloras que costan cartos pero que son necesarias para mellorar o benestar dos nosos veciños e veciñas”.

Regos lamentou que os membros da oposición non apoiasen estes orzamentos acusando ao grupo de goberno de non pagar aos proveedores, sendo precisamente a aprobación dos mesmos a que permitirá facer eses pagos.

Finalmente os orzamentos foron aprobados cos votos a favor de oito edís do goberno, a abstención dun edil do PP e os votos en contra dos tres edís do BNG, tres edís do PP e o concelleiro Xesús Pampín.

Aprobación da RPT do Concello
O punto da aprobación inicial do orzamento incluía ademais a aprobación da relación de postos de traballo do Concello (RPT), cuestión pola que explicou o alcalde se tivo que chegar a un acordo cos sindicatos provocando o retraso na presentación dos orzamentos.
Esta RPT conta con 51 postos de traballo dos cales 9 serán de nova creación, correspondéndose o resto cos postos dos funcionarios e persoal laboral. Nesta cuestión, que se votou conxuntamente no mesmo punto que os orzamentos, os grupos da oposición mostraron o seu acordo.

Por outra banda tamén se aprobaron dúas propostas, unha pola que se solicitará a retirada do proxecto de lei de Augas de Galicia e que se faga un novo dacordo coa Directiva Marco da Auga, e outra en relación ao decreto do Carbón.

*

domingo, 25 de julio de 2010

O cine e os monicreques darán comenzo a unha nova semana do Verán Cultural

.
Se trata dun programa deseñado pola concellería de Cultura e Deportes de José Ramón Vázquez Raña para os meses de xullo e agosto na vila de Ordes

A cultura segue a ser a protagonista en Ordes durante este verán e os próximos días serán o cine e os monicreques as actividades que dean comenzo a unha nova semana deste 'Verán Cultural' deseñado polo Concello de Ordes para o disfrute de todos os seus veciños.

Así o luns 26 de xullo,e tralo parón da fin de semana, a partir das 22:30 horas a Alameda de Ordes acollerá unha noite de cine coa proxección da película 007:Quantum of Solace. A esta actividade seguirá o martes 27 de xullo un espectáculo de monicreques titulado A Caixa de Música que terá lugar a partir das 20:00 horas no auditorio da Casa da Cultura.

Foto: O concelleiro de Cultura e Deportes de Ordes, José Ramón Vázquez Raña.

*

Aínda non coñeces o Museo de Juanjo Liñares?

.
O edificio, ubicado no Campo da Feira, xa é unha das máis importantes referencias culturais da nosa vila

O Museo do Traxe Juanjo Liñares, xa se ten convertido en todo un referente e nun atractivo máis para todos os visitantes da vila de Ordes.

O edificio, que está ubicado nas inmediacións do Campo da Feira, consta de tres plantas, repartidas en diferentes departamentos. Así na planta baixa é onde se pode encontrar o salón de actos, lugar no que se están a realizar ademais diferentes iniciativas como cursos, conferencias ou exposicións. Tamén nesta planta está ubicada a biblioteca con todo tipo de libros sobre danza donados tamén polo folclorista ordense Juanjo Liñares.

Pero a zona de exposición propiamente dita encóntrase na primeira e a segunda planta, cada unha cunha sala de exposicións formadas por amplas vitrinas onde están expostos os traxes da colección de Juanjo Linares.

Traxes de Antonio Gades, Rocío Jurado ou Manuela Malasaña
Neste momento están expostos preto de 300 traxes dos máis de 1.000 que donou Liñares, e que están almacenados dentro das instalacións. Uns traxes da máis variada índole, entre os que se enontran diferentes traxes rexionais de toda España, así como tamén a nivel internacional, e outro tipo de traxes con gran curiosidade como o traxe utilizado por Antonio Gades no ballet Bodas de Sangre, un traxe flamenco pertencente a Rocío Jurado ou un traxe de finais do principios do século XIX pertencente á heroína da Guerra da Independencia, Manuela Malasaña. Ademais tamén se inclúe unha mostra de cruces donadas tamén polo bailarín, así como fotografías da súa andaina artística, e libros e debuxos de Liñares repartidos polas instalacións.

A entrada ao Museo ten un prezo de 1 euro para as persoas menores de 18 anos e maiores de 65 anos, 1,50 euros para grupos a partir de dez persoas e 2 euros para o resto de público.

Para todos aqueles que queiran visitar as instalacións do museo, as instalacións están abertas todos os días, excepto os luns, de 10 a 14 horas e de 17 a 20 horas, os domingos e festivos o Museo abre tamén as súas portas en horario de mañá.

*

sábado, 24 de julio de 2010

Xaurías de toda España se darán cita nunha nova edición da Feira de Cans de Caza de Ardemil

.
Terá lugar os días 7 e 8 de agosto no recinto feiral de Mesón do Vento

Todos aqueles que queiran participar coas súas xaurías deben facer a reserva das gaiolas no teléfono 689550728

O Concello de Ordes ten previsto celebrar o próximo mes de agosto unha das súas feiras máis consolidadas, a Feira de Cans de Caza de Ardemil. Unha cita festiva no municipio que vai xa pola súa décimo oitava edición e que terá lugar os días 7 e 8 de agosto no recinto feiral de Mesón do Vento.

Tal e como explicou o concelleiro de Promoción Económica, Turismo, Mercados e Exposicións do Concello de Ordes, José Luis Gómez Candal, xa están apuntadas para participar diferentes xaurías de todo o ámbito español, polo que se espera que esta nova edición da feira volva a contar co éxito de anos anteriores.

En canto á primeira das xornadas, a do sábado día 7, celebrarase o VI Campionato de rastro na modalidade de xabarín. Unha proba que será puntuable para a Copa Federación e que contará con diferentes premios en metálico. Ademais celebrará a final do Campionato de caza de perdiz con can que tamén contará con diferentes premios en metálico para os mellores cazadores.

Pero o día grande da feira será o domingo 8 de agosto, cando se celebre a propiamente dita Feira de Cans de Caza de Ardemil. O Concello de Ordes entregará premios e distincións ao mellor can de raza, á mellor camada de caza maior, á mellor camada de caza menor (coello), e á mellor camada de caza menor (perdiz). Ademais haberá un obsequio dun saco de penso para todas as gaiolas participantes. Como actividades complementarias o recinto feiral de Mesón do Vento tamén acollerá unha exposición de cetrería e stands de caza e taxidermia.

Na xornada do domingo, como boa feira que se precie, tampouco faltará a gastronomía con degustación gratuíta de caza a partir das 11 horas.

A frase de José Luis Gómez Candal, concelleiro de Promoción Económica, Turismo, Mercados e Exposicións do Concello de Ordes
"Animo a todos aqueles que estean interesados a participar nesta décimo oitava edición da feira, así como a veciños e demais persoas a que visiten o recinto feiral neses días de feira"

Foto: Edición da Feira de Cans de Caza do ano pasado.

*

viernes, 23 de julio de 2010

Ordes acolleu esta mañá un novo curso de conducción eficiente

.
Celebrouse por petición veciñal

O Concello de Ordes organizou a segunda convocatoria dos Cursos de Conducción Eficiente totalmente gratuítos que tiveron lugar hoxe no Centro Comarcal de Ordes. Esta segunda convocatoria realizouse por petición de veciños que non puideron asistir á primeira o pasado mes de xuño coincidindo coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente.

Trátase de unidades didácticas orientadas a conductores habituais que non teñen que ser profesionais. Este curso vai orientado, tanto a colectivos de profesionais, policías, bombeiros, parques móbiles, como a particulares.
Teoría e práctica
O curso contou cunha parte teórica, na que se deron as técnicas de conducción eficiente e as súas implicacións; e unha parte práctica na que os alumnos desenvolveron ditas técnicas. O obxectivo do curso, é que os alumnos coñezan diferentes técnicas que lles permitan aforrar nos consumos do coche.

Esta iniciativa parte dun convenio do IDAE, INEGA e FAEPAC. Tal e como explicaron dende o Concello, estos cursos son unha resposta á necesidade de aforro enerxético e respecto ao medio ambiente. Segundo as experiencias recollidas, sábese que o aforro medio de combustible por alumno está arredor do 15% ó tempo que se contribúe á reducción das emisións contaminantes de maneira considerable.
*

jueves, 22 de julio de 2010

Clausura do Curso de Verán da USC

.
A clausura do curso foi presidida polo alcalde Manuel Regos e contou coa presenza do Vicerreitor de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade da USC, Javier Garbayo Montabes e do concelleiro de Medio Ambiente, Xesús Pedreira

O alcalde Manuel Regos clausurou esta mañá o curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela, que se celebrou no municipio dende o pasado luns ata hoxe. Un acto de clausura no que tamén participou o Vicerreitor de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade da Universidade de Santiago de Compostela, Javier Garbayo Montabes, que quixo agradecer ao alcalde que o seu municipio acollese a celebración deste curso, facendo fincapé na importancia de que a universidade saia desta maneira dos campus universitarios.

Sede universitaria por segunda vez
Pola súa banda, o alcalde mostrou a súa satisfacción porque por segundo ano consecutivo a Universidade de Santiago de Compostela escollese Ordes para convertirse nunha das súas sedes durante o verán, así como insistiu na alta participación do curso, arredor de trinta persoas, tendo en conta os momentos de crise que vive o país. Tamén o alcalde fixo fincapé na importancia do tema tratado neste seminario, a xestión de residuos, tema que asegurou, preocupa a todos os concellos. Regos tivo ademais palabras de agradecemento para o director e a secretaria do curso, o profesor Francisco Peña e a profesora Mª Julia Melgar Riol, tamén presentes no acto de clausura.

Desta maneira o alcalde puxo fin a catro dias nos que os participantes no curso puideron ser partícipes das ponencias de importantes representantes tanto de empresas, como de administracións que trataron diferentes aspectos sobre a xestión dos residuos.

Foto: Xesús Pedreira , concelleiro de Medio Ambiente de Ordes, Mª Julia Melgar Riol, Manuel Regos, alcalde de Ordes, o vicerreitor de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade da USC, Javier Garbayo Montabes, e Francisco Peña, director do curso.

*

O humor dos paiasos protagonizará os próximos días a programación do Verán Cultural

.
Un gran número de persoas, tanto nenos como maiores, están participando nas actividades que se celebran cada día na Alameda con motivo deste programa cultural

O Concello de Ordes sigue adiante coa súa programación cultural para este verán, que se enmarca dentro do programa Verán Cultural 2010, e que achega cada día ao municipio un espectáculo diferente.

Un programa que está contando cun gran éxito de participación, xa que cada tarde, centos de veciños e veciñas ordenses de todas as idades se achegan ata a Alameda para disfrutar destes espectáculos que van dende noites de cine, títeres, representacións teatrais e incluso actuacións humorísticas. Mostra delo foi o gran éxito do espectáculo de malabres celebrado o pasado domingo, no que a Alameda estivo abarrotada de persoas que non se quixeron perder a actuación.

"2 pallasos en apuros"
Xa de cara a estes días o humor e os paiasos serán os protagonistas, e así hoxe tocaralle o turno ao espectáculo “2 Pallasos en apuros”, e mañá xoves tamén o humor chegará a Ordes da man de “Anchuan de la Cream”. O venres 23 serán os monicreques os que intentarán entreter aos ordenses, para dar paso a dous días de descanso deste programa cultural con motivo da celebración do Apóstolo.

Todos estes espectáculos terán lugar na Alameda de Ordes a partir das 20 horas.

*

miércoles, 21 de julio de 2010

De excursión polas Rías Baixas

.
O Concello organiza unha excursión para a Terceira Idade do municipio

Terá lugar o próximo 18 de setembro e o prazo para anotarse rematará o próximo 30 de agosto


O Concello de Ordes ten todo preparado para celebrar o próximo 18 de setembro unha excursión polas Rías Baixas dirixida á Terceira Idade do municipio. A saída realizarase dende a Alameda de Ordes dirección ao Salnés, onde se visitará a Ruta da Pedra e da Auga, para seguir por O Grove e A Toxa onde se realizará unha travesía en barco pola Ría de Arousa cunha degustación de viño e mexillóns. En Cambados terá lugar o xantar e xa pola tarde todos os participantes visitarán o Mosteiro de Armenteira.

Todos aqueles que estean interesados en participar deberán anotarse antes do 30 de agosto no departamento de Servizos Sociais e Terceira Idade do Concello de Ordes, ou chamando ao teléfono 981 680002. O prezo por persoa desta excursión será de 35 euros.

Foto: Illa de A Toxa.

*

O Concello segue a repartir de maneira gratuíta bolsas ecolóxicas

.
Con esta iniciativa preténdese reducir o consumo de bolsas de plástico entre os ordenses

O Concello de Ordes, nunha nova aposta pola preservación do medio ambiente, está a levar a cabo unha iniciativa cos veciños e veciñas do municipio. Nesta ocasión trátase do reparto de preto de 1.000 bolsas ecolóxicas de algodón, dentro dunha iniciativa, comenzada o pasado mes de xuño, e que organiza a concellería de Medio Ambiente a través do programa “Ordes Recicla”, contando coa colaboración de Sogama.

Todos aqueles que estean interesados en conseguir, de forma gratuíta, unha destas bolsas só teñen que poñerse en contacto co departamento de Medio Ambiente do Concello de Ordes chamando ao 981 680002, ou ben pasando polas dependencias municipais en horario de mañá.

*

martes, 20 de julio de 2010

Espectacular noche de 'Brincadeira' con Siniestro Total y la Orquesta Mondragón

.
También actuarán Sex Museum, Chimo Bayo, Gualitxo, Los Reyes del K.O., Chícharo Psicótico, Los Chavales y A Cona Ye-Yé

Después de convocar en la pasada edición a más de 25.000 personas entre los dos días de duración, la edición de este año del Festival Brincadeira traerá hasta el Campo da Feira de Ordes las actuaciones de Siniestro Total, Sex Museum, Gualitxo y Chícharo Psicótico en la noche del viernes 6 de agosto.

Además, tal y como había sucedido en la pasada edición, el sábado 7, tendrá lugar la Superfiesta Hortera a la que el público acudirá con sus disfraces más sonados Para tal ocasión se contará con la presencia de La Orquesta Mondragón, mítica banda capitaneada por Javier Gurruchaga que presentan en los próximos días su disco El Maquinista de la General. Compartirán ecenario con Los Reyes del K.O., Los Chavales y el broche final a cargo de Chimo Bayo, un auténtico showman que aterrizará en Galicia con sus grandes hits y su espectacular puesta en escena.

Puedes ver una reciente actuación de Siniestro Total en Buenafuente:



*

O divulgador científico Eduardo Punset colabora co Festival Cinestable

.
Farase un sorteo dun libro asinado e adicado por entre todas as persoas que voten o Premio do Público

O I Festival de Curtametraxes Libres Cinestable, que organiza a Asociación Inestable (Asociación de usuarios de GNU/Linux de Ordes), contará nesta a súa primeira edición con outra colaboración moi especial. Trátase dun dos divulgadores científicos máis importantes do noso país, Eduardo Punset que quixo ser partícipe deste festival.

Así, Punset colaborará co certame entregando un exemplar firmado e adicado do seu último libro El viaje al poder de la mente, e que será sorteado entre todas as persoas que voten para o Premio do Público.

Premios e categorías
Por outra banda, o I Festival de Curtametraxes Libres Cinestable ten xa establecidas as diferentes categorías e as cuantías dos premios que se entregarán con motivo da celebración do concurso de curtas enmarcado dentro de dito festival. Un concurso para o que todavía está aberto o prazo de presentación dos traballos ata o próximo 1 de agosto.

En canto ás categorías nas que se repartirán os premios serán as seguintes:

- MELLOR CURTAMETRAXE, dotado con 600€ e outorgado por un xurado formado por membros da asociación Inestable.
- MELLOR CURTAMETRAXE EN GALEGO, dotado con 200€ e outorgado pola AC trasno.
- PREMIO DO PÚBLICO, no que tódolos asistentes ó festival poderán votar pola curtametraxe que máis lles guste e podendo así premiala cun cheque regalo por valor de 100€ xentileza de ATX informática.

A Casa da Cultura será a que acolla a celebración deste festival o próximo 5 de agosto, acto no que se entregarán os premios do concurso así como se realizará a proxección das curtas e das mellores cintas libres a nivel mundial.

*

lunes, 19 de julio de 2010

Unha trintena de persoas participan dende hoxe no Curso de Verán da USC

.
Dende o goberno local mostraron a súa satisfacción porque o municipio se volva a converter un ano máis en sede universitaria

Esta mañá inaugurábase no salón de actos do Museo do Traxe Juanjo Liñares de Ordes, o curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Xestión integral de residuos en Galicia que organizan a USC e o Concello de Ordes. Un curso no que participan unha trintena de persoas, entre estudiantes, representantes de diferentes empresas e tamén de concellos de toda Galicia, e que se desenvolverá no municipio ata o próximo xoves día 22 de xullo.

Ordes: Compromiso co medio ambiente
No acto de inauguración do curso estiveron presentes o concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Ordes, Xesús Pedreira, e o director e a secretaria do curso, o profesor de Medio Ambiente y Salud da Universidad Politécnica de Madrid, Francisco Peña e Mª Julia Melgar Riol, profesora de Toxicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Pedreira insistiu na satisfacción do goberno local en que Ordes se volva a convertir un ano máis en campus universitario coa celebración deste curso, así como confirmou novamente o compromiso do Concello de Ordes co medio ambiente.

Un compromiso que asegurou se traduce “na realización de diferentes programas, campañas e iniciativas que apostan pola preservación do medio ambiente, como o programa Ordes Recicla, entre outros, que engloba diferentes actividades en prol da reciclaxe e a boa xestión dos residuos”.

Pola súa banda, tanto a secretaria do curso como o director do mesmo quixeron agradecer ao Concello de Ordes a súa dispoñibilidade para a realización deste curso no que na xornada de hoxe, tal e como explicou o director Francisco Peña, se tratou o tema da xestión dos residuos en Galicia, marcando as directrices da política galega en materia de residuos, “pero tamén noutros lugares como Asturias ou León a través da participación de representantes desas Comunidades”.
.
Eliminación de residuos
O curso ten como obxectivo establecer un foro de debate que aborde a situación actual da eliminación dos residuos en Galicia, os problemas e as carencias que se consideran máis importantes, así como as posibles solucións que se deberán adoptar, coa finalidade de que os técnicos que traballan neste sector participen activamente e dispoñan dunha información o máis rigurosa e obxectiva posible dende o punto de vista científico, e elo sirva para clarificar conceptos e analizar os aspectos máis importantes, ademais de permitir o diálogo e cooperación dos axentes sociais implicados co tema, coa finalidade de contribuir a mellorar a xestión nos concellos galegos.

Tamén pretende contribuir a mellorar a formación e reciclaxe dos técnicos que se adican á xestión de residuos, actualizar a formación do persoal da Administración Local con responsabilidades na xestión dos residuos e implicar ao profesorado e alumnado dos Centros Educativos de Ensino Universitario, Secundario e Formación Profesional na xestión dos residuos.

Foto arriba: María Julia Melgar, Xesús Pedreira e Francisco Peña.

*

domingo, 18 de julio de 2010

O luns da comezo o seminario da Universidade de Verán da USC

.
Terá por título o de 'Xestión integral de residuos en Galicia' para o que permanecerá aberto o prazo de inscrición ata o día de comenzo do mesmo

Está organizado pola universidade compostelá e polo Concello de Ordes


A Universidade de Verán da Universidade de Santiago de Compostela (USC) volve este verán a Ordes despois do éxito acadado na edición do ano pasado coa celebración do curso sobre a Xestión Ambiental nos Concellos Galegos.

Se naquela ocasión, a primeira na historia en que Ordes se convertía en sede universitaria, se celebraba no mes de setembro, nesta ocasión será dende este luns día 19 ata o xoves 22 de xullo cando teña lugar este novo seminario baixo o título Xestión Integral de Residuos en Galicia. Un programa creado pola concellería de Medio Ambiente de Ordes dirixida por Xesús Pedreira, e que dirixirá o profesor de Medio Ambiente y Salud da Universidad Politécnica de Madrid, Francisco José Peña Castiñeira, e a profesora de Toxicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, María Julia Melgar.

O curso ten como obxectivo establecer un foro de debate que aborde a situación actual da eliminación dos residuos en Galicia, os problemas e as carencias que se consideran máis importantes, así como as posibles solucións que se deberán adoptar, coa finalidade de que os técnicos que traballan neste sector participen activamente e dispoñan dunha información o máis rigurosa e obxectiva posible dende o punto de vista científico, e elo sirva para clarificar conceptos e analizar os aspectos máis importantes, ademais de permitir o diálogo e cooperación dos axentes sociais implicados co tema, coa finalidade de contribuir a mellorar a xestión nos concellos galegos.

Tamén pretende contribuir a mellorar a formación e reciclaxe dos técnicos que se adican á xestión de residuos, actualizar a formación do persoal da Administración Local con responsabilidades na xestión dos residuos e implicar ao profesorado e alumnado dos Centros Educativos de Ensino Universitario, Secundario e Formación Profesional na xestión dos residuos.

Formalización de matrícula
En canto á inscrición no curso, a matrícula poderá formalizarse a través de internet na dirección www.usc.es/cultura/uveran10.htm, ou de maneira presencial ben nas Secretarías dos Cursos de Verán dos Campus de Compostela e o Campus de Lugo da USC, ou ben no departamento de Medio Ambiente do Concello de Ordes, lugares onde tamén se poderá solicitar máis información.

O prazo de matrícula permanecerá aberto ata o luns, día do comenzo do curso.

PROGRAMA

LUNS 19 DE XULLO:
10:00 h. – Inauguración do Seminario
10:30 h. – Conferencia inaugural: “Problemática sanitaria e ambiental da xestión dos residuos: importancia da participación Cidadá”
Conferenciante: Francisco Peña Castiñeira. Profesor de Medio Ambiente e Saúde da Universidad Politécnica de Madrid
12:00 h. – Mesa redonda: “Posta en común sobre a xestión de residuos en Galicia, Asturias e León”.
Moderador: Francisco Peña Castiñeiras
Relatores:
- “A xestión municipal dos residuos en Galicia: novos retos”, Mª José Echevarría Moreno, subdirectora xeral de Coordinación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta.
- “Plan de xestión de residuos urbanos en Asturias: situación actual e perspectivas de futuro”, Santiago Fernández Fernández, xerente do Consorcio para a Xestión de Residuos Sólidos en Asturias.
- “Xestión e Tratamento de Residuos Urbanos na provincia de León”, Secundino Prieto Tercero, xerente do Consorico Provincial para a Xestión de Residuos Urbanos da provincia de León.
16:30 h. – Visitas prácticas: Complexo Medioambiental de Sogama (Cerceda- A Coruña), planta de tratamento de residuos urbanos de A Coruña (Nostián- A Coruña)

MARTES 20 DE XULLO:
10:00 h.
– II Mesa redonda: “Modelos de xestión de residuos urbanos en Galicia”
Moderador: Manuel Soto Castiñeira, Profesor titular de Enxenaría Química e director da Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña
Relatores:
- “Modelo Sogama de xestión de residuos urbanos”, Mª Esther Campos Mosquera, responsable de Comunicación e Prensa de Sogama.
- “Planta de tratamento de residuos urbanos de A Coruña”, David García Armesto, director xerente de Albada
- “Planta de reciclaxe e compostaxe do Barbanza”, Jacobo Patiño López, director de explotación FCC- Fomento de Construcciones y Contratas S.A.
- “Xestión integral e supramunicipal dos residuos urbanos na provincia de Ourense”, Javier Bobe Vázquez, xefe do servizo de Augas e Medio Ambiente da Deputación de Ourense
- “Ferramentas de control na xestión dos residuos urbanos”, Benito Blanco Pequeño, xerente de residuos Novotec Consultores S.A.
16:30 h. – Visitas prácticas: Punto Limpo (Ordes- A Coruña) a cargo de Montserrat Rivas Fuentes, responsable de Calidade e Medio AMbiente de SOL- Servicios, Obras y Limpiezas, S.A.; visita á planta de reciclaxe e compostaxe do Barbanza (Lousame- A Coruña)

MÉRCORES 21 DE XULLO:
10:00 h.
– III Mesa redonda: “A Xestión de residuos industriais, sanitarios, radiactivos e de construcción e demolición”
Moderador: Benito García Carril, periodista ambiental, director de Galicia Ambiental.
Relatores:
- “CRTIG- Centro de Tratamento de residuos industriais de Galicia: situación actual e perspectivas de futuro”, Ramón Blanco López, director industrial de Sogarisa
- “A xestión dos residuos sanitarios en Galicia”, Ángel Gómez Amorín, subdirector xeral de Programas de control de Riscos Ambientais para a saúde da Consellería de Sanidade da Xunta,e vicepresidente da SESA
- “A Xestión de residuos radiactivos: unha solución ambiental”, Silvia Rueda Sánchez, técnico do departamento de formación de Enresa.
- “A Xestión dos residuos da construcción e demolición”, Elvira Camarero Pérez, directora comercial do Grupo Gestán.
16:30 h. – Visita práctica ao CTRIG- Centro de Tratamento de residuos industriais de Galicia (As Somozas- A Coruña)

XOVES 22 DE XULLO:
10:00 h.
– IV Mesa redonda: “Reducción, reutilización, reciclaxe e valorización de residuos”
Moderadora: Mª Julia Melgar Riol, profesora titular de Toxicoloxía da Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela
Relatores:
- “Valorización enerxética de residuos”, Francisco Silva Castaño, director xeral de Sogama.
- “Valorización de residuos orgánicos biodegradables e xestión de residuos gandeiros: código de boas prácticas agrarias”, Josefa de León Blanco, delegada da zona sur do Grupo Agroamb
- “Reciclaxe e tratamento do vidro”, David González Campos, director de operación do Grupo Daorje
- “Uso de máquinas compactadoras para minimizar o volumen de cartón e de residuos plásticos e facilitar a súa reciclaxe”, Luis Concheiro Coello, responsable da Área de Compactación da División de Maquinaria Medioambiental de Internaco S.A.
- “Asimelec: a reciclaxe dos residuos TIC”, Julio Lema García, director comercial de Fundacións Medioambientais de Asimelec
13:30 h. – Clausura do Seminario

*

A piscina climatizada, con menos barreiras

.
Ordes conta cun novo dispositivo para facilitar a accesibilidade de persoas con discapacidade á piscina municipal climatizada 'Iván Raña Fuentes'

A piscina climatizada 'Iván Raña Fuentes' conta xa cun dispositivo elevador para axudar ás persoas con mobilidade reducida. O pasado venres, o alcalde Manuel Regos visitou as instalacións co fin de comprobar o funcionamento deste mecanismo.

Trátase dun elevador que ten como finalidade facilitar a accesibilidade á piscina de persoas discapacitadas, axudándoas de maneira mecánica a que se poidan sumerxir na auga. Un novo dispositivo, que tal e como explicou o alcalde “esperamos sirva para que estas persoas con algún tipo de discapacidade poidan utilizar a piscina climatizada facilitando o seu acceso á mesma”.

Regos insistiu no empeño do goberno local que dirixe pola eliminación de todo tipo de barreiras para este colectivo, así como en poñer nas súas mans todas as ferramentas posibles para a súa mellor integración, polo que asegurou “seguimos traballando”.

Foto: O alcalde de Ordes, Manuel Regos, xunto cos concelleiros de Educación e Discapacidade, Silvia Marín, e Cultura e Deportes, Ramón Váquez Raña o pasado venres na piscina climatizada 'Iván Raña Fuentes'.

*

viernes, 16 de julio de 2010

Feliz xornada estival cos monicreques

.
Enmarcado dentro da programación cultural organizada polo Concello

Nenos e maiores do municipio disfrutaron onte co espectáculo de monicreques que tivo lugar na Alameda co gallo da posta en marcha do programa Verán Cultural que organiza o Concello de Ordes para o disfrute dos seus veciños e veciñas durante esta época estival.

Un espectáculo ao que acudiron máis dun cento de ordenses que pasaron un rato divertido coas aventuras destes bonecos, e que se sumou á noite de cine celebrada o pasado martes e ao espectáculo de danza do mércores. Hoxe tócalle o turno ao teatro coa representación da obra teatral 'Adolescencia Divino Tesoro' a cargo do grupo de teatro municipal, na Casa da Cultura a partir das 22 horas, e xa de cara á fin de semana, mañá sábado haberá música en directo, mimo e maxia na Alameda ás 22:00 horas, e o domingo un espectáculo de malabares no mesmo lugar a partir das 20 :00horas.

*

jueves, 15 de julio de 2010

Solicita o teu carné xove no Concello

.
A Oficina Municipal de Información Xuvenil tramitou dende a súa posta en marcha máis de douscentos carnés xoves

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Ordes tramitou máis de douscentos carnés xoves dende a súa posta en marcha. Uns carnés, promovidos pola Xunta de Galicia, dirixidos a mozos e mozas de ata 30 anos que proporcionan unha serie de vantaxes como descontos en determinadas tendas e centros de diversa índole de todo o territorio galego.

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Ordes púxose en marcha hai agora dous anos, facéndose durante o ano 2008 un total de 139 carnés xoves, aos que se sumaron outros 57 durante 2009, e 30 máis no que vai deste ano 2010.

Por outra banda, a esta iniciativa que xestiona a OMIX ordense, súmanse outras actividades dirixidas aos mozos e mozas da localidade. Entre estas actividades está a de servir como punto informativo sobre todo tipo de programas, axudas, así como iniciativas tanto de ocio como formativas para a xuventude que se desenvolven ben dende o Concello, ou mesmo dende a Xunta de Galicia.

Poderás atopar a Oficina na planta baixa do Concello
Para todos aqueles que queiran facer uso deste servizo que o Concello pon a disposición dos mozos e mozas ordenses, a Oficina Municipal de Información Xuvenil de Ordes está ubicada na planta baixa da Casa do Concello e aberta ao público de luns a venres de 9 a 14:30 horas.



*

Leira acollerá o próximo domingo a celebración do XVIII Encontro de grupos de danzas rexionais

.
Organizado polo Grupo AA.CC. Veciños de Leira conta coa colaboración do Concello de Ordes

A parroquia de Leira acollerá o próximo domingo día 18 de xullo a celebración dunha nova edición do Encontro de grupos de danzas rexionais. Un festival organizado polo Grupo AA.CC. Veciños de Leira e que conta coa colaboración do Concello de Ordes.

Nesta ocasión, na que o evento vai xa pola súa decimo oitava edición, mostra da súa consolidación dentro do circuito de festivais folclóricos no ámbito galego, os grupos participantes serán San Martiño de Cerceda, As Mariñas de Cambre, e o grupo anfitrión da Asociación Cultural Veciños de Leira.

Os actos, que terán lugar no campo da festa de Leira ao lado da igrexa, darán comenzo xa a partir do mediodía cunha comida campestre, para dar paso ás 18 horas ao festival de danza. Tralas actuacións haberá uns pinchos para todos os participantes.

*

miércoles, 14 de julio de 2010

O PP de Ordes promove unha moción no Concello para rexeitar o decreto do carbón que pode pechar Meirama

.
Aínda que a central térmica se atopa no concello de Cerceda a actividade económica da instalación tamén beneficia a Ordes

O grupo municipal do Partido Popular de Ordes animará, no próximo pleno, aos diferentes partidos que integran a corporación local a aprobar por unanimidade unha moción coa que instar ao Goberno central a retirar o decreto do carbón impulsado por Rodríguez Zapatero, e que pode abocar ao peche definitivo da central térmica de Meirama.

Empregos indirectos en Ordes
Se ben a central térmica de Meirama está situada no municipio veciño de Cerceda, os populares ordenses recordan que a actividade económica derivada desta instalación tamén beneficia a Ordes, especialmente polos empregos indirectos que proporciona e a actividade económica que xera en áreas como a hostalería, entre outras.

O PP de Ordes agarda que o grupo de goberno admita a inclusión desta moción na orde do día do vindeiro pleno da corporación municipal, por entender que o peche definitivo de Meirama suporía un duro golpe para a economía da comarca.

Foto: Central térmica de Meirama (CIG).



*

Todo listo para as festas patronais de Parada

.
A parroquia dará comezo este venres 16 de xullo ás súas festas na honra de Santa Mariña

Dúas das mellores orquestras de Galicia, Panorama e París de Noia ofrecerán os seus espectáculos na noite do venres

A parroquia ordense de Parada agarda ansiosa pola celebración das súas festas patronais na honra de Santa Mariña. Unhas celebracións que darán comezo este venres 16 de xullo e que se prolongarán ata o domingo 18. Para dar comezo á fin de semana grande da parroquia, o venres 16 dará comezo cunha gran churrascada seguido dunha verbena a cargo das célebres orquestras Panorama e París de Noia.

O sábado 16, día da patrona Santa Mariña, terá lugar unha misa solemne na súa honra ás 13:30 h. para a continuación dar comezo á sesión vermú amenizada pola Orquestra Samba, que voltará a subir ao escenario de Parada pola noite.

Virxe do Carme
O domingo 17 de xullo estará dedicado á Virxe do Carme. Haberá una misa ás 13:30 h. e a continuación sesión vermú a cargo da Asociación Cultural Brisas do Quenllo seguida dunha actuación musical.

A comisión de festas de Parada convida a todos os lectores e lectoras de Ordessiete a desfrutar con eles dunha fin de semana de festa na súa parroquia. Tamén agradecen a importante colaboración veciñal deste ano así como a colaboración do Concello de Ordes e a dos estabelecimentos comerciais ordenses.

Foto: Genma Lareo, vocalista da orquestra París de Noia.

*

O paseo fluvial xa conta cuns veciños moi especiais

.
Trátase dun grupo de patos e ocas que o Concello trasladou ata este paraxe natural do casco urbán ordense

O paseo fluvial do río Mercurín conta dende a pasada semana con novos habitantes, un grupo de ocas e patos que o Concello de Ordes trasladou ata este paraxe natural dando así un atractivo máis ao paseo.

Pulmón verde de Ordes
Un paseo que dende a súa inauguración, o pasado mes de decembro, se ten convertido no gran pulmón verde do municipio, actuando como un lugar de descanso e ocio para todos os veciños e veciñas de Ordes, que xa disfrutan del para os seus paseos tal e como se pode comprobar todos os días.

Este área de lecer ordense conta con paseo ás dúas marxes do río e unha área de xogos infantís que o convirten na gran área recreativa e de lecer para o disfrute de todos os ordenses, estando en total contacto coa natureza en pleno casco urbano do municipio.

*

Comeza o Verán Cultural 2010

Haberá cine ao aire libre, danza, teatro, música, clown, maxia, malabares, humor, monicreques, circo...

O Concello de Ordes puxo onte en marcha unha nova edición do seu programa municipal 'Verán Cultural'. Un programa que achegará ao municipio durante os meses de xullo e agosto actuacións e actividades da máis variada índole dentro do panorama cultural.

Así, e concretamente para este mes de xullo, os actos que dan comenzo hoxe prolongaranse ata o día 31, días nos que os veciños e veciñas de Ordes poderán disfrutar de todo tipo de actividades, dende cine ao aire libre a espectáculos de danza, teatro, música, clown, maxia, malabares, humor, monicreques, circo e demais modalidades.

A maior parte dos espectáculos realizaranse en pleno centro do municipio, na Alameda de Ordes, aínda que en caso de choiva as actividades trasladaranse á Casa da Cultura.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES VERÁN CULTURAL 2010 (MES DE XULLO)
- 14 xullo. As Dríadas In-Nova.
Lugar: Alameda de Ordes ás 21:00h.
- 15 xullo. Títeres “Camiño de aventuras”.
Lugar: Alameda de Ordes ás 20:00h.
- 16 xullo. Grupo de Teatro Municipal “Adolescencia Divino Tesoro”. Lugar: Auditorio Casa da Cultura de Ordes ás 22:00h.
- 17 xullo. “Pá nenos nós” espectáculo con música en directo que mestura o mimo-clown coa maxia cómica.
Lugar: Alameda de Ordes ás 22:00h.
- 18 xullo. “Manualidades” espectáculos de malabares.
Lugar: Alameda de Ordes ás 20:00h.
- 19 xullo. Noite de cine “Pérez, o ratiño dos teus soños 2”(T.P.)
Lugar: Alameda de Ordes ás 22:30h.
- 20 xullo. Títeres “A guerra das Galicsias”.
Lugar: Alameda de Ordes ás 20:00h.
- 21 xullo. Os 7 magnificos +1 “2 pallasos en apuros”.
Lugar: Alameda de Ordes ás 20:00h.
- 22 xullo. “Anchuan de la Cream” espectáculo de humor mezclado con diferentes habilidades e sorpresas. Lugar: Alameda de Ordes ás 20:00h.
- 23 xullo. Títeres “Pinocho”.
Lugar: Alameda de Ordes ás 20:00h.
- 26 xullo. Noite de cine “007: Quantum of Solace” (N.R.-13).
Lugar: Alameda de Ordes ás 22:30h.
- 27 xullo. “A Caixa de Música” espectáculo con música en directo e marionetas.
Lugar: Auditorio Casa da Cultura ás 20:00h.
- 28 xullo. Maxia “Experimentos Máxicos”.
Lugar: Alameda de Ordes ás 20:00h.
- 29 Xullo. Títeres “Catro contos da China”.
Lugar: Alameda de Ordes ás 20:00h.
- 30 Xullo. “Clown and Popping” espectáculo de circo, teatro e danza. Lugar: Alameda de Ordes ás 20:00h.
- 31 Xullo. CirCo ChosCo espectáculo de comedia e circo.
Lugar: Alameda de Ordes ás 20:00h.

As frases de José Ramón Vázquez Raña, concelleiro de Cultura e Deporte de Ordes
"Espero que o programa elaborado sexa do gusto de todos os veciños, con espectáculos para todos os gustos e todas as idades, co fin de entreter tanto aos máis pequenos como aos maiores"

"Animo a todos os ordenses a que participen nestas actividades coas que dende o Concello, esperamos encher de diversión e entretemento os dous meses de verán en Ordes"

*

martes, 13 de julio de 2010

Condenan a un ordense por estafar a su hermano con un DNI falso

.
Falsificó su DNI para identificarse como su propio hermano y sacar más de 4.000 euros de Caixa Galicia

El juzgado de lo Penal número 2 de A Coruña ha condenado al ordense Fernando B. M. a una pena de seis meses de prisión por delito de falsedad de documento público y estafa continuada por unos hechos ocurridos en la vila de Ordes en el verano de 2005.

Según los hechos reconocidos en la sentencia, Fernando B. M. se dirigió a las dependencias policiales de A Coruña para renovar su DNI después de haberlo extraviado. A la hora de cubrir sus datos personales, escribió el nombre de su hermano con una fotografía propia. Una vez alcanzado el documento, se dirigió hasta en tres ocasiones a dos oficinas de Caixa Galicia de A Coruña y Cerceda, retirando unos 2.000 euros y 2.200 en la siguiente ocasión. Finalmente solicitaría en la sucursal de Cerceda una cantidad de 4.000 euros despertando las sospechas de los empleados de la sucursal quienes alertaron a la Guardia Civil y procedieron a su detención.

El ordense condenado, de 38 años de edad, contaba con antecedentes penales por un delito de robo con fuerza.

*

O 'Millenium', campións de fútbol 7 da comisión de festas de Senra

.
A final xogouse en Oroso fronte ao Salchichón Leyma de Trazo

Os xogadores do equipo ordense 'Millenium' proclamáronse campións do torneo de Fútbol 7 organizado pola Comisión de Festas de Senra, en colaboración co Concello de Oroso, e que se celebrou esta fin de semana no campo municipal 'Lino Balado' de Sigüeiro.

Un campión que tivo que decidirse na quenda de penaltis, despois de que a final contra o Salchichón Leyma (Trazo) rematara en empate. Neste campionato participaron máis de cen xogadores, repartidos nun total de 18 equipos procedentes de toda a comarca de Ordes.

*

Voluntarios do Concello limpan o Camiño Inglés

A través dunha iniciativa que realizan voluntarios do municipio enmarcada no programa municipal Voluntariado Verde 2010

O Concello de Ordes, a través do programa municipal Voluntariado Verde, está a traballar na limpeza do tramo do Camiño Inglés que pasa pola comarca de Ordes.

A actividade realízase en tres etapas de tres horas aproximadamente cada unha, nas cales participaron uns 6 voluntarios inscritos no programa. Esta actividade tivo lugar dende o pasado día 7 ata hoxe, 13 de xullo.

Durante a actividade, os voluntarios recollen os residuos que van atopando ao longo do camiño e meténdoos en bolsas de plástico para posteriormente depositalos nos contedores correspondentes.


A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
"O obxectivo da limpeza do tramo do Camiño Inglés é o acondicionamento e adecuación do Camiño tanto para o uso e disfrute dos nosos habitantes como para os numerosos peregrinos que recorren periódicamente o tramo"

*

lunes, 12 de julio de 2010

ORDES, ORGULLOSÍSIMA DE SER ESPAÑOLA

.
Nuestra Alameda acogió la histórica celebración del triunfo de España en la Copa del Mundo de Fútbol de Sudáfrica

Los cánticos como "Yo soy español, español, español..." sonaron en las gargantas de las cerca de mil personas que allí se dieron cita

Lo vivido esta noche en la Alameda de Ordes es un hito. Jamás antes la villa de Ordes acogió con tal entusiasmo un acontecimiento histórico como el vivido en Sudáfrica con la victoria de España sobre Holanda en la final del Campeonato del Mundo de Fútbol de 2010.

Al son de gritos como "Yo soy español, español, español..." o "España entera se va de borrachera", los rostros del cerca de millar de personas que se dieron cita en la Alameda expresaban una alegría inenarrable. Vestidos con camisetas de la Selección y portando banderas de España, todo Ordes mostró su orgullo por la Selección Española de Fútbol y por sentirse español en una noche, la de 11 de julio de 2010, que pasará a la historia de todos y cada uno de los españoles.

Puedes ver el vídeo de la histórica celebración en la Alameda de Ordes haciendo clic bajo estas líneas:



*

domingo, 11 de julio de 2010

Los ordenses, escépticos ante las bondades de un Plan Estratégico para el municipio

.
La Mancomunidade de Municipios de la Comarca de Ordes sería el ente ideal a quien encargarle la redacción de un Plan Director 2012-2022

Por R. A. Landeira

Esta misma semana, el municipio vizcaíno de Sestao aprobaba su plan estratégico municipal. Un ambicioso programa diseñado para atajar un problema como es el paro que embiste al 22% de su población en edad de trabajar. El informe abarca cuatro líneas de actuación: formación, orientación, inserción y apoyo al comercio.

También Logroño presentará previsiblemente en septiembre su plan director que prevé hasta 126 acciones diferentes. Sus elementos clave son la participación, innovación, integración y consenso, un plan gestionable y evaluable, y la transparencia.

Se trata de dos ejemplos, los de Sestao y Logroño, de reflexiones estratégicas globales destinadas a empresas y especialistas a brindar sus propuestas a favor de una política municipal sostenible a medio y largo plazo. También Santiago de Compostela, Lugo y varios municipios de Madrid optan por el diseño de esta hoja de ruta que pretende evitar la improvisación y espontaneidad de diversas concellerías y/o alcaldías con asuntos en los que ciertamente su capacidad resolutiva en un periodo legislativo de cuatro u ocho años es muy baja. Ejemplo de ello puede ser la falta de oportunidades laborales, la baja formación académica y profesional de nuestros vecinos, una política de urbanismo sostenible, una elevada cifra de fracaso escolar o incluso unos generalizados malos hábitos alimenticios.

Un 57 por ciento no saben si necesitamos un plan estratégico o no
Sin embargo, la mayoría de los lectores de Ordessiete han mostrado su escepticismo ante la pregunta de si nuestra villa precisa del diseño de un plan estratégico. Un 57 por ciento no saben si sí o si no, por un 42 por ciento que se decantan afirmativamente por su puesta en marcha. Aún así, los lectores de Ordessiete han sabido identificar los principales problemas de nuestro municipio. El desempleo, la pérdida de identidad e influencia, la falta de oportunidades laborales y el urbanismo son los factores que a juicio de nuestros lectores más reclaman pronta solución por nuestros gobernantes.

Nace de varias comisiones municipales
Un concejal proyecta su ciudad de aquí a un año. Un alcalde piensa cómo será su municipio cuando termine su legislatura de cuatro años. Un estratega piensa en la manera que hoy hacemos las cosas y cómo eso afectará de aquí a diez años. Un plan estratégico nace de la creación de una o varias comisiones municipales principalmente de promoción económica, empleo, industria y comercio. Estas diseñan un borrador de necesidades y dificultades que después la empresa o el profesional experto adjudicatario del Plan se encargará de contrastar con las visiones de la industria, el comercio, los sindicatos y otras administraciones. Tras los trámites oportunos, el plan será finalmente aprobado o rechazado en el debate plenario.

Muchos podrán alegar el mal momento económico generalizado para abrir un concurso que contrate por una cifra nada desdeñable los servicios de un experto consultor como hizo el Concello de Santiago de Compostela en 2008 con la contratación del catedrático de Economía Aplicada de la USC, Luis Caramés. A este se le encargó la redacción del plan estratégico 2010-2020 que contó con la participación de además del consistorio compostelano, la propia universidad, los principales sindicatos, la Cámara de Comercio, la Confederación de Empresarios, Caixa Galicia y el Arzobispado. Las conclusiones de Caramés para con la capital de Galicia pasarían por concebir la ciudad como Ciudad de Conocimiento y reconducir la actividad empresarial al ámbito tecnológico y biosanitario, promover el acceso a la telemática de empresas y ciudadanos, priorizar enseñanzas técnico-profesionales e identificar perfiles profesionales, y defender el fomento de infraestructuras y la vivienda social, entre otras cuestiones.

¿Le falta ambición a la Mancomunidade?
Pero es que en Ordes tenemos la Mancomunidade Voluntaria de Municipios da Comarca de Ordes, un ente que engloba a los municipios de Ordes, Frades, Mesía, Oroso, Trazo, Tordoia y Cerceda cuya utilidad ha sido puesta en tela de juicio en numerosas ocasiones.

Pese a que su vicepresidente, el abogado y concejal independiente Manuel Astray ha salido en numerosas ocasiones en defensa de la institución y de su interés para los ordenses, lo cierto es que sus últimas reuniones han tenido más que ver con reuniones “de tipo informal” a modo de brain storming como la propia nota de prensa oficial de aquel modo lo recogía en abril de 2010, que con un ente ejecutivo aportador de soluciones.

En agosto de 2008, Val do Dubra abandonaba la Mancomunidad Voluntaria de Ordes para integrarse en la de Santiago de Compostela. Recientemente, el Concello de Cerceda se ha integrado en el Consorcio de A Marina, y nuestros vecinos de Oroso están más pendientes del plan de transporte metropolitano que se diseña desde Santiago que de las convocatorias que Miguel Prado Patiño, alcalde de Frades y presidente de la Mancomunidade, traslada a sus homónimos.

Quizá sea ya hora de que Ordes deje ya de fijarse sólo en Cerceda y Oroso a la hora de hacer política y ampliar sus miras de forma independiente. Sin aquellos tres concellos, a la Mancomunidade le queda únicamente el de Ordes como líder nato de este proyecto que bien podría ser reconducido hacia la reflexión intelectual. Según declaraciones de Astray hechas a Radio Ordes del pasado 13 de abril, el mantenimiento de la Mancomunidade Voluntaria de Municipios da Comarca de Ordes le cuesta a las arcas municipales ordenses unos 5.000 euros cada mes. Una magnífica ocasión para justificar sus dotaciones podría ser la de idear y redactar, desde la nueva sede de la Rúa Nova, un borrador de Plan Estratégico 2012-2022 para nuestra comarca.

Foto arriba: Estación de trenes de Fosado.
Foto medio: La avenida de Alfonso Senra a la altura del Bar Juanito hace ya unos cuantos años (eOrdes)
Foto abajo: Inauguración del paseo fluvial del río Cabrón en diciembre de 2009.

*

sábado, 10 de julio de 2010

Negreira tendrá el nombre de su candidato por Ordes este mismo mes de julio

.
La Voz de Galicia "augura cambios" en Teo, Negreira y Ordes

El presidente provincial del PP de A Coruña, Carlos Negreira ha avanzado ayer que "a finales de este mes" tiene previsto nombrar a los 94 candidatos en los municipios de la provincia. El medio que recoge las declaraciones del popular coruñés, La Voz de Galicia, asegura que este evitó pronunciarse sobre el caso ordense, si bien dejó ver que "se auguran cambios" en nuestra vila de Ordes.

*

Preparan unha nova edición da Feira de Cans de Caza de Ardemil

.
Terá lugar os días 7 e 8 de agosto no recinto feiral de Mesón do Vento

José Luis Gómez: "Animamos a todos os veciños e veciñas a que participen desta décimo oitava edición da feira
"

O Concello de Ordes ten previsto celebrar o próximo mes de agosto unha das súas feiras máis consolidadas, a Feira de Cans de Caza de Ardemil. Unha cita festiva no municipio que vai xa pola súa décimo oitava edición e que terá lugar os días 7 e 8 de agosto no recinto feiral de Mesón do Vento.

Campionato de rastro e caza de perdiz
En canto á primeira das xornadas, a do sábado día 7, celebrarase o VI Campionato de rastro na modalidade de xabarín. Unha proba que será puntuable para a Copa Federación e que contará con diferentes premios en metálico. Ademais o sábado tamén se celebrará a final do Campionato de caza de perdiz con can que tamén contará con diferentes premios en metálico para os mellores cazadores.

Pero o día grande da feira será o domingo 8 de agosto, cando se celebre a propiamente dita Feira de Cans de Caza de Ardemil. O Concello de Ordes entregará premios e distincións ao mellor can de raza, á mellor camada de caza maior, á mellor camada de caza menor (coello), e á mellor camada de caza menor (perdiz). Ademais haberá un obsequio dun saco de penso para todas as gaiolas participantes. Como actividades complementarias o recinto feiral de Mesón do Vento tamén acollerá unha exposición de cetrería e stands de caza e taxidermia.

Degustación gratuíta de pratos de caza
Na xornada do domingo, como boa feira que se precie, tampouco faltará a gastronomía con degustación gratuíta de caza a partir das 11 horas.

Para todos aqueles que queiran participar coas súas xaurías, as inscricións e as reservas de gaiolas deberán realizarse chamando ao teléfono 689 550728.

As frases de José Luis Gómez Candal, concelleiro de Promoción Económica, Turismo, Mercados e Exposicións de Ordes
“Esperamos que esta nova edición da Feira de Cans de Caza de Ardemil conte co mesmo éxito de edicións pasadas, esperando xa para este ano a participación de xaurías tanto a nivel galego como nacional”

"Animo a todos aqueles que estean interesados a participar nesta décimo oitava edición da feira, así como a veciños e demais persoas a que visiten o recinto feiral neses días de feira"

Foto arriba: Edición de 2009 da Feira de cans de caza de Ardemil.

*

viernes, 9 de julio de 2010

Regos: "Se levarán a cabo as obras de acondicionamento da escola unitaria de Vilamaior"

.
O alcalde explicou que a subvención da Deputación non se perderá xa que o ente provincial concedeu unha prórroga para a xustificación da subvención

O alcalde Manuel Regos lamentou as críticas verquidas esta semana pola Asociación Cultural e Veciñal Seixo Branco en relación ás obras de acondicionamento da escola unitaria de Vilamaior.

Así, Regos explicou que se trata dun proxecto promovido polo grupo de goberno no seu interese de dotar á parroquia dun lugar de socialización para os veciños e veciñas. En canto á subvención solicitada á Deputación para ditas obras explicou, que ao contrario do que aseguran dende a asociación, non se perderá, xa que “a Deputación concedeu unha prórroga ata o 31 de outubro para a xustificación das obras”.

Falta de información
O alcalde asegurou que as obras sí se levarán a cabo e lamentou a falta de información da asociación veciñal, unha falta de información que dixo, se podería ter solventado se dende a entidade se dirixisen ao Concello para informarse.

Ademais dende o grupo de goberno aseguraron que estas obras sumaranse a moitas outras que se están a realizar en todas as parroquias do municipio, unhas obras mostra do empeño do grupo de goberno local de dinamizar e desenvolver o medio rural do concello de Ordes.

*

Preto de 80 rapaces e rapazas de Ordes participan este mes nos cursos de natación da piscina municipal de O Muíño

.
No mes de agosto tamén se celebrarán máis cursos de natación

A piscina municipal de O Muíño está en pleno funcionamento, e o pasado día 1 de xullo poñía en marcha os cursos de natación para este mes. Uns cursos que teñen lugar todas as mañás de luns a venres e nos que están a participar 78 rapaces e rapazas do municipio repartidos en cinco grupos diferentes. No mes de agosto o Concello tamén ten previsto celebrar máis cursos de natación.

Por outra banda, durante toda a tempada, todos aqueles que estean interesados, poderán adquirir o carné da piscina para toda a época estival. Uns carnés que se poderán solicitar na Concellería de Cultura e Deporte do Concello de Ordes, situada na planta baixa da Casa Consistorial. Os prezos destes carnés son de 6,27 euros para rapaces e rapazas de 3 a 15 anos, e 12,54 euros os adultos de 16 anos en adiante.

Por outra banda para todos aqueles que non teñan o carné, as entradas ás instalacións terán un coste de 0,65 euros ao día para os menores (de 3 a 15 anos), e 1,25 euros para os adultos (16 anos en adiante). O horario de apertura da piscina é de 11 a 21 horas.

Servizo de bibliopiscina
Entre os servizos cos que conta esta instalación, un ano máis, os usuarios poden xa disfrutar dun servizo de bibliopiscina no que colabora a Biblioteca Municipal de Ordes. A través deste servizo, durante a súa estancia na piscina, os usuarios poden consultar infinidade de libros de diferentes temáticas e estilos, dirixidos a todas as idades, e co que dende o Concello pretenden fomentar a lectura tanto entre os máis pequenos como entre os adultos, á vez de proporcionar un entretemento máis para os usuarios das instalacións.

Ademais este ano a bibliopiscina conta cun novo servizo, que supón a posibilidade de que os usuarios poidan facer un intercambio de libros, cambiando un libro da súa propiedade por outro dunha selección de exemplares da bibliopiscina. Tamén como novidade este ano, a bibliopiscina conta cunha sección de comicteca na que os amantes do mundo do cómic poden encontrar algúns dos títulos máis característicos deste estilo.

*