viernes, 30 de abril de 2010

Entrevista a Ramón Carro

Juan Abeijón, de Radio Ordes, entrevista ao novo fillo predilecto da vila



Sergio Dalma visitó ayer la Casa do Concello


De ruta co Concello polo Camiño Inglés

.
Unha representación de Ordes tomou o relevo da Peregrinación Institucional polo Camiño Inglés que organiza o Consorcio do Camiño Inglés

Participan 16 concellos, entre eles, o noso de Ordes

En representación do Concello de Ordes, o edil Xesús Pedreira, participaba hoxe na Peregrinación Institucional polo Camiño Inglés por relevos para reivindicar esta ruta, que organiza o Consorcio do Camiño Inglés na que están participando 16 concellos, entre eles Ordes.

Dende Ferrol ata o Obradoiro
Esta peregrinación daba comenzo o pasado luns en Ferrol, e onte chegaba a Ordes collendo o relevo do Concello de Mesía. Así, Pedreira, tomou dito relevo en representación do Concello e percorreu cos peregrinos participantes o tramo dende a parroquia de Buscás ata Sigüeiro, onde tomará o relevo o Concello de Oroso.

Para hoxe venres estaba prevista a chegada de todos os participantes á Praza do Obradoiro onde todas as corporacións, veciños e veciñas participantes serán recibidas polo alcalde de Santiago antes de asistir á misa na Catedral. Está previsto que Xesús Pedreira acuda tamén a este acto en representación do Concello de Ordes.




*

A oposición, preocupada polas contas do municipio

.
Os populares reclaman un plan económico-financeiro e os nacionalistas, redución e priorización dos gastos

O PP e o BNG de Ordes lanzaron esta semana sendos comunicados de prensa polo que manifestan a súa preocupación pola situación financeira do Concello. Por parte dos populares, Estrella Vázquez fixo público que "a día de hoxe, están sen pagar ducias de débedas contraídas hai máis de un ano e que, no seu conxunto suman un importe de máis de un millón de euros". Dende o Partido Popular de Ordes aseguran, "ter constancia de que o Concello acumula numerosas facturas pendentes, presentadas ao cobro no primeiro semestre de 2009, sen que a Administración municipal teña sido capaz de saldar esas débedas por falta de liquidez".

Para correxir esta circunstacia, o PP local rexistrou unha moción que non foi estimada en pleno, para instar ao Concello a elaborar un plan económico-financeiro que priorice os investimentos na mellora da rede viaria municipal, na creación de emprego, e na construcción dun centro de día para persoas maiores e dependentes, entre outros proxectos.

Informe de intervención
Por outra banda, o BNG reclamou do alcalde que atendese, de maneira inmediata, os pagos das facturas pendentes cos proveedores do concello, que ascenden a perto dun millón de euros, segundo un informe da intervención municipal, que alerta da situación económica insostible que está a sufrir o Concello de Ordes, cunha débeda que pasou de 2 a 4 millóns de euros no último ano.

Gonzalo Castro lembrou que “xa no ano 2009, o Concello de Ordes tivo que subscribir un crédito por máis dun millón de euros, para o pagamento das débedas cos proveedores, que superaban os 600.000 euros, e neste ano a situación ten empeorado con perto dun millón de euros de facturas impagadas, a consecuencia dunha xestión absolutamente caótica e irresponsábel, que coloca ao Concello nunha situación crítica, debido ao destrago de recursos públicos”

A frase de Estrella Váquez, presidenta da xestora do P de Ordes
"O retraso nos pagamentos por parte do Concello está a lesionar a numerosas empresas, pero causa especiais prexuízos aos negocios de pequeno e medio tamaño, que deben soportar as débedas municipais como un contratempo adicional nesta época de crise"

A frase de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
"Lamento que o alcalde rexeitase no último Pleno unha iniciativa do BNG que propoñía a adopción de medidas para paliar a situación económica do concello, como a redución do gasto, estabelecendo unha priorización do mesmo para dotar de recursos aos servizos públicos básicos e facer fronte ao pago das débedas cos proveedores do Concello"

*

miércoles, 28 de abril de 2010

O Concello de Ordes disporá dun dispositivo de máis de 100 persoas para velar pola seguridade na III Gala contra o Cancro

.
Haberá cortes de circulación en diferentes rúas do casco urbano e zonas de aparcamento nas entradas ao pobo

Non se poderá aparcar nas cercanías do Campo da Feira
.
O Concello de Ordes ten todo preparado para acoller o próximo venres 30 de abril a celebración da III Gala contra o Cáncro, que traerá ao municipio a milleiros de visitantes para ver no escenario á Orquesta Panorama acompañada dun gran elenco de artistas de primeira liña como Isabel Pantoja, Sergio Dalma, Carlos Baute, Kate Ryan, Juan Magán, Tamara, Soraya, Seguridad Social, Melocos e Santa Fé.

Para isto está preparado un amplo dispositivo de seguridade no municipio que estará composto por máis de 100 persoas de diferentes corpos de seguridade e emerxencias como a Garda Civil, Policía Local, Bombeiros, Protección Civil, seguridade privada, Cruz Vermella e un posto de mando avanzado da AXEGA (Axencia Galega de Emerxencias). Para velar pola seguridade dos asistentes o recinto do concerto estará videovixiado por este camión de posto de mando avanzado de AXEGA, unha videovixiancia que conta coa autorización da Delegación do Goberno en Galicia.
.
Cortes de rúas
Ademais, o día do concerto, venres 30 de abril, levaranse a cabo cortes en diferentes rúas do municipio. Así, dende as 18 horas cortarase a rúa Canteira coa N-550, a rúa Compostela coa N-550, a rúa do Mercado con rúa Compostela, a rúa do Mercado con rúa Canteira, a rúa de Campeiras co Recreo e a rúa Campeiras tamén con Alfonso Lesta.

Por outra banda estará prohibido estacionar e circular pola rúa da Feira, a rúa do Muíño e o tramo da rúa Compostela dende a rúa do Mercado, dende as 10 da mañá do venres ata as 7 horas do sábado 1 de maio.

Utilicen os parkings das entradas na vila
Dende a organización e os corpos de seguridade fan un chamamento a todos os asistentes ao evento para que cumpran as normas e recomendacións establecidas. Así recoméndase a todos aqueles que se acheguen en coche a que utilicen os párkings das entradas na vila, no tanatorio, no polígono industrial, na piscina climatizada ou na rotonda do Paraíso. Ademais a empresa de transporte Castromil- Monbus reforzará o servizo de autobuses e os horarios poderán consultarse nas estacións de autobuses.

Por outra banda os locais de hostelería non poderán instalar mesas e cadeiras na vía pública, e tampouco poderán deixar sair dos locais con vasos e botellas de vidro. Tamén se prohibirá o acceso ao recinto con obxectos perigosos, con vasos ou botellas de vidro.

Dende o Concello de Ordes e os corpos de seguridade esperan que os asistentes cumpran este tipo de recomendacións polo bo desenvolvemento do concerto, ao que se espera que se acheguen milleiros de persoas, tal e como ocurriu en anteriores edicións.

*

Vista Alegre acollerá unhas prácticas de Táctica de Fútbol

Serán impartidas por Julio Díaz, profesor da Escola Galega de Entrenadores

As instalacións deportivas de Vista Alegre en Ordes acollerán unhas prácticas de Táctica de Fútbol impartidas polo profesor da Escola Galega de Entrenadores, Julio Díaz. Estas prácticas terán lugar os próximos días 8 e 22 de maio. A do día 8, de 10 a 14 horas, será a correspondente á táctica de fútbol de nivel 1, e a do día 22, ás mesmas horas, será a correspondente ao nivel 2.

Estas prácticas serán impartidas para alumnos de toda Galicia inscritos na Escuela Gallega de Entrenadores de Fútbol tanto en Nivel 1 como en Nivel 2. Entre os alumnos do Nivel 2 contarase cun membro da Sociedade Deportiva Club Órdenes.

O concelleiro de Cultura e Deportes do Concello de Ordes, José Ramón Vázquez Raña, mostrou a súa satisfacción porque as instalacións ordenses sexan utilizadas para este tipo de iniciativas, mostra da boa calidade das instalacións deportivas de Ordes.

*

lunes, 26 de abril de 2010

Piden unha homenaxe anual aos fusilados de Boisaca

.
Castro: "O goberno municipal asumiu en febreiro de 2008 o compromiso de celebrar todos os anos actos institucionais de lembranza a estes veciños e a todos os que deron a súa vida por defender a democracia e os dereitos do noso pobo"

O BNG ven de presentar unha moción que se tratará polo pleno da Corporación mañá, na que se propón que o Concello de Ordes realice, anualmente, coincido coa data do fusilamento de once veciños de Ordes no cemiterio de Boisaca, actos institucionais de lembranza, recoñecemento e divulgación da loita pola democracia e a defensa dos dereitos do noso pobo. Así mesmo, os nacionalistas propoñen que o concello adique unha praza ou via pública aos veciños fusilados o 8 de febreiro de 1937 no cemiterio compostelán de Boisaca.

Gonzalo Castro manifestou na presentación desta iniciativa que “en febreiro de 2008, promoveuse un acto institucional de homenaxe á memoria dos once veciños de Ordes fusilados pola represión franquista no cemiterio compostelán de Boisaca en 1937. Naquel acto de homenaxe, o goberno municipal asumiu o compromiso de celebrar todos os anos actos institucionais de lembranza a estes veciños e a todos os que deron a súa vida por defender a democracia e os dereitos do noso pobo”-

O nacionalista lembrou que “despois de transcurridos dous anos desde esa merecida homenaxe, constatamos que o goberno municipal ten incumplido esta promesa e nin no 2009 nin no presente ano se teñen realizado actos institucionais de homenaxe e lembranza a todos os que deron a súa vida pola democracia e os dereitos do noso pobo”.

Moción para dotar de servizos e beirarruas á ronda leste
O BNG presentou tamén unha moción instando ao alcalde a que nas obras de construción da ronda leste se instalen os servizos de saneamento, abastecemento de auga potable, conducións de gas, de telefonía, de electricidade e outras que sexan precisas. Ademáis de aproveitar as obras para construír beirarrúas en ambas marxes, xa que non está previsto facela na marxe esquerda.

O portavoz nacionalista manifestou que “tratándose de un tramo urbano, debe contemplarse na obra a instalación dos servizos básicos propios, como saneamento, abastecemento de auga potábel, gas, telefonía, etc..., así como unha beirarrúa polas dúas marxes”.

As frases de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
"É de xustiza que no noso concello se celebren anualmente estes actos de recoñecimento e de recuperación da nosa memoria histórica, co obxectivo, tanto de restaurar a memoria dos represaliados, como de permitir que as xeracións vindeiras teñan un coñecemento profundo desta triste páxina da nosa historia, para que nunca volva acontecer nada semellante"

“Despois de moitos anos de espera, a mobilización dos veciños e veciñas de Ordes, con máis de 3.000 sinaturas que solicitaban que se desviase o tráfico pesado do centro da Vila, especialmente os camións de lixo que teñen como destino Sogama, iniciáronse as obras dunha rolda alternativa para desviar o tráfico pesado do centro da vila”.


*

Os rapaces do Montemaior xa saben comer ben

.
Un grupo de alumnos participou nos obradoiros de alimentación saudable da Mancomunidade de Ordes

Ademais de participaren no taller 'Comendo ben', os rapaces levaron ás súas casas unhas recomendacións sobre hábitos de vida saudable

Máis de sesenta rapaces e rapazas do CEIP Campomaior participaron esta mañá nos obradoiros de alimentación saudable 'Comendo ben', organizados pola Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes. Uns obradoiros nos que se busca “impulsar a alimentación como un valor fundamental na prevención de enfermidades, pois na última década se duplicaron os casos de obesidade e sobrepeso infantil e cada vez máis os nenos abandonan a dieta tradicional para substituíla por comida basura, bollería industrial e refrescos”, sinala Mónica González López, técnica de Prevención de Drogodependencias da Mancomunidade de Ordes.

"Todos os alimentos son bos, máis non na mesma cantidade"
Así, os rapaces do CEIP Campomaior recibiron hoxe dous cuaderniños. O primeiro deles foi para que puideran seguir as ensinanzas das dúas monitoras da Mancomunidade de Ordes, que fixeron fincapé na idea de que todos os alimentos son bos, máis non na mesma cantidade. Así, os propios rapaces foron quen identificaron os alimentos menos saudables, como as lambonadas, a comida rápida e os refrescos, “que ademais dan gases”, bromearon.

Neste sentido, as técnicas da Mancomunidade de Ordes falaron da influenza da publicidade e os anuncios no consumo deste tipo de alimentos. Pola contra, destacaron a importancia de beber moita auga e de comer alimentos como os cereais, as froitas e as verduras. De feito, os rapaces mesmo levaron unhas receitas saudables para facer na casa como: flan de sandía con dados de melón, bebidas de rosas e fresas, tarta de plátano con galletas ou canapé de queixo fresco con kiwi.

Papel fundamental da alimentación
As psicólogas do Servizo de Prevención de Drogodependencias e Apoio á Persoa da Mancomunidade de Ordes destacan que “a alimentación xoga un papel fundamental no benestar das persoas dende os primeiros anos da nosa vida”. Por iso, ademais de traballar hoxe cos rapaces, tamén lles enviaron aos seus pais un pequeno caderno con consellos para levar unha alimentación saudable.

Entre eses consellos, recoméndase tomar cada día dúas racións de leite e derivados lácteos, dúas racións de verduras, tres racións de froitas e catro racións de cereais. Como consello xeral, recoméndase beber moita máis auga e moderar o consumo de zucres, sal e alimentos precociñados.

Así mesmo, o caderniño recolle as racións semanais precisas de alimentos coma os ovos, a carne, o peixe, as legumes, os froitos secos e das patacas, que en ningún caso sobrepasan as catro racións semanais.

*

Os estudantes do IES nº1 visitaron a ETAP e a EDAR

.
Xesús Pedreira: "A estación medio ambiental mellorará notablemente coa instalación do novo depósito decantador"

Medio centenar de alumnos de 1º da ESO do IES nº1 de Ordes, participaron o pasado venres nunha actividade organizada pola concellería de Medio Ambiente de Ordes, en colaboración co centro escolar, e que consistiu na visita á Estación de Tratamento de Auga Potable -ETAP- e á Estación Depuradora de Auga Residual -EDAR-.

Os rapaces recibiron explicacións acerca do funcionamento das mesmas, que correron a cargo do responsable de Espina & Delfín en Ordes, a quen lle puideron preguntar ademais algunhas das súas dúbidas.

As frases de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
“Con esta actividade o que se pretende é poñer a disposición de tódolos centros escolares que estean interesados en visitar a ETAP e a EDAR do Concello as súas instalacións. Deste xeito poderán coñecer de primeira man a xestión da auga na nosa vila, aspecto que nos plantexa un dos maiores retos dentro da política medio ambiental que promovemos dende esta concellería para poder facilitarlle aos nosos veciños unha auga de total calidade"

"A xestión mellorará notablemente coa instalación do novo depósito decantador co que temos previsto reforzar unha xestión levada a cabo na planta potabilizadora e que viña arrastrando xa numerosos problemas na calidade na auga de suministro no momento de asumir o actual goberno”

*

A Xuntanza dos Maiores, para o 9 de maio

.
Haberá misa, banda de música e un xantar na Alameda de balde

As inscricións para participar poderán realizarse dende hoxe ata o 6 de maio no departamento de Servizos Sociais do Concello

O Concello de Ordes celebrará o próximo 9 de maio a súa tradicional Xuntanza dos Maiores.
Os actos previstos para este día serán, ás 13 horas unha misa na igrexa parroquial de Ordes, seguida dunha actuación da Banda de Música Amigos de Ordes e a comida gratuíta na Alameda, que estará amenizada por unha orquestra.

Todos aqueles que estean interesados en participar poderán realizar as inscricións dende hoxe ata o xoves 6 de maio, no departamento de Servizos Sociais do Concello, situado na planta baixa da Casa do Concello, en horario de 09:00 a 14:00 horas. Para inscribirse será necesario presentar o DNI, e o día da celebración tamén fará falta para entrar no recinto presentar o resgardo de estar inscrito.

Con esta iniciativa, un ano máis, tal e como explicou o alcalde, Manuel Regos, o Concello de Ordes quere homenaxear aos seus maiores cunha xornada festiva na que todos poidan disfrutar.

*

Ordes celebrará o 29 de maio o seu Torneo de Fútbol 7

.
Onte domingo, aproveitando a celebración de Expo Ordes, a S.D. Club Ordenes e o Concello de Ordes presentaron o VI Torneo de Fútbol 7

O alcalde de Ordes, Manuel Regos e o concelleiro de Cultura e Deportes, José Ramón Vázquez Raña, xunto a directivos e representantes da S.D. Club Ordenes, presentaron onte no recinto feiral de Expo Ordes o VI Torneo de Fútbol 7 Concello de Ordes, que terá lugar o próximo 29 de maio.

Nesta ocasión participarán de novo unha serie de equipos de recoñecido prestixio tanto da comarca como de toda a provincia. Así haberá competición nas categorías alevín, benxamín e prebenxamín participando os equipos da S.D. Ordenes, o Deportivo da Coruña, o Tordoia, o X. Oroso, o Celta de Vigo, o Montañeros, o Cerceda, o Arteixo o Luis Calvo e o Amio.

Tal e como explicou o concelleiro de Cultura e Deportes, José Ramón Vázquez Raña "esta é unha maneira máis para dar un apoio e fomentar o deporte de base, tan importante tanto dende o punto de vista deportivo como para o desenvolvemento persoal dos nosos nenos e nenas", razóns ás que se sumaron tamén os representantes da S.D. Ordenes.

A competición terá lugar o próximo 29 de maio no campo de fútbol de Vista Alegre.
*

domingo, 25 de abril de 2010

O presidente da Deputación tomou os champiñóns connosco

.
Milleiros de visitantes pasaron xa pola recinto feiral de Expo Ordes 2010

Un dos visitantes desta mañá foi o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, que estivo acompañado polo alcalde, Manuel Regos

Os ordenses seguen a celebrar a súa feira multisectorial Expo Ordes 2010, que vive hoxe unha das xornadas máis importantes coa celebración da XXI Festa do Champiñón.
.
Esta mañá visitaba o recinto feiral o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, que foi recibido primeiramente na Casa do Concello polo alcalde, Manuel Regos e o resto de membros da corporación municipal. Trala recepción no Concello as autoridades desprazáronse ata o recinto feiral onde visitaron cada un dos stands participantes.

"Festa de Interese Turístico"
Regos agradeceu ao presidente provincial a súa visita a esta festividade ordense que hoxe celebraba a XXI Festa do Champiñón, que volveu a repetir "esperamos que sexa declarada Festa de Interese Turístico de Galicia canto antes, para o que tal e como se acordou en pleno, o solicitaremos á Xunta".

Pola súa banda o presidente provincial tamén agradeceu a invitación a esta festa por parte do consistorio ordense e mostrou o interese polos diferentes expositores participantes no evento. Unha festa que cada ano vai gañando tanto en número de expositores como en calidade e que nesta ocasión contou coa participación de 75 expositores que se puideron visitar nos 10.000 cadrados de exposición cos que conta o recinto, entre a zona da carpa e os exteriores.

Por outra banda, os establecementos hosteleiros do municipio están a celebrar tamén a degustación gratuíta de champiñón para a que o Concello repartiu arredor de dez toneladas do producto, que nesta ocasión foi de orixe galego, tal e como explicou Regos.
.
A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"Estamos moi satisfeitos co éxito que está a ter esta nova edición de Expo Ordes, e estamos seguros, de que xa se teñen superado as expectativas de visitantes que tiñamos previsto nun primeiro momento, xa que tanto na xornada de onte como a de hoxe foron milleiros as persoas que pasaron polo recinto"

*

Piden el cierre del 'Springfield gallego'

.
Medio centenar de ecologistas se manifiestan frente a las instalaciones de Meirama y Sogama

El pasado jueves 22 de abril, un grupo de manifestantes se convocó frente a las puertas del complejo medioambiental de Sogama en el concello vecino de Cerceda para pedir el cierre tanto de la central térmica como del polémico vertedero de la Areosa.

"En 2008, as centrais térmicas de carbón galegas xeraron menos do 30 % da electricidade, mais foron responsables do 82,4% das emisións de dióxido de carbono (CO2) do sector eléctrico en Galicia", denuncia Verdegaia, una de las organizaciones ecologistas convocantes.

Puedes ver el vídeo a continuación de estas líneas:




*

sábado, 24 de abril de 2010

Última hora: Alarma de incendio en la rúa de Mundito

.
Un despiste con un horno pone en jaque a los servicios de emergencia de Ordes

Hace apenas unos minutos, a las 20:oo h. los servicios de emergencia de Ordes se apresuraron a atender la llamada de los vecinos del número 6 de la rúa de Mundito. Según estos, del segundo piso de este inmueble salía un fuerte olor a quemado sin que el vecino de la puerta atendiera a las llamadas que se le hacían.

Al parecer todo se trató de un despiste con un horno programado y olvidado que bien pudo haber terminado de forma muy desagradable tanto para los habitantes de ese piso como de sus vecinos. En apenas 15 minutos, tanto la Policía Local como los Bomberos y Protección Civil tranquilizaron a los allí numerosos presentes por tratarse de un incidente sin mayores consecuencias.

Eso sí, el olor a quemado se hizo latente a lo largo de toda la calle durante varios minutos.

Puedes ver el vídeo a continuación de estas líneas:

Inauguradas seis nuevas calles con los nombres de los concellos de la Mancomunidade


Cerceda, Frades, Mesía, Oroso, Tordoia y Trazo ya forman parte del callejero municipal

Están ubicadas en la zona de O Paraíso, junto al IES nº 1 de Ordes

Continúan las celebraciones en la semana grande de abril en Ordes. Esta mañana, un buen número de ediles de las corporaciones municipales de Ordes, Cerceda, Frades, Mesía, Oroso, Tordoia y Trazo asistieron a la inauguración de sus respectivas calles en el barrio de O Paraíso.
.
Foto de familia de los ediles de la Mancomunidade que asistieron a la inauguración.
.
A continuación todos ellos realizaron una visita a Expo Ordes para a continuación celebrar una "comida de fraternidade" en el restaurante El Túnel, tal y como la definió el vicepresidente de la Mancomunidade, Manuel Astray. A continuación puedes escuchar sus declaraciones realizadas ayer a Radio Ordes.








Mañana domingo, la esperada Festa do Champiñón
Mañana llegará una de las jornadas más esperadas, la XXI Festa do Champiñón, donde se esperan servir unos 10.000 kilos de este hongo. El alcalde Manuel Regos y la corporación ordense estarán acompañados por el presidente de la Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda.

Además, la jornada contará también con un concurso de salto de obstáculos nacional que dará comienzo en horario de mañana a partir de las 11:00 horas, y por la tarde a partir de las 16:00 horas. Este concurso contará con la participación de jinetes y caballos de reconocido nivel y tendrá lugar en la explanada anexa al CEIP Campomaior.

Plano del lugar donde se ubican las nuevas calles en el barrio de O Paraíso.


*

¿Qué hacer para que la Festa do Champiñón sea de Interés Turístico?

.
El Concello inició un expediente que se resolverá en seis meses, pero en el que debemos aportar mucha documentación y cumplir una serie de requisitos

La Festa da Troita de Oroso consiguió recientemente esta cualidad que ahora buscamos para nuestra popular celebración

El pleno de la corporación municipal de Ordes aprobaba en su última reunión plenaria, su voluntad de pedir a la Xunta la declaración de Festa Nacional de Interese Turístico para Galicia para nuestra popular Festa do Champiñón. El alcalde Manuel Regos declaraba días atrás que alcanzar este reconocimiento institucional supondría el aumento tanto en promoción como en visitantes. Pero, ¿en qué consiste esta declaración? ¿Cuáles son sus requisitos? ¿Qué ventajas aportará a la Vila de Ordes?

Lo cierto es que se trata de un trámite jurídico-administrativo ante la consellería competente, en este caso, la Consellería de Cultura y Turismo de la Xunta de Galicia. El artículo 53 de la Ley de Turismo de Galicia reconoce que “la Xunta de Galicia podrá declarar fiestas de interés turístico nacional de Galicia aquellas manifestaciones que supongan una valorización de la cultura y de las tradiciones populares y que tengan una especial importancia como atractivo turístico”.

La misma Ley remite su procedimiento al reglamento que desarrolla la ley, apuntando a tres elementos necesarios: antigüedad, singularidad y arraigo del acontecimiento”.

El desarrollo reglamentario de la Ley no tuvo lugar hasta la fecha y así será de aplicación el Decreto 39/2001, de 1 de febrero, reglamento que desarrollaba de igual modo la derogada Ley de Turismo de 1997 de Xesús Pérez Varela. Este cuerpo legal apunta a cuatro requisitos: antigüedad mínima de diez años; singularidad al contar con aspectos originales y de calidad; arraigamiento popular en su ámbito territorial; y que sea una celebración alrededor de una manifestación de interés cultural, es decir, artística, religiosa, gastronómica o deportiva.
.
¿Qué documentos debemos presentar?
La normativa exige la presentación de una memoria explicativa con la trayectoria o historia resumida de la fiesta, fechas de celebración, actos con los que cuenta, listado de infraestructuras necesarias para la recepción de visitantes, fotografías, carteles, libros, referencias bibliográficas, material audiovisual, y también un listado de las acciones promocionales suficientes para la atracción corrientes turísticas. También se deberá aportar el acuerdo plenario así como las acciones que el Concello de Ordes se proponga realizar para el mantenimiento, dignificación y promoción de la Festa do Champiñón.
.
Una vez recibida la solicitud, Turismo incoará el expediente e incluso podrá consultar con expertos independientes sobre su idoneidad o no. Una vez examinado se dará trámite de audiencia al Concello, y si todo va bien, elevará la propuesta al Consello de la Xunta de Galicia quien decidirá en último término.

El plazo para resolver nuestro expediente, asegura la norma, será de seis meses desde su incoación. También dice que al ser iniciado por el Concello, la falta de respuesta –el conocido como silencio administrativo- tendrá efectos desestimatorios. .

Oroso ya tiene su Festa de Interese Turístico
Quizá con la elaboración del expediente que habremos de remitir a San Caetano bien pudiera echarnos una mano nuestros vecinos de Oroso pues desde el pasado 8 de abril, su Festa da Troita cuenta con el reconocimiento autonómico que ahora ansiamos para nuestro champiñón.

El expediente de Manuel Mirás contemplaba el "arraigo" de la celebración “que obtuvo la participación de 30.000 personas en su última edición”. La Festa da Troita existe en Oroso desde el año 1997.
.
Expediente muy exclusivo en Galicia
Si bien nuestro alcalde Manuel Regos se echó las culpas a sí mismo por no iniciar antes este trámite, lo cierto es que se trata de un expediente muy exclusivo en Galicia. Basta como ejemplo que la conocidísima Festa de Santa Tegra en A Garda (Pontevedra), una tradición que atrae a miles de visitantes de España y Portugal cada año ininterrumpidamente desde 1913, no alcanzó este privilegio administrativo hasta este año de 2010. Tampoco la singularísima Rapa das Bestas de A Estrada tuvo tal consideración hasta el reciente año 2007.
.
¿Qué consecuencias tiene esta declaración?
Más prosaicos resultan los efectos de dicha declaración, puesto que tal consideración, aclara el Decreto en sus artículos 31 y 32 supone su inscripción automática en el Registro de Empresas y Actividades Turísticas de la Comunidad Autónoma de Galicia y en el Plan Galego de Promoción do Turismo, posibilitando el acceso a múltiples ayudas y subvenciones específicas.

Queda por tanto, en manos de nuestro Concello el presentar un dosier excepcional no dejando nada al azar, puesto que si bien de una primera lectura podríamos comprobar que sí cumplimos con todos los requisitos, no por ello debemos considerarlo como un mero trámite burocrático. Basta como ejemplo lo sucedido en Silleda con su Romería do Rapaz de A Saleta y su Festa da Tortilla, petición de interés turístico que fue rechazada por la Xunta de Galicia.

Qué Fiestas de Interés Turístico en Galicia tenemos a nuestro alrededor?
Tenemos dos bien cerca. La primera, la ya comentada Festa da Troita de Oroso, y la segunda, la Festa do Queixo de Arzúa, de Interés Turístico desde 1999. Otras celebraciones de esta naturaleza en la provincia -en total son 24-, son la Festa da Filloa de Boqueixón (desde 2008), la Festa da Empanada de Bandeira-Silleda (desde 1999), las Festas do Apóstolo de Santiago de Compostela, San Roque en Betanzos y en Sada o la Festa da Dorna en Ribeira.

Foto arriba: El Delegado del Gobierno, Antón Louro y el alcalde de Ordes, Manuel Regos, en la inauguración de la XX Festa do Champiñón en abril de 2009.

Foto abajo: Momento de la Festa da Troita de Oroso.
*

O PP reclama acceso a internet no rural

.
Os populares rexistran unha moción a xuízo de Estrella Vázquez, "respaldada unanimemente polos veciños do rural ordense"

Reclaman tamén cursos de alfabetización dixital para todas as idades

O grupo municipal popular de Ordes rexistrou onte unha moción, que se debaterá no pleno da próxima semana, para instar ao Executivo local a implantar de xeito inmediato un plan encamiñado a lograr o pleno acceso á banda ancha en todas as parroquias do municipio, garantindo que todos os habitantes, especialmente os do medio rural, dispoñan de acceso a internet de alta calidade e a prezos competitivos.

Como segunda medida, o Partido Popular reclama ao Concello que programe e imparta, en cada parroquia, cursos de alfabetización dixital dirixidos a persoas de todas as idades e de xeito totalmente gratuíto para estudantes, parados, xubilados e amas de casa.

Este conxunto de propostas é consecuencia, segundo os populares, "das carencias que veciños de todas as parroquias teñen trasladado aos integrantes da xestora local do Partido Popular de Ordes". Sen embargo, e malia dispoñer dunha ubicación xeográfica privilexiada, no Eixo Atlántico de Galicia, "o Concello de Ordes presenta carencias alarmantes en materia de banda ancha".

Sen conexión a internet nas parroquias
Na maior parte das parroquias do Concello, resulta practicamente imposible conseguir un acceso de calidade a internet. Navegar con rapidez ou descargar arquivos pesados convértese nunha quimera para unha inmensa maioría dos usuarios, insiste o Partido Popular.

As frases de Estrella Vázquez, presidenta da xestora do PP de Ordes
"Na actualidade, o pleno acceso ás novas tecnoloxías da información e a comunicación é unha condición indispensable para garantir a plena igualdade de oportunidades dos cidadáns, con independencia do lugar onde residan"

"Superado amplamente o ecuador da lexislatura municipal, sorprende a falta de interese do Goberno local respecto a este asunto, máxime cando alcalde e concelleiros alardean, con frecuencia, de principios como igualdade, educación ou modernidade. Unha vez máis, a realidade desautoriza o discurso oficial"

Foto: Estrella Vázquez, presidenta da xestora do Partido Popular de Ordes e concelleira do grupo municipal popular.
*

viernes, 23 de abril de 2010

La inauguración de Expo Ordes da paso a una semana inolvidable en la vila

.
La feria multisectorial fue inaugurada esta tarde por el alcalde, Manuel Regos, y el presidente de la FEGAMP y alcalde de Ames, Carlos Fernández

Puedes ver el vídeo de la inauguración haciendo clic bajo estas líneas:

Ordes será el centro del norte de Galicia por una semana






Día 1: Se inaugura Expo Ordes
Galería de fotos de la inauguración de Expo Ordes esta tarde en el Campo da Feira
*

Isabel Pantoja será la estrella de la III Gala contra el Cáncer


El macroconcierto de la Orquesta Panorama tendrá lugar el viernes 30 de abril en el Campo da Feira

También actuarán Seguridad Social, Juan Magan,Carlos Baute, Soraya, Melocos, Sergio Dalma, Tamara, Santa Fé y Kate Ryan

Un año más, y ya van tres, la Orquesta Panorama organiza la Gala contra el Cáncer en el Campo da Feira de Ordes. Será el viernes 30 de abril a partir de las 23:00 horas con las actuaciones de Isabel Pantoja, Seguridad Social, Juan Magan,Carlos Baute, Soraya, Melocos, Sergio Dalma, Tamara, Santa Fé y Kate Ryan. Cada uno de ellos interpretará dos canciones: una canción con los vocalistas de la orquesta y seguidamente otra en solitario.

Servicio de autobuses desde Santiago y A Coruña
Debido a los grandes problemas de tráfico que el año se produjeron, habrá servicios de autobuses desde Santiago de Compostela y A Coruña. Para informarse sobre este aspecto, el Concello pondrá un número de teléfono en su página web para informarse.

Desde el Concello de Ordes, siendo previsores por la gran afluencia de público -a la pasada edición asistieron 40.000 espectadores- están acondicionando espacios públicos como aparcamientos y han solicitado a Audasa la puesta en funcionamiento de todos los peajes de la A-9 a la altura de Ordes para así facilitar la llegada al macroconcierto.

*

jueves, 22 de abril de 2010

Os nacionalistas só asistirán ao xantar do sábado se cada concelleiro paga o seu prato

Unha comida para 87 membros das corporacións de municipios da comarca causa o rechazo do BNG por consideralo "despilfarro de diñeiro público"

O BNG na comarca de Ordes fixo pública hoxe en rolda de prensa, a súa posición con respecto á participación nas actividades relacionadas coa Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, que se desenvolverán o vindeiro sábado.

Na comparecencia na que participaron os portavoces municipais de Cerceda, Rocío da Igrexa; de Ordes, Gonzalo Castro; de Tordoia, Pilar Garcia; e o concelleiro de Frades, Manuel Míguez, os nacionalistas anunciaron que os concelleiros e concelleiras do BNG participarán no acto institucional que se celebrará o vindeiro sábado en Ordes e no que se inaugurarán seis novas rúas que levarán o nome dos concellos da comarca ordense. Tamén manifestaron o seu apoio expreso a esta iniciativa.

Con respecto ao xantar posterior ao acto, "ao que o alcalde de Ordes, Manuel Regos, ten convidado a todos os concelleiros e concelleiras das corporacións municipais da comarca, e que será sufragado con cargo aos recursos públicos do Concello de Ordes", estes manifestaron o seguinte:

1º) Representación institucional. O BNG defende a representación institucional baseada en criterios de responsabilidade e de respecto á cidadanía, por conseguinte, o gasto de recursos públicos nun xantar reservado exclusivamente a concelleiros e concelleiras, ademáis de non constituir un exercicio responsábel da representación institucional, constitue, no momento actual de crise económica, unha falta de respecto aos veciñas e veciñas destes concellos, que sufren a diario o deterioro dos servizos públicos como consecuencia, entre outras cousas, da falta de recursos públicos municipais.
2º) Despilfarro de recursos públicos. Este despilfarro de recursos públicos nun xantar para perto de 90 cargos públicos, reviste especial gravidade no caso do concello de Ordes, que viu duplicada a súa débeda nos últimos dous anos pasando de 2,2 millóns de euros a 4,1, e que se atopa nunha situación financeira que lle impide atender servizos básicos como a escola infantil municipal.

3º) Xantar sufragado polos concelleiros. Os concelleiros e concelleiras so BNG apoiarán e participarán activamente nos actos institucionais de inauguración das rúas cos nomes dos concellos da mancomunidade, mais só participarán no xantar posterior se o mesmo é sufragado polos cargos públicos que participen do mesmo, xa que consideramos un comportamento irresponsábel e irrespetuoso cos veciños e veciñas o gasto de diñeiro público nun xantar reservado a concelleiros e concelleiras.

Foto: Os concelleiros nacionalistas Pilar García (Tordoia); Gonzalo Castro (Ordes), Rocío da Igrexa (Cerceda); e Manuel Míguez (Frades).


*

Mañá inaugúrase Expo Ordes 2010

A xornada do domingo está dedicada á XXI Festa do Champiñón

Mañá venres ás 20:00 h. inaugúrase Expo Ordes 2010, a feria multisectorial que atraerá a miles de visitantes á nosa vila durante a fin de semana. A segunda xornada, a do sábado 24, abrirá as portas do recinto feiral ás 10 da mañá e contará durante todo o día coa actuación da Charanga Ruada e sesión vermú e verbena a cargo da Orquestra Odisea.

Reparto de 10.000 kilos de champiñóns para o domingo
Para a xornada do domingo celebrarase unha das citas máis especiais do municipio, a XXI Festa do Champiñón. Unha cita que contará cunha degustación gratuíta do producto nos diferentes establecementos hostaleiros do municipio, para o que o Concello repartirá arredor de 10.000 kilos de champiñóns. Ademais haberá un posto de venta de champiñón dentro da carpa para todos os que estean interesados en adquirir este producto.

Ademais a xornada do domingo, 25 de abril, tamén terá un espacio para o deporte, coa celebración un ano máis do Concurso de Salto de Obstáculos Nacional, que traerá ata o municipio, a máis dun centenar de participantes de recoñecido prestixio no mundo da hípica a nivel nacional.

As probas darán comenzo pola mañá ás 11 horas, e pola tarde ás 16 horas, e terán lugar na explanada anexa ao CEIP Campomaior.

Podes ver a inauguración de Expo Ordes 2009 facendo clic baixo estas liñas:



A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"Temos un especial interese en darlle un novo pulo a esta cita tan importante para o municipio, e como xa se acordou en pleno, solicitaremos á Xunta que se declare a Festa do Champiñón de Ordes, Festa de Interese Turístico de Galicia

*

Seis rúas terán o nome dos concellos da Mancomunidade

As rúas están situadas na zona do Paraíso, nos arredores do CEIP Castelao, e serán inauguradas o sábado pola mañá

O Concello de Ordes poñerá nome a seis das súas rúas o próximo sábado. Tratáse dunhas rúas situadas no zona do Paraíso, nas inmediacións do CEIP Castelao, que levarán a partir de entón o nome dos seis municipios, que xunto a Ordes, forman a Mancomunidade de Ordes.

Trátase dun acto enmarcado dentro da programación de Expo Ordes 2010, que terá a xornada do sábado adicada á comarca. Desta maneira, Cerceda, Frades, Mesía, Oroso, Tordoia e Trazo terán o seu oco no municipio ordense poñendo nome a algunhas das súas rúas. Para a inauguración, que terá lugar a partir das 13 horas, o goberno local do Concello de Ordes ten invitadas a todas as corporacións municipais ao completo de ditos municipios.

Trala inauguración as autoridades realizarán unha visita ao recinto feiral de Expo Ordes, visita que está prevista para as 14 horas.

*

O Día da Terra lembrou a importancia dos nosos humidais

.
Na charla, que estivo presidida polo alcalde Manuel Regos e o concelleiro de Medio Ambiente, Xesús Pedreira, participaron preto dun centenar de alumnos do IES Maruxa Mallo

O Concello de Ordes, a través da concellería de Medio Ambiente, conmemorou hoxe o Día da Terra coa celebración, na Casa da Cultura, dunha charla sobre a importancia dos humidais.
Unha charla que baixo o título 'Cuidemos os nosos humidais' foi impartida por dúas responsables da área de Conservación do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- CEIDA, e que completou así a temática iniciada xa coa conmemoración do Día Mundial da Auga, na que dende o Concello se lanzou tamén unha mensaxe facendo fincapé na importancia dos humidais.

Os encargados de abrir a xornada foron o alcalde de Ordes, Manuel Regos e o concelleiro de Medio Ambiente, Xesús Pedreira, que insistiron no obxectivo desta charla, que é o de sensibilizar á comunidade escolar sobre a riqueza natural e cultural dos humidais e da necesidade da súa conservación.

A charla contemplou varios aspectos sobre os humidais como que son, tipoloxía, valores, ameazas, xestión e principais humidais galegos facendo unha especial referencia aos encoros de Vilagudín e Vilasenín, zonas húmidas máis destacadas da comarca de Ordes que hoxe están naturalizadas e convertidas en referente paisaxístico da comarca.

Alumnos do IES Maruxa Mallo
Nesta iniciativa participaron preto dun centenar de alumnos e alumnas do IES Maruxa Mallo de Ordes, que se mostraron interesados polo tema, sendo partícipes ademais nun xogo de rol consistente na simulación da construcción dun complexo turístico. Os rapaces e rapazas ordenses, repartidos en grupos ocuparon os roles de empresarios, asociacións de veciños, ecoloxistas e científicos, expoñendo cada grupo a súa postura acerca do tema.

*

miércoles, 21 de abril de 2010

Os Viqueiras levan a súa foliada ata Tordoia

.
Celebran a 19ª Noites de Tasca o venres 30 de abril ás 22:00 h. na cervexería O Dolmen da Pontepedra

O grupo de gaitas Os Viqueiras de Ordes, en colaboración coa Asociación de Veciños de San Xulián de Cabaleiros, do Concello de Tordoia, organizan o venres 30 de abril a decimonovena edición das Noites de Tasca. A cita terá lugr na cervexería O Dolmen, na Pontepedra, a partires das 22:00 horas.

Nesta ocasión contarán ca actuación do recoñecido grupo pontevedrés Os Carunchos ademais dos membros da Asociación de San Xulián de Cabaleiros.

E despois, coma sempre, foliada toda a noite coa participación de todos e todas.

Os Viqueiras, como xa é costume, convidan a todos os lectores de Ordessiete a disfrutar dunha noite de música tradicional e amizade xunta eles, nesta ocasión en Tordoia.

*

Máis de setenta expositores daranse cita en Expo Ordes 2010

A feira multisectorial que se inaugura este venres, acollerá a 75 expositores no Campo da Feira

Expo Ordes 2010 serán máis de 3.000 metros cadrados de exposición no interior dunha carpa, onde estarán colocados os stands de diferentes empresas de sectores da máis variada índole, ademais dun stand do Concello e outros doutras institucións así como de asociacións, espacio ao que haberá que sumar tamén as exposicións nos exteriores, co que a feira contará cun total de 10.000 metros cadrados de exposición.

Os sectores da construcción, a comunicación, a automoción, a maquinaria agrícola, a náutica, o moble, a alimentación, o textil, ou as telecomunicacións, entre moitos outros, estarán representados nesta feira multisectorial que xa se ten convertido en todo un referente na comarca e incluso a nivel galego.

*

Caixanova e o Concello poñen en marcha o programa Voluntariado Verde 2010

.
Os voluntarios que participen no programa municipal traballarán na defensa dos ríos, a vixiancia e prevención de lumes, nun programa de seguemento ambiental e en actividades na natureza e sendeirismo

O alcalde de Ordes, Manuel Regos, acompañado polo concelleiro de Medio Ambiente, Xesús Pedreira e o director da oficina de Caixanova do municipio, Héctor Monelos, presentaban esta mañá o programa Voluntariado Verde 2010.

Un programa, que se leva a cabo no municipio por segundo ano consecutivo, e a través do que, tal e como explicaron os responsables municipais, se traballará en catro áreas. Unha delas será a defensa dos ríos, que tivo un gran éxito na pasada edición coa limpeza dos cauces que se traduciu, como explicou Pedreira, en que a pesar do mal tempo e as choivas non se produciran inundacións en determinadas zonas do termo municipal nas que eran habituais.

Outra das áreas nas que traballarán estes voluntarios será a vixilancia e a prevención dos lumes, ademais de colaborar tamén na recuperación dos bosques afectadosa a trvés de novas plantacións.

Por outra banda tamén se realizará un programa de seguimento ambiental, a través do que se pretende dar a coñecer a fauna e a flora ordense aos seus veciños.

E por último, a través deste programa de Voluntariado Verde 2010, tamén se desenvolverán diferentes actividades na natureza e sendeirismo, estando xa en marcha no momento actual unha iniciativa que organizan a concellería de Medio Ambiente e a de Educación coa colaboración do IES Nº1, consistente nunha peregrinación por etapas polo Camiño Francés, dende O Cebreiro a Santiago.

Podes escoitar a presentación do programa a través das ondas de Radio Ordes facendo clic baixo estas liñas:



Agradecimento á Obra Social Caixanova
Ademais, tal e como explicou o alcalde, Manuel Regos, e o edil Xesús Pedreira, nesta ocasión contarase, para a coordinación do programa, co traballo dunha becaria durante seis meses, beca que corre a cargo da Obra Social Caixanova. Así o primeiro edil non tivo máis que palabras de agradecemento para dita entidade bancaria, palabras que lle quixo transmitir ao director da oficina de Caixanova de Ordes, Héctor Monelos.

Tanto Regos como Pedreira, agradeceron esta iniciativa de Caixanova, que ademais de permitir un mellor desenvolvemento do programa, crea tamén un posto de traballo, facendo fincapé no feito de que se trata ademais dunha veciña do municipio a que desenvolverá está función.

Pola súa banda, en representación de Caixanova, Héctor Monelos, agradeceu ao Concello o desenvolvemento deste tipo de iniciativas que asegurou, intentarán apoiar sempre dende a entidade que representa.

Dende o Concello de Ordes esperan poder poñer en marcha o proxecto a partir de mediados de maio para o que animan a todos os que estean interesados a que se apunten. Para máis información pódese chamar ao teléfono do Concello, o 981 680157 e poñerse en contacto co departamento de Medio Ambiente.

Foto: De esquerda a dereita, Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes; Manuel Regos, alcalde de Ordes; e Héctor Monelos, director da oficina de Caixanova de Ordes.

*

lunes, 19 de abril de 2010

O Concello de Ordes convoca o III Certame de Poesía do Día das Letras Galegas

.
Os premios entregaranse no acto conmemorativo na honra de Uxío Novoneyra o 18 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura

Os departamentos de Cultura e Deportes, e Educación, Mocidade e Discapacidade do Concello de Ordes, teñen todo preparado para conmemorar o Día das Letras Galegas, que este ano homenaxea ao escritor Uxío Novoneyra.

Así e tal como vén sendo costume, está xa convocado o III Certame de Poesía 'Día das Letras Galegas' no que se establecen tres categorías para os participantes. A primeira delas é a infantil para nenos e nenas ata 12 anos na que se repartirán dous premios aos mellores traballos, un primeiro de 120 euros e un segundo de 100 euros. Ademais haberá tamén unha categoría xuvenil para rapaces e rapazas de 13 a 16 anos, cuxos premios serán tamén de 120 e 100 euros, respectivamente; e por último a categoría xeral, de 17 anos en diante, outorgará dous premios, o primeiro de 300 euros e o segundo de 180 euros.

Orixinais, en galego e máximo 50 versos
En canto ás características das obras que se presenten, deberán ser orixinais, escritos en galego e terán unha extensión máxima de 50 versos, deberán ir mecanografiadas con letra Arial a tamaño 12 e a dobre espacio e terán un título. Ademais as obras non poderán ir asinadas polo autor, identificándose cun seudónimo ou lema e irán acompañadas cun sobre pechado no que se indicará a categoría na que participa, e no seu interior conterá os datos persoais do autor ou autora.

Este ano como novidade o Concello estableceu un novo premio para os centros escolares que estará dotado de 130 euros e que premiará ao centro que presente obras de maior calidade, establecendo un mínimo de 20 participantes.

Podes escoitar as declaracións de Silvia Marín, concelleira de Educación de Ordes a Radio Ordes:



Quen foi Uxío Novoneyra?
Eugenio Novo Neira naceu no Folgodo do Courel (Lugo) en 1930. Fillo de labregos, con 18 anos matricúlase na Facultade de Filosofía e Letras, onde comeza a compoñer os seus primeiros versos en castelán. Pero non sería ata 1955 cando a Editorial Galaxia de Vigo publica a súa obra máis importante, Os Eidos con prólogo de Ramón Piñeiro.

En 1962 múdase a Madrid onde entra en contacto cos tertulianos do Café Gijón e continúa coas súas publicacións de obras poéticas coma Elexías do Courel e outros poemas (1966) ou Vietnam canto (1967). Dende 1982 ata a súa morte o 30 de outubro de 1999 en Santiago de Compostela, foi presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

O 27 de xuño de 2009, a Real Academia Galega decidiu dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2010. Unha elección que escolleu o seu nome por unanimidade de todos os seus membros.

Podes escoitar un recital de Vietnam canto (1967) facendo clic baixo estas liñas:




Foto: Uxío Novoneyra.

*

Conta atrás para a Expo Ordes e a Festa do Champiñón

.
O Concello ten preparado un amplo programa de actividades co gallo destas dúas celebracións

Regos: "Solicitaremos á Xunta que a Festa do Champiñón se declare Festa de Interese Turístico de Galicia"

Terá lugar os próximos 23, 24 e 25 de abril nas inmediacións do Campo da Feira

O Campo da Feira de Ordes volverá a convertirse nun gran recinto expositor de importantes empresas dos diferentes sectores coa celebración dunha nova edición de Expo Ordes. Unha feira multisectorial, que xa se ten convertido en todo un referente a nivel autonómico e que se celebrará a próxima fin de semana, os días 23, 24 e 25 de abril.

Para esta celebración o Concello de Ordes ten preparado un amplo programa de actos que darán comenzo na xornada do venres, ás 20 horas, coa inauguración do recinto feiral, xornada que ademais estará adicada aos empresarios e autónomos de Ordes, que xa foron convidados polo Concello.

Inauguración de rúas da Mancomunidade
Para o día seguinte, o sábado 24 de abril, ademais da apertura do recinto feiral coa exposición de importantes empresas da máis variada índole, tamén se celebrará o Día da Mancomunidade de Ordes. Así durante a mañá, levarase a cabo a inauguración dunha serie de rúas que levarán o nome dos municipios que forman a Mancomunidade, acto para o que o Concello de Ordes convidou a todas as corporacións municipais ao completo de cada un destes municipios.
Ademais durante toda a xornada contarase coa actuación da Charanga Ruada, e a sesión vermú e a verbena correrá a cargo da Orquestra Odisea. Ás 21 horas pecharase o recinto feiral.

O último dos días de celebración, o domingo 25 de abril, contará cunha das citas festivas máis importantes do municipio, a XXI Festa do Champiñón, con degustación gratuíta do producto nos estabelecimentos hostaleiros do municipio a cargo do Concello de Ordes.

O programa de actos para este día incluirá ademais a apertura do recinto feiral ás 10 horas e ás 11 horas a celebración dun concurso de Salto de Obstáculos Nacional de cabalos na explanada do colexio Campomaior. Ademais, trala visita das autoridades ao recinto ás 13 horas, terá lugar a actuación da Banda de Música Amigos de Ordes e a Charanga Ruada. Nesta ocasión a sesión vermú e a verbena correrán a cargo da Orquestra Jocker´s.

As frases de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"A consolidación de Expo Ordes dentro das feiras multisectoriais é xa un feito e esperamos que, ao igual que ocorreu na pasada edición sexan miles de visitantes os que se acheguen ao municipio durante a celebración da mesma"

"No caso da Festa do Champiñón tamén estamos seguros de que contará cun gran éxito, sendo esta xa a súa vixésimo primeira edición. Ademais dende o Concello temos a intención de darlle un novo pulo para o que, tal e como se acordou en pleno, solicitaremos á Xunta que a Festa do Champiñón de Ordes se declare Festa de Interese Turístico de Galicia”

Foto: Inauguración de Expo Ordes 2009 a cargo do alcalde, Manuel Regos.


*

Sete propostas do BNG e Galiza Nova para estimular o emprego xuvenil

.
Os nacionalistas reuniranse cos axentes sociais para presentar o Plan e recoller máis propostas destinadas á creación de emprego

O BNG de Ordes presentou o pasado venres en rolda de prensa as liñas principais do seu plan de emprego xuvenil para o Concello de Ordes. O portavoz municipal, Gonzalo Castro compareceu acompañado de membros da dirección de Galiza Nova de Ordes para realizar unha valoración da evolución do desemprego en Ordes e presentar as liñas básicas dunha proposta de plan de emprego xuvenil.

Castro calificou a evolución do desemprego no municipio como moi preocupante e destacou que nos últimos dous anos o número de desempregados multiplicouse por dous, pasando de aproximadamente 600 desempregados en marzo de 2008 a case 1.200 en marzo de 2010, convertindo a Ordes no concello da comarca onde máis medrou o desemprego.

Diálogo con axentes sociais
Diante desta situación, Castro anunciou que o BNG iniciará un diálogo cos axentes sociais do concello para recoller propostas a incluir nun plan específico para o fomento do emprego xuvenil, así como nun plan de emprego xenérico dirixido a toda a poboación.

Pola súa parte, Pablo Vidal, de Galiza Nova, presentou as liñas xerais da proposta que, segundo confirmou, “será completada e consensuada cos axentes sociais e as entidades xuvenís do concello”.

Vidal avanzou que as liñas básicas da proposta baseanse no seguinte:

1. O impulso da contratación de mozos e mozas polas empresas, con incentivos tanto impositivos como nos concursos públicos para as empresas.

2. Creación dun viveiro de empresas para favorecer o autoemprego dos mozos e mozas.

3. O compromiso da administración municipal e os entes dependentes da mesma de contratación de mozos e mozas.

4. Creación de obradoiros de emprego dirixidos a mozos e mozas, relacionados coas novas tecnoloxías, as enerxías renovábeis e a eficiencia enerxética entre outras.

5. A promoción de actividades formativas profesionais: electricidade, fontanería, soldadura, axuda a domicilio, hostalería…

6. A aposta pola promoción e fomento da agricultura ecolóxica como saída laboral para os mozos e mozas.

7. Creación dun servizo municipal de orientación para os mozos e mozas demandantes de emprego.

As frases de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
"Lamento que o alcalde non teña utilizado os case 5 millóns de euros de investimentos do Plan E para paliar o aumento do desemprego en Ordes, ao non aproveitalos para impulsar a economía e o tecido empresarial do noso concello, que ten sido sistemáticamente discriminado neste Plan por parte do Alcalde”.

“Coa deficiente xestión do Plan E, perdeuse unha boa oportunidade para crear emprego en Ordes”

“O BNG ten presentado multitude de propostas para crear emprego en Ordes, como a creación dun viveiro de empresas ou un plan de modernización e dinamización da praza de abastos, mais foron rexeitadas sistemáticamente polo Goberno Municipal”

A frase de Pablo Vidal, membro de dirección local de Galiza Nova
"Estas propostas, que pretendemos poñer en común coa sociedade, pretenden frenar a sangría que está a sufrir Ordes de mozos e mozas que se ven obrigados a abandonar o noso concello para poder buscar unha saída laboral ou profesional

Foto: Paula Costa, responsable local de Galiza Nova; Gonzalo Castro (centro), portavoz do BNG de Ordes; e Pablo Vidal, membro de Galiza Nova de Ordes.


*

jueves, 15 de abril de 2010

De Camiño co Concello e o IES nº 1


Máis de medio centenar de persoas participarán na segunda etapa de peregrinación polo Camiño Francés que promoven as concellerías de Educación e Medio Ambiente de Ordes

A iniciativa conta coa colaboración do Equipo de Normalización Lingüística do IES Nº1 e pretende percorrer o Camiño Francés dende o Cebreiro a Santiago en sete etapas repartidas en diferentes sábados

Os interesados poden inscribirse chamando ao teléfono 981 680002

As concellerías de Educación e Xuventude e Medio Ambiente do Concello de Ordes que dirixen Silvia Marín e Xesús Pedreira respectivamente, e en colaboración co Equipo de Normalización Lingüística do IES nº 1 poñían en marcha o pasado 10 de abril a iniciativa “Os Camiños de Santiago en Galicia”. Unha actividade a través da que se pretende facer unha peregrinación a Santiago percorrendo o Camiño Francés dende O Cebreiro en diferentes etapas.
.
O Camiño en sete etapas
Concretamente o pasado día 10 levávase a cabo a primeira destas etapas que deu comenzo no Cebreiro ata Triacastela. Así o próximo sábado día 17 está previsto que máis de medio centenar de persoas participen na segunda das rutas que terá como punto de partida Triacastela para finalizar en Sarria.

De cara ás datas e percorrido das etapas restantes serán as seguintes, terceira de Sarria a Portomarín o 8 de maio, a cuarta de Portomarín a Palas de Rei o 15 de maio, a quinta de Palas de Rei a Arzúa o 22 de maio, a sexta de Arzúa a Arca o 29 de maio, e por último a séptima das etapas percorrerá 19 kilómetros do Camiño Francés dende Arca a Santiago de Compostela o 5 de xuño.

Podes escoitar as declaracións da concelleira de Educación, Silvia Marín a Radio Ordes:



Todos aqueles que estean interesados en participar poderán inscribirse e recibir máis información no Concello ou chamando ao teléfono 981 680002.

*

Alimentación saudable na Mancomunidade

.
Os concellos da Comarca de Ordes organiza uns obradoiros dirixidos aos escolares

A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes vén de poñer en marcha unha campaña preventiva sobre alimentación saudable, denominada 'Comendo ben'. Uns obradoiros dirixidos aos escolares dos sete municipios da comarca de Ordes e que pretenden servir como unha ferramenta de prevención dende a escola fronte aos trastornos da conduta alimentaria.

Así, as psicólogas do Servizo de Prevención de Drogodependencias e Apoio á Persoa da Mancomunidade de Ordes están a impartir uns cursos que supoñen unha aproximación a unha alimentación saudable entre os mozos da comarca. “Consideramos imprescindible a prevención dende a escola, favorecendo unha mellora da autoestima e da imaxe que os rapaces teñen sobre eles mesmos”, explica Mónica González López, técnica de Prevención de Drogodependencias da Mancomunidade de Ordes.

O principal problema: a obesidade
González López sinala que “a alimentación xoga un papel fundamental no benestar das persoas dende os primeiros anos da nosa vida” e apunta que “entre os problemas de saúde da poboación actual, en particular dos adolescentes, atópanse os trastornos da conduta alimentaria”. Así, a obesidade é un dos problemas de saúde pública máis preocupantes nestes momentos debido ao seu crecemento. Ademais, segundo os datos manexados polo Servizo de Prevención de Drogodependencias e Apoio á Persoa da Mancomunidade de Ordes, as maiores cifras detéctanse na prepubertade, concretamente no grupo de idades de 6 a 12 anos.
Podes coñecer as declaracións do concelleiro de Servizos Sociais, Xesús Pampín a Radio Ordes:


Estes obradoiros “Comendo ben” comezaron a impartirse hai uns días con éxito en Tordoia, en colaboración co CPI Pecalama. Neles participaron alumnos de 5º e 6º de primaria do centro tordoiés. A vindeira cita terá lugar o vindeiro 26 de abril no CEIP Campomaior, no concello de Ordes.

Foto: Obradoiro de alimentación saudable en Tordoia.
*

De noite si, pero sen alcol

.
O Concello abre o prazo de inscrición para participar nas Noites Psicoeducativas do Programa FARO que traballa a prevención do consumo de alcol e a inserción social das persoas afectadas

O Concello de Ordes abriu o prazo de inscrición para participar nas noites psicoeducativas que se enmarcan dentro do Programa FARO que leva a cabo a concellería de Servizos Sociais. Un programa que ten como obxectivo a prevención do consumo de alcol e a inserción social das persoas afectadas.

Coas noites psicoeducativas o Concello pretende mostrar aos mozos e mozas do municipio que existen alternativas de ocio en espazos libres de consumo de alcol. As actividades fomentarán que se disfrute adecuadamente do tempo libre, mantendo relacións equilibradas coas outras persoas e aprendendo a resolver os conflitos e a mellorar a autoestima, tendo como eixo fundamental o rexeitamento do alcol.

Dirixido a rapaces e rapazas de entre 12 e 17 anos
Esta actividade está dirixida a rapaces e rapazas de entre 12 e 17 anos que estean empadroados en Ordes e incluirá inchables, diversos obradoiros, baile e diferentes xogos. O lugar elexido para levar a cabo esta iniciativa é o pavillón municipal na rúa Mestre Nicolás del Río na zona do Paraíso, aínda que haberá tamén outras localizacións en zonas abertas e na radio municipal.

En canto ás datas nas que se celebrarán estas noites psicoeducativas, terán lugar os sábados 8 e 22 de maio e o 5 de xuño de 21:30 a 00:30 horas e para participar fará falta a inscrición previa, que se poderá realizar ata o venres da semana anterior á realización das actividades na Concellería de Servizos Sociais.

A cita do día 8 de maio contará con inchables, un obradoiro de elaboración de carteiras de cómic, outro sobre a elaboración de cócteles sen alcol, ademais de xogos de mesa e videoxogos coas consolas Wii e PS3.

O programa FARO está organizado polo Concello de Ordes e conta co financiamento da Deputación e a colaboración da Concellería de Servizos Sociais, Radio Ordes, AGEDO e o Club SEO.

*

miércoles, 14 de abril de 2010

O Concello pon a disposición dos veciños un novo contedor de recollida de aceite

.
Estará ubicado na rúa Nova á altura do número 36

O Concello de Ordes pon a disposición dos seus veciños e veciñas dende hoxe mércores, un novo contedor de recollida de aceite doméstico usado. Un novo contedor que estará ubicado na rúa Nova, á altura do número 36, e que suma así o séptimo contedor deste tipo no municipio.

Dende que o pasado mes de novembro de 2008 se puxera en marcha a campaña de sensibilización de reciclado de aceite usado de cociña 'Tirar aceite polo fregadeiro contamina', o Concello de Ordes leva xestionado máis de 4.000 litros deste residuo evitando así por cada un destes litros xestionados, contaminar 1.000 litros de auga dos nosos ríos.

Poderán chegar a ser oito os contedores
A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ordes anima a todos os veciños e veciñas da vila a que depositen o aceite doméstico usado neste contedores, contribuindo a facilitar este servizo coa colocación dun maior número dos mesmos, sendo a previsión para finais deste ano que o municipio conte con outro contedor máis, sendo así oito os que estarán instalados no municipio.

As frases de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
"O interese desta campaña de recollida de aceite doméstico usado reside na necesidade de concienciar á cidadanía da importancia da reciclaxe deste residuo polos beneficios que conleva, non só ambientais, senón que tamén para evitar os problemas que acarrea desfacerse deste residuo polas canerías, xa que provoca a súa obstrucción ao solidificarse e, en consecuencia, graves molestias e perxuizos para calquera domicilio ou comunidade de veciños"

"Se os aceites alcanzan as alcantarillas acumúlanse nas esquinas e favorecen a proliferación de colonias de roedores e, incluso, se se mesturan coa auga poden chegar a disminuir a súa calidade. En definitiva é un xesto co que gañamos todos”

Foto: O alcalde Manuel Regos xunto aos concelleiros Silvia Marín, José Luis Gómez e Xesús Pedreira, na inauguración do contedor de aceite usado da Alameda de Ordes en novembro de 2008.

*