jueves, 31 de marzo de 2011

Pintura, enerxías alternativas, música, cine e literatura na II Semana Cultural do IES nº 1

Fachada do IES nº 1 de Ordes.

Dende hoxe xoves 31 de marzo e ata o venres 8 de abril

Dende hoxe xoves, e ata o vindeiro 8 de abril, o IES nº 1 de Ordes celebra a II Semana Cultural cunha serie de actividades  que pretenden completar o currículo dos seus alumnos.

31 de marzo. Charla sobre a pintura de Luís Seoane a cargo de Xosé Luis Cousillas.

1 de abril. Casa da Cultura, 13:00 h. Manu Clavijo canta a Lois Pereiro.

4 de abril. 16:30 h. Charla sobre a cultura portuguesa.

5 de abril. 10:00 h. Conferencia: Enerxías alternativas: vehículos híbridos, por José Barros Folgueira.

5 de abril. 12:10 h. Charla con Ferro Ruibal sobre cultura clásica.

6 de abril. 12:20 h. Cine galego.

8 de abril. 13:00 h. Encontro literario con David Vázquez Álvarez.

8 de abril. 13:50 h. Découvrons la Bretagne, por Silvia Lesta.

*

Galería de fotos punto de encontro dos baixos da Alameda

Local de ensaio musical.
Sala de conferencias.
Sala de estudo da biblioteca municipal de Ordes.
Sala de lectura infantil.



Colección permanente museo Xoxardo.
Entrada museo Xoxardo.


miércoles, 30 de marzo de 2011

O Concello solicitará á Deputación o saneamento e abastecemento da rúa República Arxentina

Astray, respecto á moción anti execución hipotecaria do BNG: "Ogallá fora competencia nosa reformar a lei hipotecaria"

Se organizarán actividades para coñecer a figura de Xoxardo 

A corporación municipal do Concello de Ordes reuniuse na mañán de hoxe para celebrar o pleno ordinario do mes de marzo. Un pleno no que se ratificou por unanimidade, o acordo da Xunta de goberno local de data 19 de xaneiro, de participación no Plan de Cooperación cos Concellos da Deputación para a anualidade de 2011. A través deste instrumento solicitarase a realización dos investimentos para o saneamento e abastecemento de auga na rúa República Arxentina.

Vivenda hipotecada
Por outra banda, no punto de mocións, foi rexeitada a urxencia de dúas mocións presentadas polo BNG. Na primeira delas, solicitábase que o Concello pedise á Xunta que inste á Xunta de Galicia e ao goberno do Estado o impulso dunha reforma lexislativa en materia civil, hipotecaria e procesal dirixida a protexer as persoas cuxa vivenda hipotecada é residencia habitual, co fin de admitir a dación en pagamento como cancelación da totalidade da débeda hipotecaria , entre outras cuestións.

Unha moción que non contou co apoio do grupo de goberno, xa que tal e como explicou o edil de Réxime Interior, Manuel Astray, “non é unha competencia do Concello de Ordes, ogallá puidera esta corporación facer algo ao respecto, pero é competencia do goberno do Estado e nós non podemos facer nada”.

A segunda das mocións dos nacionalistas fixo referencia a declarar Ordes como un concello desnuclearizado. O alcance desta declaración implicaría, segundo Gonzalo Castro, a prohibición de localizar no territorio galego un cemiterio nuclear ou depósitos de almacenamento de residuos nucleares, a prohibición de que en Galicia se constrúan centrais nucleares, continuar co impulso de políticas de aforro e eficiencia enerxética, ademais de incrementar o uso de enerxías renovables no noso modelo enerxético.

Unha cuestión cuxa urxencia tampouco foi aprobada, xa que como explicou tamén o edil Manuel Astray, “dende 1984 neste Concello xa está aprobada unha moción ao respecto deste tema, estando Ordes xa declarado término municipal desnuclearizado, polo que esta moción do BNG non ten lugar”.

Quenda mensual nos locais de ensaio
No punto de rogos e preguntas e ante as críticas e preguntas dos nacionalistas sobre dotar un local de ocio para a xuventude nos baixos da Alameda, inaugurados o pasado venres, a concelleira Silvia Marín quixo aclarar que para a utilización dos locais de ensaio sí se establecerá unha quenda mensual para os grupos que o soliciten na Oficina de Información Xuvenil. Ademais engadiu que se establecerán unhas normas de uso. Pola súa banda, Castro anunciou o seu compromiso para impulsar nos baixos da Alameda e desde o próximo goberno municipal, a dotación dun local social xuvenil amplo e convenientemente equipado”.

Finalmente, tamén explicou que se organizarán actividades para dar a coñecer a figura de Leonardo Recouso “Xoxardo”, pintor e escultor ordense a quen se adica o museo instalado nestes baixos.

*

martes, 29 de marzo de 2011

Unha mesa de expertos informará sobre o cancro de colon e recto

Será o 31 de marzo de 10:00 h a 13:00 h. no Centro de Saúde de Ordes

A Concellería de Sanidade do Concello de Ordes en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro e co Centro de Saúde de Ordes, organiza unha mesa informativa sobre a prevención primaria do Cancro de Colon e Recto o vindeiro 31 de marzo de 2011 con motivo do Día Mundial do Cancro de Colon e Recto.

Así, o vindeiro xoves estará dispoñible para todo o público que queira achegarse e obter información ao respecto, unha mesa informativa no Centro de Saúde de Ordes de 10.00 h a 13.00 h. O persoal encargado serán membros da Asociación Española contra o Cáncer de Ordes coordinados pola súa Presidenta, Emilia Vázquez Pardo.

Dieta, exercicio físico e alcol
Os principais factores de risco modificables do cáncer de colon e recto son a dieta, o exercicio físico e o consumo de alcol. Unha parte significativa (entre o 50 e o 70%) dos cancros de colon e recto poderianse previr cunha dieta rica en froitas e verduras, evitando ou moderando o consumo de bebidas alcohólicas e facendo exercicio físico regular. A detección precoz do cancro, mediante a proba de detección de sangue oculta en heces, realizada cada dous anos, é unha estratexia de eficacia demostrada para reducir a mortalidade por este cancro nun 17%.

Podes coñecer máis sobre o cancro de colon realizado polo programa 'Salud al día', de Telemadrid.



As frases de Xesús Pedreira, concelleiro de Sanidade de Ordes
“A preocupación desta concellería dende o seu inicio, con programas como Ordes Saudable, é a de facilitar aos nosos veciños toda a información necesaria para previr todo tipo de enfermidades a través de hábitos de vida saudable"

"Consideramos fundamental levar a cabo actuacións de promoción da saúde que se dirixan directamente á alimentación, o consumo de alcohol, o exercicio físico ou o consumo de tabaco que terán impacto positivo, a medio e longo prazo, na prevención de enfermidades crónicas e de diversos tipos de cancro, incluído o cancro colorrectal"

*

Estrella Vázquez: “Que o Concello inaugure tres veces a mesma obra revela o deficiente balance desta lexislatura”

Estrella Vázquez, presidenta do PP de Ordes.
Os populares reclaman un centro de día, e arranxos nas rúas e nos accesos ás parroquias

O feito de que o polo de agora alcalde de Ordes conclúa o seu mandato inaugurando por terceira vez a mesma obra escenifica perfectamente, en opinión do Partido Popular, o deficiente balance da lexislatura que agora remata.

“Os veciños de Ordes necesitan obras útiles para todos, como un centro de día ou arranxos nas rúas, e non inauguracións repetidas e baleiras de contido que sexan utilizadas polo alcalde para facer campaña electoral cos nosos impostos”, afirma a presidenta do PP local, Estrella Vázquez.

A presidenta do PP ordense engade que "despois de catro anos no Goberno local á fronte dun cuadripartito, Regos abandona o Concello con obras faraónicas rexeitadas polos veciños e deixando aos seu sucesor unha débeda de oito millóns de euros que deberán pagar todos os ordenses cos seus impostos".

Obras de ampliación da Alameda
Na noite de onte, venres -no límite do prazo legal para efectuar actos deste tipo antes das Eleccións Municipais-, o Goberno local de Ordes inaugurou por terceira vez as obras de ampliación da Alameda, unha actuación que xa fora posta formalmente en servizo, polo menos, en dúas ocasións anteriores: polo presidente da Deputación da Coruña o 17 de setembro de 2009; e polo delegado do Goberno en Galicia o 12 de novembro de 2010. Posteriormente, o 30 de novembro dese mesmo ano, o Concello volveu anunciar a entrada en servizo desas dependencias.

Dase a circunstancia de que as obras de ampliación da Alameda, nas que o Concello gastou máis de dous millóns de euros suscitaron un amplo rexeitamento veciñal, ao igual que a construción dunha nova Casa do Concello, por entender que con ese elevado volume de recursos se deberían atender outro tipo de necesidades, como equipamentos de carácter social ou a mellora dos accesos ás aldeas e parroquias.

Máis cartos en folletos ca en arranxos
“Un alcalde que gasta mais cartos en folletos e en comilonas ca en arranxar as rúas da vila falta ao respecto dos veciños”, insiste Vázquez Varela.

“Lamentablemente -agrega a presidenta dos populares ordenses- o actual Goberno cuadripartito de Ordes parécese cada vez máis ao de Touriño e ao de Quintana, seguramente porque o propio Regos se sinte perfectamente identificado con esta estratexia de derroche e ostentación que o levou a pedir o voto con insistencia para ese bipartito que os galegos xubilaron nas furnas”.

*

Agradable camiñata dun grupo de socialistas polo roteiro de San Paio-Outeiro


Pedreira: "Non temos que esquecer do bonita que é a nosa terra e que debemos coidala"

Un grupo de afiliados, simpatizantes e amigos do PSdeG-PSOE de Ordes realizou este domingo o roteiro de San Paio-Outeiro, un sendeiro de 8,5 quilómetros polas parroquias de Buscás e Poulo. A pesar do mal tempo, os sendeiristas disfrutaron moito das dúas horas de paseo por este roteiro ordense, que coincide nalgún tramo co Camiño Inglés.

“Non todo ten que ser política nestas datas”, indica o secretario xeral do PsdeG-PSOE de Ordes, Xesús Pedreira, “non nos temos que esquencer do bonita que é a nosa terra e que debemos coidala e promocionala”. O roteiro de San Paio-Outeiro é o segundo que se pon en marcha en Ordes, canda o roteiro do río Mercurín.

Fermosa ruta rural
A expedición socialista partíu do entorno da casa rural Dona María e pasou pola igrexa románica de San Paio de Buscás, dende onde se dirixiu ata o muiño de auga de Trabe. Aló conectaron co sendeiro adoquinado do Camiño Inglés e cruzaron a ponte do Cubo, dende onde continuaron ata Outeiro de Abaixo. Os sendeiristas tamén visitaron a igrexa de San Xiao de Poulo (Outeiro de Arriba), un templo románico ao que se chega a través dun fermoso carreiro entre árbores. Dúas horas despois, e tras pasar diante da casa rural Antón Veiras e por Pardiñas, os camiñantes chegaron ao seu punto de partida en Buscás.

*

Inauguradas oficialmente as instalacións culturais dos baixos da Alameda

O alcalde Manuel Regos coa nai, viúva e fillas de Xoxardo.
Albergarán unha biblioteca, uha sala de conferencias, aulas de formación, un museo e locais de ensaio musical

Manuel Regos: "Se trata dunhas instalacións pensadas para o beneficio do municipio"

O alcalde Manuel Regos, inaugurou o pasado venres as novas instalacións municipais ubicadas nos baixos da Alameda, máis coñecidas como o novo punto de encontro de Ordes. Trátase dunhas instalacións, de máis de 1.300 metros cadrados, que albergan a biblioteca municipal, unha sala de conferencias, aulas de formación, un local para a xuventude, locais de ensaio para as bandas musicais do municipio e un novo museo, o Museo Xoxardo que acolle a obra do falecido artista ordense Leonardo Recouso, máis coñecido como Xoxardo.

Os actos deron comenzo na Casa do Concello cunha recepción á familia de Xoxardo, unha recepción na que Manuel Regos destacou a figura deste pintor, escultor e poeta natural de Ordes. Ademais Regos agradeceu a dispoñibilidade da familia para ceder as obras, un agradecemento que foi recíproco por parte dos familiares que mostraron a súa gratitude ao alcalde por ter habilitado un museo en homenaxe a Xoxardo. Ao acto acudiron a viúva de Xoxardo, dona María José Varela, as súas fillas Estela e Paula Recouso Varela, a súa nai, dona Purificación Ramos Blanco e o seu irmán, don José Manuel Recouso Ramos.

Tal e como explicou Regos, este museo será un “museo vivo, itinerante” que irá intercambiando a gran cantidade de obras do autor cada certo tempo, así como poderá ser utilizado para outras mostras e exposicións”.

Manuel Regos e a nai de Xoxardo, dona Purificación Ramos Blanco.
Placa conmemorativa
Trala recepción no Concello, alcalde e membros da Corporación, así como os asistentes ao acto dirixíronse ata os baixos da Alameda, onde se descubriu unha placa conmemorativa e se fixo unha visita polas diferentes instalacións.

En canto á biblioteca municipal, o rexidor ordense destacou os novos servizos cos que conta, como unha zona de ludoteca, sala de lectura infantil, postos informáticos e a zona de adultos, e insistiu na importancia da ampliación destas instalacións que xa quedaban pequenas no municipio.

Por outra banda, Regos tamén quixo destacar outros dos espazos cos que contan estas novas instalacións, como un local para a xuventude, e os locais de ensaio para os grupos musicais do municipio “uns espazos moi demandados pola nosa mocidade e dos que agora xa poderán disfrutar”, dixo.

Ademais, o novo punto de encontro de Ordes conta tamén cunha sala de conferencias, aulas de formación e unha oficina na que está instalada a Cruz Vermella.

Centos de veciños asistiron a este acto de inauguración, no que puideron comprobar de primeira man o resultado do traballo realizado nos baixos da Alameda. O alcalde, Manuel Regos, insistiu en que “se trata dunhas instalacións pensadas para o beneficio do municipio, polo que espero que sexan do agrado de todos e estou seguro que servirán para o disfrute de todos os veciños e veciñas, tanto de nenos como de maiores”.

*

Manuel Regos da o visto bó ás obras da Cidade Deportiva de Vista Alegre

Manuel Regos, alcalde de Ordes.
As instalacións contarán con máis de 20.000 metros cadrados dedicados á practica de fútbol e atletismo

Ordes conta xa con novas instalacións deportivas no municipio. Trátase de máis de 20.000 metros cadrados enmarcados dentro da nova Cidade Deportiva de Vista Alegre cuxas obras están xa rematadas. Unhas instalacións que contan con dous campos de fútbol, un de herba natural e outro de herba artificial, outro campo de fútbol para os máis pequenos, pistas de atletismo, vestiarios e graderíos renovados e unha cafetería con vistas aos tres campos de fútbol.


Aula de formación
Ademais esta nova cidade adicada ao deporte, está dotada tamén cunha aula de formación, pensada segundo explicou o alcalde, Manuel Regos, para que os 200 rapaces que acuden ás escolas deportivas, teñan un lugar onde poder recibir algún tipo de clase teórica, así como facer os deberes mentres esperan o seu turno de adestramento. Sen olvidarse tampouco do equipo de 3ª división, que sempre é un referente para o fútbol base do municipio.

Ademais, as instalacións están adaptadas para persoas con diversidades funcionais, facendo así do conxunto un lugar accesible e do que poden disfrutar todos os veciños de Ordes.

Próxima Noites de Tasca en Frades o venres 1 de abril

Galería de fotos Noites de Tasca en Trazo


Foliada en Trazo.

Faiscas da Pontraga.

Bailadores.

jueves, 24 de marzo de 2011

Nova sesión de Tardes de Contos e Lendas na Biblioteca

Sesión de Tardes de Contos e Lendas na biblioteca de Ordes durante o mes de febreiro.
Terá lugar mañá venres ás 18:30 horas e está dirixido a nenos e nenas de 3 a 8 anos

A Biblioteca Municipal de Ordes acollerá mañá venres 25 de marzo a partires das 18:30 horas, unha nova sesión das 'Tardes de Contos e Lendas'. Nesta ocasión será novamente un contacontos o protagonista narrando os 'Contos de Primavera'.

Con esta iniciativa, a biblioteca ordense busca introducir aos pequenos de tres a oito anos no mundo da lectura, familiarizándoos cos libros, así como coas instalacións da nosa biblioteca.

*

Detenido un vecino de Casal por matar a una perra vagabunda con una escopeta

Según la Guardia Civil, le asentó un disparo en la cabeza causándole la muerte instantánea

Según publica hoy la agencia Europa Press recogida por el diario 20 Minutos, agentes de la Guardia Civil han detenido hoy en Ordes a un hombre de 50 años por matar con una escopeta a una perra sin dueño, que estaba siendo cuidada por una vecina del lugar.

El Instituto Armado ha explicado que la perra murió por un disparo de escopeta que un vecino de la localidad descerrajó sobre la cabeza del animal "causándole la muerte instantánea".

Sucedió el lunes
El hombre fue visto por otros vecinos que habían escuchado el disparo cuando éste regresaba a su domicilio con el arma en la mano. Los hechos ocurrieron hace cuatro días en el lugar de O Casal, según han concretado las mismas fuentes.

Tras tomarle declaración, el hombre quedó en libertad. Los hechos fueron puestos en conocimiento del Juzgado de Ordes bajo la tipificación de delito de maltrato animal.

*

miércoles, 23 de marzo de 2011

Charlas informativas: Reciclaxe de medicamentos

Escolares composteláns percorreron onte o roteiro do Mercurín


Enmarcado dentro das actividades postas en marcha polo Concello de Ordes co gallo do Día da Auga

O Concello de Ordes, a través da concellería de Medio Ambiente, celebrou o Día Mundial do Auga percorrendo parte do roteiro do río Mercurín na compaña de alumnos, alumnas e profesoras do CEIP Cardenal Quiroga Palacios de Santiago de Compostela.

Para o concelleiro de Medio Ambiente, Xesús Pedreira, percorrer o roteiro do río Mercurín é unha forma moi axeitada de celebrar o Día da Auga por ter o nacemento este río ó seu paso polo roteiro, ao mesmo tempo que se pon en valor esta ruta e se lle dá a coñecer aos rapaces e rapazas que nos visitan, a riqueza natural da vila.

O roteiro do río parte do muíño do Campo da Feira onde se atopa un panel interpretativo da ruta e entre os seus principais atractivos figuran a fraga de Tralorrío e tamén dous muíños. Os rapaces percorreron oito dos 16 kilómetros que compoñen o roteiro logo de xantar no paseo fluvial do municipio.

No seu día o roteiro foi deseñado e acondicionado empregando materiais propios da zona como madeira de carballo e de castiñeiro e sen aplicar produtos prexudiciais para o medio ambiente.

A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes 
"O noso concello conta cun número crecente de roteiros e sendas adaptadas e habilitadas para a práctica de sendeirismo na natureza para todas as franxas de idade"

*

Novas árbores para o patrimonio natural de Ordes


Un cento de escolares participaron na plantación de Vilamaior

O Concello de Ordes conmemororou o luns o Día Mundial Forestal cunha nova xornada do Día da Árbore en colaboración con Sogama. Así dende as concellerías de Medio Ambiente, Medio Rural e a concellería de Educación, organizouse unha plantación de árbores na que participaron un cento de escolares ordenses, concretamente dos centros Castelao, Campomaior e Mesón do Vento.


O acto, no que se plantaron 50 exemplares entre castiñeiros e carballos, tivo lugar no terreo contiguo ó local social da parroquia de Vilamaior e nel participaron tamén o alcalde, Manuel Regos, o edil de Medio Ambiente, Xesús Pedreira e o concelleiro de Obras e Urbanismo, Roberto González.

*

lunes, 21 de marzo de 2011

Galería de fotos XIII Festa do Lacón con Grelos no Mesón do Vento

Proba de arrastre.
Exposición de maquinaria agrícola.
Nave de gando 1.
Nave de gando 2.



Nave de gando 3.
  
 <><>
<>
<><>
Concentración cabalar.



 

domingo, 20 de marzo de 2011

Ana Álvarez: "Se queredes cambiar Ordes, fagámolo entre todos"

De esq. a der. Adolfo Reymóndez, presidente de Cidadáns de Galicia (CideGa), Ana Álvarez, candidata de CideGa á alcaldía de Ordes, e Xesús Pampín.
A empresaria fixo pública a súa candidatura como alcaldesa de Ordes nun repleto restaurante El Túnel

O seu obxectivo é poñer a Ordes na senda do crecemento, do benestar social e do emprego

Dende o pasado venres, a empresaria ordense e ex concelleira socialista Ana María Álvarez xa é a candidata oficial de Cidadáns de Galicia (CideGa) á alcaldía de Ordes. Ante uns 500 veciños reunidos no restaurante El Túnel segundo cálculos de CideGa, a candidata expuso as liñas mestres dun programa electoral baseado no compromiso do seu partido coa cidadanía ordense, coa súa identidade e independencia e cun trato directo entre os representantes políticos e os veciños.

Álvarez estivo acompañada polo presidente do seu partido, o médico do centro de saúde de Ordes, Adolfo Reymóndez, e polo economista e tamén ex concelleiro socialista Xesús Pampín. Ambos tamén interviron con palabras de esforzo e entrega por poner a Ordes no senda do crecemento, do benestar social, do emprego e da recuperación económica.

Segundo CideGa, foron en torno ás 500 persoas quenes se achegaron ao salón de actos de El Túnel para coñecer a candidatura de Ana María Álvarez á alcaldía de Ordes.
"Unha nova forma de traballar por Ordes"
En palabras de Álvarez, “Cidadáns de Galicia demostrará aos veciños de Ordes unha nova forma de traballar na que terán participación todas as asociacións e agrupacións do municipio, ademais de todos os estractos sociais, escoitando as necesidades e suxerencias de cada veciño de Ordes”.

Nunha sala que se quedou pequena para coñecer a nova candidatura, a empresaria emplazou aos veciños a que coa súa confianza e apoio, “fagan que de unha vez por todas, Ordes se convirta nun municipio que todos os veciños e veciñas esperan, un municipio no que vivir e traballar”.

A frase de Ana Alvarez , candidata de CideGa á alcaldía de Ordes
"Non queremos pedir o voso aplauso, senón a vosa confianza. O noso goberno só pode existir cosa vosa axuda. Si queredes cambiar Ordes fagámolo entre todos"

*

sábado, 19 de marzo de 2011

Hoxe e mañán, o Mesón do Vento vive a súa Festa do Lacón con Grelos

Exposición de gando da Festa do Lacón con Grelos da edición do ano 2010.
Haberá doce parellas de bois, gando das razas cachena e limousin, ademais de cabalos de pura raza galega, exemplares da galiña de Mos, can de palleiro e degustación gratuíta de lacón con grelos

Regos: "Animamos a veciños e visitantes a que se acheguen ao Mesón do Vento para disfrutar desta festa tan significativa no noso concello"

O Concello de Ordes ten todo preparado para celebrar hoxe e mañá a XIII Festa do Lacón con Grelos en Mesón do Vento. Unha fin de semana na que terá a exposición de gando como unha das grandes protagonistas no recinto feiral.

Gando, cabalos, cans e galiñas
Serán preto dunha decena de gandeirías de toda a provincia as que mostrarán os seus exemplares nesta feira, que vai xa pola súa decimo terceira edición, e que se ten convertido en todo un referente na comarca. En total haberá arredor de 60 cabezas de gando vacún, coa particularidade de contar coa presenza de doce parellas de bois. A isto sumaranse ademais exemplares de vacas da raza cachena e da raza limousin, así como cabalos de pura raza galega, cans de palleiro e galiñas de Mos.

*

Gonzalo Castro lanza un órdago: "O novo edificio do Concello, para un viveiro de empresas e un centro de promoción económica"

De esq. a der. na mesa, Martiño Noriega, alcalde de Teo; Evencio Ferrero, alcalde de Carballo; Gonzalo Castro, candidato do BNG á alcaldía de Ordes; Xaquín García, alcalde de Arzúa; e Ana Pontón, deputada do Parlamento de Galicia.
Castro: "A prioridade do próximo goberno municipal será a creación de emprego e a reactivación económica"

O BNG ponse como primeiro obxectivo, recuperar os 500 empregos destruídos nos últimos catro anos

O candidato do BNG á alcaldía de Ordes, Gonzalo Castro, anunciou durante a charla cos alcaldes de Arzúa, Carballo e Teo que tivo lugar durante a noite do xoves, o seu compromiso de destinar o espazo do novo edificio do Concello a un viveiro de empresas e un centro de promoción económica. A prioridade do próximo goberno municipal, asegurou o candidato, “será a creación de emprego e a reactivación económica”. Castro manifestou que “o certo é que a ampliación do Concello non era unha obra prioritaria, mais xa non é a hora das críticas é a hora de buscar solucións á situación que está a vivir o noso concello.

Castro anunciou que “este será o primeiro paso dunha actuación de goberno que ten como obxectivo recuperar o dinamismo económico de Ordes como cabeceira de comarca e recuperar os 500 empregos destruidos nos últimos catro anos”.

O salón de actos do restaurante El Túnel acolleu a mesa redonda dos alcaldes nacionalistas.
"Referencia política e modelo a seguir"
Respecto á mesa redonda baixo o título de Compromiso para transformar Ordes: experiencias de Goberno do BNG,  que contou ademáis coa participación da deputada Ana Pontón, e dos alcaldes nacionalistas dos concellos de Arzúa, Carballo e Teo, Xaquín García, Evencio Ferrero e Martiño Noriega, o candidato nacionalista á alcaldía ordense manifestou “o seu agradecemento pola exposición das experiencias de goberno do BNG en tres concellos que posuen grandes similitudes co concello de Ordes, que están a ter grandes transformacións e avances da man de tres alcaldes nacionalistas que constituen unha referencia política e un modelo de xestión a seguir”.


*

Nova charla dos Venres Saudables: Trastornos da conducta alimentaria

Será o venres 25 de marzo ás 20:30 horas no Museo do Traxe Juanjo Liñares

O Concello organiza unha nova charla informativa gratuíta para maiores de 16 anos enmarcada dentro do programa Venres Saudables. Esta vez o coloquio tratará sobre os trastornos da conducta alimentaria baixo o título "Trastornos da conducta alimentaria: detección e prevención".

A charla, que terá lugar o vindeiro venres 25 de marzo ás 20.30 horas no Museo do Traxe Juanjo Liñares, enfocarase específicamente na prevención de esos trastornos e na alimentación saudable que se debe seguir. A encargada de impartir a charla será Áurea Brea, Psicóloga da Asociación de Bulimia e Anorexia de Galicia (ABAGAL).



A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Sanidade de Ordes
"Os obxectivos desta charla son ofrecer unha explicación acerca do por qué os adolescentes constitúen unha poboación vulnerable a padecer este tipo de enfermidades, axudar aos pais e nais a diferenciar os factores de risco que contribúen ao desenvolvemento dos trastornos da alimentación máis comúns e, facilitar as ferramentas que axuden a promover estilos de vida saudable nos xoves de hoxe en día"

*

O Día da Auga chega con actividades de concienciación dirixidas a escolares

A concellería de Medio Ambiente do Concello xa traballa nunha campaña de aforro de auga

O Concello de Ordes, a través da concellería de Medio Ambiente, está a organizar varias propostas para celebrar o Día Mundial da Auga, o vindeiro martes 22 de marzo.

Este ano este departamento decidiu traballar nunha campaña de aforro de auga elaborando un "Calendario de Aforro" que pretende sensibilizar á comunidade escolar ó tempo que se implica ós pais nos seus fogares, sobre a riqueza natural e cultural do auga e da necesidade da súa conservación. O calendario consiste nuha plantilla que recolle unha serie de hábitos negativos e positivos con respecto ao uso do auga .

A idea é facilitarlle tantos calendarios como soliciten os centros de ensino da vila en función dos alumnos que queiran participar para que, unha vez nas súas casas, impliquen aos seus pais e sinalen durante unha semana, ao cabo do día, qué tipo de boas e malas prácticas sinaladas na plantilla levaron a cabo nos seus fogares. Unha vez rematada a semana e entregadas cumplimentadas as plantillas, poderase valorar a puntuación obtida, resultado de sumar os hábitos positivos e restar os negativos, e así comprobar o nivel de concienciación e sensibilización que existe respecto á conservación e uso racional deste recurso.

Os centros participantes recibirán un CD do videoxogo "Os Sostibles, a aventura da auga" , facilitado por Augas de Galicia, que dun xeito educativo e interactivo fomenta o respecto pola natureza e o medio ambiente.

Outra das actividades que se ten previsto para este día é a visita de 38 alumnos e 4 profesores do CEIP Cardenal Quiroga de Santiago de Compostela que percorrerán parte do Roteiro do Río Mercurín acompañados do persoal deste departamento.

A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente
“Con esta campaña pretendemos invitar á reflexión sobre o consumo que da auga facemos, así como de insistir nas medidas de aforro co fin de conseguir realizar un uso responsable dun ben escaso como é a auga”

"Con pequenos esforzos pódense acadar grandes resultados"

*

miércoles, 16 de marzo de 2011

La gasolinera de Barbeiros-Peñasco vende el gasóil más caro de Galicia

Su precio es de 1,360 euros el litro, por los 1,175 euros/litro de Ribeira de Piquín (Lugo)

El diario Faro de Vigo publicó ayer una investigación sobre el precio que arroja el combustible en las diferentes gasolineras gallegas. La de Ordes-Barbeiros, tiene el dudoso honor de ser la que más caro vende el gasoil de toda Galicia: a 1,360 euros el litro. Por contra, es la estación de servicio de Ribeira de Piquín (Lugo) la que vende el combustible diésel a más bajo precio: 1,175 euros el litro.

*

Os 'comenius' entréganlle a Xesús Pedreira o seu proxecto sobre Medio Ambiente


Pedreira: "O futuro saudable do medio ambiente pasa por traballar coa xente nova coma vós"

Co gallo da visita dos profesores e alumnos polacos e lituanos do proxecto Comenius que visitaron Ordes en días pasados, as profesoras responsables, Isabel Mato e Cristina París, fixeron entrega a Xesús Pedreira, como concelleiro de Medio Ambiente e Medio Rural, dos resultados acadados no traballo sobre Medio Natural e Calidade de Vida que levaron a cabo o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO do IES Maruxa Mallo dentro deste programa europeo.

Informe no que se recollen os resultados recabados a través de numerosas enquisas e cuestionarios que realizaron a adultos e adolescentes durante os últimos meses.

Asimesmo, o traballo inclúe a entrevista realizada ao edil durante a que destacou que "o futuro saudable do medio ambiente pasa por traballar coa xente nova coma vós" e na que lles contou de primeira man a política ambiental levada a cabo nos últimos anos no concello.

*

O Concello responde á gran demanda de coñecementos informáticos

Grupo de participantes no curso de perfeccionamento de Windows XP do Concello de Ordes.
Vintedous ordenses darán comenzo o vindeiro xoves a un curso de iniciación a internet e correo electrónico

Onte entregáronse os diplomas doutros dous cursos, un de iniciación e outro de perfeccionamento de Windows XP


 O Concello de Ordes dará comenzo o vindeiro xoves a un novo curso de informática no que participarán un total de 22 alumnos e alumnas do municipio. Concretamente, trátase dun curso no que os participantes aprenderán a utilización de internet e o correo electrónico. Os alumnos repartiranse en dous grupos, tendo lugar as clases os luns e xoves, un grupo de 18:00 a 19:00 horas e o outro de 19:00 a 20:00 horas, na aula de informática da Casa da Cultura.

Un grupo de participantes no curso de iniciación a Windows XP do Concello de Ordes.
Novos cursos
Por outra banda, onte pola noite dábanse por finalizados outros dous cursos de informática, un de iniciación e outro de perfeccionamento de Windows XP nos que participaron un total de 20 persoas.

Dada a demanda rexistrada e a petición dos alumnos do curso de iniciación, o Concello convocará un novo curso de perfeccionamento, para o que as persoas que estean interesadas todavía poden informarse no departamento de Cultura e Deporte do Concello de Ordes que dirixe o edil José Ramón Vázquez Raña.

As datas de celebración todavía están por confirmar.

*

martes, 15 de marzo de 2011

Ordessiete cierra el mes de febrero como el más leído de sus casi tres años de historia

Nos visitaron una media de 117 lectores diferentes cada día

El número de visitas y de noticias publicadas confirma a Ordessiete como la referencia informativa digital de Ordes 

El pasado mes de febrero ha resultado ser el más visitado y más leído de los casi tres años de vida del weblog Ordessiete. En total fueron 3.281 los usuarios únicos registrados durante los 28 días del pasado mes, o lo que es lo mismo, una media de 117 lectores diferentes cada día de mes, según los registros que arroja el contador web Motigo Webstats. En total y durante ese mes, fueron 52 las noticias (posts) publicadas (1,8 entradas por día).

Referencia informativa ordense
En lo que va de año han sido 8.222 las visitas recibidas (112 lectores diferentes cada día) y 52 posts (1,6 entradas por día), lo que convierte a Ordessiete en la referencia informativa digital de nuestro municipio.

Ordessiete es un portal weblog 2.0 nacido el 26 de agosto de 2008. Pertenece al Grupo Mediasiete, empresa editora del periódico gratuito compostelano Santiagosiete, presente en las calles de la capital de Galicia desde el mes de enero de 2007.

*

Solo seis alcaldes concurrirán en listas independientes en toda Galicia

A falta de su presentación oficial, todo apunta a que Manuel Regos (UxO), se presentará a la reelección como alcalde de Ordes.
Serán los regidores de Cee, Santa Comba, Pontecesures, Oleiros, Rábade y Ordes

Además del queique, la industria textil y la Festa do Champiñón, nuestra vila de Ordes posee la singularidad de formar parte del reducido club de concellos gallegos con un regidor que concurrirá a las urnas del próximo 22 de mayo al frente de una lista independiente. Así lo narra hoy la periodista Paola Obelleiro para el diario El País.

Alcalde desde junio de 2007
Junto a Ordes, se encuentran en idéntiica situación los también municipios coruñeses de Cee, Santa Comba, Pontecesures, Oleiros y el lucense de Rábade. Manuel Regos Boquete es alcalde de Ordes por el partido Unión por Ordes (UxO), desde el 16 de junio de 2007.

*

lunes, 14 de marzo de 2011

Os municipios da Mancomunidade, contra a violencia de xénero a través do CIM


Hoxe tivo lugar a primeira reunión dos alcaldes coas forzas de seguridade da comarca e ao longo dos vindeiros días convocaranse mesas sectoriais de debate

A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes vai coordinar as actuacións contra a violencia de xénero nos sete municipios da comarca. Unhas actuacións que serán coordinadas polo Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade, que estudará a elaboración dun protocolo de actuación conxunto para os 40.000 habitantes da comarca ordense.

Así se acordou esta mañá durante unha reunión mantida esta mañá en Ordes polos alcaldes da comarca con representantes das forzas de seguridade da zona (Policía Local de Cerceda, Ordes, Oroso e Tordoia, así como da Garda Civil) e as integrantes do CIM da Mancomunidade. Un encontro no que participou a Xefa de Servizo de Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno, Pilar González, e o alcalde Manuel Regos, como anfitrión.

Optimización de recursos
O presidente da Mancomunidade, Miguel Prado Patiño, explicou que o obxectivo desta iniciativa é “organizar o mellor posible os recursos contra a violencia de xénero e, entre totodos, tratar de previla”. Neste sentido, anunciou que “esperamos tamén facer unhas charlas preventivas en cada concello e sacar dípticos informativos para sensibilizar aos veciños sobre esta lacra social”.

Pilar González alegrouse por que “una Mancomunidad se vaya a ocupar de la violencia de género porque así se dará cobertura a mucha más gente y porque es difícil llegar hasta todas las personas en unos municipios tan dispersos como en Galicia. El hecho de coordinar y sumar recursos significa que podemos ser más eficaces”. De feito, fixo fincapé na indeosincrasia do mundo rural, onde tamén hai casos de violencia de xénero pero que non se denuncian. “Las mujeres del rural no denuncian porque no saben que sufren esa situación de violencia, porque tienen miedo o porque la presión social es mayor”, sinalou González.

Aflorar as denuncias
Pola súa banda, a directora do CIM, Nazaret González, sinalou que “a realidade da violencia de xénero en Ordes fai necesario que todas as administracións públicas aúnen forzas e den unha resposta coordinada dende as súas competencias”. Nazaret González coincidiu con Pilar González na necesidade de actuar na comarca porque, segundo explicou, “canto máis se traballa no ámbito da violencia de xénero e canto máis nos coordinemos, máis afloran as denuncias. Non é que haxa máis violencia, é algo que xa había pero que agora somos capaces de detectala”.

Por iso indicou que obxectivo da Mancomunidade de Ordes con este proxecto é que “todas as mulleres da comarca de Ordes teñan acceso aos mesmos recursos e aos mesmos servizos”. Para iso, o CIM vai poñer en marcha mesas de traballo cos distintos axentes implicados na loita contra a violencia de xénero: forzas de seguridade, xulgados, centros educativos, administracións locais e centros sanitarios. “Tomaremos como base os protocolos municipais xa existentes e veremos se os adaptamos á Mancomunidade ou facemos un novo”, explicou a directora do CIM.

Pleno ordinario
Despois desta reunión, tivo lugar o pleno ordinario da Mancomunidade correspondente ao mes de marzo. Nesta sesión, os alcaldes da comarca acordaron solicitar unha axuda ao abeiro da Lei de Desenvolvemento Sostible do Medio Rural e tamén aprobaron a adhesión da Mancomunidade ao convenio asinado entre a Consellería de Presidencia e a FEGAMP para o desenvolvemento da administración electrónica nas entidades locais.

A esta sesión ordinaria do pleno da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes asistiron asistiron os alcaldes Miguel Prado Patiño (Frades), Mariano Iglesias Castro (Mesía), Manuel Mirás Franqueira (Oroso), Xosé Dafonte Varela (Trazo) e Antonio Pereiro Liñares (Tordoia), así como o vicepresidente da Mancomunidade, Manuel Astray Mariño, e a concelleira de Servizos Sociais de Cerceda, María Viqueira.

*

domingo, 13 de marzo de 2011

O BNG organiza unha mesa redonda cos alcaldes nacionalistas de Arzúa, Carballo e Teo


Terá lugar o xoves 17 baixo o título de ‘Compromiso para transformar Ordes: experiencias de Goberno do BNG’

Unha mesa redonda organizada polo BNG de Ordes para o vindeiro xoves 17 de marzo amosará aos ordenses o modelo municipal nacionalista. Baixo o título de 'Compromiso para transformar Ordes: experiencias de Goberno do BNG, contará coa participación de Xaquín García, alcalde de Arzúa, Evencio Ferrero, alcalde de Carballo, e Martiño Noriega, alcalde de Teo. Tamén contarán coa presenza da deputada Ana Pontón e de Gonzalo Castro, candidato do BNG á alcaldía de Ordes.

O encontró terá lugar no restaurante El Túnel a partires das 21:00 horas.

As frases de Gonzalo Castro, candidato do BNG á alcaldía de Ordes
“Neste acto daranse a coñecer as experiencias de goberno do BNG en tres concellos que posuen grandes similitudes co concello de Ordes, como son os concellos de Arzúa, Carballo e Teo, que están a ter grandes transformacións e avances da man de tres alcaldes nacionalistas que constituen unha referencia política e un modelo de xestión a seguir”

“Os veciños e veciñas de Ordes poderán comprobar coa experiencia dos gobernos do BNG nestes tres concellos, que outra forma de gobernar é posíbel, unha forma de gobernar que poñerá o concello de Ordes ao servizo de todos e todas, e que priorizará a creación de emprego e a reactivación económica

*

sábado, 12 de marzo de 2011

Os 'Mamma Mia' de Poulo triunfan no Entroido ordense

O alcalde Manuel Regos fixoentrega dun diploma aos triunfadores indiscutibles do Entroido da nosa comarca: Musical Mamma Mia, de Poulo.
Extraordinaria a emulación de ABBA que entusiasmou ao preto do milleiro de persoas que se deu cita no Campo da Feira

Excepcional acollida do Entroido deste ano con preto de 700 animados participantes

O carnaval de Ordes rematou hoxe cunha excepcional cabalgata de carrozas que entusiasmou ao preto dun milleiro de persoas que se deron cita na Alameda e no Campo da Feira. Os gañadores na categoría de comparsas de adultos foi para os xa multipremiados Musical Mamma Mia, galardoados tamén co primeiro premio nos concursos de Entroido de Frades e Oroso.

Desfile dos Mamma Mía pola avenida de Alfonso Senra.
Premios
Os premios por categorías foron os seguintes:

CATEGORÍA CARROZAS:
1º- Shrek
2º- Barco de Vapor Os Atravesados

CATEGORÍA COMPARSAS ADULTOS:
1º- Musical Mamma Mía
2º- Granxa Animada
3º Os vellos e as estornelas

CATEGORÍA INDIVIDUAL ADULTOS:
1º- Esmagado por unha pedra
2º- Bebé a Bordo
3º- Dama del Periódico

CATEGORÍA COMPARSAS INFANTÍS:
1º- Coches
2º- O Mundo dos Gnomos
3º- Os frailes zombies

Momento do desfile pola carpa instalada no Campo da Feira de Ordes.

 CATEGORÍA INFANTIL INDIVIDUAL
1º- Formigas
2º-Fantasías dunha costureira
3º- O Xogo da oca

PREMIO Á SIMPATÍA:
Ballet conceptual

PREMIO Á MELLOR COMPARSA MUNICIPAL:
Los Reyes del Mambo
 
*

Galería de fotos Entroido 2011: Carrozas do Sábado de Piñata

Carroza rústica.
Barco do Missisippi.
Carroza da Cenicienta.
Air Ordes.
Barco pirata.

Botafumeiro e Papamóvil 1.

Cabalo de Troia.
Safari africano.
Castelo medieval.

Papamóvil 2.