domingo, 30 de octubre de 2011

Un cento de ordenses arrouparon a Mariano Rajoy en A Coruña


Martínez Sanjurjo: “O PP de Ordes fará canto estea nas súas mans para que un galego, Mariano Rajoy, sexa presidente do Goberno de España”

Arredor dun cento de militantes e simpatizantes do Partido Popular de Ordes acudiron este mediodía á Coruña para participar nun acto protagonizado polo presidente nacional do Partido Popular, Mariano Rajoy.

Un autobús e numerosos vehículos particulares trasladaron desde Ordes aos participantes neste acto político que contou coa asistencia de milleiros de persoas e no que Mariano Rajoy foi aclamado como vindeiro presidente do Goberno de España.


Podes ver o vídeo do encontro do presidente do PP cos afiliados e simpatizantes en A Coruña (Europapress) facendo clic baixo estas liñas.



Nada por gañado
José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do PP no Concello de Ordes que participou no acto xunto cos demais concelleiros populares, advirte, non obstante, dos riscos de caer na complacencia durante  as datas previas aos comicios xerais do próximo 20 de novembro e apunta que nada se pode dar por gañado ata entón.

“O Partido Popuar de Ordes fará canto estea nas súas mans para que un galego, Mariano Rajoy, sexa o vindeiro presidente do Goberno de España”, agrega Martínez Sanjurjo. 

*

Martínez Sanjurjo quere que a web municipal 'colgue' o documento do PXOM

A moción dos populares obriga ao Concello a expoñer públicamente o trascendental documento do urbanismo ordense  

Haberá reunións informativas masivas nas parroquias do municipio

O Partido Popular de Ordes informou onte que a moción presentada polo grupo municipal popular e aprobada no Pleno municipal celebrado o pasado xoves obrigará ao Concello de Ordes a expoñer publicamente o avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) durante un período de 30 días naturais, a partir do vindeiro mércores día 2 de novembro, de maneira que os veciños poden coñecer o contido do documento e formular suxestións. A moción do PP evita que o Concello remita o documento do PXOM a Xunta sen unha primeira exposición pública, como pretendía, segundo os populares, facer inicialmente o equipo de Goberno de Manuel Regos.

A iniciativa do PP reclama que, ademais da exposición pública, se celebre, polo menos, unha reunión informativa en cada parroquia e nun horario que facilite unha participación masiva dos veciños.

Comisión informativa
Outra das propostas recollidas na moción do PP e que pretendía crear unha comisión informativa especial de seguimento do PXOM ata a sua aprobación definitiva, integrada por representantes de todos os partidos da Corporación para coñecer os detalles do documento, foi retirada ó aceptarse por parte do grupo do goberno a inclusión do seguimento e información da tramitación na convocatoria da comisión permanente de Obras e Urbanismo.

Os populares ordenses tamén propoñían crear grupos de traballo para que os profesionais vinculados co PXOM, como arquitectos ou enxeñeiros, pero tamén asociacións de veciños, culturais e deportivas de Ordes, puidesen aportar propostas de mellora. A pesares de que con esta medida se buscaba enriquecer a transparencia do documento, os demais grupos municipais rexeitaron a idea. Pese a isto, os populares xa se comprometeron a esixir a súa creación nun futuro.

Asimesmo, na comisión informativa do pasado venres 28, os populares indicaron da importancia de que se colgue un enlace do documento na páxina web municipal permitindo a súa descarga e a presentación de suxestións por vía telemática.

José Luis Martínez Sanjurjo.
As frases de José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do PP de Ordes
"Con esta moción, o PP acada maior transparencia para o proceso, e evita que o Concello cometa unha cacicada, dado que sobre a elaboración do PXOM pesan na opinión pública serias dúbidas de parcialidade"

“As nosas únicas ataduras son os compromisos que adquirimos cos electores durante a campaña electoral e xamais apoiaremos unha proposta de Regos que vaia en contra dos intereses dos veciños de Ordes”

*

sábado, 29 de octubre de 2011

Pedreira trae ata Ordes ao ministro Caamaño



Será o mércores 2 ás 21:30 horas na Casa da Cultura

O ministro de Xustiza e número un da candidatura do PSdG-PSOE ao Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña, Francisco Caamaño, estará o vindeiro mércores 2 de novembro en Ordes.

O motivo será o encontro que a Agrupación local encabezada por Xesús Pedreira Mirás prepara para ese día cos militantes e simpatizanes socialistas de Ordes a partires das 21:30 horas na Casa da Cultura de Ordes.

*

viernes, 28 de octubre de 2011

Xesús Pedreira pide un pleno extraordinario ante os recurtes da Xunta no plan concertado para Ordes

O socialista considera que “os recortes da Xunta supoñen un ataque ás políticas sociais municipais e a imposibilidade dos concellos para afrontar estes servizos”

O investimento do Goberno autonómico, segundo o socialista, pasa dos 80.000 aos 9.000 euros

O concelleiro socialista Xesús Pedreira vén de solicitar a convocatoria dun pleno extraordinario en Ordes diante dos recortes aplicados pola Xunta de Galicia no Plan Concertado, que no caso do Consorcio de Ordes ascenden ao 98,87%. Un pleno urxente e non retribuido que tería lugar o mércores 2 de novembro e cun único punto na orde do día: analizar as consecuencias dos recurtes no Plan Concertado para os servizos sociais municipais de Ordes.

Neste sentido, Xesús Pedreira exemplifica que o investimento no Plan Concertado para o Consorcio de Ordes pasará dos 80.000 aos 9.000 euros, o que supón un descenso do 98,875%Os recurtes aplicados pola Consellería de Traballo e Servizos Sociais que afectarán a distintos programas e servizos, entre os que figuran algúns tan importantes como os programas de axuda a domicilio, as actividades extraescolares, as actividades conciliación, os programas de cooperación social e outros.

Denuncia ante a FEGAMP
Así mesmo, o concelleiro socialista tamén lle solicitou ao presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Carlos Fernández, a convocatoria urxente e extraordinaria do máximo órgano entre asembleas que substitúa ao Consello Federal de FEGAMP, así como á súa Comisión Executiva, para tomar unha posición sobre esta cuestión.

O edil socialista, Xesús Pedreira.
As frases de Xesús Pedreira, concelleiro do PSdG-PSOE de Ordes
“Na práctica, isto podería supoñer a imposibilidade absoluta para concellos como o de Ordes para afrontar servizos importantísimos para os veciños e veciñas, uns servizos que son irrenunciables para o benestar dos ordenses”.

“Os recortes aplicados polo Goberno da Xunta de Galicia a través da Consellería de Traballo e Servizos Sociais ao Plan Concertado supoñen un ataque frontal ás políticas sociais municipais”. 

Ordes homenaxeará ao soldado Lois o próximo martes

Ofrenda floral ao Soldado Lois realizada polo Concello de Ordes e a Infantería de Marina en novembro de 2008.
Será no cemiterio do Piñeiro coa presenza da Infantería de Marina do Arsenal de Ferrol

O Concello de Ordes, en colaboración coa Infantería de Marina do Tercio Norte do Arsenal de Ferrol organiza, un ano máis, os actos de homenaxe ao Cabaleiro Laureado, don Manuel Lois García, Soldado Lois, que terán lugar o vindeiro día 1 de novembro, Día de Todos os Santos.

Os actos darán comenzo a partir das 11:00 horas cunha misa no cemiterio do Piñeiro de Ordes, para continuar coa tradicional ofrenda floral ante a tumba do Soldado Lois.

Ademais, a partir das 12:00 horas está previsto que a Banda de Música da Infantería de Marina do Tercio Norte do Arsenal de Ferrol ofreza un concerto.

*

Noite de tasca cos Viqueiras....no Rincón do Pincho (Ordes)

O documento do PXOM de Ordes será exposto aos veciños antes da súa aprobación

Os interesados poderán consultalo no departamento de Urbanismo do Concello de Ordes ao longo do mes de novembro

O Goberno municipal explicou tamén os motivos do retraso na aprobación deste trascendental documento

O Concello de Ordes exporá ao público o documento do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) antes de que se leve a cabo a súa aprobación inicial. Hoxe mesmo, o alcalde, Manuel Regos, anunciou que o documento estará exposto no departamento de Urbanismo do Concello, situado no tereceiro andar, dende o día 2 ata o 30 de novembro. Durante este período estará aberto o prazo para que os veciños e veciñas do municipio realicen consultas e presenten as súas suxerencias. Tal e como explicaron dende o Concello, co fin de facilitar o labor de localización das fincas é preciso que os propietarios, na medida do posible, acheguen algún documento no que conste a referencia catastral das mesmas.

A exposición ao público do PXOM acordábase onte por unanimidade por parte de todos os membros da corporación municipal a proposta dos grupos municipais do PP e BNG. Nesta particular, o seu portavoz destes últimos, Gonzalo Castro, salientou que “desde o BNG nin compartimos a actitude dun goberno municipal que pretende evitar que os veciños participen e poidan presentar sugerencias ao PXOM, nin tampouco a do PP que propón a creación dunha comisión política coa intención de retrasar a tramitación do PXOM e a súa remisión á Xunta para que poida ser aprobado”. Respecto a esto último, o PP retirou a súa proposta de creación dunha comisión política.
 
Pola súa parte, Manuel Regos mostrou a súa satisfacción e agradecemento ao resto de compañeiros de corporación por chegar a un acordo conxunto neste tema que asegurou “é vital para o desenvolvemento do noso municipio”.

Retraso no PXOM
No pleno, o grupo de goberno tamén se quixo defender dalgunhas das acusacións da oposición en relación ao retraso na elaboración deste documento e presentou un informe realizado polos técnicos encargados na elaboración do Plan Xeral, no que se especificaba cada un dos pasos dados ata este momento. Así, o alcalde explicou que o documento presentado á Xunta de Galicia en 2007 retirouse porque recibiu moitas correccións do goberno autonómico, a planimetría e o voo quedaban obsoletos, ao ser de 1996, e era máis viable facer un novo plan que seguir co documento anterior. Desta maneira houbo que empezar de cero con todo o proceso que, posteriormente, se viu tamén retrasado pola nova Lei do Solo aprobada pola Xunta que provocou que houbera que adaptar o documento a esta nova lexislación.

Ademais, no pleno celebrado onte pola tarde tamén se aprobou por unanimidade de todos os grupos dous puntos da orde do día relativos á aprobación da ordenanza xeral municipal sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria; e a ordenanza reguladora do servizo de tanatorio municipal, así como o sorteo dos membros das mesas electorais para o vindeiro 20 de novembro.

Canteira de Leira
En canto ao resto de mocións debatidas no pleno, aprobouse tamén unha presentada polo edil do PSdeG-PSOE, Xesús Pedreira, na que se solicitaba que se enviasen as alegacións pertinentes á Xunta de Galicia para que non se reinicie a actividade extractiva na canteira situada entre O Brumeiral (Leira) e Porto (Ardemil), polos problemas que poida acarrear aos veciños da zona. Neste punto o alcalde, Manuel Regos, explicou que se fará todo o posible para denegar a licenza, aínda que o Concello terá que cumprir coa lei e co que lle marque a Xunta.

Unha segunda moción presentada tamén polo edil socialista pedía a inclusión no POS dunha serie de obras, moción que finalmente se decidiu deixar sobre a mesa, xa que se acordou que se estudiarán as propostas de todos os grupos para o POS e decidiranse as máis prioritarias.

Explotacións agrogandeiras
Por outra banda, o BNG presentou unha moción na que se instaba demandar á Consellería de Medio Rural que faga efectivo o pago das axudas aos plans de mellora das explotacións agrogandeiras, así como esixir á Xunta a solución dos problemas derivados da falta de medios da Oficina Agraria Comarcal. Moción que foi aprobada cos votos a favor do grupo de goberno (UxO), BNG, PSOE, CIdeGa e a abstención dos edís do PP. 

A concelleira do BNG, Montserrat Rei, amosou a súa satisfacción pola aprobación desta iniciativa xa que “son moitas as explotacións afectadas polo retraso, que xa pasa do medio ano, no pago das axudas aos plans de mellora, que xa superan unha cantidade total de un millón de euros, o que están ocasionando un gran quebranto económico a un sector moi importante para a nosa comarca”.

Outra moción dos nacionalistas propoñía que as comisións informativas estean formadas por un membro de cada grupo político con representación na Corporación, e con voto ponderado, unha cuestión que non se debatiu ao ser rexeitada a urxencia da moción.

Merelle
Por último, aprobouse tamén por unanimidade, unha moción presentada polo PP para tomar as medidas necesarias e arranxar as carencias que provocan asolagamentos frecuentes en vivendas de Merelle.

Como particularidade, ao comenzo da sesión plenaria gardouse un minuto de silencio en memoria do exalcalde de Val do Dubra, Juan Manuel Baleato, e do pai dun dos edís do PP, Pedro Carrasco, ambos recentemente falecidos.

*

Aberto o prazo para os cursos de informática de Ordes

Trátase de dous cursos de Windows XP nivel medio e avanzado

O Concello de Ordes mantén aberto o prazo de inscrición para dous cursos de informática enmarcados dentro do Circuíto Deportivo e Cultural que o consistorio organiza para o vindeiro trimestre. Concretamente, trátase dun curso de Windows XP nivel medio e outro de nivel avanzado. As clases de nivel medio está previsto que se celebren os luns e mércores de 19:00 a 21:00 horas e as de nivel avanzado os martes e xoves de 21:00 a 22:00 horas.

Todos aqueles que estean interesados en participar nestes dous cursos poden realizar a súa inscrición no departamento de Cultura, situado no primeiro andar da Casa do Concello, en horario de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas, onde tamén poderán recibir máis información.

Windows XP e internet
Por outra banda a vindeira semana darán comenzo outros dous cursos de informática, neste caso un de iniciación a Windows XP que terá lugar os luns e venres de 19:00 a 21:00 horas, e outro de iniciación a internet os martes e xoves de 21:00 a 22:00 horas na aula de informática da Casa da Cultura. En total serán máis dunha vintena de veciños os que participen nestes cursos, enmarcados tamén no Circuíto Deportivo e Cultural programado polo Concello para este trimestre.

Ao finalizar os cursos entregarase aos participantes un diploma acreditativo e todo o material cos contidos abordados no mesmo.

*

jueves, 27 de octubre de 2011

Castro proporá no pleno un só concelleiro por grupo político nas comisións informativas

A medida, que faría pasar dos nove edís actuais a catro, aforraría preto de 15.000 euros anuais nas arcas municipais

Cada concelleiro cobra 105 euros por "indemnización por asistencia" en cada unha das sesións

O portavoz municipal do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, anunciou na tarde de onte que o seu grupo político proporá ao pleno da corporación municipal de Ordes a redución do número de membros en cada unha das comisións informativas da corporación municipal. A proposta dos nacionalistas defende a presenza nas comisións informativas de só un concelleiro por cada grupo político, con voto ponderado en función da representación dos mesmos.

Castro salientou que esta proposta “pasaría de nove a catro o numero de concelleiros nas comisións, o que reducirá significativamente o gasto en indemnizacións a concelleiros por asistencia a comisións informativas, aforrando perto de 15.000 euros anuais ás arcas municipais”.

Que son as comisións informativas?
Trátase dun órgano consultivo municipal onde se estudian previamente os asuntos que van ser tratados no pleno municipal. O seu estudo non ten potestade resolutoria. No concello de Ordes, a composición das comisións son de catro para UxO, tres para o PP, e un membro para o BNG e outro para o grupo mixto. Cada asistente cobra, por indemnización por asistencia, a cantidade de cento cinco euros.  

Gonzalo Castro.
As frases de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
“Esta proposta non mermará a calidade democrática da corporación municipal, posto que as comisións son órganos meramente informativos dos asuntos do pleno, sen o poder decisorio, por tanto, que ostenta o pleno da corporación, onde si están presentes todos os concelleiros”

“Este sistema de representación nas comisións informativas, cun concelleiro por grupo e voto ponderado está a utilizarse en moitos concellos galegos e incluso nalgunha cidade do noso país, polo aforro que supón para as arcas municipais”

*

miércoles, 26 de octubre de 2011

Martínez Sanjurjo. "Que non conten con nós para consumar unha cacicada"

O portavoz municipal do PP denuncia que o Goberno quere aprobar inicialmente o PXOM sen periodo de información pública

O grupo municipal popular reclamará no pleno de mañá unha comisión informativa especial de seguimento

Luz e taquígrafos é a demanda do Partido Popular respecto a Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Ordes, que o Concello pretende aprobar inicialmente sen someter previamente a información pública, confirmando as sospeitas de parcialidade que segundo os populares, circulan de boca en boca desde hai meses.

Segundo o PP, para evitar a “cacicada” que pretende perpetrar o equipo de Manuel Regos, o Grupo Municipal do Partido Popular defenderá no pleno deste xoves unha moción para instar ao Concello de Ordes a crear  unha comisión informativa especial de seguimento do PXOM, integrada por representantes de todos os grupos políticos representados na corporación para coñecer todos os detalles do documento.

Naqueles casos nos que se requira unha análise máis detallado, os populares ordenses propoñen que podan aportar a través de grupos de traballo, ideas e propostas, profesionais vinculados co PXOM, como arquitectos ou enxeñeiros, pero tamén colectivos, como as asociacións de veciños, culturais e deportivas de Ordes. Todo elo encamiñado a un maior enriquecemento da transparencia coa que debe ser elaborado un documento de tanta importancia para o desenvolvemento futuro do municipio.

Exposición pública 
Con todo, o PP de Ordes considera esencial que o Concello expoña ao público o documento do PXOM, antes da súa aprobación inicial,  de maneira que os propietarios reciban información directa e veraz e poidan formular suxestións e alegaciónsO PP reclama que, ademais da exposición pública, se celebre, polo menos, unha reunión informativa en cada unha das parroquias e nun horario que facilite unha participación masiva dos veciños.

O portavoz municipal do PP de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, xa adiantou  que o PP de Ordes non apoiará a aprobación inicial do PXOM se previamente non se efectúa a exposición pública do mesmo para que os veciños teñan un coñecemento directo do documento.

José Luis Martínez Sanjurjo.
As frases de José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do Partido Popular de Ordes
"Que non conten con nós para consumar unha cacicada que pretenda dar carta de natureza aos escuros intereses que rodean a elaboración deste PXOM, como levamos meses advertindo”

"Como xa acontecera coas festas patronais de 2007, pagadas dúas  veces por un capricho do alcalde, o Concello de Ordes tamén pagou dúas veces a elaboración do PXOM, xa que nada máis asumir a alcaldía, Regos anulou o documento encargado anteriormente"

*

Orde do día pleno de mañá xoves 27 de outubro

Orde do día do pleno ordinario que terá lugar mañá xoves 27 de outubro ás 20:00 horas na Casa do Concello de Ordes



ORDE DO DÍA
PUNTO PRIMEIRO: APROBACIÓN, SE PROCEDE, ACTA DA SESIÓN ANTERIOR DE DATA 29/09/2011.

PUNTO SEGUNDO: INFORMES DA ALCALDÍA

PUNTO TERCEIRO: SORTEO MEMBROS MESAS ELECTORAIS, ELECCIÓN A CORTES XERAIS DO 20 DE NOVEMBRO DE 2011

PUNTO CUARTO: APROBACIÓN PROVISIONAL, SE PROCEDE, ORDENANZA XEAL MUNICIPAL SOBRE TRÁFICO, CIRCULACIÓN DE VEHÍCULOS A MOTOR E SEGURIDADE VIARIA

PUNTO QUINTO: APROBACIÓN PROVISIONAL, SE PROCEDE, ORDENANZA REGULADORA DO SERVIZO DE TANATORIO MUNICIPAL

PUNTO SEXTO: DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS E DECRETOS DA ALCALDÍA

PUNTO SÉPTIMO: MOCIÓNS

PUNTO OITAVO: ROGOS E PREGUNTAS

*

O Concello de Ordes programa un curso sobre voluntariado

O prazo de inscrición está aberto ata o día 18 de novembro


O Concello de Ordes, a través da concellería de Medio Rural e Desenvolvemento Ecolóxico e Sostible organiza, en colaboración coa plataforma de Voluntariado Galego da Consellería de  Traballo e Benestar, un curso de voluntariado que leva por título “Xestión de proxectos de voluntariado”.

O curso terá lugar o venres 25 de novembro de 16:15 a 20:15 horas e o sábado 26 de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. As clases impartiranse na sala de conferencias do Punto de Encontro de Ordes (baixos da Alameda).

Prazo de inscrición
O prazo de inscrición xa está aberto ata as 14:30 horas do día 18 de novembro debendo realizarse ou ben na web www.voluntariadogalego.org ou no departamento de Medio Ambiente do Concello de Ordes situado no primeiro andar da Casa Consistorial, onde tamén se poderá recibir máis información ao respecto ou chamando ao 981680002O curso é gratuíto e a modalidade é presencial.

Contidos do curso
 Módulo 1. O proxecto como marco da acción voluntaria
Módulo 2. A acción voluntaria como proxecto
Módulo 3. Áreas clave de traballo na xestión do voluntariado
Módulo 4. A construción de equipos de voluntariado no marco dun proxecto
Módulo 5. Recomendacións aplicables á xestión de calquera proxecto de voluntariado
Módulo 6. Bibliografía e webgrafía de referencia

*

O PSOE de Ordes alerta de posibles contaminacións nas augas por mor da actividade da canteira de Leira

Pedreira reclamará no pleno municipal que non se conceda licencia municipal para esta actividade extractiva

O concelleiro socialista Xesús Pedreira advirtiu hoxe dos riscos que pode supoñer para os veciños de Leira e da Vila de Ordes o reinicio da actividade extractiva na canteira situada entre O Brumeiral (Leira) e Porto (Ardemil), coñecida como “a de Nicanor”. Unha canteira abandoada hai anos e que acaba de solicitar autorización para o reinicio da súa explotación.

“Esta canteira linda co río Cabrón, pertencente ao LIC do Tambre da Rede Natura, e río abaixo ubícase a ETAP de captación de auga para a zona periférica e o núcleo da Vila de Ordes. Pensamos que reiniciar esa actividade sería perxudicial para os veciños da parroquia de Leira e, sobre todo, para a calidade da auga que consumen os veciños de Ordes”, explica Xesús Pedreira. Por iso, o edil socialista solicitará no pleno de mañá xoves que o Concello de Ordes faga as alegacións pertinentes diante da Xunta de Galicia para que non se leve a cabo esta actividade extractiva e que non conceda a licenza municipal para o desenvolvemento desta actividade.

Saneamento
Por outra banda, o secretario xeral dos socialistas de Ordes tamén presentará diante do pleno unha serie de obras demandadas pola veciñanza ordense para a súa inclusión no Plan de Obras e Servizos da Deputación Provincial da Coruña. “No ano 2008 a Deputación fixo o saneamento do límite do concello con Brea, no Mesón do Vento, pero esta rede quedou sen conexión á rede xeral, polo que é preciso poñela a funcionar”, sinala Xesús Pedreira. Por iso propón a construción dunha depuradora nas proximidades do embalse de Vilasenín. “Así se uniría aos núcelos de As Raposeiras, Orellán de Arriba, Orellán de Abaixo e Porta do No, permitindo dar servizo a 265 veciños”, explica o concelleiro socialista. O custe deste proxecto rondaría os 125.000 euros.

Así mesmo, os socialistas ordenses tamén propoñen que se remate a primeira fase das obras de abastecemento e saneamento na Espenica pois “cunha cuantía mínima poderíamos poñer en valor unha obra moi necesaria para mellorar a calidade de vida dos veciños desta zona”. Finalmente, o PSdeG tamén solicita melloras en dous camiños en Fosado (Santa Cruz de Montaos) e Vilamaior, así como obras de alcantarillado e beirarrúas no Seixo (Ardemil), por ser a porta de entrada do Camiño Inglés en Ordes “e atoparse en pésimas condicións”, sinala Pedreira Mirás.

*

O BNG comarcal esixe á Xunta que pague xa as axudas pendentes aos agrogandeiros

Segundo denuncian, levan máis de medio ano de espera 

Os portavoces e outros responsables do BNG nos concellos da comarca de Ordes anunciaron onte a súa intención de presentar diversas mocións e escritos de solicitude de plenos extraordinarios nas corporacións municipais en todos os concellos da comarca con fin de esixir á Xunta de Galicia a solución dos problemas derivados da falta de medios da Oficina Agraria Comarcal. Particularmente, os nacionalistas reclaman a realización inmediata das xestións necesarias para o pago das axudas aos Plans de Mellora e ás novas incorporacións nas explotacións agrogandeiras, que, segundo denuncian, se atopan pendentes de pago desde hai máis de medio ano.

Estas iniciativas foron presentadas por Rocío da Igrexa, Xosé María Pérez, Gonzalo Castro, Xosé Manuel Raposo e Xosé Manuel Pérez, portavoces municipais do BNG en Cerceda, Frades, Ordes, Mesía e Oroso, respectivamente. Tamén por Natalia Cancela e Xabier Villar, respectivos responsables locais do BNG en Tordoia e Trazo.

Os representantes do BNG nestes concellos salientaron que desde hai máis dun ano na comarca de Ordes estanse a producir retrasos desproporcionados na tramitación e pago das subvencións aos Plans de Mellora e nas axudas ás novas incorporacións que están a agravar a situación das explotacións agrogandeiras mermando a viabilidade e o futuro dun sector económico estratéxico para a comarca de Ordes.

Na actualidade, segundo os datos aportados polo BNG, existen aproximadamente unhas corenta explotacións na comarca de Ordes que levan agardando polo pago das axudas, número que se está incrementando de forma exponencial co paso do tempo. Explotacións realizaron case 2,1 millóns de euros de investimento en plans de mellora e están a agardar desde hai moitos meses polo cobro de un millón de euros en axudas para estes investimentos, co risco de que chegados a estas alturas do ano, estes expedientes non queden pechados no presente exercicio económico causando un grave perxuizo económico ás explotacións agrogandeiras.

Os representantes nacionalistas na comarca de Ordes amosaronse moi críticos coa falta de apoio ao sector agrogandeiro por parte do goberno do PP na Xunta de Galiza. Aos seu xuízo, este feito demostra que o único obxectivo do PP é o desmantelamento definitivo dun sector económico de grande importancia para Galicia.

Mocións e plenos extraordinarios
Nos concellos da comarca onde a celebración de plenos ordinarios sexa inminente, o BNG presentará unha moción para incluir na orde do día e esixir á Xunta de Galicia a solución inmediata deste problema. Por outra banda, nos concellos onde a celebración de plenos ordinarios non sexa inminente, o BNG presentará coa moción unha solicitude de celebración de pleno extraordinario co obxectivo de que poida producirse este acordo plenario coa máxima celeridade.

*

martes, 25 de octubre de 2011

Mañá chega a Ordes o servizo de ITV agrícola

Para solicitar cita previa os interesados deben chamar ao teléfono 881920978.


Co fin de facilitar a Inspección Técnica de Vehículos agrícolas no Concello de Ordes, a unidade móbil prestará servizo no polígono industrial de Ordes e no Campo da Feira de Mesón do Vento os vindeiros días.

En Mesón do Vento o calendario de inspección será o seguinte, os días 26, 27, 28 e 31 de outubro, e o 2 de novembro de 09:00 a 13:30 horas e de 15:30 a 18:00 horas. O día 3 de novembro estará só en horario de mañá de 09:00 a 13:30 horas.

No polígono industrial de Ordes prestará servizo os días 4, 7 e 8 de novembro de 09:00 a 13:30 horas e de 15:30 a 18:00 horas, e o día 9 do mesmo mes só en horario de mañá de 09:00 a 13:30 horas.

Para solicitar cita previa os interesados deben chamar ao teléfono 881920978.


*

O Concello axudará con ata 85 euros en material escolar ás familias ordenses máis necesitadas

O prazo de presentación de solicitudes permanece aberto ata o día 18 de novembro


O Concello de Ordes convoca un ano máis as axudas para material escolar que terán como beneficiarios aos veciños de Ordes. O obxectivo destas axudas é facilitar a escolarización dos menores do municipio cubrindo o coste da compra de material didáctico complementario para este curso.

As familias ordenses que poderán ser beneficiarias destas axudas deberán cumprir unha serie de requisitos como ter ao seu cargo fillos en idade escolar matriculados en centros escolares do municipio no curso 2011- 2012, en educación Infantil, Primaria e Secundaria obrigatoria; ter uns ingresos netos anuais per cápita da unidade familiar correspondentes ao ano 2010 inferiores a 3.500 euros; e estar empadroadas e residindo no concello de Ordes cunha antigüidade mínima de dous anos a contar dende a data na que finalice o prazo de presentación de solicitudes, entre outros.

Ata 85 euros
En canto ao importe das axudas para os beneficiarios de educación Primaria e Secundaria será de 60 euros, e para os de educación Infantil será de 85 euros.

As solicitudes deberán presentarse no departamento de Educación do Concello de Ordes situado no primeiro andar da Casa do Concello onde tamén se poderán recoller os impresos para a súa realización en horario de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas. O prazo de presentación de solicitudes finalizará o vindeiro 18 de novembro.

*

lunes, 24 de octubre de 2011

Castro: "Regos oculta aos veciños a tramitación do PXOM"

Para o portavoz municipal do BNG de Ordes, a participación veciñal no documento urbanístico é "fundamental"

O portavoz do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, acusou hoxe ao alcalde, Manuel Regos, de “ocultar a tramitación do Plan Xeral de Ordeación Municipal -PXOM- aos veciños”. O nacionalista salientou que “despois de retrasar deliberadamente a tramitación do PXOM de Ordes durante catro anos, de súpeto ao alcalde entralle a presa e prescinde da posibilidade que lle da a Lei de elaborar un avance do PXOM e dar audiencia aos veciños para recoller as súas suxerencias”.

Esta atitude do alcalde, para o portavoz nacionalista, “vai mermar a participación da veciñanza nun instrumento moi importante para o desenvolvemento non só urbanístico, senon incluso socioeconómico do concello de Ordes, xa que só poderán presentar alegacións ao documento completo de aprobación inicial do PXOM despois de que sexa aprobado polo Pleno, e despois dos correspondentes informes da Xunta de Galiza, privándolles da posibilidade de participar activamente na elaboración dun instrumento fundamental para o futuro de Ordes”.

Segundo Castro, “este afán do alcalde por esconder aos veciños a elaboración do PXOM ven a reafirmar as sospeitas do BNG de que detrás da lentitude na tramitación do PXOM e do obscurantismo que rodea á mesma, existen intereses inconfesábeis que abocarían a Ordes a seguir padecendo un desenvolvemento urbanístico caótico e pouco sostíbel”.

A frase de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
O portavoz municipal do BNG anunciou que “o BNG informará aos veciños do contido do PXOM e defenderá a aprobación dun PXOM que permita un desenvolvemento urbanístico equilibrado, que fomente a creación de vivenda protexida e que prime a calidade de vida dos veciños e veciñas de Ordes"

*

A nosa biblioteca celebrou o seu día cunha exposición de narrativa


Todos os visitantes de hoxe foron obsequiados cun libro galego 

A Biblioteca Municipal do Concello de Ordes sumouse hoxe á conmemoración do Día das Bibliotecas coa celebración dunha exposición de narrativa composta por máis dun cento de obras novas que se suman aos fondos bibliográficos do centro, dando así a coñecer entre os socios os novos títulos dispoñibles.

Ademais e co gallo desta celebración, as responsables do centro obsequiaron aos usuarios que visitaron a biblioteca cun libro en galego, un  marcapáxinas e outros detalles tamén para os máis pequenos.

Aos rapaces de Ordes lles gusta a banda deseñada e o hip hop

Un grupo de participantes no obradoiro de banda deseñada do programa Enrolarte en Igualdade.

O programa Enrolarte en Igualdade pon en marcha diferentes actividades para os adolescentes ordenes

O Concello de Ordes puxo en marcha o programa “Enrolarte en Igualdade” coa celebración dos primeiros dos obradoiros previstos. Así o pasado venres tiña lugar un obradoiro de banda deseñada e o sábado outro de hip hop, obradoiros dirixidos a rapaces de entre 12 e 18 anos e que terán continuidade en diferentes datas deste mes de outubro e o vindeiro de novembro.

En canto ás datas das actividades que todavía quedan por celebrar serán as seguintes:
- Obradoiro de hip hop (Batalla de galos e galiñas)-  29 de outubro.
- Obradoiro de banda deseñada-  28 de outubro
- Vídeorrelato: 4, 5 e 12 de novembro
- Obradoiro de cociña creativa (Unha cea especial): 18 de novembro
- Gymkana (Supervivencia no fogar) e clausura das actividades: 19 de novembro.

As actividades terán lugar na Casa da Cultura de Ordes en horario de 18:00 a 21:00 horas.

Podes incribirte
Todos aqueles que estean interesados en participar todavía poden inscribirse no Centro de Información á Muller (CIM) de Ordes en horario os luns de 09:00 a 15:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas, e de martes a venres de 09:00 a 15:00 horas, ou chamando ao 981680002. Tamén poderán recibir máis información a través da dirección de correo electrónico cim@ordes.dicoruna.es ou no perfil de facebook www.facebook.com/concellodeordes .

Os requisitos para poder inscribirse será ter entre 12 e 18 anos ou estar cursando a ESO ou Bacharelato. O número de prazas ofertadas para cada obradoiro é limitado polo que a admisión se fará por rigorosa orde de inscrición, tendo preferencia os rapaces e rapazas empadroados/-as no Concello de Ordes. Os interesados en participar poderán inscribirse en calquera dos obradoiros. A inscrición é totalmente gratuíta.

*

Cinensino, tamén para nenos entre os 8 e os 11 anos

Este curso proxectaranse as películas Enredados, Grupo Tigre e Los pingüinos del señor Popper

A Mancomunidade de Municipios de Ordes vai ampliar o seu programa de educación en valores Cinensino” aos nenos de 4º, 5º e 6º de primaria que estudan nalgún dos sete municipios da comarca ordense (Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo). Deste xeito, o programa incluirá a nenos e nenas de entre 8 e 11 anos, que se sumarán aos 313 rapaces de entre 12 e 14 anos que participaron nel durante o pasado curso escolar.
                              
Tres filmes
Para este curso 2011-2012, “Cinensino” escolleu tres filmes. O primeiro é unha película de animación, Enredados, que actualiza o conto de Rapunzel e é escollido como exemplo de cómo acadar as metas co propio esforzo. A película xuvenil Grupo Tigre foi escollida como exemplo do traballo en grupo fronta a calquera adversidade; mentres que a comedia Los pingüinos del Sr. Poper levará o debate en torno ao valor da amizade e da familia.

 *

Aínda estás a tempo de participar no concurso de debuxo do Concello de Ordes

A temática é "imaxina o teu pobo sen lixo nin contaminación"

O Concello de Ordes, a través da concellería de Medio Rural e Desenvolvemento Ecolóxico e Sostible que dirixe o edil José Luis Gómez Candal, convocou un concurso de debuxo dirixido aos máis pequenos do municipio, o I Concurso de Debuxo Infantil “Non tires os chicles nin os papeis ao chan”.

O certame está dirixido a nenos con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Os participantes deberán presentar un debuxo relacionado coa temática “imaxina o teu pobo sen lixo nin contaminación”, admitíndose tan só un debuxo por participante.

O prazo de entrega dos debuxos permanecerá aberto ata o vindeiro 28 de outubro e deberanse entregar no departamento de Medio Rural e Desenvolvemento Ecolóxico e Sostible, situado no primeiro andar da Casa do Concello en horario de luns a venres de 08:00 a 15:00 horas. Haberá un premio sorpresa para o mellor debuxo de cada unha das idades participantes. Os gañadores daranse a coñecer o vindeiro 4 de novembro.

En canto á presentación dos traballos os participantes deberán realizar o debuxo nunha cartulina tamaño A4 e a técnica usada será libre. No reverso da cartulina deberán figurar o nome e apelidos, idade, enderezo e teléfono de contacto.

Concurso coas escolas unitarias
Paralelamente tamén se realizará este mesmo concurso nas escolas unitarias do municipio, outorgándose tres premios aos tres mellores traballos de cada unha das unitarias.  

O PP inclúe a José Luis Martínez Sanjurjo nas súas listas ao Congreso dos Deputados

Presentación dos candidatos populares pola provincia da Coruña, o pasado sábado 22 de outubro.
O portavoz municipal dos populares de Ordes será suplente


Considera a inclusión como un "respaldo expreso" da dirección do PP aos populares ordenses


O Partido Popular da provincia da Coruña incluiu ao voceiro municipal desta formación en Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, como suplente na súa candidatura ao Congreso dos Deputados que se renovará nas  eleccións lexislativas do próximo 20 de novembro.

Martínez Sanjurjo agradeceu a confianza depositada na súa persoa pola dirección provincial e rexional do PPdeG e interpreta esta inclusión como "un respaldo expreso ao proceso de renovación acometido polos populares ordenses no últimos tempos".

As frases de José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz do PP de Ordes
“Trátase dun recoñecemento colectivo, ás mulleres e homes do Partido Popular de Ordes, militantes e simpatizantes, que eu quero particularizar de maneira especial nos integrantes da xestora local do Partido, comezando pola súa presidenta e compañeira de corporación, Estrella Vázquez

"O Partido Popular responderá a esta mostra de confianza co maior esforzo que sexa capaz de desenvolver para explicar, casa por casa, a alternativa de Goberno que lidera Mariano Rajoy. As dificultades deste momento pódense superar co rigor e a seriedade na xestión que caracteriza ao Partido Popular alí onde lle son encomendadas responsabilidades de Goberno

*

domingo, 23 de octubre de 2011

A crónica do Prestige revive en Ordes


A mostra pode visitarse no primeiro andar da Casa do Concello en horario de mañá ata o 4 de novembro


A Casa do Concello de Ordes acolle ata o vindeiro día 4 de novembro a exposición “Prestige, crónica negra dun modelo enerxético insostible”, unha mostra cedida polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA).

A mostra está composta por catorce paneis informativos nos que se explica toda a problemática ambiental producida a causa do afundimento do petroleiro Prestige, así como as tarefas de limpeza do fuel, a marea negra e outra serie de cuestións relativas a este tema. Os paneis veñen acompañados ademais cunha maqueta do petrolero e outra ilustrativa das aves danadas por esta marea negra.

Ata o 4 de novembro
Todos aqueles que estean interesados en visitar a exposición poderán facelo no primeiro andar do edificio da Casa do Concello ata o 4 de novembro de luns a venres en horario de 08:00 a 15:00 horas. 

*

jueves, 20 de octubre de 2011

Castro: "O PP de Ordes minte descaradamente"

O portavoz municipal do BNG de Ordes denuncia a existencia dunha pinza PP-UxO

O nacionalista acusa ao portavoz popular de non acudir ao pleno por asistiren a un "acto propagandístico" en Málaga

Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes, saiu  hoxe en resposta dos argumentos esgrimidos polo PP de Ordes para xustificar que facilitasen a aprobación da Conta Xeral de 2010.

En primeiro lugar, o portavoz do BNG manifestou que o PP “minte descaradamente cando afirma que se necesita a aprobación da Conta Xeral polo Pleno para evitar que Ordes perda subvencións, o único que pode determinar a perda de transferencias doutras Aministracións é non ter elaborada a liquidación orzamentaria, mais non que sexa rexeitada polo Pleno”.

Para Castro o PP pretende engañar aos veciños, porque esquece que o Concello pode remitir a liquidación da Conta Xeral ao Tribunal de Contas, ainda que ésta fose rechazada polo Pleno, se está informada favorábelmente pola Comisión Especial de Contas do Concello, cousa que sí acontecía neste caso”. O portavoz do BNG afirmou que “así ten acontecido nos últimos anos en numerosos concellos galegos, e incluso en concellos doutras zonas do Estado da importancia, por exemplo, do Concello da cidade de San Sebastían.

Pinza UxO-PP
Gonzalo Castro fixo fincapé en que “o PP coas súas mentiras intenta ocultar o que todos os veciños pudieron ver no último Pleno, que existe unha pinza UxO-PP para evitar que se depuren responsabilidades políticas por unha xestión do diñeiro público, por parte do alcalde e o seu goberno, que a propia intervención municipal evidencia como caótica e irresponsable”.

O portavoz nacionalista salientou que “esta pinza UxO-PP ten facilitado a aprobación dunha Conta Xeral totalmente irregular, xa que a propia intervención municipal advirte da existencia de 1,3 millóns de euros de gasto non contabilizados nos Orzamentos de 2010, o que fai sospeitar da existencia dunha dobre contabilidade no Concello de Ordes”.

Para Castro o que é indiscutíbel é que o PP ao facilitar a aprobación da Conta Xeral de 2010, avalou unha xestión máis que sospeitosa dos recursos públicos por parte do alcalde de Ordes, tal e como se deduce do contido do informe elaborado pola intervención municipal”.

As frases de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
O PP fai gala dun cinismo sen límites cando afirma que facilitou a Conta Xeral pola súa suposta preocupación polos veciños, cando o propio portavoz municipal do PP deixou de asistir a este Pleno tan importante porque preferiu acudir a un acto propagandístico do seu partido”.

“Resulta moi difícil de crer esa preocupación do PP polo veciños de Ordes, cando se aliou co alcalde no Pleno para evitar que se aprobasen as propostas do BNG que beneficiaban nas Ordenanzas Fiscais a desempregados e a persoas con pensións mínimas”.

miércoles, 19 de octubre de 2011

A ordense María del Carmen Fernández Reboredo será a suplente terceira nas listas do PSOE

María del Carmen Fernández Reboredo durante o mitin central das pasadas eleccións de maio de 2011 á dereita do candidato socialista á alcaldía de Ordes, Xesús Pedreira.
Avogada e veciña de Guindiboo, xa participara como número dous da candidatura socialista de Xesús Pedreira

O PSdG-PSOE ven de pechar hoxe as súas listas electorais pola provincia da Coruña para as vindeiras eleccións lexislativas do 20 de novembro. Entre os escollidos, aparece o nome da ordense María del Carmen Fernández Reboredo. Veciña de Guindiboo, esta licenciada en Dereito traballa no xulgado número 3 de Lugo.


Nova oportunidade 
Fernández Reboredo xa participara nas pasadas eleccións locais de maio de 2011 como número dous da candidatura de Xesús Pedreira. Nesta nova oportunidade, a ordense ocupará as listas que encabeza o exministro de Xustiza, Francisco Caamaño, como a súa suplente terceira.

*

O PP abstívose no voto á conta xeral do Concello "para evitar novos perxuizos" á veciñanza

Os populares ordenses recordan que de non aprobarse a Conta Xeral, o Concello se vería privado de axudas procedentes doutras administracións

O Partido Popular de Ordes divulgou hoxe un comunicado polo que informa de que ante as “interpretacións interesadas” xurdidas nos últimos días, o grupo municipal do Partido Popular de Ordes aclara que coa súa abstención na recente votación da conta xeral do Concello correspondente ao exercicio de 2010 trataron de evitar “males maiores” para os veciños.

Os populares de Ordes reiteran que “para nada” comparten a “nefasta xestión municipal dos últimos anos”, pero aclaran que de non aprobarse a conta xeral de 2010, o Concello podería “verse privado de axudas procedentes doutras Administracións, con efectos negativos directos sobre os veciños”.  

De feito, sempre segundo os populares, o Ministerio de Facenda ven de anunciar que reterá a unha decena de concellos galegos a súa participación nos ingresos do Estado por non ter presentado a liquidación, o que se traducirá en novos perxuizos para os veciños desas localidades.

Postura moi crítica
O Partido Popular reitera a súa postura extremadamente crítica coa xestion económica do Concello de Ordes, que dedicou os pasados catro anos a financiar "obras faraónicas que ninguén reclamaba" e poñen de exemplo os baixos da Alameda, a cafetería "de luxo" do campo de fútbol, a nova Casa do Concello ou os "despachos ostentosos" para a vella Casa Consistorial.

Así mesmo, recalcan dende a agrupación local que a decisión da abstención foi moi meditada e analizada, decantándose pola mesma nun acto de absoluta responsabilidade en beneficio dos veciños.

*

El foro ibero-ruso de Mediasiete sienta a Diego Calvo junto a Aznar y Babakov

Anteayer en Madrid, de izq. a der. Diego Calvo, presidente de la Deputación da Coruña; Pércival Manglano, consejero de Economía y Hacienda de la Comunidad Autónoma de Madrid; Alessandro Musolino, exdiputado italiano por la provincia de Venecia; José María Aznar, expresidente del Gobierno de España; Pedro Mouriño, presidente de Mediasiete; y Alexander Babakov, vicepresidente de la Duma Estatal de la Federación de Rusia.

El presidente de la Deputación expuso la buena forma de
nuestros astilleros ante el vicepresidente de la Duma rusa, el vicepresidente del Parlamento búlgaro, dos gobernadores rusos y el representante del coloso energético Gazprom

El pasado lunes 17 tuvo lugar en Madrid el foro ibero-ruso organizado por Mediasiete −empresa editora de Santiagosiete y de este blog Ordessiete− en colaboración con The Institute of International Integration Studies de Moscú (Rusia) en el que se abordó el estudio de las expectativas de España y Rusia ante las próximas elecciones legislativas y presidenciales en ambos países.

El encuentro contó con un total de quince conferencias ofrecidas por diversos líderes políticos y expertos de diferentes naciones europeas entre los que se encontraban, por parte española, el concejal del Ayuntamiento de Madrid, David Erguido Cano; el eurodiputado español, Pablo Arias Echeverría; el diputado del Congreso, Antonio Erias Rey; el consejero de Economía y Hacienda de la Comunidad Autónoma de Madrid, Pércival Manglano; el presidente de la Deputación da Coruña, Diego Calvo Pouso; y clausurando el encuentro, el expresidente del Gobierno y del Partido Popular, presidente de la fundación FAES, José María Aznar López.

Puedes ver una parte de la intervención de José María Aznar en el foro ibero-ruso haciendo clic bajo estas líneas (Europa Press):


Por parte rusa intervinieron, entre otros, el embajador de la Federación de Rusia en España, Alexander Kuznetsov; el vicepresente de la Duma Estatal –Cámara baja del Parlamento ruso− de la Federación de Rusia, Alexander Babakov; el director del Instituto Nacional de Energía de Rusia, empresa asociada al coloso energético ruso OEO Gazprom, Sergei Pravosudov; el presidente de la república rusa de Karachevo-Cherkesskaya, Rashid Temrezov; y Oleg Betin, gobernador de la región rusa de Tambov.

Llegada de Aznar al foro ibero-ruso. De izq. a der, Pablo Arias, Pedro Mouriño, José María Aznar, Alexander Babakov, Alexander Boroviev y Mihail Plisyuk, ambos últimos de The Institute of International Integration Studies de Moscú, Rusia. 
Astilleros gallegos
La intervención del presidente de la Deputación da Coruña, Diego Calvo, “Las perspectivas de la cooperación ibero-rusa desde el ámbito autonómico, oportunidades en el sector naval”, se concretó en una completa exposición y una magnífica carta de presentación de los astilleros de la provincia de A Coruña, la plena forma en la que se encuentran y su plena capacidad para abordar encargos y proyectos navales civiles y militares internacionales.

Al final del encuentro, Alexander Babakov, que habla perfecto castellano y es un gran conocedor de nuestro país, tuvo unas palabras con el propio Calvo en donde le trasladó su interés por conocer los astilleros gallegos, de los cuales ya tenía referencias desde hacía ya tiempo.


De izq. a der. Antonio Erias, David Erguido, Pércival Manglano, Diego Calvo, Alessandro Musolino, José María Aznar, Jorge Costa (exsecretario de Estado Obras Públicas de Portugal), Georgi Pirinski (vicepresidente de la Asamblea Nacional de Bulgaria), Oleg Betin, gobernador de la república rusa de Tambov; Alexander Babakov y Pedro Mouriño. 
Repercusión mediática
El foro ibero-ruso organizado por Mediasiete tuvo una gran repercusión en múltiples medios de comunicación  tanto nacionales como internacionales, como fueron Europa Press, El País, ABC, Faro de Vigo, Empresa Exterior, ADNDiario Siglo XXI, Informativos Telecinco, Fundación FaesRia Novosti (Rusia), RT (Rusia), Italpress (Italia), ABC (Reino Unido), La Voz de Rusia (Rusia), Univisión (EE.UU.) y El Dinamo (Chile). 

*