sábado, 31 de diciembre de 2011

O coro parroquial de Ordes ofreceu o seu concerto de Nadal


O evento tivo lugar onte na igrexa parroquial de Santa María de Ordes

A agrupación coral da parroquia de Ordes, acompañado do grupo de pandereiretas Somos nós e o gaiteiro local Manuel Viqueira, ofreceron onte un concerto de Nadal na igrexa parroquial de Santa María de Ordes.

Entre outras pezas, os asistentes poideron deleitarse con panxoliñas típicas desta época do ano como “A Noieboa” “O meniño Xesús” ou “Gloria, gloria a Xesús”.  Ó longo do concerto tamén se interpretaron outras pezas de corte tradicional ben coñecidas por todos os asistentes.

*

viernes, 30 de diciembre de 2011

Mensaxe de Aninovo da Agrupación Socialista de Ordes

O Concello de Ordes despide aos catorce traballadores do Grumir

Un grupo de traballadoras do Grumir de Ordes -de azul mariño en primer término- nunha intervención de limpeza do río Cabrón.
Segundo o PP, esta decisión débese á "nefasta xestión económca" do Concello de Ordes

O Partido Popular de Ordes informou hoxe de que os catorce traballadores que desde hai anos prestaban servizo no Grupo Municipal de Intervención Rápida (Grumir) de Ordes serán despedidos este 31 de decembro, segundo lle avanzou o alcalde aos afectados.

O Partido Popular de Ordes atribúe esta decisión á "nefasta xestión económica" desenvolvida polo Concello desde o ano 2007, caracterizada polo "derroche de fondos públicos en actuacións innecesarias e non demandadas polos veciños", como entre outras, a ampliación da Alameda, a nova Casa Consistorial, as obras na antiga Casa Consistorial ou a cafetería "de luxo" do campo de fútbol de Vita Alegre.

Servizo esencial
A tenor do PP de Ordes, a ausencia de fondos nas arcas municipais traducirase na supresión dun servizo esencial como o GRUMIR, tanto en situacións de risco (incendios, accidentes, enchentes,…) como no día a día  dos veciños (mantemento de viais e instalacións públicas, ou colaboración na organización de eventos) nun concello que suma 13.000 habitantes. E todo iso, aseguran, "as 24 horas do día e os 365 días do ano".

O Partido Popular de Ordes advirte que aos despedimentos dos empregados do Grumir se podería sumar, en breve prazo, o de outros operarios municipais, dada a xuízo dos populares,  "angustiosa falta de liquidez" que presenta o Concello de Ordes.

Recorda tamén o PP local que en outubro pasado, a Deputación da Coruña concedeu unha subvención de 45.000 euros para contribuir ao financiamento do Grumir de Ordes durante o exercicio de 2012.

Sen responsable de prensa
Por outra banda, tamén hoxe fíxose público que a responsable de prensa do Concello de Ordes non continuará no seu posto a partires do 1 de xaneiro do 2012. 

*

miércoles, 28 de diciembre de 2011

O BNG proporá destinar o edificio do centro comarcal a local social da mocidade

Instalacións do Centro Comarcal de Ordes.

Castro: "Esta proposta será apoiada de forma unánime polos grupos municipais por tratarse de instalacións moi demandadas por parte dos veciños e veciñas de Ordes"

Gonzalo Castro, portavoz do BNG de Ordes, anunciou esta tarde que no próximo pleno municipal debatirase unha moción dos nacionalistas, na que se proporá destinar o edificio do Centro Comarcal a local social e de ocio para os mozos e mozas de Ordes.

Cesión da Xunta
O portavoz nacionalista explicou que na moción proporán que “o pleno inste á Xunta de Galiza a cumprir de xeito inmediato o compromiso de ceder as instalacións do centro comarcal ao Concello de Ordes, co acordo expreso de destinalo a local social e de ocio para os mozos e mozas”.

Castro salientou que “as instalacións existentes no centro comarcal levan moito tempo inutilizadas e resultarían moi axeitadas para a dotación dun local social xuvenil amplo e convenientemente equipado, sen apenas custo para as arcas municipais” .

Gonzalo Castro.
As frases de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
"É necesario fomentar actividades de ocio entre os rapaces entre 12 e 17 anos, que son uns dos grandes esquecidos na actualidade, o que constitue un grave problema para a formación integral das persoas, nun tramo de idade que é especialmente sensíbel”.

“Estas instalacións están a ser moi demandadas por parte dos veciños e veciñas de Ordes, que xa hai case un ano registraron no Concello máis de 1.000 sinaturas coas que solicitaban a dotación un local social xuvenil

“Esta proposta será apoiada de forma unánime por todos os grupos políticos municipais, xa que se trata dunha actuación moi necesaria para os veciños e veciñas de Ordes”.

O rapaces de Ordes aprenden a decorar no Nadal


Máis de 40 mozos participaron no obradoiro promovido polo Concello


O Concello de Ordes segue adiante co seu programa de actividades organizado con motivo do NadalO luns tocáballe o turno aos máis pequenos coa celebración dun obradoiro de decoración navideña realizado con material de refugallo. Un obradoiro no que participaron máis de 40 nenos e nenas repartidos en dous grupos por idades, no que a través de latas, cartóns, e todo tipo de material caseiro realizaron diferentes adornos típicos desta época do ano.

Esta iniciativa terá continuidade hoxe pola tarde coa celebración doutro obradoiro, neste caso, de elaboración de xoguetes tamén a través de material de refugallo. Outros 40 rapaces e rapazas do municipio participarán nesta actividade.

*


La editorial Auga presenta un inédito sobre Álvaro Cunqueiro

Sobre las fugas de Cunqueiro es una peronalísima biobibliografía de escritor mindoniense Álvaro Cunqueiro.  
Escrito en torno a año 1991 por el escritor y periodista compostelano Xosé Landeira Yrago, está editado, actualizado, presentado y anotado por su nieto, director fundador de Santiagosiete y el espacio web Ordessiete

La editorial compostelana Auga Editora presenta la obra Sobre las fugas de Cunqueiro. Otra vida de Álvaro entre el periodismo y la literatura, un texto inédito del escritor, periodista, ensayista y crítico literario Xosé Landeira Yrago (Santiago de Compostela, 1922-Vigo, 1995), editado, actualizado, presentado y anotado por su nieto, Renato A. Landeira, director fundador del periódico compostelano Santiagosiete y su editorial periodística, Mediasiete, editora a su vez del espacio web Ordessiete.


Se trata de una obra periodística, pero también de pensamiento profundo, de juicios literarios y reflexión sobre la vida periodística y literaria de su amigo Álvaro Cunqueiro. Landeira Yrago, quien durante el sexenio 1965-70 fue subdirector de Faro de Vigo con el mindoniense en la dirección, nos revela el Cunqueiro más literario, sus influencias y lecturas, al tiempo de dibujar las peripecias de un creador obligado a ejercer el oficio de periodista como medio de vida.

Buena parte del texto original fue escrito en Ordes en torno al año 1991 con motivo del décimo aniversario del fallecimiento de Álvaro Cunqueiro.

Sobre el autor
Landeira Yrago por Carlos Maside (1950).
Xosé Landeira Yrago (Santiago de Compostela, 1922–Vigo, 1995) Periodista y escritor. Fue redactor jefe del diario La Noche (1946-1949). Formó parte de la primera junta directiva del Patronato Rosalía de Castro (1947). En 1950 se traslada a Brasil donde fue canciller de la embajada de España en Río de Janeiro (1953-1962), cargo que compaginaría con la corresponsalía en ese país de los diarios La Vanguardia y Madrid.

En 1964 regresa a Galicia donde se integra en Faro de Vigo como redactor jefe (1964-1965). Posteriormente sería subdirector (1965-1975) a las órdenes de Álvaro Cunqueiro (1965-1970) y finalmente director de Faro de Vigo (1975-1978), asumiendo asimismo la codirección, desde 1973 hasta 1988, de la revista gallega de cultura Grial junto a Francisco Fernández del Riego y Ramón Piñeiro. Posteriormente y hasta su jubilación fue jefe de prensa del Tribunal Constitucional (1980-1987). Fue vicepresidente de la Asociación de la Prensa de Vigo en dos ocasiones y tras su retiro, colaborador de La Voz de Galicia, en donde publicó sus últimos trabajos en su columna ‘Folio menos cuarto’.

Dedicó gran parte de su vida literaria al estudio de la obra de Federico García Lorca en Galicia, Luis de Camões, El Quijote y muy especialmente la literatura gallega de la generación Galaxia. Destacan también sus trabajos sobre Shakespeare, Eça de Queiroz y Guimarães Rosa para el público lector brasileño y portugués. Es autor de las obras Elucidário de Camões (Companhia Aguilar Editora, 1963), Diccionario de nombres propios del Quijote (Codex, 1965), Antoloxía de poesía galega. Dos devanceiros ao dezaoito (Galaxia, 1975), Federico García Lorca, de A a Z (Nova Aguilar, 1976), Federico García Lorca y Galicia (Edicións do Castro, 1986) y Viaje al sueño del agua. El misterio de los poemas gallegos de García Lorca (Edicións do Castro, 1986). Publicó también numerosos ensayos literarios de diversa temática en Grial (1966-1985).

Sobre el anotador y presentador
Renato A. Landeira (Vigo, 1975) es abogado y periodista. Coautor de Anuario de Propiedad Intelectual 2005 (Reus, 2005), Diccionario jurídico de los medios de comunicación (Reus, 2005) y de su versión ampliada, Dicionario xurídico dos medios de comunicación (Edicións Lea, 2008). Es autor también de «Álvaro Cunqueiro: avatares del carné de un periodista» en Centenario de la Asociación de la Prensa de Vigo 1909-2009 (Asociación de la Prensa de Vigo, 2009) por el que se le concedió la distinción de Periodista de Honor de la Asociación de la Prensa de Vigo.   

*

lunes, 26 de diciembre de 2011

Aberto o prazo de inscrición para termalismo co SERGAS

Piscina central do Palacio del Agua do Balneario de Mondariz (Pontevedra).
Ata o 16 de xaneiro no turno febreiro-agosto, e 16 de maio para setembro-decembro

Xa está aberto o prazo de inscrición para o programa de termalismo social do IMSERSOEsta iniciativa, dirixida aos pensionistas, consiste en que os participantes poidan disfrutar dun programa de termalismo que os levará a diferentes balnearios ou hoteis e aloxamentos con este tipo de tratamentos termais, podendo ir acompañados dos seus cónxuxes.

O prazo para inscribirse para todos aqueles que queiran participar nos turnos dos meses de febreiro a agosto rematará o vindeiro 16 de xaneiro; para os participantes nos meses de setembro a decembro terán ata o 16 de maio para inscribirse.

Todos aqueles veciños do municipio que estean interesados en participar poderán realizar a súa inscrición, así como recibir máis información no departamento de Servizos Sociais do Concello de Ordes, ou chamando ao 981680002.

*

viernes, 23 de diciembre de 2011

Mensaxe de Nadal do Partido Popular de Ordes

Coincidindo coas celebracións do Nadal, desde o Partido Popular de Ordes queremos dicir grazas. Grazas aos nosos militantes e simpatizantes, pero grazas tamén ao conxunto dos veciños de Ordes pola atención que durante o último ano nos dispensaron e, tamén, polo apoio recibido nas dúas convocatorias electorais celebradas durante 2011.

Se ben os votos recibidos non resultaron suficientes para formar Goberno, o Partido Popular rexistrou un crecemento notable nas eleccións municipais. Agradecemos ese apoio e comprometémonos a traballar con coherencia e sen desmaio para facernos acredores da confianza maioritaria nos vindeiros comicios locais.

Valoramos tamén o resultado histórico que os votantes de Ordes outorgaron ao Partido Popular nas recentes eleccións xerais. Estamos seguros de que Mariano Rajoy, como presidente do Goberno, estará a altura da enorme confianza que todos depositamos nel, no seu programa e no seu equipo. O seu éxito será o éxito de todos, que todos desexamos e compartiremos, por riba de ideoloxías.

No Nadal e o Anivonovo resulta obrigado un recordo agarimoso para os familiares e amigos que se atopan lonxe de nós. E tamén unha mensaxe de afecto e solidariedade para os veciños que están padecendo os efectos de crise con especial virulencia.

Desde a gran familia do Partido Popular de Ordes queremos aproveitar estas festas para trasladar os nosos mellores desexos, coa esperanza de que o vindeiro ano 2012 veña repleto de boas noticias para todos.

Ordes, Nadal do 2011

*

jueves, 22 de diciembre de 2011

La Unión Europea y Rusia, juntas de la mano de Mediasiete

 Foto de familia con algunos de los participantes en el foro UE-Rusia organizado por Mediasiete en Bruselas (Bélgica).
La empresa editora de Ordessiete y el periódico Santiagosiete organizó un foro en Bruselas con la presencia de, entre otros, un exprimer ministro, cinco eurodiputados, dos parlamentarios y un senador

“Europa es el primer amigo de Rusia y de Putin”, aseguró el eurodiputado y secretario general del Partido Popular Europeo, Antonio López-Istúriz  

En la mañana del pasado martes 20, tuvo lugar en Bruselas (Bélgica), la conferencia internacional ‘Relaciones entre la Unión Europea y Rusia. La cooperación después de las elecciones presidenciales de 2012’ organizada por Mediasiete, empresa editora de Ordessiete y el periódico Santiagosiete, en colaboración con The Institute of International Integration Studies de Moscú (Rusia). El encuentro tuvo como objetivo ofrecer las iniciales conclusiones a la cumbre anual Unión Europea-Rusia del pasado 15 de diciembre, así como brindar una primera valoración de la entrada de Rusia en la Organización Mundial del Comercio (OMC) a la comunidad internacional, hecho que tuvo lugar el pasado 17 de diciembre.

De izquierda a derecha, el secretario general del Partido Popular Europeo, Antonio López-Istúriz; el senador francés Yves Pozzo di Borgo; el europarlamentario eslovaco Miroslav Mikolásik; Armand Cleese, del instituto IEIS de Luxemburgo; el eurodiputado español Pablo Arias Echeverría; el eurodiputado portugués Paulo Rangel y el presidente de la Organización Internacional de la Diáspora Serbia, Dragan Stanojevic.
Parlamentarios españoles
La evaluación española de las relaciones Unión Europea-Rusia corrió a cargo de los eurodiputados Pablo Arias Echeverría y Antonio López-Istúriz White, este último a su vez secretario general del Partido Popular Europeo. Ambos parlamentarios consideraron como “un gran progreso” la entrada del gigante ruso en la OMC. La Unión Europea (UE), aseguraron, “ha de aspirar a ser la primera entidad internacional comercializadora con Rusia”. López-Istúriz afirmó que “Rusia es muy importante para la UE, y Europa es el primer amigo de Rusia y de Putin

Momento de la exposición de Helen Teplitskaia, presidenta de la Cámara de Comercio y Energía Ruso-Americana y presidenta de Imnex Internacional Inc.
España y Rusia
Desde la Unión Europea vamos a trabajar con el próximo presidente ruso y su administración para promover la unión e integración entre la UE y Rusia, especialmente en el campo de la energía, la lucha contra el terrorismo y otros asuntos globales”. Por su parte, Arias Echeverría valoró el “previsible triunfo” de Putin en las presidenciales rusas del 4 de marzo de 2012, como “una magnífica oportunidad para juntos, encontrar un mejor futuro”.

De izquierda a derecha, Riccardo Migliori, vicepresidente de la OSCE; Alessandro Mussolino, analista político; Pedro Mouriño, presidente de Mediasiete; el parlamentario de la Duma de la Federación Rusa, Mikhail Starshimov; y Alexander Vorobiev, de The Intitute of International Integration Studies.

Participantes
Además de los relatores españoles, el foro de Mediasiete contó con las intervenciones de, entre otros, Riccardo Migliori, vicepresidente de la Organización para la Seguridad y la Cooperación en Europa (OSCE); el parlamentario ruso de la Duma Estatal, Mikhail Starshinov; el europarlamentario portugués Paulo Rangel; eslovaco, Miroslav Mikolásik; y búlgaro, Evgeni Kirilov. También el senador francés por París, Yves Pozzo di Borgo; el director adjunto de la División de Rusia del Servicio Europeo de Acción Exterior de la Comisión Europea, Sven-Olav Carlsson; y la presidenta de la Cámara de Comercio Ruso-Americana de Energía, Helen Teplitskaia. Clausuró la conferencia internacional el exprimer ministro de Eslovaquia, Jan Carnogurski.

Algunos de lo relatores del foro Iberorruso del pasado 17 de octubre en Madrid. De izquierda a derecha, el presidente de la Deputación da coruña, Diego Calvo; el consejero de Economía y Hacienda de la Comunidad de Madrid, Pércival Manglano; el analista político Alessandro Musolino: el expresidente del Gobierno de España, José María Aznar; el presidente de Mediasiete, Pedro Mouriño; y Alexander Babakov, vicepresidente de la Duma Estatal de la Federación Rusa. 
Foro Iberorruso
Ya el pasado 17 de octubre, Mediasiete organizó un encuentro similar en Madrid, ‘Foro Iberorruso. Relaciones entre la Unión Europea y Rusia: una perspectiva ibérica’ integrado en el mismo ciclo de conferencias internaciones UE-Rusia. En aquella ocasión contó con las intervenciones de, entre otros, el presidente de la Deputación da Coruña, Diego Calvo; el diputado coruñés, Antonio Erias, el eurodiputado Pablo Arias; el concejal de Madrid, David Erguido; el consejero de Economía y Hacienda de la Comunidad de Madrid, Pércival Manglano; el vicepresidente del Parlamento búlgaro, Georgi Pirinski; y el director del Instituto Nacional de Energía-Gazprom, Sergei Pravosudov

El foro madrileño fue clausurado conjuntamente por Alexander Babakov, vicepresidente de la Duma Estatal (Parlamento) de la Federación Rusa; y José María Aznar, presidente de la Fundación FAES y expresidente del Gobierno de España.

*

Una buena amiga de Ordes, nueva ministra de Fomento

El exalcalde popular y exportavoz del PP de Ordes, Teodosio Martino con la hoy ministra de Fomento, Ana Pastor, en Mesón do Vento (Ordes), el 24 de febrero de 2009.
Ana Pastor ha estado en varias ocasiones con nosotros en Ordes 

La popular Ana Pastor Julián ya es la nueva ministra de Fomento del Gobierno de España encabezado por Mariano Rajoy. Aunque nacida en Zamora, buena parte de su carrera profesional y política tuvo lugar en Galicia. Es además, una destacada afiliada del Partido Popular de Galicia.

Momento del mitin de Ana Pastor en Mesón do Vento (Ordes), en febrero de 2009.
En Mesón do Vento
Se da la circunstancia de que Ana Pastor estuvo en varias ocasiones en Ordes, la última de ellas con motivo de la campaña electoral de las Autonómicas de 2009 donde resultó ganador el Partido Popular de Galicia de Alberto Núñez Feijóo. En aquella visita, la hoy ministra tuvo ocasión de conocer de la mano de entre otros destacados dirigentes populares, Estrella Vázquez, Teodosio Martino y José Manuel Gestal, las carencias y necesidades de nuestro municipio. Ya en aquel momento, Ana Pastor había declarado su cariño por Ordes, una villa que aseguró conocer bien y donde residen algunos de sus amigos.
 
*

Castro: "Regos abandoa a escola e a banda de música"

Os nacionalistas manifestan que o Concello leva moitos meses sen pagar os profesores e a limpeza da Escola de Música e un ano sen pagar o convenio coa Banda 


Gonzalo Castro manifestou que “o alcalde de Ordes mantén aos profesores da Escola de Música con dous meses sen cobrar do pasado curso 2010/2011, sen que teñan cobrado tampouco ningún mes do actual curso 2011/2012”.


O portavoz nacionalista salientou que “a situación de abandono á que o alcalde ten condeado á Escola de Música, chega ao extremo de non pagar á persoa encargada da limpeza das instalacións da Escola, que desde o mes de maio non está a percibir ningunha cantidade do Concello, facéndose cargo do pago a esta persoa a Asociación de Amigos da Música de Ordes diante da pasividade do alcalde e o seu goberno para solucionar esta situación”.

Con respecto á Banda de Músca, Castro fixo fincapé en que “o alcalde leva todo o ano 2011 sen pagar ningunha cantidade do convenio suscrito entre o Concello e a Banda de Música, o que está colocando nunha difícil situación a esta entidade, que ten problemas para sufragar os gastos derivados das súas actividades”.

Gonzalo Castro salientou que “os responsábeis da Banda de Música dirixíronse ao alcalde o pasado mes de agosto e pediron unha reunión para buscar unha solución a esta situación, coa proposta de reducir significativamente a cantidade do convenio, pero esta solicitude ainda non foi respondida polo alcalde, nunha mostra do seu desprezo e da súa atitude irresponsábel”.

O Portavoz do BNG lamentou que “o alcalde teña abandonado e discriminado deste xeito a unha entidade que está a facer unha gran labor cultural, e que está a levar e prestixiar o nome de Ordes por moitos lugares, isto demostra a nula sensibilidade deste alcalde coas iniciativas culturais no noso concello ”.

Gonzalo Castro.
Moción do BNG
Gonzalo Castro anunciou que “o BNG presentará unha moción no Pleno de xaneiro na que instará ao goberno municipal a pagar todos os atrasos aos profesores da Escola de Música, á limpadora e á Banda de Música”.

Finalmente, o portavoz nacionalista acusou ao alcalde e o seu goberno de “hipocresía, porque mentres manteñen no máis absoluto afogo económico á Escola e á Banda de Música, o goberno municipal negouse, co apoio do PP, á diminución dos gastos en dietas dos concelleiros, reducindo o seu número nas comisións informativas, algo que propuxo o BNG no Pleno de outubro e que suporía un aforro de 15.000 euros anuais ás arcas municipais, cantidade que costearía o convenio de todo un ano coa Banda de Música”.

*

Entregados os diplomas informáticos


Un total de 30 veciños de Ordes participaron nestes cursos 

Un total de 30 veciños do municipio recibiron onte os diplomas acreditativos de tres dos cursos de informática organizados polo Concello de Ordes para o trimestre pasado enmarcados dentro do Circuíto Deportivo e Cultural.

Nesta ocasión entregáronse os diplomas aos participantes en dous cursos de iniciación de Microsoft Windows 7, e aos alumnos doutro curso de Microsoft Windows 7 de nivel avanzado.


Vázquez Raña.
Bos resultados
Ao acto de entrega dos diplomas acudiu o concelleiro de Cultura, José Ramón Vázquez Raña, que mostrou a súa satisfacción polos bos resultados que están a ter estas iniciativas formativas entre a poboación adulta, ademais de tratarse das máis demandadas cada curso.

*

martes, 20 de diciembre de 2011

Que a limpeza, mantemento e vixianza das escolas de Ordes as pague a Xunta


A Mancomunidade reclamara a Xesús Vázquez e Xosé Manuel Rey Varela a "asunción" destes gastos

"Temos que avanzar na colaboración entre adminitracións", reclama Regos

O pleno da Mancomunidade de Ordes acordou esta mañá por unanimidade solicitar sendas entrevistas urxentes co conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, e co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), José Manuel Rey Varela, para solicitar a asunción dos gastos de conservación, limpeza, mantemento e vixianza dos centros de ensino primario por parte da Consellería de Educación e Educación Universitaria.

O presidente da Mancomunidade, Manuel Regos, explica que “temos que avanzar na colaboración entre administracións, sobre todo nestes tempos de crise nos que hai que mirar ata o último céntimo”. Regos Boquete puxo un exemplo: “os Concellos estamos asumindo importantes facturas pola luz dos colexios, pero no caso da calefacción era a Xunta quen se encargaba do subministro de gasoil. Ao cambiar a radiadores eléctricos, a tarifa da luz dispárase e repercute directamente sobre os concellos”. 

Por iso, durante o último mes, técnicos e concelleiros de Educación e Servizos Sociais dos sete concellos da comarca de Ordes (Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo) estiveron traballando nun estudio dos gastos para mantemento, conservación e vixianza dos distintos centros de educación primaria da comarca e a quen corresponde cada competencia. Un informe que lle farán chegar tanto ao conselleiro de Educación como ao presidente da FEGAMP pois, como afirma Manuel Regos, “trátase dun caso que nos afecta a todos e cada un dos concellos galegos”.

Atención temperá
Por outra banda, o pleno da Mancomunidade tamén acordou un cambio no acceso ao Servizo de Atención Temperá, que ofrece un conxunto de apoios e intervencións dende un enfoque biopsicosocial, traballando sobre distintos aspectos do desenvolvemento cognitivo, afectivo e da linguaxe de nenos menores de 14 anos. A partir de agora, só poderán acceder ao servizo aqueles veciños e veciñas que sexan derivados a el dende o Departamento de Servizos Sociais dos seus respectivos concellos.

A razón deste cambio é o de garantizar a viabilidade económica do programa, que financian ao 100% a Xunta e a Deputación. O problema xurdía cando participaban nel persoas derivadas doutros servizos (dende un centro sanitario ou dende un centro educativo), pois estas persoas non quedaban rexistradas no SIUSS (Sistema de Información de Usuarios de Servizos Sociais) polo que se daba a paradoxa de que “estamos atendendo a máis de cen persoas pero os datos din que só son vinte. E compre ter os datos actualizados para seguir recibindo a correspondente subvención por eses cen casos reais e non polos vinte computados no SIUSS”, explica o presidente da Mancomunidade de Municipios de Ordes, Manuel Regos.

Teletraducción
Por último, Manuel Regos informou do convenio de colaboración asinado esta mañá coa Secretaría Xeral da Igualdade para que o Centro de Información á Muller da Mancomunidade incorpore un servizo de teletradución para mellorar a atención das mulleres e vítimas da violencia de xénero inmigrantes e que non terá custo algún para a Mancomunidade. Un sistema que permitirá atender ao usuario en ata 51 idiomas.

Segundo datos do INE correspondentes ao ano 2010, na comarca de Ordes residen un total de 993 extranxeiros, dos que 478 son mulleres. Unha poboación que se concentra especialmente en Ordes (con máis do 50% do total: 526 estraxeiros, 262 delas mulleres) e Oroso (con 322 extranxeiros, 142 delas mulleres). Así mesmo, a Mancomunidade de Ordes traballa nestes días na elaboración do I Plan de Igualdade de Oportunidades entre Homes e Mulleres, que será aprobado nunha vindeira sesión plenaria.

Na reunión desta mañá participaron os alcaldes de Frades, Miguel Prado Patiño; Mesía, Mariano Iglesias Castro; Ordes, Manuel Regos Boquete; Oroso, Manuel Mirás Franqueira; Tordoia, Antonio Pereiro Liñares; e Trazo, Xosé Dafonte Varela. O municipio de Cerceda estivo representado pola concelleira María Viqueira. Ao tratárense de asuntos relacionados coa educación, tamén se sumaron ao pleno os concelleiros Silvia Marín (Ordes), Antonio Leira (Oroso) e Manuel Ferreiro Marzoa (Frades).

*

Os paxes reais visitaron a Escola Infantil Sorrisos


Recolleron tamén as cartas dos pequenos das escolas unitarias do municipio

Un ano máis os paxes dos Reis Magos quixeron  visitar aos máis pequenos do municipio. Co fin de recoller as cartas dirixidas ás Súas Maxestades coas peticións para a noite do vindeiro 5 de xaneiro, os paxes visitaron esta mañá aos nenos e nenas da Escola Infantil Sorrisos.

Os pequenos entregaron aos paxes as súas cartas e pasaron unha mañá de convivencia, na que como é habitual neste caso, houbo tanto risas como choros pola emoción de recibir a estes paxes tan especiais.

Ademais de visitar a escola infantil, os paxes tamén realizaron a súa visita durante a mañá de onte aos alumnosdas escolas unitarias das diferentes parroquias, nas que os pequenos tamén lles fixeron un gran recibimento.

*

viernes, 16 de diciembre de 2011

O PSOE de Ordes asegura que hai ordenses na Arxentina ao borde da indixencia

Un convenio da Deputación da Coruña axudará á sede arxentina do Partido Judicial de Ordes

Os socialistas de Ordes valoran moi positivamente o acordo que levará "dignidade" a súa precaria sede de Bos Aires

O PSdG-PSOE de Ordes fixo onte público un comunicado polo que valora "positivamente" o convenio asinado entre a Deputacion provincial da Coruña e a Sociedade Union del Partido Judicial de Ordes da Republica Argentina por importe de 9.931 euros. O destino destas cantidades serán repartidos entre as melloras na súa sede social coa colocación de ceorraso por importe de 7.031,00 euros e o resto que será destinado para gastos de funcionamento ordinario, como electricidade, auga e teléfono.

O convenio terá vixencia o 31 de decembro do 2012 e pese a ser asinado nestas datas, contará con efectos retroactivos o un de xaneiro desde ano de 2011. A problemática situación económica e social pola que están atravesando a maioría dos países latinoamericanos, a xuízo dos socialistas ordenses, trae consigo que moitas das entidades sociais como esta do Partido Judicial de Ordes en Bos Aires fundada no ano 1939, estén vivindo unha insostible situación de precaridade económica e asistencial. Este convenio, aseguran, dignificará a sede dos ordenses emigrados.

Ordenses na Arxentina
Por último, o PSdG-PSOE de Ordes demanda que dende a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia tamen se apoie á Sociedad Unión del Partido Judicial de Ordes en  Bos Aires para poder ser unha sociedade con recursos para poder atender aqueles veciños da comarca de Ordes que pola súa idade e precaridade económica estan o borde da indixencia.

*

Ante todo, a seguridade persoal


Ordes acolleu esta mañá unha charla sobre precaucións ante roubos, accidentes ou situacións de risco


A sala de conferencias do Punto de Encontro de Ordes acolleu esta mañá unha charla dirixida á terceira idade do municipio. A charla versou sobre as precaucións que deben ter en conta os nosos maiores ante posibles riscos, como roubos, timos, accidentes e demais, co fin de que teñan tino ante estas situacións.

Os encargados de impartir a charla, que estivo organizada polo departamento de terceira idade do Concello, foron membros da Garda Civil da Coruña que insistiron aos maiores sobre as precaucións a ter en conta en determinados casos como incendios, a circulación como peóns, roubos no domicilio ou pola rúa e demais situacións perigosas nas que os maiores teñen menos capacidade de reacción.

*

Próxima visita dos paxes reais ás escolas unitarias de Ordes

Recollerán as peticións aos Reis Magos dos nenos e nenas ordenses

Un ano máis os paxes dos Reis Magos visitarán aos máis pequenos do municipio días antes da noite de Reis. Será o vindeiro luns 19 de decembro cando os paxes visiten as escolas unitarias do municipio, co fin de que os máis pequenos lles fagan as súas peticións de cara á noite do vindeiro 5 de xaneiro.

Pero non só visitarán aos nenos e nenas das escolas unitarias, senón que ao día seguinte, o martes 20 de decembro a visita realizarase aos pequenos da escola infantil “Sorrisos”.

*

jueves, 15 de diciembre de 2011

Tarde de contos para os nenos

A Biblioteca Municipal do Concello de Ordes acollerá mañá unha tarde de contacontos


A Biblioteca Municipal do Concello de Ordes acollerá mañá venres 16 de decembro a primeira das actividades enmarcadas dentro da programación de Nadal e dirixida aos máis pequenos. Tratarase dunha sesión de contacontos na que os nenos e nenas participantes disfrutarán dunha narración sobre a época do Nadal.

O título do conto é o Duende Frami y los cuentos navideños. A partir das 17:00 horas poderán participar nesta actividade os nenos e nenas de 3 a 5 anos, e ás 18:00 horas os rapaces e rapazas de 6 a 8 anos.

*

martes, 13 de diciembre de 2011

O Concello de Ordes da a benvida ao Nadal

Contacontos, maxia, títeres, obradoiros, visitas dos paxes reais e a tradicional Cabalgata de Reis

O Concello de Ordes ten preparado para as vindeiras semanas un amplo programa de actividades con motivo da celebración das festas navideñas. Unhas actividades que inclúen contacontos, actuacións de maxia, títeres, obradoiros e as tradicionais visitas dos paxes reais e a Cabalgata de Reis.

Así, os actos darán comenzo o vindeiro venres 16 de decembro con dúas sesións de contacontos na biblioteca municipal, unha ás 17:00 horas para nenos e nenas de 3 a 5 anos, e outra ás 18:00 horas para os de 6 a 8 anos. En canto ao resto de actividades e entre as máis esperadas están tamén as visitas dos paxes reais tanto ás escolas unitarias, visita que terá lugar o 19 de decembro, como á Escola Infantil “Sorrisos” o 20 de decembro.

O día 21 de decembro celebrarase un espectáculo de maxia no auditorio da Casa da Cultura ás 19:30 horas, e o día 22 serán protagonistas os títeres co “Tolo conto de Nadal” tamén no auditorio da Casa da Cultura ás 19:30 horas.

Por outra banda e dirixido tamén aos máis pequenos celebraranse dous obradoiros con material de refugallo. Un terá lugar o 26 de decembro de 16:30 a 18:00 horas para os nenos e nenas de 4 a 7 anos e de 18:00 a 19:30 horas para os rapaces e rapazas de 8 a 12 anos. Neste obradoiro realizaranse obxectos de decoración navideña.

Ao día seguinte, 27 de decembro, celebrarase o segundo dos obradoiros, neste caso de creación de xoguetes con material de refugallo nos mesmos horarios distribuídos por idades.

Prazas limitadas
Ambos obradoiros terán prazas limitadas polo que para poder participar os interesados deberán facer as inscricións no departamento de Medio Rural e Desenvolvemento Ecolóxico e Sostible do Concello situado no primeiro andar da Casa Consistorial.

Por último, o programa de actividades para este Nadal 2011 terá o seu broche final coa celebración da tradicional cabalgata de Reis o 5 de xaneiro, que a partir das 17:00 horas percorrerá as principais rúas do municipio con reparto de caramelos aptos para celíacos e diabéticos.

*

Festival de Nadal 'Amigos da Música' de Ordes

domingo, 11 de diciembre de 2011

O PP denuncia unha suposta operación de "pago de favores" do goberno de Manuel Regos

Martínez Sanjurjo asegura que o Concello pretende vender uns tractores e desbrozadoras municipais e logo adxudicar os traballos a unha empresa coa que mantén débedas

O Partido Popular de Ordes fixo público na tarde de onte un comunicado polo que asegura que o Concello de Ordes está a ultimar a venta inmediata de dous tractores e desbrozadoras municipais. A intención do Concello de Ordes con esta operación é, segundo os populares, a de adxudicar "a dedo" eses traballos a unha empresa coa que o Concello "mantén unha elevada débeda económica".

Con esta intención, aseguran dende o PP, o Goberno local trataría de "saldar una boa parte das débedas contraídas" coa citada empresa domiciliada en Ordes. Debedas que aseguran os populares, foron contraídas "especialmente durante a precampaña e a campaña das pasadas eleccións municipais".

Persoal contratado
Tampouco no Partido Popular teñen dúbidas de que a través desta operación, o alcalde Manuel Regos "podería tratar de colocar a dedo", na empresa adxudicataria a "determinadas persoas do seu entorno".

O portavoz municipal do PP de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, denuncia tamén que o acontecido con esta maquinaria municipal é "especialmente sangrante”, dado que polo menos unha das máquinas, asegura, "está fóra de servizo pola falta do mantemento axeitado", circunstancia que causan no impago  por parte do Concello das facturas derivadas dos arranxos.

Martínez Sanjurjo tamén asegura que ao Partido Popular lle resulta "chamativo" que, durante os últimos anos, o Concello efectuase a práctica totalidade dos traballos de limpeza de foxos a través dunha empresa externa, malia que posúe dous tractores en propiedade, coas súas correspondentes desbrozadoras.

Durante o pleno municipal ordinario de mes de xullo, o Partido Popular preguntou sobre este asunto, adiantando o alcalde a súa intención de desfacerse dos tractores municipais.

*

jueves, 8 de diciembre de 2011

Sanjurjo: "Foi Regos quen admitiu que o vello Consistorio estivo a piques de vir abaixo"

O portavoz municipal reclama copia de todos os informes técnicos sobre as deficiencias estructurais do edificio

O Partido Popular de Ordes recordou hoxe que ante o "episodio de amnesia que semella afectar ao rexedor", foi o propio alcalde de Ordes, no último Pleno, quen "disparou todas as alarmas" ao "confesar que o edificio da vella Casa Consistorial 'estivo a piques de vir todo abaixo', logo de retirar a tabiquería interior no transcurso das obras que se están a acometer no inmoble".

O seu portavoz municipal, José Luis Martínez Sanjurjo, insistiu en reclamar copia de todos os informes técnicos sobre as deficiencias estructurais que presenta o consistorio. Tamén quixo respostar ao alcalde que o suposto alarmismo cuestionado polo rexedor se combate con transparencia e inmediatez na entrega de documentación, cualidades das que, ao seu parecer, carece o equipo de Goberno local.

Sospeitosa aparición dos problemas
Do mesmo xeito, Martínez Sanjurjo estima "sospeitoso" que os danos estruturais do Consistorio non fosen detectados antes de iniciarse as obras, durante a fase de redacción do proxecto. E máis sospeitoso resulta aínda, lembra, que os problemas aparecen unha vez derribados os tabiques interiores, tal e como confesou o alcalde de Ordes ao respostar a unha pregunta formulada polo PP local no pleno ordinario de novembro, nun derroche de inusitada sinceridade.

A frase de José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do PP de Ordes
“Resulta grotesco e absolutamente reprobable que, cos impostos de todos, o Goberno local financie obras innecesarias nas oficinas do Concello, mentres  falla o alumeado público, hai rúas con notables carencias e as vías de titularidade municipal están case intransitables, por falta de mantemento axeitado nalgúns tramos”

*

Castro pide ampliar a exposición do PXOM un mes máis

Plano do PXOM do concello de Ordes.

O portavoz nacionalista alerta das queixas recibidas por algúns veciños que consideran que a documentación presentada polo Concello está "incompleta" 

O portavoz municipal do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, esixiu onte ao alcalde de Ordes a ampliación do periodo de exposición pública da documentación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), habilitando un novo prazo dun mes para que os veciños de Ordes poidan examinala e presentar suxestións á mesma, debido á existencia de queixas de veciños que manifestan que a documentación do PXOM que foi obxecto de exposición pública está incompleta.

Castro lembrou que “no Pleno de Outubro aprobouse, a iniciativa do BNG, habilitar un prazo de exposición pública do PXOM de 30 días naturais para que os veciños poideran examinalo e presentar suxerencias ao mesmo”, mais, unha vez concluido o mesmo, o pasado 30 de novembro, “teñense rexistrado queixas de veciños que manifestan que a documentación do PXOM exposta está incompleta ao faltar un estudio detallado do medio rural e do modelo de asentamento poboacional, a descripción e evaluación do sistema de núcleos que se propón e do alcance, contido e obxectivos da planificación, a planificación sectorial e territorial, ademáis de moita outra documentación necesaria para a aprobación inicial do PXOM”, segundo salientou o portavoz nacionalista.

Os nacionalistas ordenses xa instaron ao alcalde no último Pleno, celebrado o 27 de novembro, a que habilitase un novo período de suxerencias, por un mes, no que se permitise aos veciños e veciñas de Ordes o acceso á documentación completa do PXOM, emprazamento ao que o alcalde respostou afirmativamente, por esta razón, Castro instou ao alcalde a que “pase das palabras aos feitos e poña a disposición dos veciños a documentación completa do PXOM”.

A frase de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
“O BNG non aceptará que se merme a participación da veciñanza nun instrumento moi importante para o desenvolvemento non só urbanístico, senon incluso socioeconómico do concello de Ordes, tal e como pretende o alcalde ao non permitirlles examinar toda a documentación do PXOM”

*

lunes, 5 de diciembre de 2011

Arranxado o acceso a Buscás dende a AC-524

Estado anterior (esquerda) e actual (dereita) da pista de acceso á parroquia de Buscás pola AC-524.
Gonzalo Castro amosa a súa satisfacción pola execución da moción do BNG

Os nacionalistas piden á Xunta de Galicia e ao goberno municipal que cesen na súa actitude "irresponsábel" coa Ronda Leste

O portavoz do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, amosou hoxe a súa satisfacción porque se executase a moción do BNG, aprobada polo último Pleno de novembro, na que se demandaba ao goberno municipal arreglase de inmediato o deplorable estado do acceso á parroquia de Buscás desde a AC-524, que se atopaba cheo de fochancas que case non permitían a circulación de vehículos.

Castro salientou que “afortunadamente, esta actuación remata coa situación inaceptábel que estaban a vivir os os veciños e veciñas de Buscás, que se vian case imposibilitados a circular polo principal acceso a unha parroquia que conta con máis de 500 habitantes”.

Gonzalo Castro.
As frases de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
“Uns polos outros e a casa sen barrer, mais o que resulta inadmisíbel é que quenes pagan as consecuencias desta actitude irresponsábel do alcalde e do goberno do PP na Xunta sexan os  veciños e veciñas de Ordes, que ven paralizada unha obra de moita importancia para o desenvolvemento do seu concello”

"Emprazo ao alcalde de Ordes e ao goberno do PP na Xunta a cesar na súa actitude irresponsable e partidista ao manter paralizada a execución da Rolda Leste, cun contencioso entre ambos que xa resulta esperpéntico, e finalicen coa maior celeridade a execución desta importante infraestructura

*

Os danos son "os propios" dun edificio de máis de medio século

Regos pide ao PP que deixe de crear alarmas "infundadas"


A empresa encargada da rehabilitación da antiga Casa do Concello fará público "en breve" o seu informe


O alcalde de Ordes, Manuel Regos, e o seu equipo de goberno reafírmaronse hoxe no seu xeito de proceder coa remodelación da antiga Casa Consistorial e solicítanlle ao Partido Popular que "deixe de crear alarmas sociais innnecesarias e infundadas" aludindo á seguridade dos seus veciños. 

Actualmente estase á espera do estudo definitivo da análise estructural para acometer as obras de mellora deste inmoble construido nos anos 50. “O afán de cumplir con toda a normativa vixente en materia de seguridade foi o que nos levou a realizar este estudo. Para elo foi necesario derribar falsos teitos, levantar pavimentosou a realización de rozas e catas, entre outras tarefas”, asegura Manuel Regos. 



En calquera caso as anomalías detectadas en primeira instancia na estructura do inmoble non se deben a ningunha neglixencia nin por parte do goberno de Ordes nin da empresa que está a acometer as obras, senón que son as propias que presenta un edificio con máis de sesenta anos de antigüedade cunha escasa capacidade nos forxados, según os técnicos. 


Un aspecto que de maneira clara e aberta Manuel Regos xa comentou públicamente no último pleno celebrado o pasado 24 de novembro. Tanto dende a alcaldía como dende a empresa encargada de levar a cabo dito proxecto, CK Consultoría de Estructuras y Patología de la Edificación, aseguran que en breve poderán facer público o informe definitivo. Será entonces cando se valoren as medidas máis axeitadas e rentables para o municipio. Éstas poderían consistir no vaciado do edificio e a execución dunha nova estructura, ou ben na rehabilitación e reforzo da actual. En calquera caso aseguran que “o edificio non ten perigo de derrubamento aínda que non se realizase ningunha obra e o abramos ao público”, aseguran.


Manuel Regos, alcalde de Ordes.
A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes
“Os políticos temos a obriga de fundamentar as nosas acusacións e denuncias en feitos concretos e non en hipótesis futuras, xa que de non facelo así estariamos incurrindo tanto nunha falta de respeto á veciñanza como nunha falta de profesionalidade no noso exercicio como representantes institucionais”



*

Guateque navideño da asociación Camiño Real de Poulo

O PP quere coñecer os informes técnicos dos danos estructurais da antiga Casa do Concello


José Luis Martínez Sanjurjo pide a Manuel Regos e Roberto González que "den a cara"

O Partido Popular de Ordes reclamou o pasado venres ao Concello que faga públicos todos os informes técnicos relacionados cos danos estruturais detectados na antiga Casa Consistorial como consecuencia das obras de remodelación acometidas nos últimos meses. O Grupo Municipal do PP esixe ao alcalde, quen recoñeceu a existencia dun "serio dano" na estructura do edificio, que facilite toda a información sobre os danos que presenta o edificio e pide que se extremen as precaucacións para evitar calquera tipo de dano sobre as persoas.

O Partido Popular de Ordes considera que a remodelación da antiga Casa Consistorial, xunto coa construcción dun novo edificio para o Concello de Ordes, ou a rehabilitación da  estación da Pontraga (propiedade do ADIF, ao que o Concello paga un alugueiro mensual) son algúns exemplos das obras innecesarias acometidas polo equipo de Manuel Regos nos últimos anos, mentres que servizos esenciais para os veciños, como o alumeado público, o arranxo e mantemento de viais ou a simple limpeza de cunetas están desatendidos por falta de orzamento.

José Luis Martínez Sanjurjo considera que, de confirmarse calquera neglixencia no proxecto, o sucedido na antiga Casa Consistorial suporía unha “chapuza descomunal” que non lle pode salir de balde ao equipo de Goberno e reclamará responsabilidades políticas "con todas as súas consecuencias".

A frase de José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do PP de Ordes
“Nin o alcalde nin o concelleiro de obras se poden ir 'de rositas' e deben dar a cara logo da sucesión de chapuzas ás que nos teñen acostumados en Ordes desde a pasada lexislatura”

*