jueves, 31 de mayo de 2012

Rocío Leire e Lara López, gañadoras do V Certame de Poesía Concello de Ordes

Nas categorías xeral e infantil, respectivamente 


As poetas Rocío Leire Castro e Lara López foron as gañadoras do V Certame de Poesía Concello de Ordes nas categorías xeral e infantil, respectivamente, que fallouse o pasado venres 25 de maio, con motivo do Día das Letras Galegas.


A continuación transcribimos os poemas gañadores, que podes escoitar a través dos seguintes enlaces de Radio Ordes: A península do meu amor e A lúa.


A península do meu amor (Rocío Leire Castro)
Ti eras, muller, como a palabra primeira pronunciada polo vento,
como o movemento perfecto dunha xesta de cristal,
como un poema do tempo prendido na eternidade.

Quixen obviar a túa pantasma
e deixarme atrapar pola fuga das horas descalzas,
como a vella exausta das danzas no caer da tarde.
Mirarte lentamente, muller, dende a península do meu amor,
dende a pola máis alta da fraga.

Mirarte sen facerche dano coas miñas pupilas,
e pronunciar o teu nome sen mancarme.
Sen deixar que a artillería das miñas palabras
en choupos pétalos mores do teu nome.

O teu nome, flor veloz da que brotan os estamios,
como fervenzas de auga doce que me empapa.
Porque agora teño resaca do teu corpo, dos teus pistilos,
en coros estraños, alzadeiros ocultos nos que encorar os meus soños.

As túas pegadas son os campanarios que me chaman a misa
e son tan curtos os momentos ao teu lado...
Non estaría mal que durasen máis que a propia vida.

Nas túas mans xa non son una boneca de louces matizada.
Agora o vento pinta orgasmos entre as pantasmas das árbores
e os anxos caen do ceo como estalacticas que impregnan o aire.

E ardo na túa casa de papel porque para negar o sol, ti es suficiente.
E falo da chuvia a través de ti, das túas bágoas.
Es coma subliñara nos beizos dun salgueiro que renace da seca.
Por iso agora me dedico a honrar o teu nome.
A exacular as madrugadas para inseminar en ti un novo día.

A lúa (Lara López)
A lúa brila no ceo
A lúa está moi cansa
A lúa enriba do mar
Ten os cabelos de prata.

Cobren as nubes do ceo
Cobren as ondas do mar
Cobras as cinco estreliñas
Que están de noite a xogar.

Xa remata a poesía
Xa me teño que marchar
Xa vou eu para a camiña
Eu xa me vou descansar.

*


Alfonso Senra condeou a Alcalá-Zamora por "estorbar el triunfo proverbial del Glorioso Alzamiento"

Ordessiete localiza a sentencia do Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas de 28 de abril de 1941


Alfonso Senra, ademais de dar nome a nosa principal avenida, é fillo predilecto de Ordes dende 1923

A continuación se transcribe íntegramente a sentencia:


DON FERNANDO RUIZ DEL ARBOL RODRIGUEZ, SECRETARIO DE LA ADMINISTRACION DE JUSTICIA Y DEL JUZGADO ESPECIAL DE EJECUTORIAS NUMERO TRES ADSCRITO A LA COMISIÓN LIQUIDADORA DE RESPONSABILIDADES POLÍTICAS.

Doy fe: Que en el expediente seguido para hacer efectivas las sanciones impuestas por responsabilidades políticas a D. Niceto Alcalá-Zamora y Torres, aparece entre otros particulares, la siguiente certificación:

Don Antonio Carrasco Cobo, Secretario del Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas de Madrid.

CERTIFICO:
 Que el expediente número 105/1939 D. seguido de este Tribunal, se ha dictado la siguiente: -



-SENTENCIA.-

Nº 299.- Señores: Presidente.- D. Manuel Jiménez Ruiz.- Vocales: D. Fermín Lozano.- D. Alfonso Senra.- En Madrid a 28 de Abril de 1941.- Examinadas por este Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas, constituido con los señores del margen, bajo la ponencia del Vocal Magistrado, las diligencias del expediente seguido contra D. Niceto Alcalá-Zamora y Torres, natural de Priego (Córdoba), de 63 años de edad, casado, abogado y vecino de Madrid; y 


-RESULTANDO- que de lo actuado aparece probado y así se declara, que el referido expedientado fue enemigo implacable de la Dictadura del General Primo de Rivera, y quien por su elocuencia y su posición política de ex-ministro de la Monarquía batió más eficazmente a esta Institución. Implanta la República, obtuvo como premio a su campaña antimonárquica, la Jefatura del Gobierno Provisional primero y la Presidencia de la República después, permaneciendo en este cargo desde 1931 a 1936. Sus errores, torpezas y desaciertos fueron en tal número y magnitud que puede estimársele como de los principales responsables, por acción y omisión, de haber forjado la subversión roja, haber contribuido a mantenerla viva durante más de dos años y a estorbar el triunfo providencial del Glorioso Alzamiento.


Concretándose su responsabilidad, en los periodos históricos y actos más destacados siguientes: Su actitud de eficacia decisiva en la solución de impunidad dada a la revolución roja en octubre del año 1934; la sanción del Decreto de convocatoria de elecciones para Diputados a las Cortes del año 1936; sostener en la prensa de París, y concretamente en el Diario "L'Ere Nouvelle" una campaña difamatoria de los ideales inspiradores del Glorioso Movimiento Nacional, que por las circunstancias del lugar y tiempo, y por la significación política de su autor, hubo de ser perjudicialísima a la Causa patriótica y asaz perniciosa, y por último su permanencia en el extranjero desde antes del 18 de julio de 1936 hasta el momento presente, en prueba irrefutable de su animadversión hacia el contenido de los principios inspiradores del Alzamiento salvador de la Patria.- 


RESULTANDO que en la sustanciación de este expediente se han observado las prescripciones que lo regulan, a excepción del plazo señalado para su terminación, que ha sido rebasado por la necesidad de practicar algunas diligencias imprescindibles, se ignora si el expedientado tiene o no a su cargo hijos menores edad. Como de su propiedad se le reconocen bienes muebles, inmuebles y valores y metálico, que suman unos seis millones de pesetas.- 


CONSIDERANDO que los hechos expuestos en el primer resultado de esta sentencia son constitutivos de la responsabilidad política sancionada por el artículo primero y los apartados F), E), L) y M) del cuarto, con la concurrencia de la circunstancia agravante establecida en el párrafo primero del artículo séptimo, todos de la ley de 9 de febrero de 1939. - 


CONSIDERANDO que tales hechos revisten caracteres de gravedad extraordinaria habida cuenta de la actuación del inculpado de tanto relieve y resonancia, de oposición a los más elementales principios de orden y todo cuanto significase amor a España, que aconsejan hacer al Gobierno la propuesta que señala el artículo noveno de la ley antes mencionada, de pérdida de su nacionalidad española, y aplicar las sanciones comprendidas en los tres grupos del Artículo 8º de la misma.


CONSIDERANDO que de conformidad con el párrafo segundo del artículo 13 de citada ley la cuantía de la sanción económica se fijará teniendo en cuenta no sólo la gravedad de los hechos apreciados, sino, principalmente, la posición social y caudal del expedientado y las cargas familiares que legalmente esté obligado a sostener.


VISTO los artículos citados y concordantes.


FALLAMOS: Que debemos ordenar y condenamos a D. Niceto Alcalá-Zamora y Torres a las sanciones económicas de pago de 50 millones de pesetas, que comprende la totalidad de sus bienes; extrañamiento durante quince años; y proponer al Gobierno acuerde la pérdida de su nacionalidad española de conformidad con lo prevenido en el artículo noveno de la ley de 9 de febrero de 1939; y subsidiariamente, para el caso en que ésta última no se acordase, la inhabilitación absoluta por quince años; que se harán efectivas en la forma dispuesta en la Ley ya citada de 9 de febrero de 1939, en relación con el Código penal común, adoptando para ello las medidas pertinentes.- Notifíquese esta sentencia al expedientado mediante edicto que se insertará en el Boletín Oficial, en atención a ignorarse su actual paradero.- Así por ésta, nuestra sentencia, votada por unanimidad, lo pronunciamos, mandados y firmados.- M. Jiménez Ruiz.- Fermín Lozano.- A. Senra.- Rubricados.

Y para que conste y unir al rollo, expido el presente que firmamos en Madrid a 28 de Abril de 1.941.-
Antonio Carrasco Rubricado.

Lo relacionado es cierto y lo inserto corresponde con su original al que me remito y para que conste, en cumplimiento de lo mandado, expido el presente, que firmo en Madrid a 28 de Diciembre de 1.950. 







*


Aberto o prazo de inscrición para a XXXIV Xuntanza de Maiores


O Concello porá a disposición dos interesados un autobús para acudir a este encontro que terá lugar no Carballiño o vindeiro 9 de xuño

Ata o próximo 7 de xuño, o departamento de Servizos Sociais do Concello de Ordes manterá aberto o prazo para asistir á XXXIV Xuntanza de Maiores, que terá lugar o próximo 9 de xuño na localidade do Carballiño (Ourense). 

O programa para ese día inclúe un concerto de banda, entrega de agasallos e comida campestre. A xornada de convivencia, organizada pola Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Ourense, dará comezo ás 10.30 horas e finalizará ás 20:00 horas. Os interesados en acudir disporán dun servizo de autobús por un prezo de tres euros.
     
*

O Concello recollerá o papel e cartón dos comercios de Ordes


Poderase depositar na porta de cada establecemento cada día antes das 15:00 horas 

O plan está dirixido ós establecementos do municipio e entrará en funcionamento na primeira semana de xuño

O Concello de Ordes porá en marcha a partir do próximo mércores 6 de xuño un novo sistema de recollida selectiva porta a porta de papel e cartón. Eco Comercio, que é o nome que se lle da  a esta iniciativa medioambiental, está exclusivamente orientada ós establecementos comerciais do municipio así como ós postos de venda ambulante que cada mércores se instalan no Campo da Feira.

Para poder facer uso deste servizo basta con depositar na porta de cada establecemento o papel e cartón sobrante antes das 15:00 horas. É importante que os residuos non obstrúan a vía pública e que estén perfectamente apilados e atados. No caso dos vendedores ambulantes habilitaranse uns puntos concretos no Campo da Feira par tal fin.

Eco Comercio é unha iniciativa desenvolvida pola concellería de Medio Ambiente do Concello de Ordes que pon a disposición dos comerciantes da vila de xeito totalmente gratuito.

*

miércoles, 30 de mayo de 2012

Máis de cen inscritos na II Xuntanza Cabalar de Ardemil


Celebrarase esta fin de semana a partir do venres ás 20:00 horas

Aberta a inscrición ata o comeo de cada proba no teléfono 630199594 e 696843590 

A parroquia ordense de Ardemil celebrará esta próxima fin de semana a II Xuntanza Cabalar, que ata o día de hoxe xa conta con máis de cen exemplares inscritos. Este encontro, que se desenvolove coa colaboración do Concello de Ordes e onde os cabalos e bestas son o principal atractivo, arrancará o próximo venres 1 de xuño a partir das 20:00 horas. Unha xornada onde se contará coa actuación do cantante Mario e cunha degustación de panceta gratis para todos os asistentes.

Ao día seguinte o recinto feiral abrirá as súas portas ás 08:00 horas. A partir das 10:00 horas disputarase o concurso de mellor besta cruzada e ás 11:00 horas terá lugar o de mellor cabalo cruzado. Ás 16:00 horas arrancarán os xogos de barrís e ás 17:00 horas a exhibición de andadura. Nesta proba tamén desfilarán moitos dos participantes e premiados no Campionato Galego de Andadura. Tamén está prevista unha gran churrascada e regalos sorpresa para os participantes e asistentes. En caso de chuvia instalarase unha carpa.

Co fin de acadar o maior número posible de participantes os organizadores manterán aberta a inscrición ata minutos antes do  comezo de cada proba. Non obstante se o prefiren poderán apuntarse con antelación chamando ós teléfonos 630 199 594 e 696 843 590.

*

Aberto ata mañá o plazo para participar nos campamentos do verán da Deputacióm

O Concello de Ordes tramita as inscricións e este ano o programa inclúe actividades como volei praia, vela, tenis, golf e visitas culturais 

Ata o próximo venres 1 de xuño o Concello de Ordes manterá aberto o prazo para inscribirse nos campamentos deportivos 2012 organizados pola Deputación da Coruña e dirixidos a rapaces e rapazas de 9 a 13 anos.

Golf, vela de cruceiro, tenis, volei praia, visitas culturais guiadas pola Coruña e comarca, xogos cooperativos e de praia, ou as olimpiadas de paz son algunhas das actividades previstas para este verán. O colexio Calvo Sotelo, ubicado na Coruña, servirá de aloxamento para todos os participantes. Realizaranse tres quendas que se distribuirán según o concello de procedencia dos participantes e que no caso de Ordes será durante a semana do 8 ó 14 de xullo. A cuota de inscrición ascende a 85 euros e inclúe o transporte interno, estadía, manutención, así como os gastos derivados das actividades programadas.

Todos os interesados poden pasar polo departamento de Cultura e Deportes para formalizar a súa reserva de praza. Para elo deberán entregar unha ficha que se facilitará no departamento de Cultura e Deporte cos seus datos persoais

Tamén é preciso unha foto tipo carné, unha fotocopia da tarxeta sanitaria, outra do carné de identidade ou do libro de familia, copia do pagamento das cuotas así como un xustificante médico si se precisase algún tratamento específico. No caso de que o número de solicitantes sobrepase o de prazas ofertadas éstas asignaríanse mediante sorteo.

*

Francisco Caamaño busca apoios á súa candidatura na nosa comarca


O encontro socialista tivo lugar no bar Casa Noya, en Agro do Mestre (Trazo).
O socialista reuníuse con máis de oitenta veciños e militantes, entre os que se encontraba o voceiro do PSdG-PSOE de Ordes, Xesús Pedreira

Máis de oitenta veciños e militantes socialistas da comarca de Ordes reuníronse hoxe en Trazo con Francisco Caamaño, candidato á secretaría xeral provincial do PSdeG-PSOE.

O exministro mantivo tamén un encontro con varios dos concelleiros e portavoces municipais socialistas da comarca entre os que estaba o ordense Xesús Pedreira.

*

Cruz Vermella deu a coñecer en Ordes as ventaxas da teleasistencia



A cita tivo lugar esta tarde de onte no auditorio do Museo do Traxe Juanjo Liñares

Cruz Vermella Española levou a cabo onte en Ordes unha charla informativa co obxectivo de dar a coñecer o seu servizo de teleasistencia. En colaboración co Concello de Ordes, o encontro foi deseñado especialmente  para dar resposta ás dúbidas dos maiores da zona.

A teleasistencia é un servizo social de carácter preventivo dirixido especialmente ás persoas maiores, enfermos crónicos ou persoas con discapacidade. Está  operativo as vintecatro horas do día durante os 365 días do ano. O obxetivo principal é mellorar a calidade de vida dos usuarios ao posibilitar que poidan vivir nos seus domicilios habituais durante más tiempo. 

Ante situacións de emerxencia
Este sevizo proporciona autonomía e independencia xa que ante cualqueira situación de emerxencia poden pedir axuda a Cruz Vermella pulsando un pequeño dispositivo. Ademais también se instala un aparato conectado á la línea telefónica e á toma eléctrica.

*

martes, 29 de mayo de 2012

Debería Alfonso Senra en Ordes seguir o mesmo camiño que Millán Astray na Coruña?


Francisco Franco e Millán Astray, compadres.
Alfonso Senra, que participou na condea e perda da nacionalidade española de Alcalá-Zamora, é fillo predilecto de Ordes

A súa vinculación con Ordes únicamente debeuse ao interés do cacique comarcal Saturnino Aller porque ocupara a nosa praza no Congreso de Madrid

O Tribunal Superior de Xustiza (TSX) de Galicia ven de reafirmar a legalidade da retirada do título de fillo predilecto da Coruña ao militar Millán Astray Terreros (1879-1954), fundador da Lexión Española, quen logo de tomar parte activa na Guerra Civil no bando nacional formou parte das Cortes franquistas e do seu Goberno como xefe de prensa e propaganda.   

A sala segunda do contencioso-administrativo do TSX desestima así o recurso interposto pola Asociación Cultural e Deportiva de Veteráns da Lexión logo dun proceso xudicial cheo de controversias. Os feitos deron comezo o 3 de agosto de 1922, cando o pleno municipal da Coruña outorgou a distinción ao militar. Varias décadas máis tarde, coa entrada en vigor da Ley 52/2007 da 'memoria histórica', o Goberno municipal bipartito PSdG-BNG retirou tal distinción, pero a súa filla, Peregrina Millán-Astray Gasset, recurriu a decisión ante os xulgados. 

Así, en agosto de 2011, o xulgado do contencioso-administrativo número 3 da Coruña doulle a razón á familia Astray, obrigando ao consistorio coruñés a repoñer a dignidade do militar porque, segundo a sentencia, o nomeamento acordouse en 1922, “catorce anos antes da sublevación”, polo que non sería de aplicación a citada lei de memoria histórica. A sentencia foi recurrida finalmente pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña en setembro desde mesmo ano nunha polémica decisión logo de que o Concello da Coruña decidira non presentar recurso ante aquela primeira decisión xudicial. Agora, o TSX dalles a razón e A Coruña deberá retirar definitivamente o título civil do militar franquista.

Alfonso Senra é fillo predilecto de Ordes dende 1923.
Alfonso Senra en Ordes
A situación en Ordes non é moi diferente á coruñesa. O 15 de agosto de 1923, unha corporación municipal moxigata e servil decidiu outorgar a súa maior dignidade, a de fillo predilecto, a un descoñecido avogado de Tui -fillo dun alcalde que fora de Vigo- e deputado en Madrid polo noso distrito de Santa María de Ordes. Un escaño que conseguira por designación directa da Xunta Provincial Electoral logo de acadar o apoio do cacique comarcal, Saturnino Aller

Este político patéticamente beneficiado polo viciado sistema lexislativo da época non foi outro que Alfonso Senra Bernárdez, a quen ademais a corporación municipal lle dedicaría, nese msmo acto, o nome da nosa principal avenida –por aquel entonces denominada rúa Real- como parte das prebendas servís ao descoñecido avogado e aos seus protectores.


Tribunal de Responsabilidades Políticas
Pero a posición política máis polémica de Alfonso Senra chegaria a finais da Guerra Civil, cando o réxime franquista o nomea vocal do Tribunal de Responsabilidades Políticas, un pavoroso corpo administrativo destinado a “reconstruir espiritual y materialmente la patria”. Así, a finais de abril de 1941, o fillo predilecto de Ordes asina o expediente de condea do presidente do Goberno de España durante a II República, Niceto Alcalá-Zamora, brilante xurista, republicano conservador e impecable demócrata. O fallo do tribunal do que Alfonso Senra formou parte condeou a Alcalá-Zamora ao pago de 50 millóns de pesetas “que comprende a totalidade dos seus bens” e así como á perda da nacionalidade española.

Cabe agora preguntarnos se é para nós unha honra contar con alguén así na nosa memoria histórica e na nosa dignidade como pobo, e se deberíamos seguir o mesmo camiño que tomou o Concello da Coruña para atallar do noso futuro as vergoñas do noso pasado.

*

O PP de Ordes reclama melloras na sinalización e na seguridade da rolda leste


Os populares presentarán iniciativas no Pleno para que o Concello corrixa as carencias que presentan as dúas rotondas do vial recentemente inaugurado 

En tan só un mes xa se teñen rexistrado accidentes na rotonda de enlace da rolda leste coa N-550 e coa estrada de Cerceda, aseguran dende o PP 

O Partido Popular de Ordes presentará no Pleno previsto para este xoves diferentes iniciativas  encamiñadas a mellorar a seguridade do trazado e a sinalización do último tramo da rolda leste, inaugurado o pasado 26 de abril.

O Grupo Municipal do Partido Popular instará ao Goberno local, a través dunha moción, a formalizar a permuta dun predio situado ao carón da rotonda da Gorita, de xeito que se poda eliminar un muro elevado que dificulta a visibilidade e afecta á seguridade viaria nesa zona.

Os populares de Ordes tamén trasladarán ao Pleno da Corporación outras iniciativas para instar ao equipo de Goberno local a mellorar a seguridade na rotonda que enlaza a rolda leste coa estrada Nacional -550 e coa de Cerceda, dado que pese que tan só transcorreu  un mes desde desde a entrada en servizo do novo vial xa se teñen producido accidentes neste punto. E o risco pode incrementarse exponencialmente en situacións meteorolóxicas adversas ou con escasa visibilidade.

Mellorar a sinalización
Ao tempo, o PP buscará un acordo para mellorar a sinalización da rolda leste, tendo en conta as situacións de confusión que se teñen producido entre condutores non familiarizados con esta zona.

A rolda leste de Ordes executouse en virtude dun convenio entre o Concello e a Xunta de Galicia. A Administración municipal encárgase de executar as obras, que son financiadas pola Xunta unha vez que o Concello presenta as correspondentes certificacións.

Martínez Sanjurjo.
As frases de José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municpal do Partido Popular de Ordes
“O pasado 26 de abril foi un día histórico para Ordes na medida en que entrou en servizo o derradeiro e máis necesario tramo da rolda leste, unha infraestrutura longamente agardada polos veciños e veciñas e financiada integramente pola Xunta de Galicia”

"Durante esa xornada restituíu a verdade en relación co financiamento da obra, pois acreditouse que mentres o Concello de Ordes bate récords de morosidade, a Xunta do Partido Popular sí paga puntualmente as súas facturas”

*

O BNG presenta unha moción para que as confesións relixiosas paguen o imposto do IBI


Gonzalo Castro estima nuns 30.000 euros anuais os ingresos deixados de ingresar en Ordes por parte da Igrexa Católica, e de 200 millóns en toda Galicia

O portavoz do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, anunciou hoxe a presentación dunha moción que será debatida polo Pleno do vindeiro xoves, onde os nacionalistas proporán que se inste ao Goberno Central para que elimine a exención do pago do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI), da que gozan os bens propiedade das distintas confesións relixiosas.

O portavoz do BNG de Ordes afirmou que “estase a facer recaer sobre as costas da cidadanía as consecuencias da crise económica con recortes de dereitos sociais, baixada dos salarios e aumento de diversos impostos, incluído o IBI, mentres se manteñen privilexios tan anacrónicos e inxustos como a exención do pago deste imposto por parte das confesións relixiosas”

Gonzalo Castro salientou que “no caso do Concello de Ordes, os cidadáns sufrirán unha desproporcionada subida do IBI, que se verá incrementado nun 23%, situación que contrasta inxustamente coas exencións fiscais que desfrutan a igrexa católica e outras confesións, que veñen recollidas na Lei de facendas locais

Contido da moción
A continuación, transcribimos o contido da moción nacionalista:

Ao alcalde-presidente do Concello de Ordes
Gozalo-Henrique Castro Prado, portavoz do Grupo Municipal do BLOQUE NACIONALISTA GALEGO, ao abeiro do disposto no artigo 97 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades locais, presenta a seguinte MOCIÓN para instar a eliminación da exención do pago do IBI da Igrexa Católica e outras confesións.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Estamos a sufrir unha situación crítica a nível económico no Estado Español, que tamén está afectando de xeito importante aos veciños e veciñas de Ordes, mentres vemos unha absoluta permisividade dos poderes públicos co espolio desenvolvido polos mercados, os especuladores e os bancos, coa circulación de diñeiro negro e co enorme fraude fiscal existente, faise recaer sobre as costas da cidadanía as consecuencias desta crise económica: paro, aumento da pobreza, recorte de dereitos sociais, aumento do IRPF, baixada dos salarios e aumento de diversos impostos, incluído o imposto de bens inmobles (IBI).

Debemos lembrar que de forma absolutamente desproporcionada e inxusta, o RDL 20/2011, de 30 de decembro, de medidas urxentes en materia orzamentaria, tributaria e financeira para a corrección do déficit público, instou ás Corporacións Locais, cunha clara vulneración da autonomía local a unha subida do IBI de entre o 4 e o 10%.

No caso do Concello de Ordes, os cidadáns sufrirán unha desproporcionada subida do IBI, que se verá incrementado nun 23%, situación que contrasta inxustamente coas exencións fiscais das que gozan diversas entidades, en especial a igrexa católica e outras confesións, que veñen recollidas na Lei de facendas Locais.

Facendo un cálculo aproximado, co tipo impositivo actual, se se eliminase a exención do pago do IBI ás confesións religiosas, só polo pago deste imposto, no tocante aos bens Igrexa Católica, os Concellos galegos percibirían perto de 200 millóns de euros de ingresos que contribuirían de xeito importante á mellora dos servizos públlicos que deben prestar aos cidadáns e a sanear ás maltreitas finanzas das entidades locais.

Se falamos do Concello de Ordes, e facendo un cálculo aproximado (tendo en conta a opacidade existente nos bens titularidade da Igrexa Católica), coa subida do IBI prevista e a actualización dos valores catastrais, concluiríamos que o noso concello podería recadar perto de 30.000 euros anuais en concepto de IBI só polos bens propiedade da Igrexa Católica.

O BNG ten proposto en reiteradas ocasións no Congreso dos Deputados e no Senado que se modificasen os tratados vixentes coa Santa Sede para rematar cuns privilexios fiscais que consideramos anacrónicos e inxustificábeis no contexto actual de crise económica. Máis ainda se temos en conta  que a Constitución de 1978 declara que “ningunha confesión terá carácter estatal”, un feito que supuxo a superación do status confesional que o Estado español mantiña até esa data.

A Corporación Municipal de Ordes, tendo en conta a inxustiza desta situación, debe instar tamén ás administracións competentes a que realicen as actuacións que permitan que se elimine a exención á igrexa católica e outras confesións relixiosas, do pago dun imposto municipal, como é o IBI.

Por todo o exposto, o Grupo Municipal do BNG de Ordes, propón á Corporación Municipal de Ordes, a adopción do seguinte

ACORDO

1.- Instar ao Goberno Central e ás Cortes Xerais, a que  se suprima da Lei de Facendas Locais, a exención do IBI (imposto de bens inmobles rústicos e urbanos) á igrexa católica e outras confesións relixiosas.

2.- Instar ao Goberno Central e ás Cortes Xerais a que se derroguen os Acordos do Estado español coa Santa Sede, especialmente o de Asuntos Económicos, reformando a Lei de Mecenazgo e Fundacións de acordo con esta derrogación.

3.- Instar ao Goberno municipal a que realice as xestións necesarias para realizar un inventario municipal dos bens inmobles rústicos e urbanos que están censados e rexistrados a nome da igrexa católica e doutras confesións relixiosas, así como das súas entidades e asociacións afíns, co fin de facilitar o cobro do IBI destes bens inmobles.

4.- Instar ao Goberno da Xunta a defender todas estas reformas diante do Goberno Central, actuando en defensa dos Concellos galegos e da súa cidadanía, diante desta inxusta e anacrónica situación.

5. Dar traslado do presente acordo ao Goberno Central, ás Cortes Xerais do Estado e ao Goberno da Xunta de Galiza.

Ordes, a 28 de maio de 2012
  

Gonzalo Castro Prado.
As frases de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
“Facendo un cálculo aproximado, co tipo impositivo actual, se se eliminase a exención do pago do IBI ás confesións relixiosas, o noso concello podería recadar perto de 30.000 euros anuais en concepto de IBI só polos bens propiedade da Igrexa Católica, uns ingresos que que poderían contribuir á mellora dos servizos públicos que se deben prestar aos cidadáns”

“A Constitución de 1978 declara que ningunha confesión terá carácter estatal, un feito que supuxo a superación do estatus confesional que o Estado español mantiña até esa data, de aí que non se entenda a permanencia destes anacrónicos privilexios

"Espero que a Corporación Municipal apoie esta proposta e inste ás administracións competentes a eliminar a inxustiza que supón a exención á Igrexa Católica e outras confesións relixiosas, do pago dun imposto municipal, que afecta a todos os veciños, como é o IBI”

*  

Os socialistas de Ordes queren regular o uso das beirarrúas


Xesús Pedreira: "Chegáronos queixas dos veciños, especialmente na rúa do Muíño"

A Agrupación Socialista de Ordes solicitará na sesión plenaria ordinaria deste xoves 31 de maio a elaboración dunha Ordenanza de Ocupación de Beirarrúas para que a ocupación privativa dun espazo público se faga de acordo a criterios de compatibilización do uso público coa utilización privada. 

O seu voceiro municipal, Xesús Pedreira, considera urxente resolver este problema xa que “coa chegada do verán vemos nas rúas de Ordes a proliferación de terrazas que, nalgúns casos, non permiten o paso a peóns, cadeiras de rodas ou cadeiras de bebés”. Unha petición que supón unha ampliación da moción que presentará tamén o grupo socialista na sesión deste xoves para pedir melloras na seguridade viaria dos peóns na rúa Alfonso Senra, onde se solicita que se dote as beirarrúas do ancho suficiente para evitar que os peóns teñan que circular pola N-550.

Sector textil e medio rural
Así mesmo, os socialistas ordenses tamén preguntarán ao Concello de Ordes polos investimentos que o Plan de Zona Terras de Santiago contempla no municipo ordense. Un plan que no seu conxunto contempla uns investimentos de 170 millóns de euros para os vindeiros catro anos pero onde se descoñece que proxectos se contemplan en Ordes, o seu importe e a súa data de execución.

Finalmente, Xesús Pedreira buscará o apoio do pleno municipal ás propostas presentadas polo PSdeG-PSOE para mellorar o sector téxtil de Ordes e frear a destrución de emprego neste sector. Así, os socialistas instarán ao pleno municipal a esixirlle á Xunta a presentación dun plan estratéxico para o sector téxtil da comarca de Ordes e o impulso da compra estratéxica da Administración no sector (de xeito que as empresas galegas poidan participar en iguais condicións nos concursos de prendas téxtiles).

Xesús Pedreira Mirás.
A frase de Xesús Pedreira, voceiro municipal do PSdG-PSOE de Ordes
“Chegáronos queixas por parte de veciños, especialmente na rúa do Muíño, onde pais e nais que baixan cos seus nenos de curta idade do colexio Campomaior encóntranse con que teñen que ir pola zona reservada aos vehículos porque algúns establecementos de hostalería non deixan o suficiente espazo para poder circular os peóns

*

O CAB Obradoiro pediu o apoio dos ordenses para manterse na ACB

Manuel Regos, primeiro pola esqueda, onte no hotel Rúa do Vilar cos alcaldes da comarca e directivos do Obradoiro.
O seu presidente, Raúl López, convocou a Manuel Regos a unha xuntanza con máis alcaldes da comarca


O CAB Obradoiro necesita algo máis de tres millóns de euros para convertirse en sociedade anónima deportiva e poder seguir competindo na actual Liga Endesa ACB. Con ese obxectivo, o seu presidente, Raúl López, convocou onte nun céntrico hotel de Santiago a un grupo de alcaldes da comarca, entre os que se atopaba Manuel Regos para darlles a coñecer esta realidade.


Arcas valeiras
Segundo informa La Voz de Galicia, as intervencións dos alcaldes "responderon a un mesmo patrón. Amosaron a súa simpatía polo proxecto e o seu desexo de que o proceso chegue a bo porto", ainda que tamén deixaron clara que as arcas municipais están valeiras e que "non hai marxe económico de maniobra pra poder implicarse".

*

lunes, 28 de mayo de 2012

O BNG non quere camións polo centro da vila de Ordes


Montserrat Rei: "A nosa proposta inclúe excepcións xustificadas, coma a carga e descarga ou o transporte público"
O BNG de Ordes anunciou esta mañá que o Pleno que terá lugar o vindeiro xoves, 31 de maio, debatirá unha moción dos nacionalistas na que se propón instar ao Ministerio de Fomento a prohibir o tráfico dos vehículos pesados, que circulen en dirección A Coruña ou Santiago, no tramo da N-550 que discurre polo centro da vila de Ordes, ao existir xa a alternativa da recentemente inaugurada ronda leste.
Montserrat Rei, concelleira do BNG de Ordes, manifestou que “non resulta suficiente con sinalizar adecuadamente a nova ronda para sacar o tráfico pesado do centro de Ordes, é necesario que o Ministerio de Fomento, como titular da N-550, prohiba o tráfico pesado no tramo desta estrada que discurre pola vila de Ordes”.

Rei explicou que a proposta do BNG “ten como obxectivo que o Ministerio de Fomento prohiba o tráfico polo tramo da N-550 que discurre polo centro de Ordes aos vehículos cuxa masa máxima autorizada exceda as 3,5 toneladas, introducindo as sinais correspondentes nos accesos á vila de Ordes desde esta estrada”.

A concelleira do BNG explicou que “non existen razóns para non adoptar esta medida, xa que os camións que circulan cara A Coruña ou Santiago pola N-550 teñen unha alternativa para circunvalar o núcleo urbano sen pasar polo centro, a recentemente inaugurada ronda leste”.

A concelleira Montserrat Rei.
As frases de Montserrat Rei, concelleira do BNG de Ordes 
"A nosa proposta inclúe excepcións en casos xustificados, nos que se podería permitir aos transportistas o acceso ao centro, como por exemplo no caso de que teñan como destino a carga ou descarga nalgunha empresa ou comercio da vila, ou o transporte público con paradas na vila, entre outros”

“No caso de transportistas de mercadorías que fornecen aos comercios e locais hostaleiros, na súa maioría non superarían a masa máxima autorizada de 3,5 toneladas”

“Despois de moitos anos de espera, a mobilización dos veciños e veciñas de Ordes, con máis de 3.000 sinaturas que solicitaron o desvío o tráfico pesado do centro da vila, especialmente os camións de lixo que teñen como destino Sogama, ten conseguido que se construise unha ronda alternativa para desviar o tráfico pesado do centro da vila, por iso debense realizar de xeito inmediato as xestións que permitan que a veciñanza poida desfrutar canto antes dos beneficios desta ronda”

*

Iván Raña non estará nas Olimpíadas de Londres

"Estou triste, pero non tiña máis", declarou o excampión do mundo de triatlón

O ordense Iván Raña perdeu onte toda esperanza de competir nos xogos olímpicos de Londres 2012 logo dunha decepcionante carreira na terceira proba do Mundial de Triatlón celebrada en Madrid e na que rematou na 44º posición. O ordense perde así a opción de ocupar a terceira praza no equipo español en favor do conquense Josemi Pérez, quen será finalmente quen acompañe ao ferrolán Javier Gómez Noya e ao balear Mario Mola ata os xogos olímpicos. A declaracións de EFE, Raña explicou que "está triste", que fixo o que poido e que "hoxe [por onte] non tiña máis".

Iván Raña foi campión do mundo de triatlón no 2002 e participou nas Olimpíadas de Sydney 2000, Atenas 2004 e Pekín 2008.

*

domingo, 27 de mayo de 2012

Os xuvenís da S.D. Órdenes ascenden á Liga Nacional



Logo de vencer por tres tantos a dous á S.D. Compostela

Xogadores, técnicos, directivos e seguidores celebraron a xesta na Alameda de Ordes 

Os xuvenís da S.D. Club Órdenes venceron onte á tarde á S.D. Compostela por tres tantos a dous no campo anexo dous de Vista Alegre, o que lles supón o  ascenso á Liga Nacional Xuvenil. A victoria final xa se intuía antes de finalizar a primeira parte do encontro, cado a escasos 25 minutos do seu comezo, os xogadores do Órdenes xa se adiantaban por tres goles aos composteláns. 


Marea verde
Álvaro, Javi  e Suso foron os artífices dos goles que desataron a loucura dunha marea verde formada por centos de seguidores e afeccionados que non deixaron de animar.

Antes de que concluira o primeiro tempo, Escudero inauguraba o marcador dos visitantes nun tanto marcado de penalti. O mesmo castigo transformouse nun segundo tanto a favor dos visitantes marcado por Mon, tras unha man dentro da área minutos antes de que concluira o partido.


Celebracións
Tras o pitido final xogadores, cadro técnico, directiva e afeccionados saltaron ó terreo de xogo onde unha choiva de cava testemuñaba a sobredose de entusiasmo e ledicia polo ascenso. Xa na Alameda da vila de Ordes continuaron coa celebración.


Xogadores
Os xogadores responsables desta xesta son: Dani, Pablo Caamaño, Sergi, Seo, Pablo Regos, Rodri, Suso, Álvaro, Javi, Denís e SantiSuplentes: Esteban, Iván, Villa, Mosquera, PampínAdestrador: Andrés Durán.


*

Ordes, escola de poetas



O Concello de Ordes fixo entrega dos premios no seu quinto Certame de Poesía

Na tarde do pasado venres, o Concello de Ordes fixo entrega dos galardóns aos premiados do V Certame de Poesía organizado co gallo do Día das Letras Galegas. Na convocatoria participaron xente de todas as idades e a ela se presentaron un elevado número de obras.

O acto tivo lugar na Casa da Cultura e posteriormente todos os galardonados acudiron aos estudios de Radio Ordes para realizar unha lectura e gravación dos poemas seleccionados. 

Premiados
Os premiados na categoría infantil foron: Lara López Fernández, María Iglesias Lagares, Antía Rosende Juncal, Aira Portos Rei, Sorrayllag Ramos Gonzaga, Yasmine Ouchane. Paula Rodrígez García e Rocío Leire Castro destacaron polos traballos presentados nas categorías xuvenil e xeral respectivamente. 

*

sábado, 26 de mayo de 2012

Fabulosa tarde de contos e lendas na biblioteca de Ordes



Máis de medio cento de nenos asistiron onte ás narracións do grupo Leo Leíño

Máis de medio cento de nenos de entre 3 e 6 anos disfrutaron na tarde de onte dunha nova entrega das Tardes de Contos e Lendas na biblioteca municipal de Ordes. Nesta ocasión a narración e a literatura déronse a man coa música grazas ó relato Contos con guitarra, unha historia na que os asistentes interactuaron con cancións e xogos

O grupo Leo Leíño foi o responsable de facer as delicias dos presentes nesta cita, totalmente gratuita e que sempre ten lugar o último venres do mes.

*

viernes, 25 de mayo de 2012

Sanjurjo: "O plan de pago apoia aos empresarios, non a un Goberno municipal irresponsable"

O portavoz municipal do PP de Ordes reta a Manuel Regos a que acredite algo dito que non responda á verdade

O Partido Popular de Ordes fixo público hoxe un comunicado polo que mantén "unha por unha" as reflexións efectuadas onte en relación co informe elaborado polo interventor municipal no que advertía do delicado estado das contas públicas municipais. O seu portavoz municipal, José Luis Martínez Sanjurjo "reta" ao alcalde Manuel Regos "a que acredite se algo do que se dixo non responde á verdade".

Sanjurjo asegura que a nota de prensa remitida onte aos medios está baseada no informe do interventor e que "como todas as notas emitidas polo Partido Popular, se sustentan sobre feitos e datos verificables". 

O PP de Ordes quixó aclarar "fronte os intentos de manipulación do alcalde", que o informe do interventor "está datado en marzo de 2012, que se refire ao exercicio de 2011 e se emite en aplicación do plan de axuste de 2009, polo que nada ten que ver co plan de pago a provedores".

José Luis Martínez Sanjurjo.
As frases de José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do Partido Popular de Ordes
"A quen respalda realmente o plan de axuste aprobado polo Goberno de España é ás empresas e profesionais cos que o Concello de Ordes mantén débedas millonarias que non foi capaz de pagar pola súa nefasta política económica" 

"Que o Goberno central respalde ás empresas non implica, en absoluto, que respalde a política municipal que no caso de Ordes situou ao Concello na bancarrota"

*