martes, 31 de julio de 2012

Un espectáculo de 'clown' na Alameda dará comezo mañá ao Verán Cultural de Ordes


Fran Rei (esq.) e Pedro Brandariz, dous pallasos en máis apuros. 

Poderase disfrutar de teatro, música, obradoiros, festexos e clown en varios lugares da vila ata o 17 de agosto

O espectáculo de clown Dous pallasos en máis apuros marcará mañá o incicio do Verán Cultural de Ordes ás 20:00 horas na Alameda. Trátase dun programa caracterizado por unha extensa e variada programación que se desenvolverá ininterrumpida e gratuitamente ata o próximo 17 de agosto. Nela convínanse teatro, música, obradoiros, títeres, festexos e clown entre outros.

Dous pallasos en maís apuros é un espectáculo de clown realizado e posto en escea pola compañía 'Os sete magníficos máis un'. Especialmente pensado para os máis novos, o espectáculo recupera e actualiza varias farsas circenses clásicas creadas pola familia Colombaloni. Un espectáculo que leva colleitado un enorme éxito en toda Galicia tal e como veñen a demostrar as máis de cen representacións levadas a cabo nos últimos meses. Dirixida por Walker Velázquez e Iván Prado, o espectáculo vai ser representado por Pedro Brandariz e Fran Rei, cunha duración aproximada de unha hora.

Lugares
Todas as actividades incluidas no Verán Cultural terán como principais escenarios a Alameda de Ordes, o Campo da Feira e o auditorio da Casa da Cultura. En caso de choiva a organización ten previsto trasladalas á Casa da Cultura e ó pavillón Campomaior no caso do Día do Neno que terá lugar o 6 de agosto.

O Verán Cultural de Ordes está organizado polo Concello de Ordes, en colaboración coa Deputación da Coruña, e a Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

*

Convocado un novo pleno extraordinario para este xoves



Terá como único punto da Orde do día a aprobación ou non, da conta xeral relativa ao exercicio 2011



A S.D. Club Órdenes presenta o seu equipo xuvenil



Participarán por primeira vez en liga nacional

A S.D. Club Órdenes presentou onte no campo anexo de Vista Alegre o seu equipo xuvenil. Unha alineación que participará por primeira vez na súa historia na liga nacional. Por outra banda, os adestramentos dirixidos por Andrés Durán e Nico González darán comenzo mañá mércores pola tarde na cidade deportiva de Vista Alegre

Aliniación
A aliniación desta tempada 2012-2013 queda constituida do seguinte xeito: 
Porteiros: Dani e Manuel (cadete)
Defensas: Mosquera, Sergi, Pablo, Caamaño, Carlos (cadete), Kevin (cadete), Darío(cadete) e Esteban.
Centrocampistas: Christian, Suso, Javi, Pampin, Alvaro (cadete), Nico (cadete), Anxo(cadete), Diego, Fraga (Tordoia), Manuel (Trazo) e Iván (Victoria). Dianteiros: Villa, Fernando (Tordoia), Martin (Ural)

*

Tono Muiño e Manuel Rey gañan o torneo de pádel de Oroso


As dúas parellas finalistas posan co concelleiro de Deportes de Oroso, Luis Rey Villaverde. 

Os ordenses venceron na final á parella conformada por José Benito Rodríguez e José Manuel Romero, de Sigüeiro, nun partido moi desputado: 7-6 e 6-3

A primeira edición do Torneo de Pádel Concello de Oroso xa ten gañadores. Son os ordenses Antonio Tono Muíño e Manuel Rey, que venceron na final á parella de Sigüeiro conformada por José Benito Rodríguez e José Manuel Romero. O encontro estivo moi desputado e rematou cun resultado de 7-6 e 6-3.

Como premio, aos campións correspondeulles unha cea para dúas persoas e aos finalistas unhas palas de pádel. Non obstante, a organización entregoulles agasallos a todos os participantes.

Participantes
Nesta primeira edición, o Torneo de Pádel Concello de Oroso acadou unha participación de catorce parellas. A competición, que se desenvolveu durante todo o mes de xullo, estivo aberta a todos os cidadáns do municipio e da comarca.

*

O BNG denuncia irregularidades no uso de diñeiro de subvencións


Gonzalo Castro: "Pediremos a inmediata comparecencia do alcalde para que explique este gravísimo asunto"

O portavoz municipal do BNG, Gonzalo Castro, denunciou onte “o recoñecemento por parte do Goberno municipal da existencia de irregularidades no uso do diñeiro das subvencións recibidas polo Concello de Ordes”.

O portavoz dos nacionalistas ordenses aportou, para xustificar esta afirmación, unha acta do Pleno onde se aprobou a operación de crédito por 2,7 millóns de euros para facer frente ás facturas impagadas, onde o Goberno municipal recoñece que “moitas destas facturas foron subvencións”.

Gonzalo Castro pregúntouse “se moitas das actuacións correspondentes a facturas impagadas polo Goberno municipal foron subvencionadas, como é que estaban sen pagar?

Para o portavoz municipal do BNG, “esta afirmación do Goberno municipal é gravísima porque supón o recoñecemento de irregularidades no uso do diñeiro público por parte do alcalde e do seu Goberno, e incluso podería supoñer a existencia dunha malversación deste diñeiro”.

A frase de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
“O BNG pedirá a inmediata comparecencia do alcalde diante do Pleno para que explique este gravísimo asunto, e esixiremos as responsabilidades que correspondan”

*

domingo, 29 de julio de 2012

Gran acollida da feria de cans de caza no Mesón do Vento



Máis de tres mil visitantes poideron admirar os dous mil trescentos cans expostos

A feira consolídase como a mellor do noroeste peninsular e unha das mellores de toda España

A XX Feira de Cans de Caza celebrada hoxe no Mesón do Vento consolida este evento como o máis importante de toda Galicia dentro da súa categoría. Os máis de tres mil visitantes e unha cifra superior aos 2.300 cans expostos avalan esta cita como unha das máis importantes no ámbito cinexético, catalogada pola prensa especializada como a mellor de todo o noroeste penínsular e unha das mellores de España.


Noroeste peninsular
Dende primeira hora da mañán os criadores comenzaron a ocupar as súas gaiolas tanto no interior como no exterior do recinto feiral do mercado de gando. Máis de cincuenta nomes propios chegados dende todas as provincias de Galicia ademáis de Castela e León, Zamora, País Vasco, Asturias e Cantabria. 

Entre os exemplares expostos podíanse contabilizar corenta razas distintas entre beagles, teckels, podencos, jack terriers, pettit basset vendeens, bracos, espagniel bretons, setter ingleses, pointers, griffons azul gascuña, gascoignes, sabuesos, dogos ou brunos de jura entre outros.  


Premios
De entre todas a organización decidiu outorgar premios a trinta delas. Un recoñecememnto que se traduxo nun diploma acreditativo e nun saco de pienso doado polas trinta firmas comerciais pertencentes a diversos sectores que este ano, xunto co Concello de Ordes, quiseron colaborar. Ademáis dos exemplares individuais tamén se galardoaron ás mellores camadas de caza de perdiz, realas de caza maior, así como de  caza maior e menor.


Expositores
Os afeccionados á caza tamén poideron mirar e adquirir multitude de productos e enseres empregados nesta actividade grazas aos expositores que distintas firmas comerciais instalaron para a ocasión. 

O ambente de festa e celebración extendeuse polos bares e restaurantes da zona que convidaron a todo os seus clientes a unha degustación gratuíta de caza con cada consumición. 



*

viernes, 27 de julio de 2012

Ordes será este verán capital da arte urbana

Desordes creativas celebra o seu festival de grafito ata o próximo 22 de agosto


O colectivo artístico ordense Desordes Creativas está a celebrar entre o pasado 17 de xullo e ata o 22 de agosto, o seu Festival de Arte Urbana


Entre os artistas participantes atópanse Blu, Ericail, Liqen, Sam3, 3TTman, Nano 4814, Xpen, Nas, Sokram, Nana e Mou.


Macromurais
As intervencións do italiano Ericail e do galego Blu xa se poden admirar nas fachadas de dous edificios de Ordes. Concretamente, o italiano é o responsable dun espectacular macromural na rúa do Recreo, xunto ao río e o bar A Ponte. 


O galego Blu foi quen de asinar a súa non menos sorprendente proposta nunha fachada da rúa da Reverencia.





Intervención mural de Blu na rúa da Reverencia de Ordes.
O macromural do italiano Ericail xa pode admirarse na rúa do Recreo de Ordes.
*

Críticas do PP e BNG pola "insuficiente" rebaixa nas retribucións a concelleiros

Pola esquerda, José Luis Martínez Sanjurjo (PPdG) e Gonzalo Castro (BNG).
Gonzalo Castro: "Os cargos públicos debemos cobrar por traballar e non por quentar a cadeira"


Martínez Sanjurjo: "A nosa proposta era reducir nun 24 % o gasto da Corporación municipal"


O Partido Popular e o BNG de Ordes mostraron hoxe a súa disconformidade co acordo plenario de onte que permitirá unha "insuficiente rebaixa" do cinco por cento nas indemnizacións por asistencias aos concelleiros de Ordes.  


Os populares, quenes propuxeron unha redución nun 24 % o gasto da corporación municipal, consideran que este aforro lograríase suprimindo as indemnizacións por asistencia a plenos e comisións extraordinarias, reducindo as indemnizacións por asistencia á Xunta de Goberno local e a comisións informativas, e reducindo o soldo do alcalde nun 7,1%, o equivalente ao importe dunha paga extraordinaria.


José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do Partido Popular, cuestionou que o alcalde de Ordes “antepoña os seus propios intereses e os dos seus concelleiros, sableando ao Concello con dietas inxustificables neste momento de intensa crise”. 


"Cinismo de PP e UxO"
Por outra banda, os nacionalistas, logo de criticar o “cinismo de UxO e Partido Popular, ao rexeitar a redución do número de concelleiros das comisión informativas", propuxeron a inclusión dunha redución do número de membros en cada unha das comisións informativas da Corporación Municipal, coa presenza de só un concelleiro por cada Grupo Político.


O seu portavoz, Gonzalo Castroafirmou que “os cargos públicos deben cobrar por traballar, o que non é de recibo é que haxa sete concelleiros de UxO e PP nas comisións informativas, que só veñen a cobrar dietas por quentar a cadeira, cando cun só membro por grupo sería máis que suficiente”. Castro propuxo así que “se podería destinar o aforro en dietas dos concelleiros a un fondo para compensar aos traballadores municipais pola perda da paga extra do Nadal”.


*

Chega o verán cultural a Ordes


Os concelleiros de Ordes rebaixan as súas dietas nun 5 %


Momento da celebración do pleno ordinario do mes de xuño, onte nos baixos da Alameda de Ordes.
O Pleno municipal tamén aproba o mantemento da oficina do rexistro da propiedade como oficina liquidadora de tasas e impostos



Luis Caamaño (PPdG) tomou posesión como concelleiro


A sesión do pleno municipal de Ordes abriu onte coa toma de posesión de Luis Caamaño Fraga como novo  concelleiro do grupo municipal popular. A continuación e por unanimidade aprobáronse os puntos referentes á creación e modificación dos ficheiros de datos persoais co fin de cumplir coa normativa de protección de datos, así como a delegación á Deputación da Coruña da xestión, liquidación, inspección e recadación dos vados ubicados no municipio.

Rexistro da propiedade
O turno de debates abriuse co punto cuarto da orden do día na que se defendía o mantemento da oficina do rexistro da propiedade de Ordes como oficiña liquidadora de diferentes tasas e impostos. Un apoio que dende o equipo de Goberno se xustificou tanto pola súa labor de asesoramento e punto informativo, como polo beneficio económico que supón para o tecido comercial e hosteleiro da vila. 

Pola súa banda, o grupo municipal popular solicitou o mantemento destas dependencias pero eximíndoas das funcións relacionadas coas transaccións económicas. A moción aprobouse cos dez votos a favor de UxO, PSdG-PSOE, BNG e CideGa. O PPdG abstívose.

Retribucións a concelleiros
Outra moción que prosperou por nove votos foi a presentada polos socialistas, na que se solicitaba un descenso do cinco por cento das asignacións que reciben os concelleiros pola súa asistencia ás comisións informativas ou xuntas de Goberno. Contou cos votos do PSdG-PSOE, UxO, CideGa e coas abstencións de PPdG e BNG. Precisamente estas dúas formacións viron como se rexeitaba a urxencia de debatir as súas propostas sobre este mesmo tema. 

Os populares, entre outras modificacións, solicitaban unha asignación de sesenta euros pola asistencia a este tipo de comisións mentres que o BNG defendía o uso do voto ponderado para reducir o número de asistentes e dietas por convocatoria. A portavoz do Goberno municipal e tenente de alcalde, Silvia Marín, quixo destacar que “a corporación de Ordes é das poucas que tan só mantén unha dedicación exclusiva, a do alcalde, o que supón uha actitude coherente cos tempos de crise que atravesa o país”.

Rolda leste
Unha vez maís volveuse a tratar a rolda leste, máis concretemente da rotonda de auga que dende a súa inauguración está instalada na N-550 á altura da entrada do polígono industrial de Merelle e da estrada que une Ordes con Cerceda. Por unanimidade decidiuse reclamar ao Ministerio de Fomento a inmediata construcción deste enlace e finalizar coa provisionalidade existente, así como a correcta finalización da segunda fase desta rolda con dirección a Cerceda.

Sector do leite
Respecto a moción presentada polo PSdG-PSOE en defensa do sector leiteiro e dos prezos do leite, o alcalde Manuel Regos pediu que se ampliase a todos os grupos políticos municipais e que se presentara como tal, un chamamento que foi atendido por todos e que o PP pediu que se ampliase tamén ao sector cárnico.

Redución de concelleiros
Por nove votos a favor (UxO, BNG e PSdG-PSOE) e as abstencións do PPdG e CideGa, os nacionalistas viron aprobada a súa proposta na que se reclamaba á Xunta da Galicia que rexeitase a redución de concelleiros e de competencias das corporacións municipais. Os nacionalistas criticaron enérxicamente á actuación das deputacións ás que tildaron de partidistas e de favorecer aos concellos gobernados polo Partido Popular. Cifraron en 400 millóns de euros o aforro no caso de ser suprimidas e de agravio contra o pluralismo político no caso de ver reducido o número de ediles. 

Outra moción presentada polo BNG facía referencia á execución inmediata de varias obras incluidas no POS. Unha proposta que non prosperou xa que estas intervencións realizaranse en breve seguindo os prazos estipulados pola Deputación da Coruña, ademáis de estar todavía dentro do prazo permitido.

Polideportivo Campomaior
Pola súa banda o PP demandou obras de mellora no polideportivo Campomaior, unha infraestructura municipal empregada polos alumnos do centro académico que leva o mesmo nome. A moción non prosperou xa que tal e como defendeu Silvia Marín, dende o Concello se leva demendando insistentemente dende hai anos á Xunta de Galicia unha serie de obras de mellora de urxencia no centro académico que conlevarían a construcción dun ximnasio e outras infraestructuras como cubertas e un comedor entre outras. 

Unha demanda que continúa levándose a cabo tanto por parte de UxO, como do PSdG-PSOE e BNG. A edila destacou tamén que co orzamento municipal xa se acometeron obras no centro escolar, en exercicios anteriores para beneficio dos alumnos.

*

jueves, 26 de julio de 2012

Castro lémbralle a Regos o seu compromiso soa movida de Ordes


O nacionalista denuncia que cinco meses despois do acordo de impulsar unha comisión, o alcalde segue sen convocala

Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes, anunciou hoxe que o seu grupo municipal esixirá no Pleno de hoxe que o alcalde dea cumprimento ao acordo do Pleno que, a iniciativa do BNG, “aprobou impulsar unha comisión con participación de todos os grupos políticos con presenza na Corporación e dos representantes dos hosteleiros, para aprobar un plan de reactivación do sector do ocio nocturno en Ordes”.

O portavoz do BNG manifestou que “o alcalde, cinco meses despois dese acordo, segue sen convocar esa comisión para dar solucións e apoio institucional a un sector moi importante para a economía local”.

Potencial festivo
O portavoz do BNG manifestou que “Ordes atópase práticamente a medio camiño entre A Coruña e Santiago, e posue establecementos de primeiro nível, coa emblemática discoteca LP45 á cabeza, isto constitue un potencial que hai que aproveitar, para iso é necesario modernizar a oferta, reiventarse e facer unha aposta clara pola calidade, e o Goberno municipal debe implicarse para poñer en valor este gran potencial”. 

Para Gonzalo Castro “a comisión deberá aprobar un plan de reactivación da movida ordense, tendo en conta as propostas do sector da hosteleria, que deben ser apoiadas polo Concello, coa elaboración de campañas de promoción do ocio nocturno en Ordes, baseadas a estratexia de captación de visitantes na aposta pola calidade, a diversificación de ofertas de ocio e a programación de eventos”.

Iniciativa dos hosteleiros
O portavoz do BNG ordense amosou a súa satisfacción “pola iniciativa dos hosteleiros de ordenar os horarios e rematar co solapamento entre os distintos tipos de locais, colaborando para impulsar a movida en torno ao motor da mesma, a discoteca LP45”.

*

O PP reclama obras de mellora no pavillón do CEIP Campomaior

Propoñen que sexan financiadas con cargo ao plan de investimentos da Deputación da Coruña


Tamén exisirán a reparación de desperfectos na ampliación da Alameda


O Partido Popular de Ordes alertou onte de que a "situación de deterioro, derivada do paso do tempo e do uso continuado" que presenta o polideportivo do CEIP Campomaior de Ordes, suporá unha reclamación ao Concello que execute as obras de mellora necesarias. Os populares propoñen que tales obras se financien con cargo aos fondos asignados a Ordes no marco dun novo plan de investimentos da Deputación da Coruña para o ano 2012.

O pavillón do colexio Campomaior ten a súa orixe nunha pista descuberta executada a mediados da década dos anos oitenta, pero a día de hoxe precisa dunha posta ao día, que, en opinión do PP de Ordes, debería incluír a substitución da cuberta e dous paramentos verticais para mellorar o illamento, a iluminación e a acústica, instalar unha nova pista sobre a actual base de formigón, ademais de mellorar os vestiarios e aseos.

As obras de reforma deste pavillón non só beneficiarían aos mais de 360 rapaces escolarizados neste centro, senón tamén aos usuarios que se desprazan a esta instalación fóra do horario lectivo para practicar deporte


Desperfectos na Alameda
Ao tempo, o Partido Popular trasladará ao Pleno de hoxe os "crecentes desperfectos" que presentan as obras de ampliación da Alameda, "a pesares do escaso tempo transcorrido desde que remataron os traballos".

O portavoz municipal do PP de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, asegura que as obras de ampliación da Alameda da vila de Ordes "non só supuxeron un gasto desmesurado no pasado mandato; agora, o paso do tempo encárgase de demostrar que os traballos se desenvolveron cunha máis que probable neglixencia por falta dunha correcta planificación, o que explicaría os desperfectos que rexistra o firme, as filtracións de auga aos locais inferiores e mesmo o deterioro estético que presentan os laterais, especialmente o muro contiguo ás escaleiras que comunican a parte inferior da Alameda co parque municipal, intermedio co hotel”.

Neste contexto, o Partido Popular esixe ao Concello que adopte as medidas necesarias para reclamar os danos á empresa que executou as obras e a inste a correxir as deficiencias no prazo de tempo máis breve posible.

Plan de rebacheo
A través de outro dos rogos que presentarán no Pleno deste xoves, o Partido Popular pretende ter acceso ao suposto plan de rebacheo do Concello de Ordes, dado o mal estado de conservación que presentan moitas vías deste municipio. Como exemplo, o PP cita a pista que discorre entre a parroquia de Lesta e o núcleo de Pepín (Mercurín), e que continúa sen arranxarse, a pesar das reiteradas demandas formuladas polo Partido Popular.

Outros asuntos
No Pleno ordinario previsto para hoxe, o Partido Popular formulará tamén as seguintes iniciativas:


- Moción para reducir drásticamente o gasto en dietas e soldos da Corporación municipal.


- Rogo para acceder a unha copia da documentación que o Concello enviou á Xunta de Galicia para o informe previo á aprobación inicial do PXOM.


- Rogo para colocar un espello que mellore a seguridade viaria no lugar de A Rúa (Buscás), facilitando a incorporación de vehículos.


- Rogo para que a Policía Local de Ordes incremente as patrullas e as faga extensivas aos diferentes núcleos rurais do municipio para previr a inseguridade.


- Pregunta sobre a situación do peche perimetral executado polo Concello nunha finca situada ao carón da rolda leste e o parque empresarial.


- Pregunta sobre a inclusión de dezaseis persoas do Grumir no cadro de persoal do Concello para 2012.

Novo concelleiro do PP
Hoxe tamén tomará posesión o novo concelleiro do Partido Popular, Luis Caamaño Fraga, natural da parroquia de Parada, que accede a este cargo en substitución de Pedro Carrasco, que renunciou á súa acta de concelleiro por razóns de carácter persoal.


*

miércoles, 25 de julio de 2012

Os socialistas de Ordes reclaman á Deputación, Xunta e Ministerio que limpen as súas estradas


"A situación é especialmente preocupante nos viais  Ordes- Pontecarreira, Ordes-Lazá-Carballo, a provincial a Portodemouros e a N-550", asegura Pedreira

O PSdeG-PSOE de Ordes pedirá na sesión plenaria de mañá xoves 26 de xullo que se inste á Deputación Provincial da Coruña, á Xunta de Galicia e ao Ministerio de Fomento a que limpen as marxes das estradas da súa titularidade. 

O portavoz municipal socialista, Xesús Pedreira, indica que “son tempos de moita calor e imaxes como as destes días en Al Empordá, que din que se iniciou por unha cabicha guindada dende un vehículo, lémbranos a todos a importancia de ter ben coidadas as marxes destes viais, pois son zonas de gran circulación de vehículos”.

Xesús Pedreira, do PSdG-PSOE.
Moita vexetación
Xesús Pedreira chama especialmente a atención sobre vías especialmente descoidadas e con moita vexetación nas súas marxes, como é o caso da estrada que une Ordes e Pontecarreira, as vías autonómicas que unen Ordes con Lanzá e Carballo, a estrada provincial a Portodemouros ou a propia Nacional 550. 

“Estamos falando das estradas máis transitadas e é necesario que se faga unha limpeza das súas cunetas para evitar desgrazas”, apunta Pedreira Mirás.

*

martes, 24 de julio de 2012

O Goberno de Ordes loita por manter o rexistro da propiedade na vila

Advirten que o seu peche suporá un perxuizo económico tanto para o municipio como para os usuarios, ademáis dun grave deterioro no asesoramento   


O Goberno municipal de Ordes presentará no próximo pleno unha moción na que instará á Xunta de Galicia ó mantemento do rexistro da propiedade de Ordes como oficiña liquidadora de diferentes tasas e impostos. Un punto de xestión dende o que se tramitan diversos procedementos de oito concellos diferenetes, concretamente os sete que constitúen a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes (Cerceda, Trazo, Oroso, Mesía, Frades, Tordoia e Ordes) máis Val do Dubra.

Segundo o Goberno municipal, a supresión do rexistro da propiedade suporá un grave inconvinte para todos os usuarios da comarca que verán como se suprime o que se ven prestando dende hai anos. De levarse a cabo este peche significaría o traslado forzoso ben a Santiago ou A Coruña para realizar as xestións e consultas pertinentes co conseguinte desenvolso económico por parte dos interesados. 

“Este traslado hai que entendelo tamén como un perxuizo económico para o noso municipio xa que son moitos os cidadáns que veñen ata Ordes para tramitar os seus expedientes ou facer consultas nesta oficina e que despois aproveitan a oferta comercial e hosteleira de Ordes para facer gasto”, aseguran dende o equipo de Goberno. 

Luis Caamaño
Na orden do pleno municipal do mes de xullo, que terá lugar este, xoves a partir das 20:00 horas tamén se reflexan a aprobación da ordenanza reguladora da creación e modificación de ficheiros de bases de datos de carácter persoal empregados dende as dependencias municipais. Tamén se abordará a xestión, liquidación, inspección e recadación da taxa por entrada de vehículos e pasaxes permanentes

Por outra banda esta previsto que Luis Caamaño Fraga tome posesión do cargo de concelleiro do grupo municipal popular tras a renuncia do seu número dous, Pedro Carrasco, por motivos persoais hai varias semanas.

*

O PP de Ordes quere rebaixar o soldo do alcalde nun 7,1 %


Tamén propoñen reducir dietas e soldos da corporación municipal ata aforrar 112.000 euros no que queda de lexislatura

A asistencia á Xunta de Goberno local quedaría en 150 euros e a cada comisión informativa, 60 euros

O Partido Popular de Ordes defenderá no pleno previsto para o próximo xoves unha reducción drástica das indemnizacións que perciben os concelleiros ata lograr un aforro anual de 37.300 euros, e reducir os gastos en soldos e dietas da corporación en 112.500 euros nos tres anos que restan de lexislatura local.

Con esta proposta, o Partido Popular de Ordes pretende poñer coto á "proliferación de convocatorias de plenos e comisións extraordinarias", que o alcalde, aseguran, "celebra para incrementar os ingresos dos concelleiros que integran o equipo de Goberno, privados de dedicacións exclusivas por atoparse en minoría".

Xunta de Goberno local
A moción que o Partido Popular trasladará ao Pleno propón reducir a 150 euros as indemnizacións que perciben os membros do equipo de Goberno por asistencia á Xunta de Goberno local, e que ata o de agora están fixadas en 190 euros/concelleiro. Propón tamén o PP baixar dos 105 euros actuais os 60 euros a indemnización por asistencia a comisións informativas ou do consello da emisora municipal.

Na liña do acordado noutas administracións, o Partido Popular reclama unha redución do soldo do alcalde nun 7,1%, para axustalo á eliminación da paga extraordinaria de Nadal, co que o salario do rexedor quedará fizado en 38.380,05 euros anuais, en lugar dos 41.313,30 euros que viña percibindo ata o de agora.

O partido Popular pretende que esta proposta entre en vigor vindeiro día 1 de agosto.

Martínez Sanjurjo (PP).
A frase de José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do PP de Ordes
"O sablazo que o alcalde perpetra contra as arcas municipais a través da convocatoria indiscriminada de reunións extraordinarias, moitas veces baleiras de contidos reais, non só atenta contra os principios éticos que deben rexer o exercicio democrático da política, entendido como o servizo ao ben común,  senón que provoca nos veciños un lóxico rexeitamento xeneralizado"

*


O BNG convida aos veciños de Ordes a asistir á manifestación de mañá en Santiago


Gonzalo Castro: "Reivindicamos o dereito de Galiza de ter futuro e buscar unha saída social e xusta á crise" 

O portavoz do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, convidou hoxe aos veciños da comarca de Ordes, a participar mañá na manifestación que sairá as 12.00 horas da Alameda de Santiago de Compostela "para reivindicar o dereito de Galiza a existir, a ter futuro e a buscar unha saída social e xusta á crise".

Gonzalo Castro explicou, que a tradicional manifestación nacionalista "é unha boa ocasión para contestar a política de recortes que está levando a cabo o PP tanto en Galiza como no Goberno do Estado e que está empobrecendo á cidadanía".

Mobilizacións
Castro enfatizou que "chegou o momento da mobilización, chegou o momento de defender os nosos dereitos frente a políticas que só defenden os intereses da banca e dos especuladores, saqueando ao pobo".

*

lunes, 23 de julio de 2012

A Casa do Concello acolle a mostra ‘Galicia, conservando a natureza'



Descubrir a biodiversidade galega e incidir na preservación medioambiental, principais obxetivos desta exposición que poderá visitarse ata o venres

Xestión de visitas guiadas no teléfono 981 680002

Dende hoxe a Casa do Concello de Ordes alberga no primeiro e segundo andar unha ampla mostra, onde os visitantes poderán coñecer e descubrir os aspectos máis destacados da biodiversidade galega.

Xogos e obradoiros 
Baixo o título 'Galicia, conservando a natureza' amosarase ata o próximo venres 27 de xullo a singularidade dos espazos naturais protexidos, ademáis de concienciar sobre a importancia da conservación do medio natural e o seu papel na preservación do entorno e das especies.  

Así, os visitantes poderán valerse de xeito gratuíto de material visual, xogos e obradoiros cos que comprobará a gran cantidade e diversidade de espazos protexidos do noso territorio e a singularidade das especies animais e vexetais que se poden atopar neles.

Visitas guiadas
Con esta exposición o Concello de Ordes márcase como obxetivo que os visitantes entendan o significado das figuras de protección e o que conlevan, incidindo na importancia do desenvolvemento de actitudes responsables na conservación medioambiental por parte de todos. Para elo dende a Concellería de Medio Ambiente ofrécese a posibilidade de realizar visitas guiadas solicitándoas previamente no teléfono 981 680002.

*

O encontro de baile rexional de Leira convoca a un milleiro de espectadores


Máis de 600 convidados disfrutaron da festa dos maiores no pazo de Vidueiro



O alcalde Manuel Regos acompañou aos asistentes nesta tradicional festa ordense

Máis de 600 persoas disfrutaron no día de hoxe da tradicional xuntanza de maiores que cada ano organiza o Concello de Ordes. Nesta ocasión o marco foi incomparable, sendo o pazo do Bidueiro e os seus xardíns o punto de encontro para todos os asistentes. Ás 13:30 horas dou comenzo a misa solemne que foi seguida da actuación dun grupo musical que fixo bailar e moverse a todos os presentes. 


Gran xantar
Posteriormente serviuse un gran xantar tras o que novamente viu o baile, a diversión, a festa e a música. Entre os presentes atopábanse o alcalde de Ordes, Manuel Regos, acompañado entre outros dos concelleiros Silvia Marín, Roberto Iglesias, Roberto González e Ramón Vázquez, ademáis doutros membros da corporación municipal.

*

A feira de cans de caza chega o próximo domingo ao Mesón do Vento

Feira de cans de caza do Mesón do Vento na edición de 2011 / Arq.  
Beagles, sabuesos, weimaraners, bassets, setters, bracos, perdigueros ou mestizos foron son algunhas das razas que se poderán contemplar este ano

A feira está catalogada pola prensa especializada como a mellor de todo o noroeste peninsular

O recinto feiral de Mesón do Vento volverá a acoller un ano máis unha nova edición da Feira de Cans de Caza que organiza o Concello de Ordes. Unha cita que xa conta no seu haber con vinte edicións e que cada ano incrementa o número de participantes, visitantes e animais expostos. Concretamente será o vindeiro domingo 29 de xullo cando teña lugar este evento que cada ano atrae ata a parroquia de Ardemil a centenares de cazadores e milleiros de persoas amantes dos cans.

O programa previsto arrancará ás 08.30 horas coa apertura da exposición canina. Entre todos os animais expostos, empregados tanto para a modalidade de caza maior e menor, un xurado formado por varios expertos escollerá ós mellores exemplares de cada raza. Beagles, sabuesos, weimaraners, bassets, setters, bracos, perdigueros ou mestizos foron son algunhas das razas que se poderán contemplar este ano, entre as que xa hai máis de 25 inscritas. Neste aspecto cabe sinalar a presencia e a gran variedade de cans adicados á seguir o rastro do xabarín ou ben á captura de perdices e coellos. Os gañadores de cada modalidade recibirán, ademáis dun diploma acreditativo unha placa conmemorativa e un lote de pienso, donados pola armería Pino, de Ordes e Bisbarra Agrícola, de Betanzos.

De feito a Feira de Cans de Caza de Mesón do Vento está catalogada pola prensa especializada como a mellor de todo o noroeste penínsular e unha das mellores de España,superando o ano pasado os 1.500 animais. Por número de participantes destacan, ademáis da galega, as de Castela León e Asturias.

Inscricións
Outro dos atractivos desta convocatoria é a degustación gratuita de caza polos bares e establecementos hosteleiros da zona. Un ano máis o Concello de Ordes participa e colabora activamente na posta en marcha desta feira, cuxo prazo de inscrición e de reserva de xaulas estará aberto ata última hora do próximo venres sen coste algún para os interesados. Para elo basta con chamar ó teléfono 689 550728.

viernes, 20 de julio de 2012

Os nenos da escola A Lúa celebraron o seu festival fin de curso


Con cancións, disfraces e moita diversión

Máis de medio cento de nenos e nenas a partir participaron esta tarde no festival de fin de curso da escola infantil Lúa. As cancións, os disfraces e a diversión apoderáronse dende a media tarde das táboas do escenario do auditorio da Casa da Cultura



Unhas actuacións que gozaron dos aplausos de familiares e amigos que non quiseron perderse o espectáculo. 

*

Leira xa prepara o 20º encontro de grupos de danza rexional


Terá lugar este domingo 22 de xullo con agrupacións chegadas dende Sigüeiro, Trazo, Tui, Ponteareas e Boiro

O próximo domingo 22 de xullo o campo da festa de Leira alberguará o 20º encontro de grupos de danza rexional. Unha cita na que a cultura, a tradición e o folclore galego se dan a man grazas á participación de varias asociacións e agrupacións chegadas dende máis aló da comarca de Ordes.

Nesta edición contarase coa participación de: Asociación Folclórica Lembranzas do Tambre (Sigüeiro), Asociación Folclórica Os Xeitosos de Trazo, Grupo Folclórico Mosteiro (Tui), Grupo de Baile Pedra da Garza (Ponteareas) e a Asociación Ballet Folclórico Boirense. O programa inclúe unha comida campestre a mediodía previa ó comenzo do festival, previsto para as 18 horas.  Posteriormente todos os participantes poderán disfrutar dun viño español por xentileza dos organizadores do evento.

Ademáis da Asociación Cultural Veciños de Leira o evento conta coa participación do Concello de Ordes e da Deputación da Coruña.