viernes, 29 de noviembre de 2013

O Goberno de Ordes carga contra o trato "vergoñoso" que lle da a Deputación da Coruña

Parte do Goberno municipal de Ordes, durante o debate plenario celebrado onte.
A tenente de alcalde, Silvia Marín, asegura que tanto Ordes como outros concellos con gobernos independentes non son convidados a algunhas reunións

O PSOE ve aprobadas todas as súas mocións; o BNG, ningunha

O pleno do Concello de Ordes celebrado onte aprobou por unanimidade a declaración institucional en conmemoración co Día Internacional contra a Violencia de Xénero acontecido o pasado luns. Antes, a Corporación municipal agardou un minuto de silencio pola memoria polo antigo edil popular José Manuel del Río Regos, falecido esta mesma semana.        

Servizo 065
Xa no apartado de mocións, o PSOE solicitou instar á conselleira de Traballo e Benestar a continuar coa subvención do traslado diario ou semanal daqueles dependentes que fan uso do servizo de transporte 065

Unha solicitude baseada nas últimas novas publicadas nas que se indica a intención da Xunta de Galicia de eliminalo en próximas datas. Algo que negou o portavoz dos populares ordenses, José Luis Martínez Sanjurjo, quen asegurou a existencia “dunha partida de 13 millóns de euros para este servizo que está blindado por decreto lei, aínda que se estén revisando algunhas das súas condicións”. 

“Un servizo do que actualmente en Ordes se benefician máis de medio cento de veciños e veciñas conha discapacidade igual ou mallor ao 65 %”, según manifestou a voceira municipal, Silvia Marín

Ante este tema os nacionalistas interpretaron as informacións como “algo acorde coa política de privatización seguida polo PP”. Finalmente a moción foi aprobada por todos, agás polo PP que se abstuvo.

Vía verde
A segunda moción dos socialistas solicitaba unha vez máis a creación dunha vía verde Santiago de Compostela-Oroso-Ordes, seguindo o trazado ferroviario en desuso propiedade de ADIF, solicitando a implicación da Consellería de Medio Ambiente, da Deputación Provincial e da Fundación do Ferrocarril de España. 

O seu voceiro, Xesús Pedreira, advertiu do peligro de que “estas zonas se convirtan en vertedoiros incontrolados dado o nulo mantemento”. Unha iniciativa que o Goberno local valorou positivamente xa que son máis de 20 quilómetros no caso de Ordes, e que seguiría en paralelo a unha parte do río Sionlla e outra do Lengüelle

Para o PP trátase “dalgo moi positivo e interesante pero que dada a situación actual non é prioritario”, polo que se abstivo nunha votación que saiu adiante cos votos das demais forzas.

Xabarín
A última das propostas o PSOE trasládalle ás consellerías de Medio Rural e Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras a necesidade de que se incorpore á futura Lei de Caza de Galicia a tipificación de ‘especie dañina’ ao xabarín

Tamén se solicitou á corporación o seu apoio para oporse á calquera intención por parte de levar a norma un apartado no que se convirta aos productores vítimas das mandas de xabaríns  en contribuíntes polos danos sufridos nas súas explotacións. Unha cuantía que debería ser ingresada no Fondo de Corresponsabilidade, tal e como figura no anteproyecto da citada lei. 

De “inxusta” tildou Silvia Marín esta aplicación “porque os gandeiros e agricultores de Ordes xa non poden afrontar máis gastos dada a situación”. Dende a bancada do PP puntualizaron que “non só únicamente os labregos e agricultores quenes contribuirían co Fondo de Corresponsabilidade senón que o farían todos os axentes implicados”. 

Unha vez máis os socialistas viron aprobada a última das súas mocións con apoio de todos os grupos, agás os populares que nesta ocasión votaron en contra.

Humanización de rúas
O BNG non conseguiu que se aprobase o debate do texto que plantexaba unha reestructuración dos gastos municipais, nin tampouco a súa proposta de humanización e peonalización de parte da rúa do Mercado e Compostela. Un plantexamento baseado na “reactivación da economía e do comercio nesta zona da vila”. Gran parte dos voceiros consideraron, e así o manifestaron, que se trata dun proxecto atractivo pero tamén moi custoso e que precisa de estudios detallados dos que ata agora se carecen.

Política da Deputación
Por último os nacionalistas presentaron unha moción relativa á elaboración de novos plans especiais por parte da Deputación da Coruña para os concellos da provincia. Según manifestou Ramiro Recouso “é preocupante que a política de convenios e de subvencións nominativas se esté a converter nunha práctica habitual que posibilita o trasvase económico a concellos sen necesidade de convocatoria previa de programas. 

Un momento que Silvia Marín aproveitou para criticar enérxicamente “o trato que dende a Deputación se brinda a aqueles concellos gobernados por grupos independentes, tanto á  hora de ser recibidos para tratar e debatir temas e proxectos como para recibir subvencións, as cales sufriron reducións drásticas de máis da metade”. 

Marín asegurou que en moitos casos nin son invitados a algunhas das xuntanzas que se convocan cos municipios, “e este xeito de proceder é un perxuizo para os nosos veciños e veciñas que pagan os seus impostos e cumplen coa súas obrigas trubutarias”. 

Unha moción que finalmente no prosperou, en gran medida, porque no texto se solicitaba á Deputación a peonalización e humanización das rúas mencionadas anteriormente, aspecto éste que o voceiro nacionalista se negou a correxir.

Vías públicas municipais
Nesta ocasión, os populares non viron prosperar o debate da súa proposta referente á elaboración dunha ordeanza reguladora do uso e mantemento das vías públicas municipais. Un aspecto que tal e como precisou Marín xa está contemplado nunha ordenanza aprobada o pasado 30 de xuño de 2009. Aínda así os populares poderán mostrar e defender o seu parecer neste tema nuha das comisións que se celebrarán próximamente.

Insumisión no canon de Sogama
Xa no apartado de rogos e preguntas o Goberno manifestou a posibilidade de declararse insumiso ante o incremento do 34 % do canon que Sogama aplica aos municipios pola recollida e tratamento dos residuos.

Praza de abastos 
Ante a pregunta da instalación de novos postos comerciais na praza de abastos asegurouse que en canto se dicte resolución do contencioso administrativo que se mantén cunha das actuais comerciantes procederase a  asignación de novos postos, “xa que debido a este punto non se pode levar a cabo”.
       
*

O PSOE reclama 1,3 millóns de euros da Xunta para investimentos en Ordes

O voceiro socialista de Ordes, Xesús Pedreira e o parlamentario Xosé A. Sánchez Bugallo, esta mañá na ETAP de Ordes.

Xesús Pedreira e Xosé A. Sánchez Bugallo presentaron esta mañá as emendas ao proxecto de orzamentos autonómico

Os socialistas advirten de que é urxente a reparación dos depósitos de auga potable da vila e o acondicionamento da estrada de Mercurín

O secretario xeral da Agrupación Socialista de Ordes, Xesús Pedreira, e Xosé Antonio Sánchez Bugallo, parlamentario autonómico socialista, presentaron esta mañá as emendas relativas a Ordes presentadas polo grupo parlamentario ao proxecto de Orzamentos da Xunta para o ano 2014, que suman preto de 1,3 millóns de euros.

A principal proposta presentada é a dotación de 600.000 euros para a mellora da estación de tratamento de auga potable (ETAP) situada nas proximidades do polígono de Merelle

Os depósitos que abastecen a vila, que teñen arredor de cincuenta anos, comezan a presentar fendas nas súas paredes exteriores, o que aconsella a súa reparación para evitar riscos e problemas de subministro

Sánchez Bugallo instou á Xunta a “implicarse neste problema a través dos Orzamentos, xa que se trata dunha mellora moi necesaria”. Pedreira engadiu que ademais o Concello debería “poñerse en contacto con Augas de Galicia para que a administración se responsabilice deste asunto”.

Polígono industrial
A segunda emenda máis relevante, por volume económico, son os 300.000 euros que os socialistas solicitan para a mellora e ampliación da estrada entre o polígono industrial de Ordes e Cerceda a través da parroquia de Mercurín

Trátase da achega que debería facer a administración autonómica para un proxecto valorado nun total de 2,8 millóns de euros e que fora comprometido en 2008 ao abeiro do Plan Miner

Mesón do Vento
Outras dúas emendas teñen que ver coa extensión e mellora das redes de abastecemento e saneamento. En concreto, os socialistas demandan 225.000 euros para unha intervención que permita mellorar a calidade da auga que se subministra ao Mesón do Vento (Ardemil) e outros 122.000 euros para a auga e o saneamento nos lugares de Reboredo e da Gorita, da Brea, do Mesón do Vento, e entre Poulo e Lavandeira e desde Vilariño ata Buscás.

Museo do Traxe

Por último, outra das emendas destacadas presentadas hoxe son os 50.000 euros necesarios para rehabilitar varias dependencias do antigo centro de saúde, desde hai uns anos convertido no Museo do Traxe Juanjo Liñares

A partida serviría para instalar mecanismos que estabilicen a humidade do edificio dun xeito eficiente e para reformar o soto, na actualidade aproveitado como un pequeno almacén, evitando as humidades que presenta. 

Xesús Pedreira explicou que estas intervencións contribuirían a optimizar a conservación da colección do museo, que “é probablemente o maior patrimonio cultural co que conta a comarca”.

*

Noite de Tasca en Pontecarreira


jueves, 28 de noviembre de 2013

A Mancomunidade de Ordes, en alerta contra a violencia de xénero

O grupo de expertos, personal municipal e membros da Garda Civil e da Policía Local, o martes en Ordes. 
O pasado martes reuníronse diversos grupos municipais e corpos de seguridade para abordar este tema

O pasado martes, representantes de diversos corpos de seguridade e membros das corporacións dos sete concellos que constitúen a Mancomunidade de Ordes mantiveron un encontro de cara á instauración do sistema de intervención integral contra a violencia de xénero

Á cita de hoxe estivo presidida polo presidente da Mancomunidade, Manuel Regos, e a ela acudiron a directora e persoal do Centro de Información á Muller (CIM) e dos servizos sociais, representantes institucionais dos sete concellos da comarca, membros das policías locais de Ordes, Cerceda, Oroso e Tordoia e axentes da Garda Civil de Ordes e Oroso. 

Tamén se contou coa presenza de Judit Fontenla por parte da Unidade contra a Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno da Coruña.

Diagnose na comarca
 Entre outras cuestión expuséronse os resultados obtidos da diagnose da situación na comarca e a posibilidade de crear órganos de coordinación baixo o esquema de xuntas ou comisións locais de seguridade ou comisión de coordinación local, ademais de reactivar os xa existentes na comarca.

*

miércoles, 27 de noviembre de 2013

Orde do día do pleno de mañá xoves en Ordes


O PSOE de Ordes pedirá que se tipifique ao xabarín como "especie dañina"

Xesús Pedreira buscará o apoio do Pleno para instar á Xunta a non obrigar a agricultores e gandeiros a contribuír economicamente ao Fondo de Corresponsabilidade 

O PSOE de Ordes pedirá que a futura Lei de Caza de Galicia tipifique o xabarín como “especie dañina”, o que permitiría a rápida adopción de medidas de control cinexético para tratar de minorar as perdas económicas e os danos que producen os xabaríns nos cultivos e propiedades dos gandeiros e agricultores do municipio. 

Unha proposta que o grupo municipal socialista presentará mañá xoves diante do Pleno Municipal.

Fondo de Corresponsabilidade
O voceiro socialista, Xesús Pedreira, explica tamén que “nos opoñemos frontalmente á decisión do PP de obrigar a agricultores e gandeiros a contribuír economicamente á dotación do Fondo de Corresponsabilidade que figura no Proxecto de Lei de Caza. É un auténtico disparate e unha burla que se pretenda que as vítimas das desfeitas das manadas de xabaríns sexan os que financien aos cazadores”. 

Neste sentido, os socialistas ordenses lembran que os afectados polos danos da fauna salvaxe e cinexética non cobran ningún tipo de indemnización nin axuda dende que no ano 2010 o Goberno Feijoo eliminara as axudas para os destrozos dos xabaríns nos cultivos. E iso a pesar de que en comarcas como Ordes se teñen rexistrado campañas con danos que representan ata o 10% da colleita.

*