viernes, 30 de mayo de 2014

Ordes acollerá mañá a segunda fase do seu IX Torneo Fútbol 8

Será o turno das categorías alevíns e benxamíns

A Cidade Deportiva de Vista Alegre acollerá mañá unha nova cita do IX Torneo de Fútbol 8 Concello de Ordes. Nesta ocasión será o turno para os xogadores das categorías alevíns e benxamíns.


A cita arrancará a primeira hora da mañá e terá continuidade ao longo de todo o día, estando prevista a entrega de trofeos para as 20:45 horas. 

Nesta ocasión os equipos participantes serán: San Tirs, Arteixo. Visantoña, Bertamiráns, Olímpico, Victoria (A Coruña), Luis Calvo, Tordoia, Val do Ulla, Xuventude Oroso, Ural, Cambre, Once Caballeros, Cerceda, Laracha, Conxo, Deportivo e os equipos A e B da S.D. Club Órdenes.

*

O PP de Ordes denuncia a "inmensa soberbia" do Goberno municipal

Estado da pista de Trillán, en Buscás. 
Solicitaron diversos arranxos que ao seu xuízo, foron responstados polo Grupo de Goberno con arrogancia e "cobardía política" 

O Grupo municipal do PP de Ordes manifestou hoxe que o grupo de Goberno de Ordes deu resposta onte, "cunha chulería inadmisible para os cargos públicos", a parte dos rogos formulados polo PP "para arranxar algunha das diferentes carencias que os veciños veñen demandando deste hai meses ante a indiferenza municipal".


Espello convexo deteriorado en A Canle (Buscás).
Espello
Facéndose eco das demandas que lle trasladan os veciños a cotío, o Grupo Municipal do PP aproveitou o Pleno ordinario de maio para reclamar que o Concello atenda necesidades como o desbrozamento das pistas da rede de camiños de concentración parcelaria, o arranxo de fochancas  en diferentes puntos da rede viaria municipal e a substitución dun espello convexo de tráfico en A Canle (Buscás) que xa non cumpre a súa función polo deterioro que presenta.

Seguridade nunha ponte sobre o Lengüelle
O grupo que lidera José Luis Martínez Sanjurjo reclamou tamén que o Concello de Ordes arranxe a Ponte de Raña sobre o río Lengüelle, en Montaos, moi deteriorada e con riscos para a seguridade dos seus usuarios; que amplíe a capacidade da marquesiña que utilizan os nenos de Vilagudín (Lesta) para agardar o transporte escolar; que se conecte a aldea de Vilagudín á rede de abastecemento de Tordoia, situada a 400 metros, previo acordo co Concello veciño; e que se arranxen os desperfectos que presentan as beirarrúas da rúa Campeiras, no núcleo urbano de Ordes.

Fronte ás demandas trasladadas polo PP, aseguran que a tenente de alcalde respondeu en moitos dos casos cunha arrogancia impropia dun responsable público que ten entre as súas obrigas a de atender as necesidades dos cidadáns, argumentando baixo o pretexto da “toma en consideración”, que as obras reclamadas se farán só se o Goberno local o estima oportuno, “cando o decida o Goberno”.

A xuízo do Partido Popular, o tono e as respostas ofrecidas pola voceira do equipo de Goberno de Ordes poñen de manifesto a súa incompetencia, por non terse corrixido a tempo unhas carencias das que xa tiñan coñecemento; pero tamén unha “inmensa soberbia”, demostrando que lles molesta que o PP se convirta en altofalante dos veciños.

"Silencio do alcalde"

En opinión do portavoz municipal do PP de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, o silencio do alcalde, que volveu agocharse en lugar de responder ás necesidades dos veciños, acredita de novo a “covardía política dun rexedor que se parapeta na hipocresía de Silvia Marín por carecer de argumentos que ofrecer a uns veciños que están fartos de evasivas”.

*

O BNG denuncia a 'pinza' entre UxO e PSOE para rexeitar as súas propostas de redución de gastos

Os nacionalistas procuraban o equilibrio financeiro do Museo do Traxe e Radio Ordes, a renuncia ao aluguer da estación da Pontraga, a transformación da zona ORA en zona azul gratuíta e a xestión directa da recaudación de impostor municipais

O BNG de Ordes denunciou hoxe que o pacto entre UxO e PSOE, rexeitou a urxencia dunha proposta do BNG para reducir gastos superfluos no Concello de Ordes.

A proposta formulada polo voceiro nacionalista, Ramiro Recouso, consistía na adopción dunha serie de medidas como, entre outras, a procura do equilibrio financeiro no Museo de Traxe, que volve a xerar 46.300 euros de déficit no 2014. 

A procura tamén dun equilibrio financeiro en Radio Ordes que evite un déficit de 55.000 euros e a renuncia ao aluguer da antiga estación de ferrocarril, por 12.000 euros, mais gastos de mantemento, si ADIF non cede gratuitamente a súa propiedade.  

Zona ORA
A transformación da zona ORA por zona Azul Gratuita. Outra das propostas era sacar a concurso a concesión do mantemento eléctrico do municipio, concesión que leva caducada desde finais dos anos 90 e que se lle está renovando bianualmente á empresa concesionaria. 

Tamén se propoñía que o Concello xestione directamente a recadación dos tributos municipais, cedida á Deputación, que lle cobra ao Concello 160.000 euros por gastos de xestión.


Aínda que a urxencia da moción foi rexeitada por UxO e PSOE, o edil nacionalista transformouna en rogos in voce, polo que o alcalde, Manuel Regos, se viu na obriga de debater as propostas de resolución e posicionarse sobre as mesmas, rexeitandoas unha por unha.

*

Sexto aniversario das Noites de Tasca en Ordes


jueves, 29 de mayo de 2014

Ordes pedirá á Xunta a derogación da cláusula 'anti festas' parroquiais

Un momento da celebración do pleno municipal, note nos baixos da Alameda de Ordes.
A aplicación da lei obrigaría ás comisións de festas a facer proxectos de seguridade, estructuras, contratar seguros, e moita documentación que cifran nuns 2000 euros

O pleno da Corporación municipal de Ordes acordou onte instar ao conselleiro de Economía e Industria a derogación do artigo 41 da Lei 9/2013 de 19 de decembro do emprendemento e da competitividade económica de Galicia. 

Unha medida “da que somos coñecedores e que sabemos que acarreará moitos inconvintes ás comisións, polo que queremos facilitarlle o traballo o máximo posible dende o Concello”, mnifestou a voceira do goberno, Silvia Marín

Según a moción presentada polo PSOE “isto acarreará uns gastos aproximados de máis de 2.000 euros e causará un conflicto ás comisións das festas parroquiais ao obrigarlles a presentar proxectos de seguridade e instalacións, contratar seguros que  e a instalación de escenarios e estructuras móbiles, entre outros aspectos”. 

Un texto ao que se lle engadiu unha emenda presentada polo BNG na que se acorda a colaboración do Concello coas comisións na elaboración dunha documentación estándar para abaratar custes

Finalmente todos aprobaron a medida excepto o PP que se abstivo alegando que moitas das medidas recollidas na normativa xa estaban vixentes con antelación, “polo que non se pode solicitar a derogación de aínda que sí se recoñece a necesidade de facilitar o máximo posible a labor das comisións na organización das festas”, precisou o voceiro popular, José Luis Martínez Sanjurjo.

Limpeza de cunetas
Por unanimidade tamén se acordou solicitarlle a Demarcación de Estradas do Estado a executar a limpeza das cunetas da N 550 ao seu paso por Ordes, sobre todo tendo en conta que o ano pasado non se levou a cabo dita limpeza co risco de incendio que isto suporá de cara á tempada de verán. 

A moción presentada polos socialistas tamén lembra a responsabilidade do mantemento do firme e do asfaltado na estrada nacional, o cal está enormemente deteriorado. Outra medida que contou coa aprobación de todos os grupos foi a que presentou o BNG en relación á sinalización da ponte medieval de Pereira e a súa inclusión nas guías turísticas municipais, así como a limpeza  e adecentamento do seu entorno.


Outra medida aprobada onte foi a delegación á Deputación Provincial da recadación da taxa por reserva na vía pública para aparcamento.

*

A festa da xuventude chega este sábado a Ordes


Un grupo de novos expertos en informática


miércoles, 28 de mayo de 2014

Orde do día do pleno municipal de hoxe en Ordes


Nova tarde de contos e lendas este venres en Ordes


Convocados dous cursos de asistencia a persoas dependentes

Orientado especialmente a perdoas desempregadas, terán 478 e 618 horas lectivas cada un deles

Inscricións na oficina de emprego (Tlf. 981 680002 ou 981 680157)

O Concello de Ordes convoca novos cursos de formación especialmente orientados a persoas desempregadas. Concretamente trátase dun curso AFD de Atención a Persoas Dependentes en Institucións Sociais e tamén no domicilio

O primeiro deles terá unha duración de 478 horas e o segundo de 618 horas lectivas, desenvolvéndose ambos dous no mercado agrario comarcal

Para poder asistir a calquera deles é imprescindible posuir o certificado ESO ou ben as competencias clave, tendo preferencia aqueles e aquelas que estén en situación de desemprego.

Inscricións

Todos os interesados deberán apuntarse na oficina de emprego o antes posible co fin de realizar canto antes o proceso de selección. Para máis información poden dirixirse á técnico de emprego ubicada no primeiro andar do Concello de Ordes ou ben facer usos do teléfonos 981 680 002 ou 981 680 157.

*