jueves, 26 de junio de 2014

Buscás honra a San Paio




O PP de Ordes urxe un plan urxente de arranxo dos equipamentos públicos na vila

Demandan no Pleno que se acometan tarefas de mantemento e limpeza de beirarrúas e farois en diferentes puntos do núcleo urbano

O Partido Popular de Ordes presentou no Pleno ordinario de hoxe unha batería de rogos encamiñados a impulsar o arranxo de equipamentos públicos necesitados de mantemento urxente, como beirarrúas e puntos de luz.

O Grupo Municipal Popular insta ao Concello arranxar os tramos de beirarrúas estragados nas rúas Campeiras e  Parque Municipal (nestes dous casos fronte a obras paralizadas desde hai tempo), a arranxar outro tramo da rúa Campeiras (nas dúas marxes), no que a maleza chega ata o mesmo borde da calzada;  e a repasar a totalidade dos traballos de revisión de arquetas efectuados na Rúa do Recreo.

No referido ao alumeado público, o PP reclamará o arranxo e posta en servizo  dos farois estragados e fóra de servizo desde hai varias semanas na rúa Compostela; así como a revisión dos puntos de luz da avenida de Alfonso Senra, algún dos cales presenta incluso risco de desprendemento.

Paralelamente, o Grupo Municipal do Partido Popular de Ordes defenderá unha moción para instar ao equipo de Goberno a habilitar novas áreas de estacionamento no centro da vila e a arranxar as dispoñibles na actualidade, moi deterioradas polas fochancas e a ausencia de mantemento axeitado.

Outros rogos
  • Instar á empresa encargada da recollida do lixo a colocar os contedores nos elementos de suxeición instalados a tal efecto.

  • Dado que as recentes chuvias provocaron problemas na evacuación de pluviais pola acumulación de restos vexetais triturados procedentes dos traballos de desbroce, instar aos operarios encargados deste traballos a mellorar a técnica empregada, efectuando tamén o mantemento de taxeas e cunetas da rede viaria municipal.

  • En datas recentes, unha empresa dedicada á minería aproveitou o mineral existente no subsolo dun predio de titularidade municipal situado na parroquia de Barbeiros, sen que exista constancia da concesión de aproveitamento. Por iso, o PP pide información sobre a cantidade percibida polo Concello e sobre o acordo que permitiu a ocupación, remoción e aproveitamento do subsolo.

  •  O proxecto de execución do muro e beirarrúa elevada da piscina municipal do campo da feira, financiado pola Xunta a finais de 2011, contemplaba a execución dunha cafetería da que polo de agora non se teñen noticias. Transcorridos máis de dous anos desde entón, o PP pide información sobre a hipotética modificación do proxecto.

  • Reitérase a petición de efectuar o mantemento integral de todas as “illas verdes” existentes nas diferentes parroquias de Ordes, antes de que a deterioración que presentan resulte irreversible.

  • Rogo para que o Concello desbroce as vías paralelas aos terreos de ADIF na parroquia de Lesta e que na actualidade están pechadas pola maleza. Estas pistas dan acceso a predios rústicos situados ao carón da trazado de alta velocidade ferroviaria.

  • Rogo para que o Concello informe sobre as previsións para cubrir a praza de conserxe no CEIP Campomaior, que quedou vacante por xubilación.


  • Rogo para que se informe dos pasos a seguir por parte do Concello na praza do mercado local logo de que se rexeitara o recurso de unha praceira.
*

O Concello de Ordes realiza tarefas de limpeza e resinalización no roteiro de Buscás


A semana que ven darán traballos no roteiro do río Mercurín

Varios membros do Goberno local de Ordes realizaron recentemente un percorrido polo roteiro de Buscás. Unha camiñata que aproveitaron para efectuar tarefas de limpeza e de resinalización ao longo deste traxecto. 

Trátase dunha das rutas de sendeirismo das que dispón o municipio, que cada ano son transitadas e desfrutadas por centos de caminantes e ciclistas. Os encargados de efectuar este traballo foron Luis Gómez Candal, Lucía Iglesias, Ramón Vázquez, Roberto Iglesias e a tenente de alcalde, Silvia Marín.


Xa de cara á vindeira semana está previsto que se levan a cabo os mesmos traballos no roteiro do río Mercurín.

*

A piscina do Muíño xa conta cun novo céspede artificial


Aberto o prazo para solicitar o carné mensual

A piscina municipal do Muíño abrirá as súas portas o vindeiro martes cun aspecto totalmente renovado. Unhas instalacións renovadas que contan cun novo manto de céspede artificial que cubre toda a extensión do solarium. 

Máis de 1.500 metros cuadrados nos que os usuarios poderán desfrutar ata mediados do mes de setembro. Ademais tamén hai que sinalar as labores de limpeza, mantemento e aplicación de pintura en todo o recinto de cara a nova tempada. realizadas  iniciará unha nova templada. 

Tamén se contará cun amplio e efectivo corpo de salvamento, composto por dez socorristas que velarán pola seguridade dos bañistas ao longo de toda a xornada.

Carné
Quen desexe facer un carné para esta tempada pode solicitalo no departamento de Deporte, no primeiro andar da Casa do Concello. Será preciso que ademais dos seus datos persoais acheguen tamén unha fotocopia do DNI e unha fotografía tamaño carné

No caso dos adultos o custo para toda a tempada será de 20 euros e para os menores 12 euros. Tamén se poderá adquirir por mensualidades, en cuxo caso o prezo será de 12 e 6 euros respectivamente, agás no mes de setembro, que se reducirá á metade. 

Os prezos para adquirir entradas por xornadas soltas será de 1,50 euros para os maiores e de un euro para os menores.

*

Os maiores de Ordes disfrutaron da música dos máis novos



Un grupo de estudantes do CEIP Campomaior levou diversión á residencia de persoas maiores

Varios alumnos do CEIP Campomaior de Ordes trouxeron a diversión á residencia de persoas maiores de Ordes. Alí ofreceron un recital musical para todos os residentes, bailando e coreando moitas das cancións tradicionais e populares que figuraban no repertorio. 


Compartir entre xeracións 
Unha experiencia coa que se pretende achegar entre sí a distintas xeneracións, á par que demostrar que os puntos en común e as posibilidades de compartir tempo, diversión e experiencias son maiores das que poidan aparecer a primeira vista.

*

miércoles, 25 de junio de 2014

Ainhoa Ramos, bronce en el campeonato sub 21 de taekwondo



La deportista ordense pertenece al club Luar

La taekwondista ordense Ainhoa Ramos Mantenga, representante del Club Luar de Ordes, consiguio recientemente subirse al podium en el Campeonato Sub 21 de taekwondo, donde la deportista de Ordes se alzó con el bronce.

*