martes, 8 de julio de 2014

A Mancomunidade de Ordes impartirá un obradoiro de lingua e literatura galegas

O personal desprazaráse por cada un dos seis concellos que a integran

O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes (SNL ) impartirá de balde un obradoiro de iniciación á lingua e literatura galegas para nenos e nenas de 6 a 9 anos aproximadamente. 

A metodoloxía que se aplicará implica o desprazamento de persoal do SNL a cada un dos seis concellos da Mancomunidade que fan uso do servizo. A partir do conto tradicional ‘Os tres porquiños’ intentarase explicar o proceso de elaboración dun relato para concluír coa creación dun texto  colectivo. 

Divididos en varias partes abordaranse os seguintes aspectos: Narración do conto, explicación das diversas partes que o compoñen, actividades do conto programadas en función da idade e, por último, a elaboración dun relato colectivo a través dunha ficha con datos básicos.

Conto final 
O conto final realizado en cada un dos obradoiros será publicado na páxina web da Mancomunidade (www.mancomunidadeordes.org) e editado en edición impresa. Cada rapaz ou rapaza participante recibirá a súa correspondente copia.

As datas e espazos de celebración previstos para cada concello son as seguintes:

10 de xullo: Trazo (Centro médico)
15 de xullo: Tordoia (Casa cultura)
17 de xullo: Frades (Multiúsos)
18 de xullo: Ordes (Local social)
22 de xullo: Cerceda (Centro cívico)

20 de agosto: Oroso (Centro cultural)

*