miércoles, 2 de julio de 2014

O bar Abacco gaña o concurso de tapas de Ordes


Prepararon unha tosta de bacallau con granitado de alioli, ensalada de tempada e bizcoito de chocolate

O Doniña quedo en segundo lugar coa súa milfollas de mar

O bar Abacco foi o gañador do I Concurso de Tapas Concello de Ordes, grazas a súa tosta de bacallau con gratinado de ali oli, a súa ensalada de tempada e a un sabroso bizcoito de chocolate bañado en salsa de chocolate. 

O segundo posto foi para o bar Doniña que nesta ocasión competiu cunha receita de milfollas de mar e os seus mexillóns estilo Delia. O terceiro posto foi para o Rincón do Pincho, que ofreceu un osobuco de porco ao forno e tripas de porco con patacas.


Participantes

Nesta primeira convocatoria participaron un total de 15 establecementos da vila de Ordes, contando cunha gran participación e involucración por parte dos residentes da vila e os seus visitantes, o que vén animar á organización a continuar con esta idea de cara á vindeira templada.

*