miércoles, 2 de julio de 2014

O Concello de Ordes pon en marcha as súas escolas de verán


Son 70 os nenos e nenas participantes nesta iniciativa nos meses de xullo e agosto

Inscricións na Casa do Concello ou no teléfono 981680002

O Concello de Ordes inaugurou esta semana as súas escolas de verán, nas que participan 70 nenos e nenas. Todos eles ao longo dos meses de xullo e agosto realizarán numerosas actividades que versarán, na súa meirande parte, sobre as temáticas dos oficios e do cine


Saídas
Ademais tamén se levarán a cabo saídas a parques, zonas verdes, excursións e xornadas na piscina e noutros puntos e espazos de interese municipais como a biblioteca. O programa inclúe tamén encontros deportivos.

Con este programa de actividades o Concello de Ordes pretende ofrecer a posibilidade de conciliar a vida laboral e familiar na época estival


Inscricións
Aqueles que queiran inscribirse aínda están a tempo. Basta con acudir ao departamento de Educación, situado no primeiro andar do Concello. Poderán facelo por quendas de 15 días ou durante máis tempo. Para conseguir máis información poden chamar ao 981 680 002.

*