Tras vencer ao Rayo Sadense por 4 a 2
O equipo infantil
da S. D. Club Órdenes celebrou por todo o alto o seu ascenso á Liga Galega,
tras vencer por 2 a 4 ao Rayo Sadense. Un resultado que se acadou grazas ao
esforzó de Adrián, Rubén, Jacobo, Louri, Martín, Luís, Alex, Pampím, Saad,
Víctor, Pablo, David, Samuel, Landeira, Toni e Brais.
Tras recibir os
parabéns do Goberno municipal, tanto os xogadores como os adestradores e membros do cadro técnico
bañáronse no pilón ubicado na Alameda.
*